Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091221 - Pedagoxía Social (Pedagoxía Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARIDE GOMEZ, ANTONIO.SI
GRADAILLE PERNAS, RITA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Fo)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Fr-Pa)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Pe-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Comprender o alcance científico e a relevancia disciplinar da Pedagoxía Social no tempo-espazo curricular das Ciencias da Educación e das Ciencias Sociais, así como na formación pedagóxica (xeral e/ou especializada) dos estudantes na súa condición de futuros/as graduados/as en Educación Social; do que se desprende o logro dun saber suficiente acerca dos seus fundamentos terminolóxicos, epistemolóxicos, conceptuais e temáticos.

    2. Adquirir os coñecementos teóricos e as capacidades de análise, reflexión e síntese - nivel persoal e colectivo- que se precisan para unha formación sistemática neste campo, procurando integrar os cos coñecementos que xa posúen os/as estudantes, complementando a súa formación teórico-práctica noutras materias ou experiencias formativas, entre as que cómpre destacar as derivadas de seu Practicum.

    3. Promover actitudes de estudo que posibiliten unha formación permanente e autocrítica, favorecendo o desenvolvemento dun autoconcepto realista en cada alumno/a en relación cos coñecementos e competencias que adquira. Preténdese compatibilizar o traballo individual co colectivo en grupos de diferente composición, mediante unha participación activa e continuada no seo do grupo-aula.

    4. Proxectar a materia e súas achegas científicas, metodolóxicas e profesionais no currículo formativo dos Graduados en Educación Social, procurando que dean resposta ás súas necesidades e expectativas académicas. De igual xeito, deberán converxer coas funcións sociais que se atribúen á Universidade na cualificación e desenvolvemento profesional dos seus estudantes.

    5. Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socioprofesionais dos/as educadores/as sociais na sociedade -propias e compartidas con outros axentes educativos e sociais-, posibilitando unha reflexión colectiva sobre como concrétanse nas distintas áreas ou ámbitos da acción-intervención socioeducativa: nas Administracións Públicas, nos Servizos Sociais, nos equipos multiprofesionais, nas organizacións non gobernamentais, nos movementos cívicos, nos equipamentos educativos e culturais, etc.
    Contidos
    O desenvolvemento teórico-conceptual, científico e disciplinar da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:

    - A identidade da Pedagoxía Social: perspectivas científicas, disciplinar e profesional no contexto das Ciencias Sociais e da Educación.

    - A Educación Social como obxecto de estudo da Pedagoxía Social.

    - A construción histórico-comparada da Pedagoxía-Educación Social: antecedentes, orixe e desenvolvemento.

    - Teoría e teorías na Pedagoxía-Educación Social: modelos paradigmáticos de encadramento
    e racionalidade teórica. Problemáticas, áreas e ámbitos específicos de acción-intervención socioeducativa.

    - Problemáticas, áreas e ámbitos específicos de acción-intervención socioeducativa na perspectiva da Pedagoxía Social.

    - Dimensións políticas e axiolóxca da Pedagoxía-Educación Social: a cidadanía como proxecto e traxecto pedagóxico-social.

    - Temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Educación Social.
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:

    Caballo, M. B. e outros (1996): 131 conceptos clave en Educación Social. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago.
    Caride, J. A. (2005): Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa.
    Petrus, A. (1997): Pedagogía Social. Barcelona: Ariel.


    Complementaria:
    Caride, J. A. (2000): Educación Social y Políticas Culturales. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
    Caride, J. A. e Vieites, M.F. (coords., 2006): De la Educación Social a la Animación Teatral. Gijón: Trea.
    Cuadernos de Pedagogía (2003): Tema del mes “Otros ámbitos educativos: la Educación Social”, nº 321, pp. 47-76.
    García Molina, J. (coord., 2003): De nuevo, la Educación Social. Madrid: Dykinson.
    García Molina, J. (2003): Dar (la) palabra: deseo, don y ética en educación social. Barcelona: Gedisa.
    López Martín, R. (2000): Fundamentos políticos de la Educación Social. Madrid: Síntesis.
    Núñez, V. (2002): Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Barcelona: Gedisa.
    Ortega, J. (coord., 1999): Educación Social Especializada. Barcelona: Ariel.
    Ortega, J. (coord., 1999): Pedagogía Social Especializada. Barcelona: Ariel.
    Revista de Educación (2005): Monográfico "Educación Social", nº 336, pp. 7-139.
    Riera, J. (1998): Concepto, formación y profesionalización del educador social, el trabajador social y el pedagogo social: un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Valencia: Nau Llibres.
    Románs, M.; Petrus, A. y Trilla, J. (2000): De profesión educador(a) social. Barcelona: Paidós.
    Ruiz, C. (coord., 2003): Educación Social: viejos usos y nuevos retos. Valencia: Universitat de València.
    Sáez, J. (2003): La profesionalización de los educadores sociales. Madrid: Dykinson.
    Sáez, J. (coord., 2007): Pedagogía Social. Madrid: Pearson Prentice Hall.
    Sáez, J. e García, J. (2006): Pedagogía Social: pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial.
    Úcar, X. e Llena, A. (coords., 2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona: Graó.


    Páxinas web de interese:
    http://www.eduso.net
    http://www.peretarres.org/wps/wcm/connect/peretarres_ca/peretarres/home/difusio_coneixement/revistes/cnt_generic_revistes
    http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria
    Competencias
    a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos en que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.

    - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e
    lingüísticas en que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.

    - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos
    institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas en que interveñan.

    - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica
    profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos a que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.

    - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos
    coñecementos, tarefas e misións en que participan.

    - Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e
    pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela promóvense.

    - Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da
    educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.

    b) Competencias específicas da materia:

    - Coñecer os fundamentos conceptuais, epistemolóxicos e metodolóxicos da Pedagoxía -
    Educación Social, tomando como soporte os diferentes ámbitos científicos, académicos e
    profesionais en que se inscribe, con especial énfase nas Ciencias Sociais e da Educación.

    - Coñecer os principais referentes teórico-paradigmáticos da Pedagoxía-educación Social,
    proxectandoos nas realidades sociais (institucionais, comunitarias, etc.) en que desenvolven o seu traballo os educadores e educadoras sociais, así como en pautas de acción socioeducativa que os vinculen a procesos e realidades prácticas.

    - Coñecer e articular de xeito coherente a construción histórico-cronolóxica da Pedagoxía
    Social, ampliando esta perspectiva a unha lectura comparada nos contextos europeo e latinoamericano.

    - Coñecer as características fundamentais dos medios sociais e laborais da Pedagoxía-educación Social, subliñando a importancia das dimensións éticas e política do quefacer socioeducativo e dos dereitos cívicos como un referente básico das prácticas educativas na vida cotiá e na educación da cidadanía.

    - Identificar e analizar problemáticas específicas concernentes á formación e profesionalización na Pedagoxía-educación Social, nas súas áreas e ámbitos de acción-intervención socioeducativa, así como aos diferentes axentes que neles actúan, concedendolle un especial protagonismo aos graduados e graduadas en Educación Social.
    Metodoloxía da ensinanza
    Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individuais e colectivo, valorando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe experiencial.

    Para tal fin, nos tempos lectivos da materia desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, concrétanse en:

    - Sesións expositivas e interactivas por parte do profesor e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual, previamente determinados no Programa e que serán incorporados ó campus virtual da materia.

    - Realización seminarios monográficos, que neste curso académico toman como soporte os contidos do apartado "temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Pedagoxía".

    - Sesións tipo "forum" (vídeo, libro, disco…) que tomen como refire problemáticas específicas da Pedagoxía-educación Social, en diversos contextos e suxeitas a diferentes perspectivas de análise.

    - Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. pondo especial énfase no papel dos/as pedagogos sociais no seu tratamento teórico e / ou aplicado.

    - Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, redacción de ensaios, prácticas evaluativas, consulta e análise de páxinas web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, organización de "mesas redondas" con profesionais en activo, etc.

    - Realización de titorías de seguimento (directas, virtuais, individuais e/ou de grupo).

    A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
    A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.

    Sistema de evaluación
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará ós obxectivos formulados, ós contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e o estudantado, ós recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:

    - Elaboración e entrega de traballos escritos (entre 1 e 4) que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Neles poderán incluirse preguntas de resposta breve e/ou tipo ensaio, comentarios de textos, análise de casos, elaboración de mapas conceptuais e representacións gráficas, etc. Realizaranse individualmente e/ou en pequenos grupos, maioritariamente nas sesións interactivas, e representarán o 40% da nota final da asignatura.

    - Realización de distintos traballos orientados á lectura e presentación de ensaios, comentarios críticos, recensión de libros, etc., de carácter optativo e atendendo ás indicacións proporcionadas polo profesorado, con unha valoración que terá unha ponderación na cualificación final -como máximo- do 10%.

    - Realización e presentación, hasta unha semana despois da data sinalada para o exame final -segundo o calendario oficial do Centro-, dunha memoria auto-evaluativa, na que o estudantado exprese as súas propias valoracións sobre o proceso de ensino-aprendizaxe que desenvolveron, para o que se lles proporcionarán unhas pautas orientativas. A súa valoración nunca superará o 10% da cualificación final.

    - Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exámenes da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, prevéndose que a súa realización non permita o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 50% da nota final da asignatura.

    - Para obter unha valoración positiva na asignatura (desde aprobado hasta matrícula de honra), deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.

    - Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquer traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    - A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.

    - O alumnado con exención oficial de docencia deberá realizar -ademáis do exame (50%)- e con carácter obrigatorio un traballo relativo a un autor de especial relevancia no ámbito da Pedagoxía Social atendendo ás indicacións aportadas polo profesorado; unha recensión dun artigo de Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria e un comentario crítico dun libro seleccionado de entre unha listaxe presentada polo profesorado (40%), así como a memoria autoavaliativa (10%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    No desenvolvemento metodolóxico dos procesos de ensino-aprendizaxe vinculado ao tempo de estudo e traballo persoal dos estudantes contémplanse as seguintes propostas:


    - Lecturas e comentarios de textos.

    - Elaboración de mapas conceptuais.

    - Elaboración e presentación de documentos audiovisuais.

    - Preparación e realización dunha simulación de debate paradigmático.

    - Participación na organización e desenvolvemento dos forum.

    - Realización dun traballo tutelado en grupo.

    - Participación na organización e desenvolvemento de seminarios temáticos transversais aos contidos da materia.

    - Elaboración e presentación de ensaios ou informes sobre distintos contidos da materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A complexidade terminolóxica, conceptual, metodolóxica e práxiológica que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:

    - Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados, xa que deberá elaborarse e entregarse unha avaliación do mesmo.

    - Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de xeito individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia e nas sesións de aula, especialmente as que reciben a denominación de "interactivas".

    - Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha axeitada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: na selección e lectura do libro a recensionar, na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos que hai que comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria auto auto-evaluativa a presentar ao finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas web, revistas, informes…), etc.

    - Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cómpre destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesor, que a xeito de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Pedagoxía-Educación Social.

    - Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociados a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.


    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:

    - Evitar tapas de plástico ou outro envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade 'aforro de tinta'.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos