Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081453 - Pedagoxía Familiar (Contextos de Intervención Pegagóxica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os seus obxectivos son os seguintes:

    1. Estudar a evolución do concepto de familia, para comprender as súas transformacións e a aparición de NOVAS estruturas familiares na sociedade actual.

    2. Coñecer as funcións da familia como axente educador e os diversos modelos educativos que teñenn lugar nesta institución social.

    3. Estudar as relaciónss da unidade familiar coa escola e a comunidade.

    4. Analizar os programas, servizos e recursos de intervención socio-educativa familiar que se desenvolven no contexto local, autonómico e nacional.

    Contidos
    - A familia: concepto, evolución e estruturas.
    - A pedagoxía familiar: concepto e antecedentes.
    - Marco lexislativo da familia en España e en Galicia.
    - Os procesos educativos na familia: unha perspectiva ecolóxica.
    - Familia, escola e participación.
    - Análise socio-educativa das situacións de risco na familia e dos problemas intrafamiliares.
    - Familia, educación e fluxos migratorios.
    - Programas, servizos e recursos para a educación familiar.

    Bibliografía básica e complementaria
    B. Básica

    LORENZO MOLEDO, M. ET AL. (2010): Familias inmigrantes en Galicia. La dimensión socioeducativa de la integración. Madrid, Ministerio de Educación.
    MUSITU, G. e CAVA Mª J. (2001): La familia y la educación. Barcelona, Octaedro.
    RODRIGO, Mª. J. e PALACIOS, J. (coords.) (2000). Familia y desarrollo humano. Madrid, Alianza ed.

    B. Complementaria
    AA.VV. (2001): Familia, juventud y nuestros mayores. Santiago de Compostela, Fundación Caixa Galicia.
    AGUILAR RAMOS, M.C. (2002): Educación familiar: una propuesta disciplinar y curricular. Málaga, Aljibe.
    ALBERDI, I. (1999): La nueva familia española. Madrid, Santillana.
    ARRUABARRENA, M.I. e PAÚL, J. de (1997): Maltrato a los niños en la familia. Madrid, Pirámide.
    BALABAN, N. (2000): Niños apegados, niños independientes. Orientaciones para la escuela y la familia. Madrid, Narcea.
    BERNAL, A., RIVAS, S. e URPÍ, C. (2012): Educación familiar. Madrid, Pirámide
    BOUTIN G. e DURNING. P. (1997): Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Madrid, Narcea.
    CÁNOVAS, P. e SAHUQUILLO, , P. (2010): Educación familiar y mediación televisiva. Teoría de la Educación, 22, pp. 117-140
    CEA D'ANCONA, Mª. A. (2007): La deriva del cambio familiar. Hacia formas de convivencia más abiertas y democráticas. Madrid, CIS.
    DOLTO, F. (1999): La educación en el núcleo de la familia. Barcelona, Paidós.
    DOWLING, E. e OSBORNE, E. (1996): Familia y escuela. Una aproximación conjunta y sistémica a los problemas familiares. Barcelona, Paidós.
    GARCÍA, R., PÉREZ, C . e ESCÁMEZ, J. (2009). La educación ética en la familia. Bilbao, Desclee de Brouwer.
    GOLOMBOK, S. (2006). Models de família. què és el que copta de debò. Barcelona, Graó.
    GRACIA FUSTER, E. e MUSITU OCHOA, G. (2000): Psicología social de la familia. Barcelona, Paidós.
    MUSITU, G. et al. (1996): Educación familiar y socialización de los hijos. Barcelona, Idea Books.
    PÉREZ DÍAZ, V. (2001): La familia española ante la educación de sus hijos. Barcelona, Fundación “LaCaixa”.
    SEANO PINTADO,I. (1998). Agresividad infantil. Madrid, Pirámide.

    NOTA: por cada tema a profesora entregará ao alumnado un dossier específico.

    Competencias
    - Que os e as estudiantes comprendan as transformacións que se teñen dado nas estruturas familiares
    - Que sexan capaces de analizar as necesidades socio-educativas das familias.
    - Que dominen os coñecementos teóricos e prácticos para deseñar programas de intervención socioeducativa no contexto familiar.
    - Que sexan capaces de intervenir como mediadores educativos na resolución de problemas familiares.
    - Que sexan capaces de avaliar críticamente as políticas das Administracións públicas dirixidas a la familia.
    - Que identifiquen o rol e o ámbito profesional do pedagogo/a familiar.
    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos alumnos nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.

    De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
    - Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
    - Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
    - Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
    - Lectura do libro de I. Serrano Pintado (1998). Agresividad Infantil. Madrid,Pirámide
    - Na medida das posibilidades, xestionarase a a participación de algún/a pedagogo/educador familiar no cuadrimestre.

    Os alumnos con exención de doccencia deben porse en contacto coa profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo

    A profesora empregará a aula virtual da USC para informar e colgar determinados materiais de estudo e traballo.
    Sistema de evaluación
    A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
    - Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
    - Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.

    Para superar a materia é preciso ter superadas a proba obxectiva e ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.

    A calificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 100% da nota final. As prácticas serán contabilizadas na puntuación do exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas: presentación, explicación de temas Aula 20
    Estudio e traballo do alumno/a 30
    Prácticas de seminario: análise de textos Seminario –Laboratorio 10
    Lectura libro 30
    Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario –Laboratorio 10
    Titorías de traballo de curso (presenciais, virtuais, individuais y en grupo) Tutoría 5.5
    Avaliación Aula 2



    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.