G3091222 - Formación e Profesionalización en Educación Social (Pedagoxía Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon esta materia preténdese contribuír a que os e as estudantes poidan dotarse dos coñecementos e competencias que identifican e definen profesionalmente a Educación Social, tomando en consideración os contextos académicos, profesionais e laborais que singularizan seus procesos de inserción e desempeño profesional no conxunto das profesións educativas e sociais.
Neste sentido, e máis aló dos referentes institucionais nos que se concreta a sús formación inicial e continua, dos ámbitos e contextos nos que a Educación Social debe ser pensada e proxectada como profesión, seus contidos deben favorecer que coñezan e valoren o alcance ético e deontolóxico do seu quefacer profesional, así como das circunstancias que concorren nos diferentes axentes, persoas e colectivos que participan das súas prácticas.
De elo deriva que os obxectivos principais da materia se concreten en:
- Coñecer e facer uso dos referentes teóricos, históricos, comparados, metodolóxicos, éticos e deontolóxicos que toman como referencia seus procesos formativos (inicial e continua) e as prácticas profesionais dos educadores e educadoras sociais.
- Coñecer e analizar criticamente as contornas sociais e laborais da Educación Social, así como as características diferenciais que os definen en función das necesidades, problemáticas, contextos, etc. ás que dan resposta no exercicio da profesión.
- Coñecer e facer uso dos recursos documentais, institucionais, metodolóxicos, técnicos, etc. cos que traballan de cotío os educadores e as educadoras sociais, favorecendo unha adecuada transición entre a polivalencia da profesión e a súa especialización nun determinado ámbito da acción-intervención socioeducativa.
- Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socio-profesionais dos estudantes coa Educación Social na súa condición de futuros educadores/as, en distintas realidades e contextos institucionais (Administracións Públicas, Organizacións Cívicas, etc.), acordes coa ética profesional e o código deontolóxico al que remiten as súas actuación as asociacións e aos colexios profesionais.
Contidos- Formación inicial e continua en Educación Social: caracterización, perfiles, funcións e competencias profesionais dos educadores sociais. Análise do traballo do Educador Social.
- A profesionaliización das profesións: da ocupación á profesión.
- O educador e a educadora social como profesionais reflexivos.
- A Educación Social no contexto das profesións educativas e sociais: o problema da multiprofesionalidade e do traballo en equipo.
- Os axentes da Educación Social: profesionalidade versus voluntariado.
- Formación e inserción no mundo laboral: o acceso á profesión, desempeño e condicións de traballo.
- Estatuto socioprofesional, asociacións e colexios profesionais.
- Ética profesional e código deontolóxico en Educación Social.
Bibliografía básica e complementariaALBERECICI, A. y SERRERI, P. (2005). Competencias y Formación en la Edad Adulta. El balance de competencias. Barcelona: Laertes educación.
AÑAÑOS, F. (coord.) (2006). Educación Social: formación, realidad y retos. Granada: Grupo Editorial Universitario.
CARIDE, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa.
Cuadernos de Pedagogía (2003). Tema do mes “Otros ámbitos educativos: la Educación Social” [monográfico coordinado por J. A. CARIDE], nº 321, pp. 47-76.
GARCIA FRAILE, J.A.; SABAN VERA, C. (coord., 2008). Un Nuevo Modelo de Formación para el Siglo XXI: la Enseñanza basada en Competencias. Barcelona: Davinci.
MAIZTEGUI, C. e SANTIBÁÑEZ, R. (coords., 2002). El futuro del educador: perfiles profesionales y adaptación de los pedagogos y educadores sociales a una sociedad en cambio. Bilbao: Universidad de Deusto.
MEIRIEU, Ph. (2003). Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
NÚÑEZ, V. (coord., 2002). Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Barcelona: Gedisa.
ORTEGA, J. (coord.,1999). Educación Social Especializada. Barcelona: Ariel.
PÉREZ SERRANO, G. (2003). Pedagogía Social-Educación Social: construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea.
PETRUS, A. (coord., 1997). Pedagogía Social. Barcelona: Ariel.
PLANELLA, J. (2009). Ser educador: entre Pedagogía y Nomadismo. Barcelona: Editorial UOC.
PLANELLA, J. e VILAR, J. (coords., 2006). La Pedagogía Social en la sociedad de la información. Barcelona: Editorial UOC.
RIERA, J. (1998). Concepto, formación y profesionalización de: el educador social, el trabajador social y el pedagogo social. Un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Valencia: Nau Llibres.
RODRIGUEZ MORENO, Mª L. (2006). Evaluación, Balance y Formación de Competencias Laborales Transversales. Barcelona: Laertes educación.
