Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091105 - Psicoloxía do Desenvolvemento (Psicoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Juncos Rabadán, Onésimo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Fo)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Fr-Ñ)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (O-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos que nos propoñemos lograr atenden tanto á adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, coma á práctica de destrezas relacionadas cos devanditos coñecementos e a adquisición de certas disposicións valorativas. Consideramos prioritario que os alumnos/as cheguen a:

    . Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e método.
    . Coñecer os procesos de cambio intra e interpersoais que teñen lugar ao longo do ciclo vital.
    . Reflexionar sobre a aplicabilidade dos coñecementos sobre os procesos evolutivos en prol de optimizar o desenvolvemento.
    . Aprender a analizar con sentido crítico e a sintetizar a literatura científica relevante para a disciplina.
    . Adquirir inquietudes éticas en relación ás implicacións dos coñecementos adquiridos, con miras ao exercicio profesional.

    Contidos
    TEMA 1. DELIMITACIÓN CONCEPTUAL E APROXIMACIÓN HISTÓRICA E METODOLÓXICA Á PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO.
    1.1. O desenvolvemento psicolóxico ao longo da vida. Contextos e diversidade no desenvolvemento.
    1.2. Perspectivas teóricas sobre o desenvolvemento psicolóxico: obxectivos, enfoques e límites.
    1.3. Métodos de investigación. Preguntas sobre o desenvolvemento. Estratexias de investigación. Investigación e deontoloxía.

    TEMA 2. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA PRIMEIRA INFANCIA: ASPECTOS NORMATIVOS E DETERMINANTES.
    2.1. Xenética e desenvolvemento prenatal.
    2.2. O nacemento e o recén nacido.
    2.3. Primeira infancia. Desenvolvemento físico, cognitivo, social e persoal.

    TEMA 3. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA SEGUNDA E TERCEIRA INFANCIA
    3.1. Desenvolvemento físico e psicomotor.
    3.2. Desenvolvemento cognitivo. Contextos de aprendizaxe, escola, familia, sociedade.
    3.3. Desenvolvemento social e persoal.

    TEMA 4. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO DURANTE A ADOLESCENCIA. TRANSICIÓN, PAUTAS NORMATIVAS E FONTES DE INFLUENCIA.
    4.1. Maduración física e saúde.
    4.2. Desenvolvemento cognitivo e escolarización
    4.3. Desenvolvemento social e persoal. Identidade, relacións familiares e de amizade.

    TEMA 5. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA ADULTEZ. CAMBIOS, CRISE E ACONTECEMENTOS VITAIS.
    5.1. Mantemento físico e saúde.
    5.2. Desenvolvemento cognitivo, educación e profesionalización
    5.3. Desenvolvemento social e persoal. Relacións persoais. Traballo. Implicación social.

    TEMA 6. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA VELLEZ. ENVELLECEMENTO ACTIVO. CAMBIOS, ADAPTACIÓN, OPTIMIZACIÓN.
    6.1. Cambios físicos e saúde.
    6.2. Cambios cognitivos. Atención, memoria, intelixencia e sabedoría.
    6.3. Desenvolvemento social e persoal. Xubilación. Relacións persoais. Implicación social.
    6.4. O final da vida. Morte e duelo.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Feldman, R. S. (2007). Desarrollo psicológico a través de la vida. Cuarta edición. México: Pearson Educación.

    Bibliografía complementaria.

    Arnett, J. J. (2008). Adolescencia y adultez emergente. Un enfoque cultural. México: Pearson Educación.
    Córdoba, A.I., Descals, A. e Gil, M.D. (Coords.) (2006). Psicología del Desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide.
    Mariscal, s., Giménez-Dasi, M., Carriedo, N. e Carral, A. (Coods.) (2009). El desarrollo psicológico a lo largo de la vida . Madrid. McGraw-Hill
    Oliva, A. (2003). Adolescencia en España a principios del siglo XXI. Cultura y Educación, 15(4), 373-383.
    Santrock, J. (2004). Adolescencia. Madrid. McGraw-Hill.
    Shaffer, D.R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Thomson,
    Stassen-Berger, J. e Thompson, R.A. (2001). Psicología del desarrollo: Adultez y vejez. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
    Triadó C. e F. Villar (coords.). (2006). Psicología de la vejez. Madrid: Alianza Editorial.
    Trianes, M. V. e Muñoz, A. M. (2007). Las relaciones sociales en la infancia y en la adolescencia y sus problemas. Madrid: Pirámide.

