G3081445 - Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado (Formación ao Longo da Vida) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia optativa “Formación e desenvolvemento profesional do profesorado”, no módulo “Ámbitos especializdos de intervención pedagóxica” forma parte do conxunto das integradas no itinerario de Pedagoxía Escolar: Formación docente e dirección de centros educativos. Está dirixida á preparación de futuros profesionais da formación e o asesoramento pedagóxico en institucións educativas e de formación do profesorado e máis a iniciación na investigación neste ámbito de coñecemento.
O traballo nesta materia estará orientado cara a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Dotarse de recursos teóricos e aplicados para propoñer, desenvolver e avaliar as tarefas propias da formación, asesoramento e apoio á mellora persoal e profesional do profesorado.
2. Localizar, seleccionar e utilizar as fontes e os datos pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da formación do profesorado.
3. Adquirir habilidades, estratexias e técnicas básicas para deseñar, poñer en práctica e avaliar programas de formación.
4. Facilitar a comprensión dos procesos e estratexias investigadoras utilizados neste campo xunto coa adquisición de habilidades e actitudes do traballo en equipo.
5. Posibilitar a transferencia a outros ámbitos de formación de marcos conceptuais e estrategias utilizadas no ámbito da formación do profesorado.
ContidosA formación e o desenvolvemento profesional do profesorado en escenarios sociais complexos e cambiantes. Ensinar na sociedade do coñecemento.
- A profesión docente: culturas profesionais, malestar e benestar, condicións laborais, carreira docente e avaliación do profesorado. Mirada á feminización docente.
- O saber identitario do profesorado. Coñecemento, acción, reflexión e innovación. Sentimentos e emocións.
- Políticas e prácticas de formación e desenvolvemento profesional.
- Perspectivas, modelos, estratexias e recursos de formación e desenvolvemento profesional. O lugar das novas tecnoloxías.
- Planificación, desenvolvemento e avaliación da formación. Institucións, axencias e asociacións implicadas.
- A inserción sociolaboral na profesión docente: Programas e estratexias de iniciación á docencia.
- As institucións educativas como texto e contexto para o desenvolvemento profesional do profesorado.
- A reconstrucción da identidade profesional como profesores: Aprender a cambiar e a convivir cos cambios.
- Formación e desenvolvemento profesional do profesorado: seguimento, avaliación e investigación
Bibliografía básica e complementariaBolivar, A. (2006). La identidad profesional del profesorado de secundaria: crisis y reconstrucción. Madrid: La Muralla.
Colén, M. y Jarauta, B. (2010). Tendencias de la formación permanente del profesorado. Barcelona: ICE/ Horsori
Cuadernos de Pedagogía (2007). Monográfico dedicado al profesorado. Cuadernos de Pedagogía, 374, diciembre.
Darling-Hammond, L. (2006). Powerful Teacher Educaction. Lessons from exemplary programs. San Francisco: Jossey-Bass.
Day, Ch. & Gu, Q. (2010). The new lives of teachers. London: Routledge
Escudero J. M. y Luis Gómez, A. (eds.) (2006). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona: Octaedro
Esteve, J. M. (2009). Bases teóricas para el desarrollo de programas de formación inicial. Revista de Educación, 355, 15-29. . (Disponible en: http://www.educacion.gob.es/revista-de-educacion )
Fernández Enguita, M. (2001). Una profesión democrática para un servicio público. Cuadernos de Pedagogía, 302, 74-79.
Fernández Tilve, Mª D. e Montero, L. (2007). Que pensan os asesores e os profesores sobre as modalidades de formación? Eduga, 49, 74-88.
Ferreres, V. e Imbernón, F. (Coords.) (1999). Formación y actualización de la función pedagógica. Barcelona: Síntesis.
Fullan, M. (2010). Motion Leadership. The skinny on becoming change savvy.
California: Corwin Press.
Gewerc, A. y Montero, L. (2011). Culturas, formación y desarrollo profesional. La integración de las TIC en las instituciones educativas. Revista de Educación (aceptado, 6 de septiembre de 2011, DOI:10.4438/1988-592X-RE-2011-362-163) (Disponible en: http://www.educacion.gob.es/revista-de-educacion )
González Sanmamed, M. (2009). Una nueva oportunidad para la formación inicial del profesorado de secundaria. Revista de Educación, 355, 57-78. (Disponible en: http://www.educacion.gob.es/revista-de-educacion )
Hargreaves, A. (1996). Profesorado, cultura y posmodernidad. Cambian los tiempos, cambian los profesores. Madrid: Morata.
Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Octaedro
Imbernón, F. (Coord.) (2002). La investigación educativa como herramienta de formación del profesorado. Barcelona: Graó
Imbernón, F. (2007). La formación permanente del profesorado. Nuevas ideas para formar en la innovación y el cambio. Barcelona: Graó.