ROMANS, M; PETRUS, A. e TRILLA, J. (2000). De profesión educador(a) social. Barcelona: Paidós.
SÁEZ, J. (2003). La profesionalización de los educadores sociais: en busca de la competencia educativa cualificadora. Madrid: Dykinson.
SÁEZ, J. e GARCÍA MOLINA, J. (2006). Pedagogía Social: Pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial.
SÁEZ, J. (coord., 2007). Pedagogía Social. Madrid: Pearson Prentice Hall.
VALLÉS, J. (2009). Manual del Educador Social. Intervención en Servicios Sociales. Madrid: Pirámide.
Complementariamente, como publicacións de edición periódica, recoméndase a consulta, entre outras, das seguintes revistas (dispoñibles na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, así como nas Web que se indican):
- Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, órgano de expresión científica da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social: http://www.sips-es.org
En la Web: http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
Se recomiendan especialmente los números: 9 (2002); 14 (2007); 15 (2008) y 16 (2009).
- Educación Social. Revista de Intervención socioeducativa.
- En la Web: http://www2.peretarres.org/revistaeducaciosocial/
- Res.Revista de Educación Social en el Portal Web de la Educación Social-EDUSO: www.eduso.net.
Competenciasa) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña la labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
- Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
- Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
- Identificar académica y profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto de outros profesionais da educación e da acción-intervención social.
- Valorar e axustar a súa práctica profesional ás exixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
b) Competencias específicas da materia:
- Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socio-profesionais dos educadores e educadoras sociais, tomando como referencia seus procesos formativos (inicial e continua) e os ámbitos de acción-intervención socioeducativa nos que se concreta o seu desempeño profesional.
- Coñecer as características fundamentais das contornas sociais e laborais da Educación Social, poñendo énfase nas dimensións ética y política do seu quefacer socioeducativo e dos dereitos cívicos como un referente básico das prácticas educativas na vida cotiá.
- Identificar e analizar problemáticas específicas da formación e profesionalización en Educación Social, das súas áreas e ámbitos de acción-intervención socioeducativa, así como dos diversos axentes que neles actúan.
- Desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, así como de traballo colaborativo en contornas de coñecemento interdisciplinar, de carácter multiprofesional e interinstitucional.
- Coñecer e facer uso das fontes documentais e institucionais máis relevantes no traballo pedagóxico-social, apreciando a súa relevancia na formación continua e na progresiva construción da identidade profesional dos educadores y das educadoras sociais, etc.
- Coñecer e valorar o alcance ético da profesión de educador ou educadora social, en relación ás persoas, colectivos e problemáticas específicas cos que traballan.
Metodoloxía da ensinanza A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra do aula, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do alumno.
A tal fin, proporanse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, se concretan en:
- Sesións expositivas por parte do profesor e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e aplicada, previamente determinados no Programa.
- Realización de seminarios monográficos relativos aos contidos da materia, con especial incidencia na análise e proposta de actuacións que se orienten ao coñecemento dos aspectos fundamentais da formación e profesionalización na Educación Social.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fora do aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. pondo especial énfase no papel dos/as educadores/as sociais na súa práctica profesional.
- Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, redacción de ensaios, prácticas evaluativas, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, etc.
- Realización de tutorías individuais e grupales que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do Curso.
Sistema de evaluaciónTodas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesor e os estudantes, aos recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:
- Elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Tamén se incluirá neste apartado calquera traballo que se acorde con outras materias do mesmo cuadrimestre. Neles poderán incluírse preguntas de resposta breve e/ou tipo ensaio, comentarios de textos, análises de casos, elaboración de mapas conceptuais e representacións gráficas, etc. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos, representando o 50% da nota final da materia.
- Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, prevéndose que a súa realización non permita o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 50% da nota final da materia.
- Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra), deberán estar realizadas en entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha delas.
- Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais:
Sesións de clase... 4 hs.
Clases expositivas... 10 hs.
Prácticas de Seminario-Laboratorio... 10 hs.
Seminarios monográficos... 10 hs.
Titorías de seguimento... 14 hs.
Avaliación... 2 hs.
Total de horas presenciais... 50
Traballo do estudante
Programa/portafolio... 20 hs.
Audiovisuais/Informes... 20 hs.
Lecturas e estudio persoal... 20 hs.
Actividades formativas... 20 hs.
Ensaios/informes... 20 hs.
Total de horas de traballo persoal 100
Recomendacións para o estudo da materiaEn función dos obxectivos e contidos que caracterizan a materia aconséllase un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados, xa que deberá elaborarse e entregarse unha avaliación do mesmo.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia e nas sesións de aula e nas tutorías.
- Tomar decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou poidan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria auto-evaluativa a presentar ao finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cabe destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, que a modo de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodológicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.