Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091223 - Análise e Diagnóstico das Realidades Socioeducativas (Avaliación de Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Martinez Piñeiro, Maria Esther.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01 (A-Fo)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Fr-Pa)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Pe-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura pretende achegar ao alumnado ao campo conceptual e profesional da análise e diagnóstico da realidade socioeducativa. Adopta como base de partida as aprendizaxes realizadas en “Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación”. Así mesmo, busca proporcionar coñecementos e destrezas relacionadas coa asignatura “Avaliación na Educación Social” coa que integra a “materia” que na Memoria do título se denomina “Avaliación de Procesos Socioeducativos”.

    Concretamente, ao cabo do cuadrimestre, o alumnado deberá ser capaz de realizar axeitadamente as acccións seguintes:

    1-.Coñecer os principais referentes teóricos e metodolóxicos da análise de realidades
    sociais e da avaliación inicial/diagnóstica.
    2.- Deseñar de forma básica estudos de análises de realidades socioeducativas, tendo
    en conta a especificidade do obxecto.
    3.- Deseñar de forma básica estudos de avaliación inicial/diagnóstica
    4.-Mostrar unha actitude de rigor científico á hora de realizar as tarefas correspondentes.
    5.-Apreciar a importancia que ten a avaliación das realidades socioeductaivas, principalmente, ao servizo da mellora da calidade das intervencións socio-educativas.
    Contidos
    1 MARCO CONCEPTUAL
    Concepto de análise da realidade socioeducativa, finalidades e fases fundamentais
    Concepto de diagnóstico socioeducativo, finalidades e fases fundamentais
    Outros conceptos afins

    2. NECESIDADES SOCIOEDUCATIVAS
    Concepto
    Principais tipoloxías
    Indicadores sociais

    3 . TECNICAS DE OBTENCIÓN E ANÁLISE DE DATOS NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DA REALIDADE S.E

    Técnicas primarias e secundarias
    Utilidade dos distintos ámbitos de intervención
    Posibilidades e limitacións









    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA

    Ander-Egg, E. e Aguilar, Mª J. (1995). Diagnóstico social. Buenos Aires: Lumen.

    Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid, La Muralla.

    Granados, P. e Mudarra, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: Sanz Torres

    Rubio, M.J. E Varas, J. (2011). Análisis de la realidad social. Madrid: CCS.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Ballesteros, B. y de Lara, E. (2007). Métodos de investigación en Educación social. Madrid: UNED.

    Barbour, R. (2013). Los grupos de discusión en investigación cualitativa. Madrid: Morata.

    Callejo, J. (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel.
    Cea D´Ancona, Mª. A. (1999). Metodología cuantitativa: estrategias y técnicas de investigación social. Madrid, Síntesis.

    Corbeta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid, McGraw Hill.

    Del Rincón, D. e outros (1995). Técnicas de investigación en ciencias sociales. Madrid, Dykinson.
    Escudero, J. (2004). Análisis de la realidad local. Técnicas y métodos de investigación desde la ASC. Madrid: Narcea.

    Etxeberria, J. e Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid, La Muralla.

    García Ferrando, M., Ibañez, J., Alvira, F.(2007). El análisis de la realidad social. Madrid: Alizanza.

    Gutierrez Brito , J. (2008). Dinámica del grupo de discusión. Madrid: CIS.

    Martínez González, M.C.; Álvarez, B. e Fernández, A.P. (2009). Orientación familiar. Contextos, evaluación e intervención. Madrid: Sanz y Torres.

    Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CIS.

    Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla.

    Riva, F. de la: Metodologías de análisis de la realidad global y local. Col. A fuego lento. En. http://www.plataformavoluntariado.org/resources/65/download

    Rodriguez Gómez, G.; Gil Flores, J.; e García Jiménez, E. (1999). Metodología de la investigación cualitativa. Granada, Aljibe.

    Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid, Síntesis.

    Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. Madrid, La Muralla.

    Valles, M.S. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid, Síntesis.
    Competencias
    Consonte ao establecido na ficha da asignatura incluída na Memoria do título, as competencias oficiais de referencia neste caso son as seguintes:

    a) Competencias xerais

    1.Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
    2. Aplicar os coñecementos teóricos e metodológicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
    3. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos
    institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no
    asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación
    das iniciativas nas que interveñan.
    4. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e
    materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción
    e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e
    infraestruturas, etc.
    5. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos
    coñecementos e tarefas nos que participan.

    b) Competencias específicas
    1. Deseñar de forma básica estudos de análises de realidades socioeducativas, tendo
    en conta a especificidade do obxecto.
    2. Deseñar de forma básica estudos de avaliación inicial/diagnóstica: identificar
    audiencias, definir obxectos e obxectivos, especificar criterios, seleccionar técnicas de recollida de datos



    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía empregada diríxese ao favorecemento da adquisición das competencias indicadas, propiciando que o alumnado se implique activamente na comprensión crítica dos contidos e na realización das tarefas prácticas programadas.
    Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a comprensión. As clases prácticas realizaranse en sesións de seminario/laboratorio nas que o alumnado traballará de forma individual ou en grupo -pero interactivamente-, os contidos correspondentes.
    As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, a realización das actividades sinaladas para as sucesivas sesións interactivas.

    As sesións de laboratorio se dedicarán, principalmente, ao seguimento e traballo en pequeno grupo. así como á realización puntual de actividades na aula de informática. As datas e horario específico deste tipo de sesións se detallarán ao comenzo da materia.

    No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudio e como medio de comunicación co alumnado, tanto de modo individual como grupal. Poderase empregar algunha outra ferramenta accesible na plataforma como o foro.

    Na materia prevéese o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá primariamente un propósito formativo -ao longo de todo o semestre- en base principalmente á observación das actividades grupais do alumnado desenvoltas fundamentalmente nas clases interactivas.

    Na avaliación final tomarase en consideración:

    1. - O desempeño no exame, que terá un carácter teórico-practico. Este terá un valor entre o 60-80% da nota.
    O exame terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data de examen a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do Rendemento académico da USC.


    2, -As actividades prácticas propostas polo profesorado fundamentalmente nas clases interactivas, e desenvoltas total ou parcialmente nestas clases. (valor entre o 20 e o 35%).

    3. -Realización, se é caso, dun traballo grupal de carácter práctico.

    É preciso superar todas as partes para aprobar a materia.

    Para aprobar é requisito imprescindible asistir ao 80% das clases interactivas da materia. Non se recollerán prácticas de estudantes que non asistiran a sesión na que se presentou e traballou a práctica. só nos casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa citada, que o estudante deberá xustificar documentalmente, se lle permitrá realizar a practica con posterioridade e entregala, sempre que cumpra o prazo que se lle indique.

    Para obter unha valoración positiva na materia, haberá que ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas,

    XULLO

    O/a estudante que non cumpra o requisito de asistencia non poderá superar a materia na oportunidade de maio nin de xullo. O/a estudante que suspenda o examen en maio poderá repetilo en xullo. O/a estudante que tendo asistido ao 80% das practicas non obtivera a metade da puntuación asignada a esta parte, deberá realizar as practicas que se lle indiquen e entregalas na data do examen de xullo. O/a estudante que non apobara o traballo en maio poderá presentalo en xullo.

    EXENTOS/AS

    O alumnado con exención de docencia oficial deberá ter unha titoría presencial co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesiónda exención. Nestes casos deberá realizar un conxunto de exercicios prácticos e o traballo que terán o mesmo valor que a parte practica e o traballo do alumnado asistente. Estas practicas e o traballo deberá entregalos nas datas que se lle indiquen en dita titoría. Cando non acade a metade da puntuación que se lle outorgue a esta parte, deberá repetila para a oportunidade de xullo.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.







    Tempo de estudo e traballo persoal
    A modo de referencia aproximada:

    (a) Para lectura de materiais e informes (10 horas)
    (b) Para preparación individual das prácticas (28 horas)
    (c) Para elaboración do traballo en equipo (12 horas)
    (d) Para estudo (52 horas)







    Recomendacións para o estudo da materia
    Lémbrase que "a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia".


    Observacións
    -Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.

    -Non é preciso entregar ficha en papel á profesora.


    -RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

    Na entrega de traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia terase en conta as seguintes indicacións:
    - Empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.