G3091109 - Teoría da Educación (Educación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1.- Dominar o sistema conceptual da materia.
En liñas xerais o sistema conceptual dunha disciplina é o que nos permite discernir entre:
• problemas específicos do campo disciplinar,
• coñecementos avalados no campo disciplinar,
• liñas de investigación abertas no campo disciplinar,
• relación dos problemas do campo disciplinar coas investigacións doutros ámbitos,
• modos de interrogarse acerca dos problemas do campo.
2.- Utilizar a linguaxe específica da disciplina.
Os conceptos mais referenciados na materia quedan identificados nos seguintes termos que poden catalogárense como descritores xerais de materia:
• Identificación do fenómeno educativo, o seu carácter e sentido
• Intervención pedagóxica
• Procesos educativos formais, non formais e informais
• Coñecemento da educación e función pedagóxica
3.- Estudar os coñecementos consolidados no ámbito da materia.
Na nosa opinión, estudar é dispor e organizar unha información escrita para o seu dominio, elaborando un sistema de pensamento equivalente lóxico do expresado nas palabras do texto a estudar, de tal xeito que poidan facerse inferencias válidas.
4.- Familiarizarse coas estratexias de investigación mais usuais na disciplina.
Non se trata de desenvolver e validar modelos de investigación, nin de aplicar modelos a problemas concretos da disciplina para descubrir novos aspectos ou construír novas verdades. Trátase de coñecer os modos de enfrontarse ás cuestións básicas da materia; falamos, pois, de coñecementos que xa están consolidados e que se corresponden especificamente cos coñecementos acadados pola investigación na disciplina e que están expresados nos documentos de estudio.
ContidosA materia de “Teoría da Educación” aparece como materia de formación básica dentro dos estudios de grao. Á Teoría da Educación como disciplina académica substantiva da Pedagoxía, tamén é denominada noutros planos de estudios como “Pedagoxía Xeral”. Correspóndelle a esta disciplina desenvolver o coñecemento teórico, tecnolóxico e práctico da parcela da educación que se identifica coa intervención pedagóxica xeral; é dicir, debe desenvolver a teoría e a tecnoloxía da intervención pedagóxica xeral e das dimensións xerais de intervención, co gallo de entender o coñecemento da educación e a súa relación coa función pedagóxica, a intervención pedagóxica xeral e os procesos de intervención, así como o carácter axiolóxico, integral, persoal e patrimonial da educación e o sentido que atinxe á relación educativa e ás mentalidades pedagóxicas.
A disciplina académica substantiva de Teoría da educación responde ó conxunto de coñecementos consolidados nos seguintes núcleos temáticos:
• Núcleo epistemolóxico da educación como obxecto de coñecemento
• Núcleo institucional de desenvolvemento da función pedagóxica
• Núcleo de principios de indagación sobre a intervención pedagóxica
• Núcleo de explicación da intervención pedagóxica
• Núcleo de comprensión da intervención
• Núcleo de dimensións e ámbitos de intervención
A Teoría da Educación como materia do Plano de Estudios do grao responde só a unha parte dos contidos consolidados na disciplina da que procede. A materia está condicionada polo lugar e nivel que lle corresponde no plano de estudios. Esta materia ten asignados un total de seis créditos ECTS a desenvolver no primeiro curso da carreira, no segundo cuadrimestre en módulos temporais cada semana. O seu campo cognitivo atópase delimitado academicamente, tal como aparece neste programa, cos seguintes descritores particulares da materia:
• Identificación da disciplina e desenvolvemento administrativo da cátedra
• Significación do coñecemento da educación e identidade da Pedagoxía
• Consideración da función pedagóxica
• Racionalización da intervención pedagóxica
• Procesos de intervención formais, non formais e informais
• Comprensión do fenómeno educativo. Significado -carácter e sentido- da educación. Elementos estruturais da intervención pedagóxica
Os conceptos referenciados como descritores particulares da materia neste apartado correspóndense cos contidos mínimos da materia
TEMARIO DA MATERIA (PARTE TEÓRICA).
A.- IDENTIFICACIÓN CONCEPTUAL DA PEDAGOXÍA:
TEMA INTRODUCTORIO: Exposición e debate sobre o programa da asignatura.
1. Sobre o estudio, a investigación, a profesión e a carreira
2. Desenvolvemento administrativo da Teoría da Educación como cátedra e como área de coñecemento. Converxencia de racionalidade administrativa e epistemolóxica.
3. A educación como obxecto de coñecemento: ¿autonomía ou subalternación?
3.1. Coñecemento de áreas culturais e coñecemento da educación.
3.2. Modelos de evolución do coñecemento da Educación.
3.3. Modelo de Crecemento do coñecemento da Educación.
4. A Teoría da educación como coñecemento da educación.
4.1. A Teoría da educación como Filosofía da educación, como teoría interpretativa e teoría práctica, como nivel de análise epistemolóxico, como disciplina académica substantiva e como materia.
4.2. Sistemáticas de disciplinas. A Teoría da Educación como disciplina a ensinar (materia), como disciplina a investigar (investigación de) e como disciplina de investigación (investigación en).
5. Principios de metodoloxía de investigación e principios de investigación pedagóxica.
B.- PRINCIPIOS DE COMPRENSIÓN DA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA
6. A relación entre función pedagóxica e coñecemento da educación. A xeración de mentalidades pedagóxicas.
7. Procesos educativos formais, non formais e informais.
8. Explicación e comprensión da intervención pedagóxica. Elementos estruturais da intervención pedagóxica. Os principios de intervención pedagóxica.
9. Concepto de educación: educabilidade e educatividade; o sentido da liberdade na relación educativa. Significado, carácter, sentido e concepto de educación. Os principios de educación.
10. Educación das dimensións xerais de intervención e construción de ámbitos de educación. Acción educativa concreta e programada. O control da acción baixo a mirada pedagóxica.
Bibliografía básica e complementariaA.- BÁSICA
Belth, M. (1971). La educación como disciplina científica. Buenos Aires: El Ateneo.
Castillejo, J. L. y otros (1994). Teoría de la Educación. Madrid: Taurus.
Dearden, R. F., Hirst, P. H. y Peters, R. S. (1982). Educación y desarrollo de la razón. Formación del sentido crítico. Madrid: Narcea.
Peters, R. S. (1969). El concepto de educación. Madrid: Paidós.
TOURIÑÁN, J. M. y SÁEZ, R (2012) Teoría de la educación, metodología y focalizaciones. La mirada pedagógica. A Coruña, Netbiblo.
TOURIÑÁN, J. M. (2012) Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y especificada. A Coruña, Netbiblo.
En la clase se entregará un Dossier de referencia de los documentos básicos para cada tema. Los artigos referenciados como documentos poden consultarse en la web persoal: http://webspersoais.usc.es/josemanuel.tourinan/
B.- COMPLEMENTARIA
Berlo, D. K. (1979). El proceso de la comunicación. Buenos Aires: El Ateneo.
Carr, W. y Kemis, S. (1988). Teoría crítica de la enseñanza. La investigación-acción en la formación del profesorado. Barcelona: Martínez Roca.
Claxton, G. (2001). Aprender. El reto del aprendizaje contínuo. Buenos Aires: Paidós.
Colom, A. J. (2009). Conocimiento científico y realidad. Nuevas perspectivas en epistemología pedagógica. México: Universidad de Guadalajara, Centro Universitario de la Costa Sur.
Colom, A. J. y otros (1998). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación. Barcelona: Ariel.
Damasio, A. (2010). Y el cerebro creo al hombre. Barcelona: Destino.
Elam, S. (1973). La educación y la estructura del conocimiento. Buenos Aires: El Ateneo.
Fullat, O. (1992). Filosofías de la Educación. Paideia. Barcelona: Ceac.
García Aretio, L.; Ruiz Corbella, M. y García Blanco, M (2009). Claves para la educación. Actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid: Narcea-Uned.
Ibáñez-Martín, J. A. (1975). Hacia una formación humanística. Barcelona: Herder.
Moore, T. W. (1980). Introducción a la Teoría de la educación. Madrid: Alianza Universidad.
Morin, E. (2009). El método 5. La humanidad de la humanidad. Madrid: Cátedra
Mosterín, J. (2008). La naturaleza humana. Madrid: Espasa Calpe.
Nassif, R. (1980). Teoría de la Educación. Buenos Aires: Cincel- Kapelusz.
Naval. C. (2008). Teoría de la educación. Un análisis epistemológico. Pamplona: Eunsa.
Novack, J. D. (1982). Teoría y práctica de la educación. Madrid: Alianza Universidad.
Pérez Alonso-Geta. P. Mª (2010). Infancia y familias: valores y estilos de educación. Valencia: Universitat de Valencia
Pinker, S. (2003). La tabla rasa. La negación moderna de la naturaleza humana. Madrid: Paidós.
Quintana, J. Mª (1989). Teoría de la Educación. Concepción antinómica de la educación. Madrid: Dykinson.
Reboul, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación? Madrid: Narcea.
