G3081451 - Dirección, Organización e Xestión de Institucións Educativas (Organización e Dirección de Institucións Educativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO traballo nesta materia estará orientado cara a consecución dunha formación científica e unha competencia profesional no campo da dirección de centros educativos. Preténdese posibilitar a formación de futuros directores e directoras que fagan da súa actividade un exercicio continuo de aprendizaxe persoal e profesional. Nesta dirección propónse como obxectivos:
1. Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección centros educativos.
2. Examinar as características específicas do exercicio da dirección en diferentes contextos.
2. Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
3. Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección.
4. Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidades para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análise de conflictos, xestións de reunións, etc.
Contidos- Teorías e bases conceptuais da dirección e xestión de institucións educativas en sociedades complexas e cambiantes. Políticas e prácticas.
- Marcos normativos e regulación da función directiva no contexto español e galego. Directores/ás e equipos directivos.
- Dimensións da función directiva: xestión administrativa, dinamizador curricular, apoio ao desenvolvemento profesional e a mellora da práctica docente.
- Profesionalización e formación de directores/ás e equipos directivos.
- Modelos, estilos de dirección e liderado educativo. O poder nas institucións educativas. Cambio e innovación.
- Mulleres e cargos: perspectivas de xénero na dirección e xestión de institucións educativas. Estudos e experiencias.
- Xestión de reunións, comunicación, colaboración e resolución de conflitos.
- Perspectivas de estudo sobre a dirección e xestión de institucións educativas. Enfoques e estratexias metodolóxicas
Bibliografía básica e complementariaAA. VV. (2000). Liderazgo y organizaciones que aprenden. Bilbao: ICE Universidad de Deusto.
Ainscow, M. (2008). Mejorar las escuelas urbanas liderazgo y colaboración. Madrid: Narcea Álvarez Fernández, M. (1997). La dirección educativa y profesional. Cuadernos de Pedagogía. 262, 58-63.
Antúnez, S. (1997a). Mejorar la dirección en épocas de turbulencias. Cuadernos de Pedagogía. 262, 44-49.
Antúnez, S. (1997b). Formación y capacitación de los directores escolares. En X. Garagorri y P. Municio. Participación, autonomía y dirección en los centros educativos. Madrid: Escuela Española.
Antúnez, S. (2000). La acción directiva en las instituciones escolares. Barcelona: ICE-Horsori
Antúnez, S. (2003) ¿Mejorar la dirección? ¡Cambiemos las rutinas! Aula de Innovación Educativa, 123-124
Armas, M. (1998). Dirección integral de centros educativos, Santiago de Compostela: Tórculo Edicións
Ball, S. (1989). La micropolítica de la escuela. Hacia una teoría de la organización escolar. Barcelona: Paidós/MEC
Bernal, J. L. (2000). Identificación de las principales cuestiones que afectan a los directivos. Organización y gestión educativa. 1
Cantón, I. (2008). El espacio y el género en los centros educativos. En Jiménez Fernández, C. y Pérez Serrano, G. (2008). Educación y Género. El conocimiento invisible. Valencia: Tirant lo Blanch, 367-388.
Chavarría, X. E Borrell, E (2001). La Planificación y autoevaluación del trabajo de los directivos de centros docentes. Barcelona: CissPraxis
Diez, E. J.; Terrón, E y Anguita, R. (2006). La cultura de género en las organizaciones escolares. Motivaciones y obstáculos de acceso de la mujer a los puestos de dirección. Barcelona: Octaedro
Essomba, M. A. (2006). Liderar Escuelas interculturales e inclusivas. Barna: Graó
Fernández Díaz, Mª J.; Álvarez Fernández, M. y Herrero Toranzo, E. (2002). La Dirección Escolar ante los retos del Siglo XXI. Madrid: Síntesis
Fernandez Serrat, Mª L. (2002). Dirigir centros educativos. Granada: GEU
Fuente Pis, R. et al (2001). Dirección de centros docentes. Santiago de Compostela: Tórculo
Hargreaves, A. y Fink, D. (2008). El liderazgo sostenible: siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Madrid: Morata
Hoyle, J. R.; English; F. W. e Steffy, B. (2002). Aptitudes del directivo de centros docentes. Madrid: Ramón Areces
López Yáñez, J. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Un enfoque basado en el análisis del sistema organizativo. Madrid: Síntesis
Martín-Moreno, Q. (2008). La mujer en la dirección de las organizaciones educativas. En Jiménez Fernández, C. y Pérez Serrano, G. (2008). Educación y Género. El conocimiento invisible. Valencia: Tirant lo Blanch, 341-366
Santos Guerra, M. A. (2000). Dirección escolar e innovación educativa. Educación XXI, 2
Santos Guerra, M. A. et al. (2000). El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar. Barcelona: Graó
Santos Guerra, M. A. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de centros escolares. Madrid: Wolters Kluwer
Vera, J. M., Mora, V. y Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: Graó
Viñao Frago, A. (2005). La dirección escolar: un análisis genealógico-cultural. En M. Fernández Enguita, y M. Gutiérrez Sastre (coords). Organización escolar, profesión docente y entorno comunitario. Madrid: Akal.
Competenciasa) competencias da titulación ás que contribúe a materia
4 G Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en ámbitos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
2 T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
1.3 E Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións
3.1 E Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos
3.3 E Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
b) competencias específicas da materia
- Posuír os referentes teóricos, conceptuais e normativos que fundamentan e regulan a dirección e xestión de institucións educativas nun contexto determinado.
- Realizar análises fundamentadas das características, condicións, problemas e evolución da dirección e xestión de institucións educativas en contextos nacionais e internacionais.
- Identificar, analizar, valorar e representar diferentes modelos e estilos de dirección.
- Desenvolver capacidades de liderado, toma de decisións, análise de conflitos e dinamización da institución educativa.
- Localizar, seleccionar e utilizar as fontes pertinentes para identificar, formular e resolver problemas propios da dirección e xestión de centros educativos e xerar coñecemento neste campo.
Metodoloxía da ensinanza As actividades que se poderán desenvolver nesta materia serán as seguintes:
- A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
- A presentación de documentos fotocopiados, para o seu estudo e debate.
- Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades cuxa temática se preste a facelo.
- Realización de exercicios e actividades prácticas grupais nos temas que se prestan máis a iso.
- Outro recurso didáctico para a presentación e/ou ilustración dalgúns temas sería a utilización de material audiovisual (películas, vídeos, transparencias, etc.).
- Realización de traballos teóricos sobre diversos temas relacionados co temario da materia.
- Traballos de investigación na práctica, analizando o funcionamento da Dirección e o equipo directivo en diversos Centros Educativos.
- A lectura e recensión crítica, realizada a nivel individual, dalgúns libros relacionados coa temática da materia.
Sistema de evaluaciónA cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
1) Unha avaliación continua a través do seguimento do traballo elevado a cabo polos/ás alumnos/ás nos diversos ámbitos: a participación e achegas nas clases, seminarios, prácticas, etc.
2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas como recensións, traballos teóricos, análise de incidentes críticos, estudos de caso, elaboración de casos, informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, etc.
3) A realización dun exame sobre os contidos do temario.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas na aula: 25 hs
- Prácticas de seminario: incidentes críticos, estudio de casos, análise de materiais, técnicas de grupo, etc. 8 hs.
- Prácticas de laboratorio: Simulación e talleres: 8 hs.
- Tutorías do traballo de curso: 6 hs.
- Avaliación: 3 hs.
Horas de traballo persoal do estudante
Estudo. Busca, selección e análisis de información 35 hs.
Análise e elaboración de casos, informes, etc. 23 hs.
Representación de roles, realización tarefas,… 30 hs.
Seguimento e apoio elaboración traballos 12 hs.
Total de horas presenciais 50
Total de horas de traballo persoal 100
Recomendacións para o estudo da materiaTraballar e participar activamente nas diversas actividades propostas, tanto dentro coma fóra da aula. Ter iniciativa e interese. A aula enténdese como un espazo para a construción de coñecementos, mediante a interacción entre os participantes. En consecuencia, valórase a asistencia á clase e a participación activa nela.