G3091225 - Contextos, Ámbitos e Axentes da Acción Socioeducativa (Contextos en Educación Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Analizar a importancia do contexto (tempo, espazo e circunstancia) e as súas implicacións para o proceso educativo.
2) Establecer principios que fundamentan a singularidade educativa dos contextos e a súa relevancia para a acción educativa e social.
3) Identificar e caracterizar os contextos educativos institucionais e non institucionais tomando en conta os seus trazos particulares e a súa función educativa.
4) Promover e desenvolver accións socioeducativas en diferentes contextos
institucionais e comunitarios.
5) Coñecer os ámbitos de acción socioeducativa, tradicionais e emerxentes, desenvolvidos para a atención das demandas sociais.
6) Desenvolver unha percepción global dos múltiples axentes da acción socioeducativa, atendendo aos seus perfís, funcións e tarefas nos diversos ámbitos de intervención educativa e social.
7) Potenciar o coñecemento do ámbito e das dinámicas sociais que facilitan a identificación de novos ámbitos de acción socioeducativa.
8) Formar para o manexo axeitado da información e a comprensión dos múltiples contextos nos cales se desenvolve a acción socioeducativa.
Contidos1. Fundamentos conceptuais para a construción dos ámbitos de intervención socioeducativa
1.1. Especificidades do concepto de "educación" en Educación Social
1.2. Educación Social: obxectivos
1.3. Funcións do educador social
2. Os contextos de acción educativa e social
2.1. O contexto como tempo, espazo e circunstancia no proceso educativo
2.2. Principios para a configuración dos contextos educativos
2.3. Criterios para a definición dos contextos educativos
2.4. Os contextos educativos institucionais e non institucionais: elementos, características e tipoloxías
3. Ámbitos da acción socioeducativa en Educación Social
3.1. Aproximación ao concepto de "ámbito" da Educación Social
3.2. Factores que propician o desenvolvemento da Educación Social e os seus ámbitos en España
3.3. Características transversais dos ámbitos da Educación Social
3.4. Estratexias para estruturar os múltiples ámbitos de intervención da Educación Social
3.5. Variables que determinan os ámbitos de intervención socioeducativa
3.6. Fundamentos lexislativos para a configuración dos ámbitos da Educación Social
4. Clasificación dos ámbitos da Educación Social
4.1. Perspectiva histórica da clasificación dos ámbitos da Educación Social
4.2. Ámbitos de intervención en función do campo profesional: Educación Social especializada, animación sociocultural e desenvolvemento comunitario, educación de persoas adultas
4.3. Ámbitos de intervención en función dos grupos de idade: infancia, xuventude, adultos, maiores ou terceira idade
4.4. Ámbitos de intervención en función de problemáticas específicas: poboación en risco social, colectivos en situación de desadaptación social e poboación en xeral
4.5. Clasificación operativa dos ámbitos da Educación Social
- Educación permanente e educación de adultos
- Educación social especializada
- Animación Sociocultural e Desenvolvemento Comunitario
- Educación para o ocio e o tempo libre
- Formación laboral e ocupacional
- Educación cívico social
4.6. Ámbitos emerxentes ou novos ámbitos da intervención socioeducativa
5. Axentes da acción socioeducativa: perfís e funcións
5.1. Perfís do educador social
5.2. Funcións do educador social nos ámbitos da Educación Social
Bibliografía básica e complementaria1. ANECA (2004). Libro blanco. Título de Grado en Pedagogía y Educación Social. Vol. 1: (pp. 71-74); (pp. 127-138). Vol 2: (pp. 262-280). Recuperado el 7 de junio de 2012, de http://www.aneca.es/var/media/150392/libroblanco_pedagogia1_0305.pdf
2. ASEDES (2007): Documentos profesionalizadores. Definición de educación social; Código deontológico del educador y la educadora social; catálogo de funciones y competencias. Barcelona: Asociación Estatal de Educadores Sociales.
3. Caride, J. A. (2000). Estudiar ambientes. Análise de contextos como práctica educativo-ambiental (pp.19-28). A Coruña: Centro de Documentación Domingo Quiroga Casa da Xuventude, Concello de Oleiros.
4. Caride, J. A. (2002). “La Pedagogía Social en España”. En Nuñez, V. (coord.). La educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social (pp. 81-112). Barcelona: Gedisa.
5. Caride, J.A. e Trillo, F. (coords.) (2010). Dicionario galego de Pedagoxía. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
6. Castillo, S. e Cabrerizo, J. (2004). Evaluación de programas de intervención socioeducativa : agentes y ámbitos. Madrid: Pearson.
7. Cuadernos de Pedagogía (2003). Tema del mes. Otros ámbitos educativos: la Educación Social, nº 321, pp. 47-76.
8. Froufe Quintas, S. (1997): Los ámbitos de intervención en la educación social. En Aula, nº9, pp. 179-200.
9. Garcia Molina, J, e Ytarte, R. (Coords.) (2002). Conclusiones de grupos de trabajo. En Pedagogía social y mediación educativa (pp. 153-157). Toledo, APESCAM.
10. García Molina, J. (coord.) (2003). De nuevo la Educación Social. Madrid: Dikynson.
11. Gómez Serra, M. (2003): “Aproximación conceptual a los sectores y ámbitos de intervención de la Educación Social”. En Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. Nº 10 segunda época, diciembre 2003, 233-251.
12. Llena, A., y Parcerisa, A. (Dirs.)(2008). La acción socioeducativa en medio abierto. Barcelona: GRAÓ.
13. Ortega, J. (Coord.) (1999). Educación Social Especializada. Ariel: Barcelona.
14. Parcerisa, A. (1999). Ámbitos de la Educación Social. En Didáctica de la educación social. Enseñar y aprender fuera de la escuela. Barcelona, Graó.
15. Petrus, A. (1997), Pedagogía Social. Barcelona: Ariel.
16. Petrus, A. (2000). “Nuevos ámbitos en la Educación Social”. En Romans, M.; Petrus, A., y Trilla, J. (Eds). De profesión educador (a) social (pp. 61-147). Barcelona: Paidós.
17. Revista de Educación (2005). Monográfico "Educación Social", nº 336, pp. 7-139.
18. Románs, M.; Petrus, A. e Trilla, J. (Eds.) (2000). De profesión educador(a) social. Barcelona: Paidós.
19. Sáez, J. (2003). La profesionalización de los educadores sociales. Madrid: Dykinson.
20. Sáez, J. e García, J. (2006). Pedagogía Social: pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial.
21. Sarrate, M.L.e Hernando, M. A. (Coords.) (2009). Intervención en pedagogía social: espacios y metodologías. Madrid: Narcea.
22. Úcar, X. e Llena, A. (Coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona: Editorial Graò.
23. Ventosa, V. (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de la intervención socioeducativa. Madrid: CCS.
CompetenciasQue os alumnos e alumnas desenvolvan as seguintes competencias practicas e teóricas:
1) coñecemento da importancia do contexto e as súas singularidades para o exitoso desenvolvemento do proceso educativo,
2) coñecemento dos diversos ámbitos e contextos educativos e sociais propios da Educación Social,
3) capacidade para describir e analizar criticamente os distintos tipos de contextos e ámbitos da acción socioeducativa no marco da educación social,
3) habilidade para identificar contextos educativos e aproveitar as súas potencialidades para favorecer a acción socioeducativa,
4) adquisición de capacidades teóricas e prácticas necesarias para xerar procesos de intervención na acción cultural, comunitaria e cívico social, ante procesos laborais e de ocio e en relación a distintos colectivos para facilitar os procesos convivencia e inclusión,
5) desenvolvemento de habilidades para formar parte de equipos multiprofesionais e xerar accións con distintos axentes, institucións, administracións públicas, asociacións e organizacións do terceiro sector e demais profesionais da acción social.
Metodoloxía da ensinanza Atendendo aos obxectivos da materia, a acción docente rexerase polos principios da participación, a discusión e o desenvolvemento do pensamento crítico - práctico isto nas seguintes modalidades:
a) Aprendizaxe en grupo co profesor
No período dedicado á docencia expositiva, a acción formativa centrarase na fundamentación teórica e o desenvolvemento da capacidade crítica -reflexiva. Unha tarefa que esixe conectar e integrar a materia e os seus contidos con múltiples realidades sociais e distintas disciplinas e ciencias afíns á materia. Así mesmo, nos tempos reservados para as clases interactivas, a acción docente orientarase especificamente a experimentación e posta en práctica dos coñecementos adquiridos, a través de dinámicas de ensino-aprendizaxe que conecte os estudantes coa realidade social.