Lieberman, A. y Miller, L. (Eds.) (2003 La indagación como base de la formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona: Octaedro.
Loughran, J. (2010). What expert teachers do. Enhancing professional knowledge for classroom practice. New York: Routledge
Luis, A. y Romero, J. (Eds.) (2007). La formación del profesorado a la luz de una “profesionalidad democrática”. Consejería de Educación de Cantabria.
Marcelo, C. (Ed.) (2001). La función docente. Barcelona: Síntesis.
Marcelo, C. (2009). El profesorado principiante. Inserción a la docencia. Barcelona: Octaedro. (Disponible en pdf).
Marcelo, C. y Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Madrid: Narcea.
Montero, L. (1996). La formación permanente del profesorado en la Comunidad Autónoma de Galicia. En L. M. Villar (Coord.). La formación permanente del profesorado en el nuevo sistema educativo de España. Barcelona: Oikos-Tau, 149-181.
Montero, L. (1999). Características y funciones del profesorado en una sociedad dinámica. En V. Ferreres e F. Imbernón (Coords.). Formación y actualización de la función pedagógica. Barcelona: Síntesis.
Montero, L. (2001). La construcción del conocimiento profesional docente. Rosario: Homo Sapiens. (Edición en 2005 en lingua portuguesa).
Montero, L. (2006). Las instituciones de la formación permanente, los formadores y las políticas de formación en el estado de las Autonomías. En J. M. Escudero y A. Luis Gómez (eds.) (2006). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona: Octaedro, 155-194.
Montero, L. (2007). Formación do profesorado e calidade da educación. Revista Galega do Ensino. Eduga. 49, 22-28.
Montero, L. (Ed) (2007). O valor do envoltorio. Un estudio da influencia das TIC nos centros educativos. Vigo: Edicións Xerais.
Montero, L. y Gewerc, A. (2010). De la innovación deseada a la innovación posible. Escuelas alteradas por las TIC. Profesorado. Revista de curriculum y formación del profesorado, 14 (1) (Disponible en: http://www.ugr.es/local/recfpro/rev141ART16.pdf).
Montero, L. (2009). La formación del profesorado en la sociedad de conocimiento. En Gewerc, A. (Coord.). Paradojas y dilemas de las universidades iberoamericanas ante la sociedad del conocimiento. Barcelona: Davinci, 49-68.
Montero, L. (2011). El trabajo colaborativo del profesorado como oportunidad formativa. Participación Educativa, 16, marzo, 69-88 (Disponible en http://www.educacion.gob.es/cee/publicaciones/revista-participacion-educativa.html.).
Nóvoa, A. (2011). O regresso dos profesores. Disponible en pdf.
Pérez Gómez, A.; Barquín, J. y Angulo, J. F. (Eds.) (1999). Desarrollo profesional del docente: Política, investigación y práctica. Madrid: Akal.
Pérez Gómez, A. (2010). Reinventar la profesión docente. Nuevas exigencias y escenarios en la era de la información y la incertidumbre. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 68, agosto.
Perrenoud, Ph. (2007). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Barcelona: Graó
Romero, J. y Luis, A. (2007). ¿Sirven las políticas y prácticas de formación del profesorado para mejorar la educación? Una respuesta desde el análisis de la construcción social de la docencia. Archivos Analíticos de Políticas Educativas (Education Policys Analysis Archives), 15 (19). (Disponible en: http://epaa.asu.edu/)
Schön, D. (1992). La formación de profesionales reflexivos. Hacia un nuevo diseño de la enseñanza y el aprendizaje en las profesiones. Barcelona: Paidós/MEC.
Torres, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Mafrid: Morata
Vaillant, D. y Marcelo, C. (2001). Las tareas del formador. Archidona (Málaga): Aljibe.
Zabalza Beraza, M. A. y Zabalza Cerdeiriña, Mª A. (2012). Profesores (ras) y profesión docente. Entre el “ser” y el “estar”. Madrid: Narcea
Zeichner, K.(2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
Observación: Os textos en negrita son de especial interese para a preparación desta materia.
CompetenciasAs competencias específicas a desenvolver co traballo nesta materia son:
1. Realizar análises fundamentados das características, condicións, problemas e evolución da profesión docente e da formación do profesorado.
2. Utilizar estratexias, técnicas e recursos para propoñer, planificar, implementar e avaliar proxectos, programas, modalidades e estratexias de formación, asesoramento e apoio á mellora persoal e profesional do profesorado no marco dun traballo colaborativo.
