G3081449 - Formación e Recursos Humanos (Formación ao Longo da Vida) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ó alumno nocións fundamentais sobre a organización e administración dos recursos humanos.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
* Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais dos recursos humanos nas organizacións sociais e laborais en relación co exercicio e xestión das mesmas.
* Análise teórica-comprensiva dos modelos de organización e recursos humanos ata a actualidade.
* Desenvolvemento da capacidade de análise e conciencia crítica respecto dos círculos de calidade e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
* Potencia-lo desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante o modelo de calidade total no ámbito educativo.
ContidosConforme ós obxectivos sinalados, os principais contidos que configuran os bloques temáticos desta materia son os seguintes:
I. O concepto de organización e recursos humáns. Que son as organizacións. A estructura, eixe crítico da organización. Organización base cero. O comportamento organizacional.
II. Modelos de organización de recursos humáns. A participación do persoal. Responsabilidades mútuas. A dirección participativa. Novos enfoques de xestión dos recursos humáns. Métodos da xestión dos recursos humáns.
III. Círculos de calidade. A avaliación de rendemento. O proceso de avaliación do rendemento: medición do rendemento e xestión do rendemento.
IV. Calidade total na actualidade. A cultura da calidade total e a súa definición. A xestión da calidade aplicada a educación. A calidade total como reto educativo.
V. O coaching en educación. O coaching educativo e a súa aplicación. O coach e as súas técnicas.
Bibliografía básica e complementariaÁLVAREZ, M. (1998): El liderazgo de la calidad total. Editorial escuela española, Madrid.
BAYÓN MARINÉ, F. (2002): Organizaciones y recursos humanos. Madrid, Síntesis.
BOADI I GRAU, J. (2001): Capital humano; 52 casos prácticas: manual de supuestos prácticos sobre recursos humanos y procesos organizacionales. Barcenola, Granica.
BUTTERISS, M. (2001): Reinventando recursos humano: cambiando los roles para crear la organización de alto rendimiento. Barcelona, Gestión 2000.
CARDONA, P. (2002): Las claves del talento: la influencia del liderazgo en el desarrollo del capital humano. Barcelona, Empresa Activa.
COLOM, A. y SARRAMONA, J. (1997): Estrategías de formación en la empresa. Narcea, Madrid.
FERNÁNDEZ, A. (2000): Organización y gestión de empresas. A Coruña, Servicio de publicaciones de la Universidad da Coruña.
FERNÁNDEZ AGUADO, J. (2002): Dirigir y motivar equipos. Barcelona, Ariel.
FERNÁNDEZ RÍOS, M. SÁNCHEZ, J.C. (1997): Eficacia organizacional. Concepto, desarrollo y evaluación. Díaz de Santos, Madrid.
FERREIRO DE BABOT, P e ALCÁZAR GARCÍA, M. (2002): Gobierno de personas en las empresas. Barcelona, Ariel.
FULLAN, M. (2002): Liderar en una cultura de cambio. Barcelona, Octaedro.
FUNDACIÓN DE LAS CAJAS DE LAS CAJAS DE AHORROS (2000): Capital humano y bienestar económico. Fundación Caja de Ahorro, Madrid.l
JAMARDO SUÁREZ, B. (2003): “Cómo dirigir con eficacia equipos multiculturales” Indice, nº24, pp. 41-42.
LÓPEZ CABARCOS, A. (2001): “La importancia de la motivación en la gestión empresarial”, Alta dirección. Nº 218, pp. 275-281.
LORENZO SERRANO y otros (2005): La geografía del capital humano en España: niveles educativos de los municipios, provincias y comunidades autónomas. Instituto Valenciano de Investigaciones económicas, Valencia.
MARAÑÓN RODRÍGUEZ, E. (2003): “Una reflexión necesaria del empresario de hoy: la formación de los recursos humanos como factor estratégico para la flexibiidad empresarial”; Balance, mercantil y empresarial. Nº 36, pp. 8-11.
PALOM IZQUIERDO, F.J. (1987): Círculos de calidad. Teoría y práctica. Marcombo, Barcelona.
PALOM IZQUIERDO, F.J. y TORT RAVENTOS, LL. (1991): Management en organizaciones al servicio del progreso humano. Espasa-Calpe, Madrid.
PEREDA MARIN, S. (2001): Técnicas de gestión de recursos humanos por competencias. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces.
PINEDA, P. (Coord.) (2002): Gestión de la formación en las organizaciones. Barcelona, Ariel.
PIZZORUSSO, A. (2001) Las genraciones de derechos. Anuario Iberoamericano de Justicia Constitucional, 5. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
QUINTANILLA PARDO, I. (2002): Empresas y personas: gestiónd el conocimiento y capital humano. Madrid, Díaz de Santos.
RAMONET, I. (2002) Mundo S.A., Voces contra la globalización. Barcelona, Ediciones la Tempestad.
SALGADO VELO, J.F. (1997): Comportamiento organizacional. Escuela de Negocios Caixavigo, Vigo.
SÁNCHEZ PÉREZ, J. (2001): Procesos básicos de gestión de recursos humanos. Cadiz, Servicio de publicaciones de la universidad de Cadiz.
SARRAMONA, J. (2002): La formación continua laboral. Madrid, Biblioteca Nueva.
VALERO MATAS, A.; FERNÁNDEZ ACEBO, J. e MATEO RODRÍGUEZ, M. (2002): Casos de recursos humanos y relaciones laborales. Madrid, Pirámide.
VAZQUEZ, G. (2001): Educación y calidad de vida. Madrid, Ministerio de Educación e C.I.D.E.
CompetenciasAs competencias están relacionadas cos obxectivos da materia:
1. Comprender e valorar os Recursos Humanos.
2. Explicar o valor dos Recursos Humanos en Educación.
3. Entender a importancia dos Recursos Humanos no desenvolvemento da formación e da educación
Metodoloxía da ensinanza Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase pola profesora e os alumnos. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Os alumnos pola súa banda, coa oportuna orientación da profesora, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e que sexan susceptibles de tratamento de estudio recorrindo ós soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva sobre a erudición que poida acadarse na materia.
Durante o cuadrimestre realizaranse, entre outras, as seguintes actividades:OBRIGATORIAS
a) Asistencia regular e participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realiza-las accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica grupal na clase. Sendo así, a participación require o estudio, que como tarefa persoal a de proceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ó dominio dos contidos que integran o temario da asignatura, por medio dos cales se poderán acada-los obxectivos formulados, o que se faran patente a través das oportunas probas de control.
b) Canda o estudio e a asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumno individualmente e cada equipo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas dos documentos que se entreguen na aula e responder ás preguntas que se formulen, salientando os aspectos máis importantes.
c) Elaboración dun traballo monográfico acerca dalgún epígrafe do temario ou dalgún problema específico con el relacionado. A profesora facilitara as orientacións bibliográficas oportunas e supervisará a execusión do traballo en cada unha das súas etapas. As monografías serán executadas en grupos de 4 alumnos. Tra-la súa conclusión expoñeranse nas datas indicadas na clase.
Sistema de evaluaciónConcédeselle moita importancia ó desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudio, á utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas, á participación activa nos debates de clase, ó traballo feito a conciencia, á capacidade investigadora e creativa dos alumnos e alumnas ó estudia-los procesos educativos da escola, á reflexión que produce o seu estudio, á análise do seu papel como futuro profesor. Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
En correpondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía cos obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudiantes estará baseada nas calificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases teóricas e prácticas que se programen e nos traballos opcionais que voluntariamente presenten.
Haberá unha proba que terá un valor máximo do 50% na nota final, pero é necesario superarla (acadar unha puntuación igual ou superior ao 5 sobre 10) para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia. As prácticas de aula terán un valor máximo do 0.5% na calificación final. A nota das prácticas será o promedio das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e en grupo. O traballo monográfico-videoforum terán un valor máximo do 30% na calificación final. A realización dunha lectura obrigatoria suporá ata un 5%, como máximo, da nota final da disciplina. Sempre que a asistencia sexa superior ao 80% das sesións.
a) Para obtener unha valoración positiva na materia, será preciso tener realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de evaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
b) Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Cualquer traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
d) Para que o alumno sexa evaluado é necesario que entregase unha ficha axeitadamente cuberta a cada unha das profesoras que imparten a materia.
e) A titorización dos alumnos só se efectuará durante as horas de atención que figuran detalladas na porta do despacho da profesora e neste programa. En consecuencia, pregáselles que se absteñan de realizar calquer tipo de consulta fóra do horario indicado, agás se teñen concertado previamente a oportuna entrevista.
f) En ningún caso se aceptarán traballos dos que a profesora non teña constancia por escrito da súa realización e que non fosen seguidos por ela ó longo do proceso de elaboración a través de entrevistas periódicas.
g) As datas de entrega dos traballos obrigatorios informaranse na clase e serán inalterables.
h) Calquer tipo de circunstancia persoal que poida alterar o normal seguimento da asignatura por parte dos alumnos deberá ser comunicado á profesora á maior brevidade, pois de non facelo repercutirá na avaliación continua do rendemento académico.
i) Durante o curso facilitaranse outras orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dun xeito xenérico.
Tempo de estudo e traballo persoalEnténdese que o estudio debe ser contínuo o que podería equivaler a un 40% do tempo adicado a materia.
En canto a realización dos traballos podería equivaler ó 80% dos créditos prácticos
Recomendacións para o estudo da materia Asistencia regular ás clases.
- Estudo dos documentos entregados e da bibliografía fundamental recomendada.
- Participación e discusión activa nas exposicións dos traballos realizados polos alumnos.
- Estudo regular da materia
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.