Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081447 - Pedagoxía Hospitalaria (Contextos de Intervención Pegagóxica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    .- Comprender o alcance dos posibles efectos da enfermidade e a hospitalización sobre o paciente
    .- Coñecer os principais elementos para o proceso de axuste á enfermidade
    .- Aprender a lexislación educativa relacionada co alumno/a enfermo
    .- Coñecer as liñas xerais de actuación pedagóxica nun hospital
    .- Describir as principais estratexias de intervención psicopedagóxicas
    .- Identificar e analizar os efectos da enfermidade sobre o paciente, a súa familia e o ámbito.
    .- Deseñar estratexias de intervención adaptadas a diferentes tipos de enfermidade
    .- Aplicar os coñecementos da materia en diversas situacións pedagóxicas, co fin de favorecer o proceso de inclusión dos nenos con enfermidade
    Contidos
    .- Pedagoxía Hospitalaria: aproximación histórica, conceptual e lexislativa
    .- A enfermidade na infancia.
    .- A hospitalización infantil
    .- O proceso de ensino- aprendizaxe no contexto hospitalario: características e referentes.
    .- Necesidades educativas especiais dos nenos con enfermidades crónicas ou de longa duración.
    .- Programas de intervención no marco da Pedagoxía Hospitalaria.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografia Básica:

    Alves, M.; Ortiz, M.C; Serradas, M. (2004) «El método terapéutico como estrategia de apoyo al niño hospitalizado», en Revista de Educación, 335, pp. 229-246, (2004).
    Aulas Hospitalarias. Revista gallega de educación, abril, 2010.

    Grau C. (2004). Atención educativa al alumnado con enfermedades crónicas o de larga duración. Editorial Aljibe, Málaga.
    Guillén, M. y Mejía, A. (2002). Actividades educativas en aulas hospitalarias. Atención escolar a niños enfermos. Madrid: Narcea.

    Lizasoáin, O. (2000). Educando al niño enfermo. Perspectivas de la Pedagogía Hospitalaria: Pamplona: Eunsa.

    Ochoa, B. y Lizasoáin, O. (2003). Intervención psicopedagógica en el desajuste del niño enfermo y hospitalizado. Pamplona: Eunsa.

    Violant Holz, V., Molina Garuz, Mª C. e Pastor Vicente, C. (2011). Pedagogía Hospitalaria. Bases para la atención integral. Barcelona: Laertes.

    Bibliografía complementaria
    Alonso, L.; García, D. y Romero, K. (2006). Una experiencia de pedagogía hospitalaria con niños en edad preescolar. Educere, 34, 455-462.
    Avila Valdes, N (2006). Diseño y desarrollo de recursos on-line: aplicaciones virtuales de arte infantil en contextos hospitalarios. Universidad Complutense de Madrid. Servicios de Publicaciones.
    Baño. L.; Carrasco, P.; Marín, C. y Pastor, C. (2003). Atención al alumnado en estancia hospitalaria. Padres y maestros, nº 280, 14-19.
    Caballero Soto, M. (2007). El aula hospitalaria un camino a la educación inclusiva. Investigación Educativa, vol. 11 N.º 19, 153 – 161
    Cárdenas, R. y López Noguero, F. (2006). Hacia la construcción de un modelo social de la Pedagogía Hospitalaria. Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, 12-13, 59-70.
    Carpena Méndez; A. (2009) Atención a la diversidad en aulas hospitalarias: educando en el hospital, educando para la vida. En Actas del VI Congreso Internacional y XXVI Jornadas Nacionales de Universidades y Educación Especial. Cuenca.
    Grau, C. Y Ortiz ; M.C. (2001) La pedagogía hospitalaria en el marco de una educación inclusiva. Archidona: Aljibe.
    Lizasoáin, O. (2005). Los derechos del niño enfermo y hospitalizado: El derecho a la educación. Logros y perspectivas. Estudios Sobre Educación, nº 9, 189-201.

    Ullan de la Fuente, A. M. y Hernández Belver, M. (2007) Los niños en los hospitales: espacios, tiempos y juegos en la hospitalización infantil. Ediciones Témpora. http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos2/atencion_diversidad/05_08.htm http://www.needish.com/sales/view/245051/pedagogia-hospitalaria-educador-hospitalario

    Competencias
    Dentro do conxunto de competencias asignadas, o desenvolvemento desta materia vaise centrar en 6 liñas formativas de maneira que ao finalizar esta o estudante deberá ser capaz de:
    1- Coñecer os referentes teórico-conceptuais da Pedagoxía Hospitalaria.
    2.- Coñecer e analizar as características do contexto hospitalario como escenario de procesos formativos.
    3- Desenvolver metodoloxías e recursos adaptados ás características individuais das persoas en situación de hospitalización.
    4- Planificar, desenvolver e avaliar accións formativas para pacientes hospitalizados (menores e adultos) e convalecentes capaces de contribuír ao seu desenvolvemento persoal e á mellora da súa calidade de vida.
    5- Traballar de forma interdisciplinar cos profesionais do contexto hospitalario e actuar de mediador entre o Hospital e outras institucións socioeducativas para favorecer a normalización e a reinserción do paciente hospitalizado á súa vida cotiá.
    6.- Desenvolver ámbitos de formación virtual e contidos dixitais que favorezan a continuidade da formación durante os períodos de hospitalización e convaleciencia.
    Metodoloxía da ensinanza
    O proceso de ensino- aprendizaxe que se propón tomou en consideración as formulacións do proceso de Bolonia e a súa orientación cara a unha aprendizaxe autognomo, centrada no alumno e nas competencias, destacando o papel activo que o alumnado debe xogar no seu proceso de aprendizaxe.

    Dende esta perspectiva a metodoloxía que se utilizará fundamentarase na combinación de diversos procedementos que se concretan basicamente en sesións expositivas nas que a profesora expón contidos de natureza teórico- conceptual e sesións interactivas nas que se poderán utilizar estratexias diversas como:
    .- debates para formular puntos de vista, individualy/ou en grupo, sobre aspectos diversos da materia.
    .- estudo de casos/ análise de situacións.
    . -análise de diversos tipos de materiais e documentos.
    .- análise e resolución de problemas sobre a base de supostos prácticos.
    .- actividades de investigación
    .- titoría
    Sistema de evaluación
    A avaliación das aprendizaxes farase sobre a base de considerar dous aspectos:

    1.- Avaliación continua que abranguerá todas as actividades individuais e en grupo propostas.
    2.- Realización dunha proba final escrita nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade.
    Esta proba incluirá diferentes tipos de preguntas e o seu peso especifico supoñerá o 50% da nota final da materia, sendo requisito, para poder aprobar a materia, ter alcanzado unha puntuación mínima de 4 nesta proba final.

    O peso relativo de cada unha das dimensións da avaliación continua será:
    . -Asistencia e participación activa nas sesións expositivas e traballos propostos na dinámica destas: 20%
    . -Elaboración, entrega, presentación e discusión de traballos realizados nas sesións interactivas:30%

    Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizados e entregadas en prazo e na forma indicada, todas as actividades de avaliación especificadas.

    Os traballos individuais ou grupales deberán ser originaies. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    Os traballos, seguirán as normas dadas no seu momento para a súa realización. Entregaranse imprimidos a dúas caras e grampados. Non se admitirán traballos en canutillo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clase Expositiva: 18.00 40 horas
    Clase Interactiva Laboratorio: 9.00 18 horas
    Clase Interactiva Seminario: 9.00 18 horas
    Horas de Titorías: 2.25
    Total Presenciales : 38.25 Total T. Personal: 70
    Na presentación da materia, ao inicio do curso, procederase a distribuír estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante este.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir á clase con interese e dispoñibilidade.

    Participar activamente nas actividades que se propoñen

    Utilizar as sesións de titoría para aclaracións e recibir apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia.

    Traballo constante ao longo do curso.
    Observacións
    Normativa da USC e da Facultade sobre a asistencia a clases: A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia.