G3091110 - Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos (Políticas Sociais, Culturais e Educativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon esta asignatura preténdese que os estudantes podan coñecer e valorar desde distintos enfoques e/ou temáticas os dereitos humanos e as políticas socioeducativas que deben incentivalos na súa práctica profesional, poñendo énfase no dereito á educación con dúas liñas de actuación formativa fundamentais: dun lado, o completo desenvolvemento da personalidade das persoas e da súa vida en sociedade e, doutro, a promoción daqueles valores que lles permitan exercitarse como cidadáns libres e democráticos.
Neste sentido, os obxectivos principais da asignatura son:
- Coñecer e facer uso dos referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que, fundamentan os dereitos humáns de relevancia para a educación social.
- Analizar criticamente as actuacións sociopolíticas que promoven a educación como un dereito humano fundamental nos seus aspectos normativos e nas súas concrecións prácticas, dentro e fóra do sistema escolar na formación da cidadanía.
- Valorar nos seus múltiples significados (pedagóxicos, éticos, políticos, sociais, etc.) o dereito á educación como un factor chave para o desenvolvemento integral das persoas e dos pobos, imprescindible para a consolidación doutros dereitos humanos.
- Coñecer o significado e incidencia práctica das políticas sociais e educativas en diferentes contextos xeográficos e sociais, de ámbito internacional e nacional, con especial incidencia na Educación Social.
- Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socio-profesionales do estudantado coa Educación Social e a súa condición de educadores/as sociais, en distintas realidades e contextos institucionais (Administracións Públicas, Organizacións Cívicas, etc.) nos que os Dereitos Humanos son un soporte principal do seu código ético e deontolóxico.
Contidos• Políticas Sociais, Educativas e Culturais: concepto, modelos e orientacións básicas.
• Dereito internacional e Dereitos Humanos: marco normativo e organismos internacionais. Os Dereitos Humanos como noción histórica e construcción social.
• Educación, cultura e cidadanía nos Dereitos Humanos: perspectiva internacional e española.
• Da naturaleza política dos Dereitos Humanos á Educación en Derechos Humanos como opción política e pedagóxica.
• A Educación para la Cidadanía e os Dereitos Humanos como soporte curricular, formativo e profesional na Educación Social.
• Políticas públicas, iniciativa cidadá e dereitos humanos. Políticas socioeducativas de igualdade (xénero, minorías, discapacidades…) e inclusión social
• Os dereitos humanos nas prácticas socioeducativas e culturais: iniciativas e experiencias.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
CARIDE, J. A. (coord., 2009). Los derechos humanos en la educación y la cultura. Buenos Aires: Homo Sapiens.
FAZAL R. e LINGARD, B. (2013): Políticas educativas en un mundo globalizado. Madrid: Morata
VIDAL BENEYTO, J. (2006). Derechos humanos y diversidad cultural: globalización de las culturas y derechos humanos. Barcelona: Icaria.
Complementaria:
ACNUDH-UNESCO (2006). Programa Mundial para la educación en derechos humanos: plan de acción. París: UNESCO.
CARIDE, J. A. (2007). “Derechos Humanos y Políticas Educativas”. En Bordón: Revista de Pedagogía, vol. 59, nº 2-3, pp. 313-334.
CORTINA, A. (2007). Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Oviedo: Nobel.
DELORS, J. (1996). La educación encierra un tesoro: Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana-UNESCO.
GIMENO SACRISTÁN, J. (2001). Educar y convivir en la cultura global: las exigencias de la ciudadanía. Madrid: Morata.
HALLAK, J. (1999). Globalización, derechos humanos y educación. París: IIPE-UNESCO.
IGNATIEFF, M. (2003). Los derechos humanos como política e idolatría. Barcelona: Paidós.
LÓPEZ-BARAJAS, E. e RUIZ CORBELLA, M. (coords., 2005). Derechos Humanos y educación. Madrid: UNED.
MARINA, J. A. (2006). Aprender a convivir. Barcelona: Ariel.
MAYOR ZARAGOZA, F. (2000). Un mundo nuevo. Barcelona: UNESCO-Círculo de Lectores-Galaxia Gutenberg.
NAYA, L. M. (coord., 2005). La educación y los derechos humanos. Donostia: Erein.
Revista Arbor (2010): Monográfico "Actualidad de los derechos humanos", vol. 186, nº 745.
RODRÍGUEZ JARES, X. (2002). Educación y Derechos Humanos: estrategias didácticas y organizativas. Madrid: Popular (2ª edición).
SEMINARIO DE EDUCACIÓN PARA LA PAZ-ASOCIACIÓN PRO DERECHOS HUMANOS (1996). Educar en y para los Derechos Humanos. Madrid: Los Libros de la Catarata-Edupaz-Amnistía Internacional.
TUVILLA, J. (1998). Educación en Derechos Humanos: hacia una perspectiva global. Bilbao: Desclée de Brouwer.
UGARTE, C. (2004). Las Naciones Unidas y la educación en derechos humanos. Pamplona: EUNSA.
Páxinas web de interese:
http://www.es.amnesty.org
http://www.fund-culturadepaz.org
http://www.sgep.org
Competenciasa) Competencias da titulación ás que contribúe a asignatura:
1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional das educadoras e educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
4. Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
5. Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, ós valores da cultura de paz e a sostenibilidade.
b) Competencias específicas da asignatura
1. Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legalis que, fundamentados nos dereitos humanos, conforman as situacións e os programas educativos.
2. Analizar as consecuencias sociopolíticas que se derivan da consideración da educación como un dereito humano fundamental (desenvolvemento lexislativo, sistemas e servizos educativos, estratexias de educación ó longo do ciclo vital, pedagoxización dos espazos vitais ou educabilidade nos diversos espazos vitais…).
3. Interpretar o dereito á educación como un factor chave de desenvolvemento persoal e social, e imprescindible para a consolidación doutros dereitos humanos.
4. Coñecer o significado e incidencia práctica das políticas sociais e educativas en Europa, con especial incidencia na Educación Social.
Metodoloxía da ensinanza Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseado na propia experiencia do alumno/a.
A tal fin, proporánse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, se concretan en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou do alumnado, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual, previamente determinados no Programa e que serán incorporadas ó campus virtual da materia.
- Realización de seminarios monográficos relativos ós contidos da materia, con especial incidencia na análise e proposta de actuacións que se orienten ó coñecemento dos Dereitos Humanos e ás iniciativas político-educativas que os promoven.
- Sesiones tipo "forum" (video, libro, disco…) que tomen como referencia problemáticas específicas dos Deretos Humanos, nos diversos contextos e suxeitas a diferentes perspectivas de análise.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (video-conferencias, videos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase no papel dos/as educadores/as sociais na súa abordaxe teórica e/ou aplicada.
- Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, redacción de ensaios, prácticas evaluativas, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, etc.
- Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que leven a cabo ó longo do Curso.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das chaves informativas e dos contidos básicos en relación cos descriptores sinalados, así como a proveer dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e de profundización a desenvolver polo estudantado. Os tempos formativos de seminario y de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquietudes de formación e contribuir á “construción” dun coñecemento crítico e comprensivo da acción socioeducativa e dos dereitos humanos.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
Sistema de evaluaciónA USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e/ou integral. Como tal, afectará ós obxectivos formulados, ós contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e o estudantado, ós recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:
- Elaboración e entrega de traballos escritos (entre 1 e 4) que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Neles poderán incluirse preguntas de resposta breve e/ou tipo ensaio, comentarios de textos, análise de casos, elaboración de mapas conceptuais e representacións gráficas, etc. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos durante o desenvolvemento das sesións interactivas; representando o 40% da nota final da asignatura.
- Realización e presentación, hasta unha semana despois da data sinalada para o exame final -segundo o calendario oficial do Centro-, dunha memoria auto-evaluativa, na que o estudantado exprese as súas propias valoracións sobre o proceso de ensino-aprendizaxe que desenvolveron, para o que se lles proporcionarán unhas pautas orientativas. A súa valoración nunca superará o 10% da cualificación final.
- Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exámenes da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, prevéndose que a súa realización non permita o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 50% da nota final da asignatura.
- Realización de distintos traballos orientados á lectura e presentación de ensaios, comentarios críticos, recensión de libros, etc., de carácter optativo e atendendo ás indicacións proporcionadas polo profesorado, con unha valoración que terá unha ponderación na cualificación final -como máxime- do 10%.
- O alumnado con exención de docencia deberá realizar, con carácter obrigatorio, un traballo monográfico seguindo as pautas do profesorado; e terá un peso final na materia do 40%.
- Para obter unha valoración positiva na asignatura (desde aprobado hasta matrícula de honra), deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
- Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquer traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais Módulo de Grupo Horas Traballo persoal Horas
Clases expositivas Aula 20 Estudo 60
Prácticas de seminario Seminario-Lab. 9 Estudo 25
Prácticas de seminario Seminario-Lab. 9 elaboración de informe 15
Titorías de traballo de curso Titoría 9 Avaliación Aula 3
Total de horas presenciais 50 Total horas de traballo persoal 100
Recomendacións para o estudo da materiaA complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a asignatura, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolven, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados, xa que deberá elaborarse e entregarse unha avaliación do mesmo.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada coos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na asignatura e nas sesións de aula, especialmente as que reciben a denominación de "seminarios".
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requerimentos desta materia cos das demáis; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou podan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesiones de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria auto-evaluativa a presentar ó finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicaciones (entre as que cabe destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, que a modo de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudiantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagógicas con una perspectiva diferencial e diferenciadora segundo os intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outro envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade 'aforro de tinta'.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos