G3081444 - Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos (Planificación e Desenvolvemento da Formación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Identificar as características, potencialidades e implicacións da diversidade de materiais didácticos
existentes na práctica educativa.
- Coñecer as bases teóricas que permiten analizar, explicar, diseñar e avaliar os materiais
didácticos.
- Identificar as principais fontes de acceso a recursos diseñados por profesores e/o centros de
recursos de/para profesores e outros profesionais da formación
- Deseñar materiais educativos de calidade en diferentes formatos (impreso, analóxico, dixital) para oos
ámbitos de traballo do Pedagogo.
- Avaliar, seleccionar, organizar e empregar materiais didácticos para contextos de educación e
formación específicos
Contidos Os materiales didácticos no currículum. Conceptualización e taxonomías (conceptos,
tipos, funcións…).
O proceso e as fases de deseño e avaliación de materiais didácticos.
Os modelos e as guías de avaliación de materiais didácticos.
Os materiais didácticos na Reforma Educativa Actual.
Os libros de texto na escola.
Os materiais didácticos en soporte dixital: criterios de calidade e software para o
deseño.
Innovación e compromiso ca calidade no deseño e avaliación de materiais
didácticos.
Desenvolvemento profesional e materiais didácticos.
Os centros de recursos: concepto e prácticas.
Os materiais didácticos para a formación ao longo da vida. Materiais didácticos
para aa formación de adultos.
Bibliografía básica e complementariaEspecificarase no desenvolvemento da materia.
Competencias-Elaborar, xestionar e/o facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais
que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de
informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamientos e infraestructuras, etc.
- Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
- Deseñar planes de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
- Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
-Avaliar planes, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos
educativos e formativos.
- Asesorar sobre o uso pedagógico dos medios e recursos educativos.
Metodoloxía da ensinanza Trátase dunha materia de carácter teórico-práctico que debe capacitar aos estudiantes para adquirir
as estratexias e coñecer os modelos que lle permitan deseñar e avaliar Materiais Didácticos en
diferentes contornas e formatos. Igualmente a asignatura permitirá que os estudiantes poidan coñecer
as particularidades e características da diversidade de materiais que poidan ser deseñados e
avaliados. Resulta especialmente importante que os alumnos identifiquen o papel e protagonismo de
cada un dos diferentes materiais didácticos, o papel que posúen na práctica socioeducativa e
as diferentes estratexias que poiden adoptarse para que o seu uso poida contribuir ao desenvolvemento
innovador de dita práctica.
A materia pode vincularse aos períodos de PRACTICUM nos que os estudantes poderán coñecer,
na súa realidade específica, as propostas de deseño e avaliación de materiais didácticos que se están
levando a cabo nas institucións nas que se incorporen.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación a aplicar será a avaliación continua ao lono do curso. De cara á
avaliación final tomarnse en conta os seguintes elementos:
- Actividades realizadas individualmente ou en grupo ao longo do cuadrimestre
relacionadas co diseño e avaliación de materiais: 35%
- Traballo persoal sobre lecturas e estudo:20%
- Saídas de Campo:10%
- Aportacións libres do estudiante:10%
- Exame Final:25%
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais (50 horas).
Introducción: 4 horas.
Clases expositivas: 11 horas.
Prácticas de Seminario 14 horas.
Prácticas de laboratorio: 14 horas.
Titorías de traballo de curso: 5 horas.
Avaliación: 2 horas.
Traballo persoal de estudante (100 horas).
Estudo: 20 horas.
Lectura, explicación…: 30 horas.
Analizar e seleccionar materiais: 14 horas.
Deseñar e avaliar materiais: 14 horas.
Saídas de campo: 12 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ter coñecementos do ámbito da Tecnoloxía Educativa e ter cursado materias relacionadas co Deseño e Desenvolvemento Curricular.