Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091101 - Antropoloxía da Educación (Socioloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN.NON
Vara Coomonte, Antonio.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Fo)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Fr-Ñ)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (O-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A Antropoloxía da educación, como parte da denominación máis ampla de Antropoloxía da cultura, ensínanos a comprender por que a nosa educación é como é, e por que nós, a nosa familia, os nosos amigos e os nosos concidadáns educámonos, pensamos e actuamos de certa forma, e non doutra (re-tradución educativa do sentido da Antropoloxía cultural, de Marvin Harris). Ou tamén, ensínanos a comprender como, e para que, mediante a educación impónsenos a cultura lexítima dunha sociedade. É dicir, en Antropoloxía da educación estudamos a correlación entre educación e cultura “lexítima”.


    Contidos
    1. O sentido da Antropoloxía da educación
    1.1.- Significado pedagóxico da Antropoloxía
    1.2.- Terminoloxía básica
    1.3.- A dimensión cultural da sociedade na formación
    humana
    1.4.- O home como dimensión animal e racional
    1.5.- O home como produto e como factor cultural

    2.- Os esquemas de produción cultural
    2.1.- Sentido da produción e reprodución cultural
    2.2.- A cultura como orientación e sentido da vida

    3.- A cultura como configuración “lexítima” dun modo de ser
    social
    3.1.- Significado da “lexitimidade” cultural
    3.2.- Control social. A desviación social

    4.- A cultura como identidade grupal e nacional
    4.1.- Dimensións da identidade cultural
    4.2.- Consecuencias da aculturación. O etnocentrismo
    4.3.- Etnocentrismo e conflito

    5.- Diversidade cultural
    5.1.- Educación e imposición dun arbitrario cultural
    5.2.- O relativismo cultural
    5.3.- A Antropoloxía da educación como base da
    educación intercultural


    Bibliografía básica e complementaria
    Non espere aquí o alumno un amplo repertorio bibliográfico xeral, senón unha simple indicación ou orientación conforme ao compromiso antropolóxico realizado. A tentación do eclecticismo bibliográfico ha de ser substituída por unha conquista da linguaxe teórica - metodológico, o que leva unha formulación bibliográfica distinta.

    O profesor orientará pertinentemente a bibliografía adecuada ás exposicións de clase, así como a concreta e puntual que poida requirir o alumno.

    Entre a bibliografía que considero máis clásica:

    MEAD, Margaret, (1972): Educación y cultura, Paidós, Bs. As.
    LEVI - STRAUS, Claude: Antropología estrutural, (1968),Eudeba, Bs-As
    HARRIS, Marvin:
    - (1987): El materialismo cultural, Alianza Editorial, Madrid
    - (1987): Caníbales y reyes, Alianza Editorial, Madrid
    - (1993): Jefes, cabecillas y abusones, Alianza Editorial, Colección
    Cien, Madrid.
    - (1998): Bueno para comer, Alianza Editorial, Madrid.
    - (1995): Nuestra especie, Alianza Editorial, Madrid.
    PARÍS, Carlos (1994): El animal cultural: Biología y cultura en la
    realidad humana, Crítica, Barcelona.
    CARRITHERS, Michael (1995): ¿Por qué los humanos tenemos
    culturas?, Alianza Editorial, Madrid.
    - (1998): Antropología cultural, Alianza Editorial, Madrid.
    FERMOSO, Paciano (1982): Teoría de la educación: una
    interpretación antropológica, CEAC, Barcelona

    Outras referencias bibliográficas moi interesantes (e noveladas) poden ser:

    BARLEY, Nigel, (2006): El antropólogo inocente; Anagrama, Barcelona.
    BARLEY, Nigel, (2007): Una plaga de orugas, Anagrama, Barcelona.


    Competencias
    Para mellor entender as competencias da razón antropolóxico - educativa, expomos a definición de cultura en que nos apoiaremos, concretando así o contido cultural a transmitir a través do proceso de endoculturación que supón todo proceso educativo. Entendemos por cultura o conxunto de esquemas operativos (facer) e interpretativos (pensar) mediante os cales un grupo humano orienta e dá sentido á súa vida, onde o sistema de valores actúa como unha especie de cemento na unión de todo o armazón cultural.

    Competencias na titulación
    Ter capacidade para analizar a realidade cultural na que desempeñan o labor profesional os educadores sociais



    Competencias específicas da materia
    Adquirir a capacidade crítica e científica para analizar e comprender a realidade cultural da educación.
    Adquirir o coñecemento teórico-básico ao redor dos procesos de aprendizaxe de “a cultura lexítima” no ámbito da estrutura do sistema social, e as consecuencias sociais e persoais que iso comporta.

    Metodoloxía da ensinanza
    Actividades formativas
    Proponse unha metodoloxía baseada nos principios de participación, actividade e aprendizaxe vivencial e razoada; isto é, que fomente a implicación do alumnado no desenvolvemento dos temas propostos.
    Nas clases expositivas realizarase unha presentación e explicación dos temas, orientando ao alumno respecto dos centros de interese nos que conveña profundar dende o punto de vista documental e bibliográfico.
    As prácticas de seminario desenvolveranse a partir da análise de situacións, lecturas de textos e visionado de material audiovisual, que complementen e amplíen as explicacións do profesor, e que o alumno terá que traballar baixo a súa orientación e supervisión.
    Titorías individuais e grupais.

    Actividades docentes presenciais
    Clases expositivas de aulas, explicación de temas: 22 h
    Prácticas de seminario: comentario textos: 8 h
    Prácticas de seminario: material audiovisual: 7 h
    Titorías traballo de curso: 11 h
    Avaliación, aula: 2 h

    Sistema de evaluación
    A asistencia á clase expositiva e aos seminarios, será obrigatoria e a controlara o profesor . A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clases e seminarios é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da facultade, os alumnos poderán solicitar a exención de docencia.
    A cualificación final será a media das clases expositivas e dos seminarios prácticos. Se se suspende algunha destas partes, non se fai nota media. A cualificación final será suspenso e o alumno terá que examinarse só desa parte, gardándose para a convocatoria seguinte a parte aprobada.
    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso realizar e entregar en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, um mesmo traballo non pode ser utilizado por varias matérias, agás nas actividades programadas de xeito coordinado.
    Clases expositivas: A avaliación realizarase mediante probas escritas, nas que se dará conta, demostrando capacidade de análise e de síntese, de 5 cuestións expostas polo profesor.
    Estas probas serán:
    - “exame eliminatorio” do contido previamente acoutado e no tempo acordado.
    -“exame final”. Fixado no calendario oficial. Os alumnos que non fagan os exames eliminatorios examinaranse de todo o contido. Os que si se examinaron darán conta do contido que lles falte, previamente establecido. Os que non superen algún exame eliminatorio examinaranse do contido respectivo no exame final.
    A nota final das clases expositivas será a nota conseguida no exame final ou a media das notas obtidas en todos os exames realizados. No conxunto da cualificación da materia, a nota final do exame terá un valor do 50%.

    Prácticas de seminario
    Avaliación dos comentarios escritos realizados, solicitados polo profesor, e que terán carácter obrigatorio:
    -de textos propostos en clase
    -do material audiovisual presentado
    -de propostas concretas expostas
    Entregaranse no tempo establecido. A cualificación final destas prácticas será a nota media de todos os comentarios escritos.
    No conxunto da cualificación da materia, a nota final das prácticas de seminario terá un valor do 50%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo persoal do estudante
    Estudo: 60 h
    Estudo e elaboración de informas: 25 h
    Visualización de material e informe: 15 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para penetrarse no quefacer antropolóxico dunha forma amena, pero moi eficaz, recoméndase a lectura dos textos novelados de Nigel Barley citados na bibliografía.
    A asistencia a clase é, como xa se dixo, obrigatoria. O alumno necesita asistir a clase para seguir adecuadamente a explicación do programa, onde se aprende progresivamente a razoar e a argumentar, o que será o exercicio habitual de cada clase.
    Valorarase a aprendizaxe do razoar e argumentar e non o exercicio memorístico.
    O alumno ten que preocuparse de estar atento a valorar críticamente as situacións antropolóxico-educativas coas que convivimos.

    Observacións
    Entregue a ficha no prazo dos quince primeiros días
    Non entregue os traballos con fundas de plástico nin con malgaste de tinta na portada.