Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091108 - Documentación e Información Educativa (Educación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABEAL PEREIRA, CRISTINA.SI
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-C)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (D-Ga)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Ge-L)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (M-Ri)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer os principais tipos de fontes, centros e medios de documentación socioeducativa.
    - Identificar os principais recursos para a xestión de información.
    - Familiarizarse co manexo das principais bases de datos socioeducativas.
    - Ter criterios para enxuiciar a información e os recursos e servizos de documentación dispoñibles.
    - Coñecer e valorar distintos tipos de informes no ámbito social e educativo.
    - Saber elaborar un informe e interpretar a información recollida no mesmo.
    Contidos
    1. Información e Documentación no ámbito social e educativo
    1.1 Información e Documentación no ámbito social e educativo
    1.2. Fontes de Información Documentales: Concepto e Tipoloxía
    1.3. Principais Fontes de Información Documentales no ámbito social e educativo

    2. Normas e xestores de referencias bibliográficas
    2.1. Normas de referencias bibliográficas
    2.2. As citas e referencias bibliográficas APA
    2.3. Xestores de referencias bibliográficas

    3. A búsqueda de información documental
    3.1.O proceso documental e as técnicas documentales
    3.2. Etapas no proceso de búsqueda de información documental
    3.3.A búsqueda de información documental en internet

    4. As Bases de datos socioeducativas
    4.1. Bases de datos: concepto, estrutura e tipoloxía
    4.2. Bases de datos documentales multidisciplinares e educativas
    4.3. Recuperación de información nas bases de datos

    5. Os Informes
    5.1. Definición e características
    5.2. O proceso de elaboración do informe
    5.3. A estrutura do informe
    5.4. A presentación dos datos no informe: táboas e gráficos

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Abadal E. e Codina, Ll. (2005). Bases de datos documentales: características, funciones y métodos. Madrid: Síntesis.
    Amat i Noguera, N. (1995). La documentación y sus tecnologías. Madrid: Pirámide.
    Carrizo, G., Irureta-Goyena, P. e López de Quintana, E. (2000). Manual de fuentes de información. Madrid: Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros.
    Cordón García, J.A. et al. (1999). Manual de búsqueda documental y práctica bibliográfica. Madrid: Pirámide.
    Cordón García, J. A., López Lucas, J. e Vaquero Pulido, J. R. (1999). Manual de búsqueda documental y práctica bibliográfica. Madrid: Pirámide.
    Cordón García, J. A. et al. (2001). Manual de investigación bibliográfica y documental: teoría y práctica. Madrid: Pirámide.
    Torres Ramírez, Isabel de (Coord.) (1998). Las fuentes de información: estudios teórico-prácticos. Madrid: Síntesis.
    Cordón García, J.A. et al. (2010). Las nuevas fuentes de información: información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0. Barcelona: Pirámide.

    Bibliografía complementaria

    Codina Bonilla, Ll. (2000). Evaluación de recursos digitales en línea: conceptos, indicadores y métodos. Revista española de documentación científica, 23 (1), 9-44.
    Delgado Casado, J. (2005). Introducción a la bibliografía: los repertorios bibliográficos y su elaboración. Madrid: Arco Libros.
    López Carreño, R. et al. (2007). Documentación Educativa. Murcia: Consejería de Educación y Cultura.
    Maldonado Martínez, A. e Rodríguez Yunta, L. (Coords.) (2006). La información especializada en Internet. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
    Martín Vega, A. (1995). Fuentes de información general. Gijón: Trea.
    Mochón , G. e Sorli, A. (2002). Tesauro de biblioteconomía y documentación. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
    Rodríguez Campos, I. (2006).Técnicas de investigación documental. Sevilla: MAD.
    Romanos de Tiratel, S. (2000). Guía de fuentes de información especializadas: humanidades y ciencias sociales. Buenos Aires: Grebyd.
    Torres Ramírez, Isabel de (2002). Las fuentes de Información. Metodología del repertorio bibliográfico. En J. López Yepes (Coord.), Manual de Ciencias de la Documentación (pp. 317-336). Madrid: Pirámide.


    Páxinas web de interese

    - Biblioteca Universitaria USC: http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca
    - Catálogo colectivo de las bibliotecas universitarias españolas: REBIUN http://www.rebiun.org/:
    - Dialnet: http://dialnet.unirioja.es/
    - Redined: http://www.redined.mec.es/menu.php?idioma=es

    Competencias
    - Dominar as categorías conceptuais básicas e a terminoloxía máis usual do ámbito da documentación social e educativa, coñecendo distintos tipos de fontes, centros e medios de documentación socioeducativa.
    - Buscar, obter e interpretar información lograda a través de distintos medios referida aos cometidos profesionais do/a educador/a social, valorando con actitude crítica tanto a información obtida como os recursos e servizos de documentación dispoñibles.
    - Coñecer e valorar distintos tipos de informes no ámbito social e educativo, a súa estrutura, linguaxe e medio de divulgación.
    - Elaborar correctamente bibliografías seguindo normas estándares.
    - Interpretar táboas e gráficos.



    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía utilizada irá dirixida á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o/a estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos, e terá un carácter fundamentalmente práctico.
    Nas clases expositivas, a metodoloxía a empregar basearase na exposición dos contidos básicos da materia co apoio de recursos audiovisuais que favorezan a adquisición dos coñecementos.

    No desenvolvemento das clases interactivas empregaranse diferentes estratexias metodolóxicas que permitirán ao alumnado aplicar os coñecementos a situacións concretas e a adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como grupales, que o posibiliten: procuras guiadas utilizando distintas bases de datos, análise de informes, interpretación de gráficas, elaboración de bibliografías, etc.

    O estudante, pola súa banda, tutelado polo profesorado, poderá afondar en cuestións concretas que non fosen abordadas no marco da aula e que sexan susceptibles de tratamento e estudo recorrendo aos soportes documentales e bibliográficos de fácil acceso.

    Durante o tempo reservado á titoría, o profesorado orientará aos estudantes, ben individualmente ou ben en pequenos grupos, para unha correcta execución dos traballos do curso, un eficaz aproveitamento das sesións presenciais e un reforzo xeral do proceso de ensino-aprendizaxe.

    Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC no que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria (guía docente, materiais, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.).




    Sistema de evaluación
    A avaliación terá un dobre carácter, formativa -continua ao longo do semestre- e sumativa e abranguerá os seguintes aspectos:

    - Actividades de aula a realizar nas sesións interactivas (60% da cualificación global). Os prazos de entrega das actividades serán fixados previamente e inamovibles.
    - Proba de avaliación final de caracter teórico-práctico para avaliar o grao de adquisición das competencias da materia que constará de preguntas de resposta aberta e tipo test (40% da cualificación global).

    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso obter unha puntuación mínima de 2 na proba de avaliación final e ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de aula. Os/as alumnos/as repetidores e con exención de docencia seguirán os mesmos criterios de avaliación que o resto do alumnado.


    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    A proporción de tempo de traballo persoal do estudante é o seguinte:

    Estudo: 20h.
    Elaboración de informes:15h.
    Análise de informes: 20h.
    Elaboración base de datos bibliográfica: 10h.
    Procuras de información, análises, etc.: 20h.
    Lecturas:15h.

    Total de horas de traballo persoal: 100 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia regular ás sesións de clase.
    - Seguimiento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo.
    - Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo.



    Observacións
    Recomendaciones previas

    Recoméndase un certo dominio (a nivel de usuario) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc

    Asistencia a clase

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.

    Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Responsabilidade medioambiental

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.