G3081446 - Dificultades de Aprendizaxe Escolar (Orientación e Diversidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Adquirir, comprendéndoos e valorándoos criticamente, os coñecementos que se presentan nos bloques de contido deste programa.
2) Integrar e aplicar eses coñecementos para elaborar programas de intervención adaptados á diversidade, avaliables e verosimilmente eficaces, destinados a escolares con Dificulatades na Aprendizaxe Específicas.
ContidosDESCRITORES: Dificultades na aprendizaxe. Necesidades Educativas Especiais. NEE. Dificultades na lectura. Dificultades na escrita. Dificultades nas matemáticas. DAM. Trastornos de Atención. Hiperactividade.TDAH. Intervención psicopedagóxica. Dislexia. Disortografía. Disgrafía. Discalculia. Programas de intervención
1. ASPECTOS CONCEPTUAIS E CONTEXTUAIS
1.1 O concepto académico de Dificultades na Aprendizaxe
1.1.1 Dificultades na Aprendizaxe en sentido amplo. Necesidades Educativas Especiais. Atención á Diversidade
1.1.2 Dificultades na Aprendizaxe en sentido restrinxido. Dificultades na Aprendizaxe Específicas (Learning disabilities
1.2 Elementos comúns das definicións de Dificultades na Aprendizaxe
1.3 O contexto histórico de Dificultades na Aprendizaxe
1.4 O contexto español
2. PRINCIPAIS PERSPECTIVAS TEÓRICAS NO CAMPO DAS DiFICULTADES NA APRENDIZAXE
2.1 As perspectivas biomédica e psicométrica
2.2 A perspectiva condutual. Modificación de conducta
2.3 As perspectivas cognitiva e metacognitiva
2.4 A perspectiva ambientalista
2.5 A perspectiva curricular
2.6 A perspectiva integradora
3. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NA LINGUAXE ESCRITA
3.1 Natureza de escribir e ler
3.2 Iniciación á linguae escrita
3.3 Dificultades superficiais. Natureza, identificación e recuperación
3.4 Dificultades profundas. Natureza, identificación e recuperación
3.5 Dislexia. disortografía
4. DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NAS MATEMÁTICAS (D.A.M.)
4.1 Definición de Dificultades de Aprendizaxe nas Matemáticas. Clarificación terminolóxica
4.2 A matemática informal na prevención
4.3 Principais áreas de dificultade. Natureza, identificación e recuperación
4.3.1 Conceptos básicos
4.3.2 Numeración
4.3.3 Operacións aritméticas
4.3.4 Resolución de problemas de enunciado verbal
5. DIFICULTADES CONDUCTUAIS E EMOCIONAIS
5.1 Influencia dos problemas condutuais na aprendizaxe
5.2 Influencia das Dificultades de Aprendizaxe no campo condutual-emocional
5.3 Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)
5.4 Intervención específica nas dificultades condutuais
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Baroody, A. J. (1988). El pensamiento matemático de los niños. Un marco evolutivo para maestros de preescolar, ciclo inicial y educación especial. Madrid: MEC/Visor.
Maruny, Ll., Ministral, M., Miralles, M. (1995). Escribir y Leer. Materiales curriculares para la enseñanza y el aprendizaje del lenguaje escrito, de tres a ocho años, I-II-III. Madrid: MEC/Edelvives.
Orjales Villar, I. (2000). Déficit de atención con hiperactividad. Manual para padres y educadores. Madrid: CEPE.
Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. Madrid: CEPE.
Suárez, A. (1995). Dificultades en el Aprendizaje. Un modelo de diagnóstico e intervención. Madrid: Santillana.
Suárez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Madrid: Pirámide.
Suárez, A. (2004). Dificultades en el aprendizaje. En C. Jiménez Fernández (coord..) Pedagogía diferencial. Diversidad y equidad. Madrid: Pearson/Prentice Hall, pp. 289-313.
COMPLEMENTARIA:
Aguilera, A. (2004). Introducción a las Dificultades del Aprendizaje. Madrid: McGraw-Hill.
Alvarado Gordillo, M. (1988). La disgrafía escolar (Escala gráfica. Tratamientos correctivos). Alicante: Disgrafos.
Blanco Guijarro, R., et al. (1992). Alumnos con necesidades educativas especiales y adaptaciones curriculares. Madrid: MEC/CNREE.
Cidad Maestro, E. (1990). Modificación de conducta en el aula e integración escolar. Madrid: UNED
Fernández Baroja, F., Llopis, A. M., Pablo, C. (1991). Matemáticas básicas: dificultades en el aprendizaje y recuperación. Madrid: Santillana/Aula XXI.
Jiménez González, J. E. (1999). Psicología de las Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Síntesis.
Journal of Learning Disabilities (Recibese na biblioteca da Facultade).
Miranda Casas, A., Vidal-Abarca Gámez, E., Soriano Ferrer, M. (2000). Evaluación e Intervención Psicoeducativa en Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Ortiz González, M. R. (2004). Manual de Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Outón, P. (2009). Dislexia. Una visión interdisciplinar. Barcelona: Lebón.
Outón, P. (2010). ABC Dislexia b, d, p, t (Cuaderno del profesor y cuaderno de actividades del alumno). Madrid: TEA.
Portellano Pérez, J.A. (1985) La disgrafía. Madrid: CEPE.
Riviere, A. (1990). Problemas y dificultades en el aprendizaje de las matemáticas: Una perspectiva cognitiva. En A. Marchesi, C. Coll, J. Palacios, comps., Desarrollo psicológico y educación, III. Necesidades Educativas Especiales y Aprendizaje Escolar. Madrid: Alianza.
Secadas, F., Rodríguez, Mª. T., Alfaro, I. (1994). Escribir es fácil, I-II. Madrid: TEA Ediciones.
Spear-Swerling, L. & Sternberg, R. J. (1996). Off track. When the poor reader becomes “learning disabled”. Boulder, CO: Westview Press.
Sternberg, R. J. & Spear-Swerling, L. (1999). Perspectives on Learning Disabilities. Biological, Cognitive and Contextual. Boulder, CO: Westview Press.
Competencias. Comprender e valorar críticamente os contidos do campo das dificultades na aprendizaxe.
. Detectar, diagnosticar e resolver as dificultades na aprendizaxe que atopan algúns escolares coas áreas instrumentais básicas.
. Detectar, diagnosticar e resolver problemas de conduta asociados ás dificultades na aprendizaxe.
. Asesorar sobre o uso de métodos e procedimientos didácticos co alumnado con dificultades na aprendizaxe.
. Diseñar medios e recursos educativos para a intervención nas dificultades na aprendizaxe.
. Comprender e aceptar a diversidade individual, social e cultural.
. Poseer unha adecuada ética profesional caracterizada polo respeto á confidencialidade da información, a veracidad, a transparencia e a xustiza.
. Poñer en práctica habilidades interpersonais de empatía, capacidade de escucha activa, comunicación fluida e colaboración permanente.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión e valoración crítica dos contidos da materia.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos da materia coa máxima participación aberta dos estudantes, utilización de recursos (documentos, vídeo, etc.) e procurando minimizar o tempo dedicado a tomar apuntamentos ao modo tradicional.
Nas clases interactivas o alumnado traballará, en pequenos grupos, os contidos expostos a través de distintas actividades prácticas: análise de informes de dificultades na aprendizaxe en función das distintas perspectivas de estudo, análise e avaliación dunha composición escrita ou lectura oral dun escolar con dificultades, deseño de actividades para superar algunha das dificultades da linguaxe escrita, planificación dunha sesión de traballo cun escolar con dificultades nas matemáticas…
Sistema de evaluaciónA avaliación terá primariamente un propósito formativo con base na observación das actividades individuais e grupais do alumnado, así como na súa participación nas clases e tutorías.
Para a cualificación final do alumno/a terase en conta:
- A realización das actividades prácticas de carácter grupal e individual realizadas total ou parcialmente na aula.
- A proba individual final.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas
en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha
delas.
Constituirán criterios sobresaíntes de avaliación os seguintes: relevancia, coherencia, realismo e pragmatismo do discurso producido polo/a estudante. Tratarase de reducir ao mínimo a subxectividade das cualificacións. A reprodución memorística non se aceptará como evidencia da comprensión da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo total do traballo do alumno/a nesta materia será de 150 horas, desagregadas así:
Presenciais: 45 horas.
Avaliación: 3 horas.
Titorías: 2 horas.
Traballo persoal do alumno: 100 horas.
Tempo estimado total: 150
Recomendacións para o estudo da materia. Para cursar esta materia se aconsella que o alumnado teña coñecementos previos das materias de Psicoloxía do Desarrollo, Orientación Educativa, Diagnóstico Pedagógico e Avaliación de Programas.
. Así mesmo, para acadar un bo dominio da materia é aconsellable seguir as seguintes recomendacións:
- Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados pola profesora.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo autónomo do alumno/a para acadar os obxectivos da materia.
ObservaciónsLémbrase que na normativa legal vixente da USC recóllese que ésta é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.