Scheffler, I. (1975). El lenguaje de la educación. Buenos Aires: El Ateneo.
Smith, B. O. y Ennis, R. H. (1971). Lenguaje y conceptos en la educación. Buenos Aires: El Ateneo.
Touriñán, J. M. (2010). Artes y educación, fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. A Coruña: Netbiblo.
CompetenciasNa Ficha xeral da disciplina, referida aos estudos de Grao, determínanse as seguintes Competencias Específicas:
• Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa desde as diversas mentalidades pedagóxicas
• Iniciarse na realización de estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas relativas a modelos de educación
• Ser capaz de explicar e comprender o sentido teórico, tecnolóxico e practico da intervención pedagóxica nos procesos educativos e formativos
• Ser capaces de usar e construír experiencia pedagóxica sobre a linguaxe básica do coñecemento da educación e do sentido axiolóxico, patrimonial, persoal, integral e intercultural da acción educativa
• Ser capaz de analizar comprensivamente o exercicio responsable da función pedagóxica fronte aos elementos estruturais da intervención
As competencias e destrezas a desenvolver coa materia están relacionadas cos obxectivos. Os alumnos por medio das actividades deberán avanzar no sentido de:
1.- Dominio do sistema conceptual da materia
De xeito global podería dicirse que o dominio do sistema conceptual ponnos en condicións de entender e interpretar os problemas do campo disciplinar, porque, no fondo, o sistema conceptual resposta dalgún xeito á seguinte cuestión: ¿cáles son os elementos que temos que dominar para explicar, interpretar e transformar a intervención pedagóxica xeral que actúa no proceso educativo e condiciona o resultado da educación?
Hai que adquiri-las nocións básicas sobre a disciplina que se concretan nos descritores xerais de materia.
2.- Dominio da linguaxe específica da materia que se manifesta no dominio do significado dos conceptos
Saber utilizar no seu contexto os conceptos mais referenciados na materia que quedan identificados de forma xeral como conceptos con significación intrínseca ao ámbito de educación dentro da disciplina.
3. Adquisición das destrezas básicas interpretativas do coñecemento da educación e dominio da evolución do coñecemento da educación
Estudio e investigación débense distinguir. O que estuda busca o saber xa feito e, o que busca, concretamente, é asimilalo tal e como está dado no texto. O que investiga achégase tamén o saber xa feito, pero para probar a súa validez ou construír outro saber. Estudio e investigación son destrezas básicas a desenvolver no programa.
A Teoría como disciplina académica está orientada a proporcionar coñecementos respecto da realidade educativa, ofrecendo unha análise da mesma, da súa concepción e da súa praxe a través dos procesos de intervención, de cara, non só a coñecer as diversas perspectivas e actuacións, senón tamén de ofrecer modelos de acción.
Metodoloxía da ensinanza A materia está condicionada polo lugar e nivel que lle corresponde no plano de estudios. Esta materia ten asignados un total de seis créditos a desenvolver no primeiro curso da carreira no segundo semestre, en módulos temporais de hora e media.
A metodoloxía combina exposicións do profesor cos debates e discusións respecto dos contidos expostos.
Cada tema dispón de un documento de base que deberá ser aprendido polo alumno e será obxecto de examen. Os documentos de base estarán dispoñibles para o alumno ao comenzo do curso como DOSSIER de referencia documental.
Respecto do contido, o semestre está orientado aos temas teóricos dos apartados A e B do temario.
Respecto da actividade, o curso combina exposicións do profesor, clases prácticas, exposicións dos alumnos e un traballo dos alumnos, constituídos en grupos de catro (traballo de prácticas sobre un autor clásico).
O traballo é obrigado para os alumnos que elixen a modalidade de avaliación continua. Na clase entregaranse por escrito as Directrices específicas para o desenvolvemento dos traballos.
Sistema de evaluaciónA valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do cal se comproba o nivel de logro nos obxectivos marcados. Toda valoración a realizar responde a unha parte do contido do programa.
Ao longo do curso terán lugar actividades prácticas na clase, relativas ós créditos prácticos e orientadas a reforzar as exposicións, na liña do establecido no epígrafe anterior e na forma de comentarios de concepto, traballos e debates.
Na modalidade de Avaliación Continua, os alumnos deberán realizar o traballo epecificado e realizarán unha proba teórica, que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos. A proba centrarase sobre a parte teórica da materia (temas 1-10). Coa intención de axustar o temario aprendido ó temario explicado nun tempo concreto, as preguntas das probas serán precisadas na clase cos alumnos e centraranse nos aspectos máis comúns das aprendizaxes a realizar sobre os obxectivos básicos da asignatura. A modalidade de examen será escrita e consistirá en respostar a dúas preguntas elexidas de entre tres propostas.
A cualificación final da asignatura relativa á avaliación continua correspóndese coa seguinte distribución:
Parte práctica…………………………….. 50%
Examen da parte teórica…………………..50%
Na modalidade de avaliación continua, a suma de todas estas cualificacións parciais configuran a nota final. Os traballos non teñen recuperación. Cada parte ten que ter como mínimo unha calificación de 5 sobre 10 para poder compensar no sumatorio final.
A valoración da proba teórica atenderá aos seguintes criterios:
• Cumprimento das condicións formáis de redacción
• Calidade do contido específico e dominio conceptual do tema
• Coherencia na exposición do contido
• Capacidade de análise
• Utilización apropiada da linguaxe técnica da disciplina
A valoración do traballo de autor atenderá aos seguintes criterios:
• Cumprimento das condicións formáis de redacción
• Calidade do contido específico e dominio conceptual do tema
• Coherencia título, contido e conclusións
• Coherencia mapa conceptual e contido
Cabe, ademais, a modalidade de avaliación final para os alumnos con exención de docencia. Esta modalidade terá carácter de proba única para os alumnos que non seguen o proceso de avaliación continua. Os alumnos que fan a proba final con carácter de proba única deberán seguir as “Directrices específicas da Proba Final Exención Docencia”.
Este programa é válido para as convocatorias de xuño e xullo de 2014. Nas convocatorias extraordinarias que houbera e de proba de conxunto, só existirá a modalidade de examen final con carácter de proba única.
Tempo de estudo e traballo persoalTal como consta na ficha xeral, 100 horas de traballo persoal
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular e a participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programan, executando as tarefas recomendadas en cada caso, son obrigas do alumno respecto da súa aprendizaxe e garanten a posibilidade de avaliación continua. Isto implica non só cooperar dentro da aula, senón tamén realiza-las accións preparatorias sobre as que se sustentará a actividade colectiva na clase. A asistencia e a participación activa nas clases é tamén condición para a avaliación continua do alumno.
Tódolos alumnos deberán entregar a ficha de identificación persoal, debidamente cumprimentada. Os alumnos constituirán os grupos e notificarán ó profesor por escrito, no prazo establecido especificamente no programa. Cada grupo poderá informar ó profesor para o desenvolvemento e seguimento dos traballos, nos horarios de despacho (titorías) e nos tempos de actividade práctica na clase.
Existen nos planos de estudios actuais outras materias que están relacionadas coa disciplina académica substantiva de Teoría da Educación. As súas denominacións concretas varían en función das circunstancias particulares dos planos de estudios e da especial parte do contido de disciplina que se estuda e ensina nese plano (Pedagoxía Xeral; Teoría da Educación; Filosofía da educación; Filosofías da Educación, son denominacións apropiadas para esas materias segundo a orientación do seu contido). Cómpre que os alumnos consideren a materia de Teoría da Educación complementada nos seus contidos cos propios das disciplinas de:
Educación comparada
Historia da educación
Socioloxía da educación
Pedagoxía social
Filosofía da educación
Política da educación
Antropoloxía da educación
Precisamente por iso neste programa xeral da materia especifícase que os alumnos deberán adquirir previamente coñecementos sobre as bases antropolóxicas da educabilidad derivadas das concepcións filosóficas do mundo e da vida.
Os elementos que configuran o estudio desta disciplina, non poden ser tratados como se estiveran illados, independentes das estruturas -humanas, físicas ou sociais e culturais- das que depende a acción educativa real Cada acción educativa ten lugar en contextos específicos caracterizados por rasgos políticos, económicos, culturais e valores sociais condicionantes e interrelacionados. As achegas da presente disciplina débense de xuntar coas ofrecidas por outras disciplinas que xa temos identificado, atendendo ós condicionantes reais da acción.
A materia ten unha linguaxe propia que ten que ser dominada. A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores do traballo diario. As lecturas deben orientarse á mellora e dominio dos indicadores conceptuais básicos da disciplina.
ObservaciónsCalquera circunstancia persoal que puidera altera-lo normal seguimento da materia por parte dos alumnos da modalidade de avaliación continua deberá ser comunicada ó profesor á maior brevidade. De non facelo non se poderá considerar a súa influencia na avaliación do rendemento académico.
Co programa entrégase na clase unha bibliografía xeral. Isto non libera ós alumnos de consultar as bases documentais dispoñibles nas redes informatizadas e nas revistas especializadas.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.