Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091103 - Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación (Investigación Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Martinez Piñeiro, Maria Esther.SI
RUBAL RODRIGUEZ, XOSE.NON
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-E)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (F-G)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (H-Porte)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (Porto-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura aborda algunhas das cuestións básicas da metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da educación.

    Fundamentalmente, ao trasluz do expresado na Memoria do título, os obxectivos "formativos" específicos a pretender poden resumirerse nos seguintes:

    • Coñecer os fundamentos e características principais do coñecemento científico e dos paradigmas básicos de investigación educativa.
    • Coñecer as distintas fases do proceso de investigación educativa.
    • Coñecer os fundamentos da investigación cuantitativa e cualitativa e as principais
    características das distintas modalidades de investigación educativa.
    • Coñecer as características dos principais métodos de mostraxe, así como das técnicas e instrumentos de obtención de datos.

    Traballarase ademais baixo o suposto de que tal coñecemento debe aspirar a constituír un marco conceptual significativo para a/o estudante, asociado a unha actitude reflexiva e á comprensión crítica de tales contidos.
    Contidos
    Consonte ao establecido na Memoria do título, os bloques temáticos básicos a contemplar nesta asignatura son os seguintes:

    1. O coñecemento científico.
    2. Perspectivas epistemolóxicas e metodolóxicas na investigación socioeducativa.
    3. O proceso xeral da investigación educativa.
    4. Técnicas de obtención de datos socioeducativos.
    5. Tipos de mostraxe.
    6. Deontoloxía na investigación social e educativa.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA
    Bisquerra, R. (2004) (Coord.). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
    Cea D'Ancona, M.A. (2001). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis.
    Corbetta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McCrawHill.
    Mcmillan, J.H. e Schumacher, S. (2005). Investigación educativa. Madrid: Pearson.
    Sandín, M.P. (2003). Investigación cualitativa en Educación. Fundamentos y tradiciones. Madrid: McGrawHill.
    Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. Madrid: La Muralla.

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
    Albert, Mª J. (2006). La Investigación Educativa. Claves teóricas. Madrid: McGrawHill
    Beranrd, H. R. (2000). Social Research Methods: Qualitative and Quantitative Approaches. Londres: Sage.
    Cardona, Mª C. (2002). Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.
    Colás, P. y Buendia, L. (1998). Investigación educativa (3ªed.). Sevilla: Alfar.
    Feldman, M.S. (1995). Strategies for interpreting qualitative data. Thousand Oaks: SAGE.
    Flick, U. (2004): Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata
    Goetz, J. e LeCompte, M. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en la investigación educativa. Madrid: Morata.
    Hammersley, M. e Atkinson, P. (1994). Etnografía: Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.
    Latorre, A., Del Rincón, D. e Arnal, J. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa (1ª ed.). Barcelona: Experiencias.
    Pérez Serrano, G. (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. Madrid: La Muralla.
    Rodríguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.



    Competencias
    Segundo o establecido na Memoria do título, as "competencias" específicas que nortean esta asignatura son as cinco seguintes:

    1. Coñecer a terminoloxía básica da metodoloxía de investigación educativa.
    2. Coñecer os principais enfoques epistemolóxicos e metodolóxicos na investigación socio-educativa, valorando as súas potencialidades e limitacións.
    3. Coñecer o proceso de investigación educativa e identificar as distintas fases e elementos.
    4. Coñecer distintas técnicas de mostraxe empregadas na investigación socioeducativa.
    5. Coñecer e distinguir diferentes técnicas de recollida de datos usadas en investigación socioeducativa


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía empregada diríxese ao favorecemento da adquisición, como mínimo, das "competencias" indicadas, centradas na "adquisición de coñecementos", propiciando ademais que o alumnado desenvolva unha boa comprensión reflexiva e crítica dos contidos oficialmente establecidos, así como unha certa capacidade de aplicación de tales coñecementos en situacións de investigación referidas a contextos socioeducativos.

    Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados e/ou do dossier base depositado na fotocopiadora. As clases interactivas adoptarán varios formatos didácticos, versarán sobre as tarefas puntuais (TPs) indicadas polo profesor ao comezo de cada bloque temático e implicarán a súa axeitada preparación previa por parte do alumnado, a fin de posibilitar a súa participación activa na clase. Así mesmo, algunhas destas sesións dedicaranse parcialmente a orientar a realización dos traballos en equipo (TEs)
    -dos que se indicarán as súas características básicas ao final da clase expositiva do día 18 de setembro-, así como ás exposicións e debates conseguintes.

    As actividades de traballo autónomo inclúen a lectura crítica e estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, a análise de informes de investigación, a preparación das TPs sinaladas para as sucesivas sesións interactivas e, no seu caso, a preparación da parte correspondente dos dous traballos en equipo.
    Sistema de evaluación
    A avaliación das aprendizaxes terá primariamente un propósito formativo -ao longo de todo o cuadrimestre- con base na observación das actividades individuais e grupais realizadas, así como na participación nas clases e titorías.

    Na avaliación final, o desempeño no exame terá un peso do 55%, correspondendo 0 45% restante á realización dos outros dous tipos de actividades indicadas no apartado anterior: TPs e TEs.

    O exame constará de dúas partes, unha sobre aspectos teóricos e outra de carácter práctico, cun peso na cualificación do exame de 1/3 e 2/3, respectivamente, e nel terán un peso avaliativo importante (25-30%) as cuestións específicas referidas ós traballos asinados polo/a examinando/a.

    A parte teórica examinarase mediante unha proba de tipo obxectivo e/ou de preguntas de resposta breve, referidas nos dous casos á documentación base depositada na fotocopiadora. Realizarase SEN material.

    A parte práctica, a realizar CON material (obrigatoriamente, co dossier xeral da materia e coa documentación completa dos TEs da propia coautoría), terá como universo curricular de referencia as cuestións tratadas nas clases interactivas. Nela formularanse situacións problemáticas, semellantes ás analizadas nas clases interactivas e/ou abordadas nos TEs, dirixidas a poñer de manifesto a competencia para aplicar en contextos socioeducativos os coñecementos adquiridos.

    En canto aos outros dous tipos de actividades con aproveitamento avaliativo final que está previsto realizar -catro tarefas prácticas puntuais e individuais e dous traballos en equipo-, o seu peso na cualificación final será de un 10% no caso das primeiras e dun 35% no caso dos segundos (15%+20%), sempre que se entreguen dentro dos prazos fixados e o profesor non teña evidencias de realización fraudulenta ou pouco seria, contrarias á súa toma en consideración.

    O alumnado non asistente poderá realizar individualmente os TEs, con idéntica repercusión evaluativa que para os demais alumnos. Pola contra, por cuestións de factibilidade, non se lle poderán contabilizar as TPs, incrementándoselle correlativamente o peso de exame ata o 65%.

    Lémbrase que tanto as tarefas de realización individual como o traballo en equipo deberán ser orixinais. A entrega, aos efectos da avaliación final, dalgún traballo copiado suporá o suspenso automático da materia na convocatoria de xaneiro. Así mesmo, non poderá ser utilizado un mesmo traballo para varias materias, agás en actividades interdisciplinares programadas de forma coordinada co profesorado correspondente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A modo de referencia aproximada:

    - Horas de traballo en aula: 48
    - Horas de estudo e traballo individual o en grupo: 96
    - Horas de realización de exames: 4
    - Horas de titoría: 2

    Tempo estimado total: 150
    Recomendacións para o estudo da materia
    Tanto para lograr un óptimo dominio da materia en liña co que se pide como para aprobala, resulta didacticamente necesario asistir de forma regular ás clases expositivas e, sobre todo, participar activamente nas interactivas. Amais disto, consonte ao acordado polos órganos competentes da Facultade, lémbrase que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Emporiso, nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.


    Observacións
    1. Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras titulacións cómpre que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.

    2. As titorías terán lugar no horario seguinte: mércores, de 10:30 a 13:30 e xoves,de 17:30 a 20:30. O despacho do profesor é o número 68 do 2º andar do Edificio A de Pedagoxía.

    3. Requírese a entrega ao profesor da ficha de identificación persoal, a cal poderá recollerse na Conserxería. En todo caso, para poder realizar os TEs, presentarse ao exame e que se teñan en conta as TPs, será REQUISITO tela entregado ou ben axuntar unha fotocopia do DNI.

    4. Pautas sobre presentación dos traballos escritos na materia, de carácter xeral e OBRIGADO cumprimento:
    a) Evitar tapas de plástico e outros envoltorios externos innecesarios.
    b) Sempre que sexa factible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    c) Imprimir a dúas caras e en calidade de "borrador".
    d) Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    e) Evitar anexos que non teñan especial relevancia en relación cos temas desenvolvidos.