Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091107 - Educación e Sociedade en Galicia (Educación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
COSTA RICO, ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Fo)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Fr-Ñ)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (O-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Abordar, de modo sintético, o recoñecemento panorámico e comprensivo da realidade histórica e actual da sociedade galega.
    2. Ofrecer unha visión xeral sobre o sistema educativo en Galicia, contextualizándoo no seu marco social, cultural e político contemporáneo.
    3. Analizar algúns dos procesos educativos de maior significación no devir da sociedade galega contemporánea, e favorecer a súa explicación interpretativa, a través do coñecemento das súas interrelacións cos demais factores, estruturas e dinámicas presentes na configuración socio-histórica de Galicia.
    4. Familiarizarse co uso e a consulta dos acervos bibliográficos e documentais impresos e virtuais máis relevantes e comúns que se empregan na materia.
    5. Desenvolver as capacidades expresivas e comunicativas que require a presentación da información e a elaboración dun coñecemento comprensivo e significativo.
    6. Identificar demandas e respostas sociais e institucionais/políticas que se suscitan ante a configuración e o funcionamento do sistema escolar en Galicia.
    8. Fomentar nos futuros graduados en Educación Social actitudes positivas cara á disciplina e axudarlles a percibir o seu sentido e a súa utilidade nos currícula pedagóxicos.
    9. Relacionar e articular os contidos da disciplina co corpus cognitivo doutras materias do plano de estudos do que fai parte, a fin de que os coñecementos adquiridos acaden maior relevancia e significación, e contribúan, asemade, a unha capacitación máis óptima na formación dos futuros graduados en Educación Social.

    A concreción destes obxectivos irase facendo efectiva ao longo do semestre que, como secuencia temporal, lle corresponde á materia para o desenvolvemento dos diferentes núcleos temáticos e a realización das actividades programadas. Nas sesións de traballo na aula, o alumnado recibirá unha información máis detallada co propósito de ampliar, clarexar e matizar os enunciados que aquí se formulan en forma de obxectivos.

    Contidos
    A) A SOCIEDADE GALEGA

    1. Unha nación de longa historia
    1.1. Permanencias, cambios e pousos ao longo do tempo
    1.2. Un país con lingua e cultura singular
    2. O século XX
    2.1. Sociedade e Economía
    2.2. Política e cultura
    3. Transición democrática, autonomía política e reforma educativa. O presente.
    3.1. Mudanzas na sociedade galega. Dinámicas, escenarios, conflitos.
    3.2. O conflito da lingua: conciencia de si e globalización
    3.3. Homes e mulleres, os novos galegos, exercicios de cidadanía democrática e cambio social

    B) O DESENVOLVEMENTO EDUCATIVO: DISCURSOS, REALIDADES PRÁCTICAS E CONFLITOS

    4. Sobre a historia educativa de Galicia
    4.1. Desenvolvemento histórico
    4.2. No século XX
    5. Autonomía política e educación
    5.1. Marco político, administrativo e institucional
    5.2. Problemas, propostas, discursos e actores
    5.3. A Administración educativa autonómica e o Ordenamento legal da educación
    5.4. Estado do sistema educativo en Galicia: centros e servizos.
    6. A Administración local e a educación: competencias, accións e participación social
    7. "A escola que mudou"
    7.1. Discursos e prácticas: a construción da educación democrática
    7.2. Novas realidades, novos retos e horizontes socio-educativos.


    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    Barbosa, J. M., Ribeira, J. M. (1998): Atlas histórico de Galicia. Vigo: Nigra
    Piñeira Mantiñán, Mº J. ey alii (coords.) (2011): Xeografía de Galicia. Vigo, Xerais.Trea.
    Costa, A. (2004): Historia da educación e da cultura en Galicia (séculos IV-XX). Vigo, Edicións Xerais.

    Complementaria:
    Ameneiro Bravo (coord..) (2008): Galicia. Xeografía, Historia, Cultura. Vigo, Ir Indo.
    Calo Lourido, et alii (1997): Historia Xeral de Galicia. Vigo. A Nosa Terra.
    Callón, C. (2010): En castellano no hay problema. Vigo, Xerais.
    Caride Gómez, Trillo Alonso (Dirs.) (2010): Dicionario Galego de Pedagoxía. Vigo, Galaxia.
    Consello Escolar de Galicia (1994-2006): Informes varios. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
    Costa Rico, A.(Ed.) (2010): Luis Bello. Viaje por las escuelas de Galicia. Vigo, Nigratrea.
    _____ (2009), "A educación en Galicia", Gran Enciclopedia Galega, Tomo 43.
    Freixanes, V. (Dir.) (2001): Galicia: unha luz no Atlántico. Vigo, Edicións Xerais de Galicia.
    Gabriel, N. de (1990): Leer, escribir y contar. Sada, Ediciós do Castro.
    I.C.E. (1988-1990): A educación en Galicia. Informe cero. Santiago de Compostela, Univ. de Santiago, 2 vols.
    Juana López, de, Prada Rodríguez (2011): As mulleres en Galicia no século XX. Vigo, Ir Indo.
    Méndez Ferrín, X. L. (2007). Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo, Xerais.
    Miguez Macho (2011): Historia breve de Galicia. Madrid: Silex.
    Murado, M. A. (2008): Otra idea de Galicia. Barcelona, Debate.
    Peña, V. (1991): Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. Santiago de C., Xunta de Galicia, 2 vols.
    Sanmartin Rei, G. (Coord.) (2010), Lingua e futuro. A Coruña, Laiovento.
    Sende, S. (2007): Made in Galiza. Vigo, Galaxia.
    Torres Queiruga, Rivas García (Dirs.) (2008): Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego. Vigo, Galaxia.

    PUBLICACIONES PERIÓDICAS e series editoriais:
    Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, Sarmiento, Gran Enciclopedia Gallega, Gran Enciclopedia Galega, Enciclopedia Galega Universal e series editoriais de Hércules de Edicións
    www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
    www.patrimoniogalego.net
    http://www.memoriadagaliza.com/pmdga.php
    http://enciclopediadaemigraciongalega.com/xornaiserevistas/xornaisuruguay.htm
    www.nova-escola-galega.org
    http://xuventude.xunta.es/direccion- xeral-de-xuventude-e-voluntariado.html
    www.praza.com
    www.sermosgaliza.org
    www.usc.es/snl
    www.culturagalega.org
    www.editoresgalegos.org
    www.cxg.org
    www.bretemas.com

    Competencias
    a) Adquirir capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas que configuran a sociedade galega.
    b) Contribuír ao coñecemento comprensivo dos riscos que constitúen o sistema educativo nas súas varias manifestacións de planificación e xestión.
    e) Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
    d Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, escritos e tecnolóxicos)

    OUTRAS COMPETENCIAS, DESTREZAS E HABILIDADES QUE CÓMPRE ATINXIR DENDE A MATERIA
    Cantos participen no proceso de ensino-aprendizaxe procurarán atinxir coa axuda do profesorado e por medio do estudo e das tarefas programadas, entre outras, as seguintes competencias complementarias:
    - Dominar categorías conceptuais básicas e a terminoloxía técnica máis usual do campo de saber no que se encadra a materia..
    - Ser capaces de identificar as demandas e respostas sociais e de políticas públicas que se suscitan ante a configuración e a implantación do sistema escolar en Galicia.
    - Posuír destrezas intelectuais para analizar a situación e o estado actual do sistema educativo na Comunidade Galega.
    - Demostrar destreza e rigor no uso e tratamento dos acervos bibliográficos e documentais de toda natureza que se empreguen na construción e desenvolvemento da materia.

    A concreción destas competencias, destrezas e habilidades irase facendo efectiva ao longo do semestre que, como secuencia temporal, lle corresponde á materia para o estudo e tratamento dos seus diferentes núcleos temáticos e a realización das actividades programadas. De todos os xeitos, o alumnado recibirá nas primeiras sesións de clase unha información máis polo miúdo.


    Metodoloxía da ensinanza
    A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida polo profesor e o alumnado. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer a información que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándoos cos demais do programa, a fin de lograr unha integración dos módulos de contido que constitúen o corpo cognitivo da materia. Os estudantes, pola súa banda, coa oportuna orientación do profesor, afondarán en cuestións concretas que resulten susceptibles de tratamento e estudo co auxilio dos soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesor e alumnado debaterán regularmente nas sesións de clase sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións ou de sínteses de conxunto. As exposicións do profesor terán como complemento sesións de traballo con soporte en textos e documentos. Estes materiais seranlles entregados no inicio do curso aos estudantes –ou suxerida a súa localización pola súa parte– para a conseguinte lectura, análise e estudo individual e en pequenos grupos, a fin dunha posterior presentación e discusión en gran grupo. Nos primeiros días de clase, o profesor procederá, de común acordo cos estudantes, a concretar os temas sobre os que versarán as sesións de traballo e demais cuestións metodolóxicas. O profesor, durante as horas de titorías, dará pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en pequenos grupos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, e demais cuestions organizativas.
    Sistema de evaluación
    A avaliación global dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas probas individuais e grupais que de forma obrigatoria deberán realizar. As actividades avaliables terán como modalidades:
    a)informes de grupo, segundo indicacións que o docente sinale;
    b) realización individual de puntuais comentarios escritos e de Fichas de lectura e de comentario de libros sobre a materia (dará indicacións o profesor);
    c) realización dun Informe de Elaboración (de desexábel realización grupal por parte dun máximo de tres compoñentes, con calificación solidaria, do que se darán indicacións), e
    d) Exame final.

    Os resultados da avaliación final global configuraranse a partir da suma ponderada das puntuacións que se acaden en todas as actividades tanto obrigatorias como suxeridas.
    Os criterios de valoración serán os seguintes:
    A) A realización de pequenos traballos e prácticas, como as sinaladas nos anteriores apartados a) e b) alcanzará un peso porcentual do 40% na calificación final global, debendo cada alumno ter realizadas o 70% destas actividades.
    B) A realización, entrega e presentación dos Informes de elaboración alcanzará un peso porcentual do 20% do total da calificación global, debendo cada alumno/a obter como mínimo un punto para superar esta actividade.
    C) A realización dunha proba escrita final, que pode incluír diferentes modalidades de cuestións examinadas. O seu peso específico será do 40% da nota final da materia.
    En todos os casos, os exercicios realizados deben ser entregados en tempo e forma por escrito ao docente da materia.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais, e indicar as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e o adiamento da avaliación do alumno ou da alumna á seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
    No curso 2013-14 as Fichas de lectura realizaranse, unha sobre o libro de Costa Rico (Ed.) (2010): Luis Bello, Viaje por las escuelas de Galicia, e a outra sobre un libro a escolla de entre os sinalados na bibliografía.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Actividades presenciais: Clases expositivas, presentación e explicación de temas na aula, clases interactivas, titorización e avaliacoión na aula. TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS: 50.
    Traballo persoal do alumnado, estudo: 60; elaboración de informes: 40. TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clases teóricas e prácticas que se programen, debendo realizar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapitulatorias sobre as que se sustentará a dinámica de traballo na aula. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao traballo na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias, destrezas e habilidades previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
    Será do caso manter a oportuna comunicación co docente da materia nos horarios de titorías estipulados, a fin de solventar as dúbidas que se poidan suscitar no estudo da materia. Durante o desenvolvemento do semestre e xa sexa no ámbito das sesións de clase, seminario ou nas horas de titorías no despacho, facilitaranse as orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dun xeito xenérico. Se se estimase imprescindible, por mor de circunstancias académicas ou doutra natureza que teñan unha incidencia notable na materia, poderanse introducir parciais modificacións nesta proposta de guía programática a comezos do semestre. Delas darase conta oportuna por escrito e verbalmente ao alumnado nas primeiras sesións de clase.

    Observacións
    1. A titorización dos estudantes efectuarase durante as horas de atención que figuren explicitadas nos horarios e que se detallarán, asemade, na porta do despacho do profesor e na secretaría virtual. En consecuencia, prégase que se absteñan de realizar consultas fóra do horario indicado, agás naqueles casos nos que se teña concertado previamente unha entrevista.
    2. Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia por escrito e previa da súa realización.
    3. Por responsabilidade medioambiental evitarase na presentación de traballos escritos a incorporación e entrega de elemenos prescindibles, como carpetiñas e outros envoltorios externos innecesarios, follas en branco, ou o uso de tipografías de impresión con notábel cosumo de tinta. Os traballos serán entregados mediante copia de papel e non se admitirá o envío electrónico ao correo profesional do docente:.
    4. As datas das probas distintas das do calendario oficial de exames e da entrega de traballos serán establecida de mutuo acordo entre o alumnado e o profesor.
    5. Os traballos escritos presentaranse en lingua galega, por parte de todos aqueles que a tivesen estudado na súa formación básica, oficialmente recoñecida.
    6. A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia. Nos casos de exención oficial da docencia os ionteresados manterán durante o primeiro mes de curso unha titoría co docente, a fin de reaxustar a programación que corresponda.

    7. Calquera tipo de circunstancia persoal que poida alterar o normal seguimento da materia por parte dos alumnos, deberalle ser comunicada ao profesor copn dilixencia, pois de non facelo repercutirá na avaliación contínua do rendemento académico.