3. Desenvolver estudios dirixidos a avaliar necesidades, programas, modalidades e estratexias de formación e desenvolvemento profesional.
4. Localizar, seleccionar e utilizar as fontes pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da formación e o desenvolvemento profesional do profesorado e xerar coñecemento.
As competencias transversais a desenvolver co traballo nesta materia son:
1. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
2. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese en relación cos coñecementos, procesos actividades e ámbitos nos que participan.
3. Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional así como das realidades afectadas por su práctica.
4. Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
Metodoloxía da ensinanza O traballo nesta materia estará orientado por tres principios didácticos fundamentales: “non substitución” dos/as estudantes”, “interacción teoría e práctica” e “diversidade metodolóxica”. A súa posta en práctica producirase nas actividades a realizar ben mediante o traballo individual, ben mediante o traballo en pequenos grupos ou no grupo clase. Como técnicas e procedementos: desenvolvemento de supostos, elaboración de relatos, representación de roles, estudo de casos, argumentacións, traballo en parellas, pequenos grupos, visitas de profesionais da formación, etc.
A elaboración dun portafolios electrónico (e-portafolio) constituirá a estratexia por excelencia para a aprendizaxe e a avaliación da materia, de xeito que ensino aprendizaxe e avaliación, terán a súa visibilidade na Red Social do Grupo de Investigación Stellae (http://stellae.usc.es/red/), creada xustamente como unha ferramenta de innovación para a docencia. O e-portafolios convertiráse na ferramenta por excelencia para a aprendizaxe autónomo dos e das estudantes.
Con frecuencia, a posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo de localización e lectura de determinadas fontes, tanto impresas como dixitais. Neste contexto metodolóxico a clase non será un espacio de recollida de apuntes no sentido máis usual do término, senón un espacio onde favorecer a interacción entre teoría e práctica e o diálogo entre todos nos.
Para posibilitar este xeito de traballar, os/as estudantes dispon dunha bibliografía básica e complementaria.
Sistema de evaluación6.1 Avaliación de proceso
O significado da mesma alude á valoración da participación dos/as estudantes en todas e cada unha das actividades e tarefas implicadas no seguimento continuo da materia. Por exemplo: lectura e análise dos materiais que fundamentan o traballo na aula, representación de roles, realización dun determinado suposto ou informe, traballo de grupo, estudos de caso, busca de información en Internet, elaboración de relatos, etc.
Os/as estudantes realizarán esta avaliación de proceso –autoavaliación- no seu portafolios, que será contrastada coa valoración realizada pola profesora (tanto de proceso como de resultados). A elaboración do portafolio é obrigatoria nas convocatorias de maio e xullo. Realizarase unha avaliación formativa, de proceso, dos portafolios para posibilitar identificar os puntos forte e febles na súa realización.
As notas de campo recollidas pola profesora ao final de cada sesión, posibilitarán o seguimento e a avaliación formativa do proceso de ensino e aprendizaxe (estudantes, profesora, metodoloxía, recursos).
As persoas que por algunha razón xustificada teñan dificultades para participar no seguimento das clases, terán tamén a obriga de realizar o portafolios
6.2. Avaliación de resultados
Realizarémola a través de: a) a información proporcionada polo portafolios, como ferramenta principal para a avaliación de proceso e dos resultados obtidos; b) unha proba escrita, complementaria dos resultados obtidos na avaliación do portafolios, de tipo semiestruturada, de resposta guiada, con material, que esixirá dos/as estudantes unha actividade reconstrutiva. Tanto no ámbito da avaliación de proceso como no da avaliación de resultados, utilizaránse criterios e indicadores específicos que estarán colgados na rede configurada no portal do Grupo de investigación Stellae (http://stellae.usc.es/red).
A valoración final da materia esixirá a valoración positiva de todos e cada un dos elementos enumerados.
Este programa será válido nas convocatorias de maio e xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten 6 créditos. A distribución do tempo presente na ficha da materia na Memoria Verificada da Titulación é a seguinte:
a) Clases expositivas, interactivas, seminarios, titorías, avaliación: 50 horas.
b) Traballo persoal dos e das estudantes: 100 horas.
Un total de 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaEmpezar a traballar desde o comezo do cuatrimestre participando activamente nas diversas actividades propostas, tanto dentro como fora da aula. A aula enténdese como un espacio vital para a construcción de coñecementos a través da interacción entre os participantes. Esta concepción fai imprescindible o traballo previo sobre as fontes a manexar. En coherencia, valórase a asistencia a clase e a participación activa na mesma
ObservaciónsCalquera circunstancia persoal que poidera dificulta-lo seguimento da materia deberá ser comunicada á profesora o antes posible. De non facelo non se poderán establecer alternativas na avaliación continua do rendimento académico.