    Competencias
    a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    Xenerais

    . Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
    . Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
    . Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.

    Transversais

    . Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
    . Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
    . Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.

    b) Competencias específicas da materia:

    . Coñecer as pautas normativas e a cronoloxía do desenvolvemento psicolóxico nas súas diferentes facetas ao longo do ciclo vital.
    . Coñecer os factores que inciden no desenvolvemento psicolóxico, nos seus aspectos normativos e diferenciais.
    . Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o desenvolvemento para a análise da conduta dos individuos de diferentes idades, en diferentes contextos.
    . Desenvolver unha actitude favorable cara á optimización das condicións nas que se produce o desenvolvemento psicolóxico.

    Metodoloxía da ensinanza
    A nosa proposta docente inclúe: clases expositivas, clases interactivas, e titorías.

    Clases expositivas

    Teñen como obxectivo presentar os contidos básicos da materia, proporcionando unha visión organizada e integrada destes.
    Para cada tema proporcionarase un esquema acompañado de bibliografía comentada. Este material outorgará ao alumno/a unha visión xeral dos contidos fundamentais e a posibilidade de afondar neles segundo as propias necesidades e preferencias

    Clases interactivas

    Seminarios

    Tomando como base a información recibida a través das leccións expositivas, así como de materiais audiovisuais e textos, propoñeranse seminarios consistentes en actividades a realizar en grupo, como responder a unha serie de preguntas, discutir sobre cuestións de opinión ou repercusións de situacións hipotéticas, ou sinxelamente sintetizar os contidos tratados. Despois de cada actividade de grupo realizarase unha posta en común de toda a clase, que se iniciará coa explicación por parte dun representante de cada grupo acerca do traballo realizado e seguirá coa participación dos alumnos/ás que o desexen e a do propio profesor que intentará aclarar dúbidas, precisar conceptos, establecer relacións entre as distintas intervencións, etc. O traballo de grupo finalizará coa entrega dun informe de cada seminario realizado.

    Prácticas de campo

    Os alumnos terán a oportunidade de levar a cabo actividades prácticas que os achegarán á vertente aplicada da materia. Así, facilitarase o acceso e/ou manexo de materiais como instrumentos de avaliación e protocolos de observación. Os alumnos realizarán un informe individual de cada práctica, que constará dunha introdución teórica sobre o aspecto tratado, a descrición da tarefa realizada e os resultados obtidos e un comentario de todo iso, intentando conectar a experiencia cos coñecementos adquiridos.

    Titorías en grupo e individualizadas

    Os alumnos poderán entrevistarse co profesor para realizar consultas e recibir orientación sobre os seus traballos de curso, o temario, as prácticas, etc. O horario de atención a alumnos será de máxima dispoñibilidade, salvo en casos excepcionais en que outras actividades académicas impidan a súa presenza.

    Sistema de evaluación
    A avaliación descansará nun exame parcial e un final, así como nos traballos de grupo e individuais sobre os seminarios e prácticas de campo. Os exames constarán de preguntas tipo test sobre os contidos dos temas tratados tanto en clases expositivas como interactivas.

    A cualificación final do alumno será a media ponderada das notas obtidas nos exames (cun peso do 60%) e nos traballos individuais e de grupo (cun peso do 40%).Para superar a materia teranse que ter superado cada unha das partes das que consta a avaliación.

    Os alumnos repetidores ou non presentados serán avaliados seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A distribución do tempo de dedicación á materia que consta na ficha desta na Memoria do Título de Grao en Educación Social é a que figura a continuación. O profesor intentará axustar as actividades á citada distribución, tendo en conta a necesaria flexibilidade

    Actividades presenciais

    . clases expositivas:presentación, explicación de temas 26 horas
    . Clases expositivas: instrucións para as prácticas de campo 4 horas
    . Seminario: comentarios e traballo en grupo 12 horas
    . Titorías de traballo de curso: 4 horas
    . Avaliación: 4 horas
    . Total de horas presenciais: 50

    Traballo persoal do estudante

    . Estudo: 40 horas
    . Informes de prácticas: 12 horas
    . Estudo e elaboración de informes de comentarios de texto: 19 horas
    . Visualización e elaboración de informe de materiais audiovisuais: 19 horas
    . Lecturas: 10 horas
    . Total de horas de traballo persoal: 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    Xeneral

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Particulares

    -Implicación activa na dinámica de clase.
    -Realización puntual de traballos obrigatorios.
    -Seguimento continuado da materia.
    -Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
    -Busca de claridade e organización conceptual dos coñecementos obtidos na materia.