G3081448 - Pedagoxía Penitenciaria (Contextos de Intervención Pegagóxica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Analizar as posibilidades e límites da intervención pedagóxica en centros penitenciarios
- Avaliar as necesidades socio-educativas dos delincuentes adultos institucionalizados.
- Estudar programas de intervención socioeducativa neste contexto.
- Analizar o rol e o ámbito profesional do pedagogo/a en instituciones penitenciarias.
Contidos- O contexto penitenciario: historia dos establecementos penitenciarios, tipos e características.
- A dimensión educativa na lexislación penitenciaria.
- Perfil socio-educativo da poboación penitenciaria.
- A muller interna nos centros penitenciarios.
- A intervención pedagóxica no ámbito penitenciario.
- Competencia social e inserción.
- A formación laboral nos centros penitenciarios e a inserción laboral.
- Os programas socio-culturais no medio penitenciario.
- A xestión educativa da diversidade cultural nos centros penitenciarios.
Bibliografía básica e complementariaB. Básica
Lorenzo Moledo, M. (1997). La delincuencia femenina en Galicia. La dimensión pedagógica de la intervención. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
Garrido V. e López, M.J. (2005). Manual de Intervención Educativa en Readaptación Social. Vol.2 Los programas de pensamiento prosocial. Valencia: Tirant lo Balnch.
Garrido, V. (2005). Manual de intervención educativa en readaptación social. Vol. 1 Fundamentos de intervención. Valencia: Tirant lo Blanch.
B. Complementaria
De Bono, E. (1985). The CORT Thinking Program. En J. Segal, S. Chidman y R. Glasser (Eds.), Thinking and Learning Skills (pp. 125-156). Hillsdale, N.Jersey: Erlbaum.
Garrido, V., López, E., Silva, T., López-Latorre, M.J. e Molina, P. (2006). El modelo de la competencia social de la ley de menores. Cómo predecir y evaluar para la intervención educativa.Valencia: Tirant lo Blanch.
Garrido, V., Stangeland, P. e Redondo, S. (2006). Principios de Criminología. Valencia: Tirant lo Blanch.
Gil, F. (2010). La perspectiva pedagógica en las prisiones. Revista Española de Pedagogía. Vol. 68, Nº 245, 49-66
Goldstein, A. P., Sprafkin, R. P., Gershaw, N. J. e Klein, P. (1989). Habilidades sociales y autocontrol en la adolescencia. Barcelona: Martínez Roca.
López-Latorre, M.J. (2006). Psicología de la delincuencia. Salamanca: Ediciones Universitarias.
López-Latorre, M.J., Garrido, V. e Ross, R. (2001). Avances en el programa de pensamiento prosocial. Valencia: Tirant lo Blanch.
Platt, J.J. e Doume, M. (1981). TIPS Training in Interpersonal Problem Solving Skills. Philadelphia, Pen: Hahnemann Medical Collage & Hospital.
Platt, J.J., e Spivack, G. (1975). The MEPS Procedure: Manual. Philadelphia, Pen: Hahnemann Medical Collage & Hospital.
Roosa, J.B. (1971). SOCS: Situations, Options, Consequences and Simulations. A Teaching for Teaching Social Interaction. Artículo realizado para la American Psychologycal Association. Montreal, Canadá.
Revista de Educación (2013). Monográfico La educación en instituciones penitenciarias. Historia, políticas públicas y buenas prácticas, Nº 360.
Ross, R., Fabiano, E. e Ross, M.R. (1986). Reasoning and rehabilitation. A hand-book for teaching cognitive skills. Ottawa, Canada: University of Ottawa.
Ross, R.R. e Ross, R.D. (1995). Thinking Straight: The reasoning and rehabilitation program for delinquency prevention and offender rehabilitation. Ottawa, Canada: AIR Training and Publications.
West, D.J. e Farrington, D.P. (1973). Who Becomes Delinquent? Londres: Heinemann Educational.
Páxinas web de interese
http://www.institucionpenitenciaria.es/
NOTA: por cada tema a profesora entregará ao alumnado un dossier específico.
Competencias- Que os e as estudantes comprendan as posibilidades e límites da intervención pedagóxica en centros penitenciarios
- Que sexan capaces de analizar as necesidades socio-educativas dos delincuentes adultos institucionalizados.
- Que dominen os coñecementos teóricos e prácticos para deseñar programas de intervención socioeducativa neste contexto.
- Que identifiquen o rol e o ámbito profesional do pedagogo/a en institucións penitenciarias.
Metodoloxía da ensinanza A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos alumnos nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Traballo de grupo para deseñar unha intervención pedagóxica/recensión (traballo individual) dun libro que será anunciado nos 15 primeiros días de clase. O traballo de deseño quedará asociado ás posibilidades de levar a cabo un proxecto de ApS no Centro Penitenciario de Teixeiro.
- Na medida das posibilidades, xestionarase a visita ao Centro Penitenciario de Teixeiro e a participación de algún profesional do medio penitencairio no cuadrimestre.
Os alumnos con exención de doccencia deben porse en contacto coa profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo
A profesora empregará a aula virtual da USC para informar e colgar determinados materiais de estudo e traballo.
Sistema de evaluaciónA avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
- Valoración do Traballo de grupo/recensión individual
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba obxectiva e o traballo de grupo/recensión indivual, así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
A calificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 70% da nota final e o traballo en grupo/recensión o 30%. As prácticas serán contabilizadas na puntuación do exame.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: presentación, explicación de temas Aula 20
Estudio e traballo do alumno/a 30
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario - Laboratorio10
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario -Laboratorio 10
Realización en grupo dun proxecto de intervención/recensión 30
Titorías de traballo de curso (presenciais, virtuais, individuais e en grupo) 5.5
Avaliación Aula 2
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.