b) Investigación en grupo cos compañeiros
As clases expositivas e interactivas co profesor serán complementadas coa investigación en grupo. Unha acción formativa que consistirá na sistematización de información a partir do coñecemento e análise dos contextos, ámbitos e axentes da acción socioeducativa presente no ámbito próximo, Galicia.
c) O estudo individual
A formación individual será presencial, en clase, e tamén autónoma. Para o cumprimento deste propósito esixirase aos estudantes a lectura de artigos de carácter científico, a súa análise e crítica. Un procedemento pedagóxico orientado á asimilación de información sobre as cuestións conceptuais e de fundamentación relacionados cos temas propios da materia.
Sistema de evaluaciónO proceso de avaliación será formativo, continuo e integral. Aplicarase aos estudantes de xeito individual e grupal. Os criterios globais de avaliación fundamentaranse no desenvolvemento das seguintes capacidades: razoamento teórico, pensamento crítico, habilidade investigadora; destrezas educativas prácticas, traballo en equipo, participación na dinámica de aula; creatividade, motivación e implicación nas diversas iniciativas e tarefas xeradas no contexto da materia. De xeito específico, a acción avaliadora centrarase nas seguintes tarefas e coa correspondente valoración numérica:
1) Actividades e prácticas de aula (15%)
Que toma en conta a intervención activa dos estudantes en todas as tarefas que se desenvolvan na aula, tanto nas sesións expositivas como interactivas, nas cales se valorará a participación nas accións formativas, a capacidade crítica, o nivel de motivación dos estudantes e a calidade dos traballos realizados.
2) Traballo en equipo e pares (40%)
A presente acción formativa está orientada a desenvolver competencias cognitivas, de intervención, de organización e de traballo cooperativo, a súa realización supón dous apartados complementarios:
a) Grupal (30%)
Os obxectivos desta acción formativa céntranse en aproximar os estudantes aos ámbitos propios de intervención educativa da Educación Social; consolidar os coñecementos de orde teórica e o desenvolvemento de competencias de investigación.
Esta tarefa consiste na sistematización de información e o coñecemento dos elementos que configuran e caracterizan os ámbitos específicos da Educación Social; o seu desenvolvemento esixe a organización en grupos para recompilar datos (revisión documental, entrevistas, fotografías, filmacións, etc.) que permitan coñecer a fondo as particularidades dun ámbito da Educación Social.
b) En pares (10%)
Tarefa que complementa ao traballo grupal, consiste na elaboración dunha ficha relacionada con algún programa, servizo ou equipamento propio do ámbito investigado; a súa realización implica: recompilación, sistematización de información (na ficha a ser entregada polo docente da materia) e a selección de dous artigos actuais e relevantes sobre o tema asignado.
3) Avaliación teórica (45%)
Realizarase un exame escrito co obxectivo de cualificar o nivel de aprendizaxe dos contidos fundamentais da materia, neste exercicio valorarase o coñecemento dos temas, a capacidade de argumentación e o nivel de análise dos problemas educativos e sociais relacionados cos contextos, ámbitos e axentes da acción socioeducativa.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de formación presencial na aula (clases expositivas e interactivas): 50 hs.
Traballo persoal dedicado á elaboración de tarefas, investigación, lecturas, estudo: 100 hs.
Tempo total, necesario para a superación da materia: total 150 hs.
Recomendacións para o estudo da materiaA materia polas súas singularidades temáticas, ademais do a lectura e o estudo teórico, require dun coñecemento complexo e profundo da realidade circundante, que permita apreciar e valorar en contextos concretos as múltiples accións socioeducativas propias da Educación Social. Para lograr este propósito, aconséllase:
- O seguimento constante do desenvolvemento dos temas da materia, a través da asistencia e participación activa na clase.
- A lectura profunda e razoada dos textos encargados na materia, que servira como fundamento teórico para comprender as prácticas que teñen lugar na realidade.
- O interese polos ámbitos da intervencióon socioeducativa presentes no ámbito local; que require da recompilación de información e a aproximacion física e cognitiva dos estudantes ás institucións, os suxeitos e os profesionais involucrados nas accións socioeducativas.
ObservaciónsTarefas da materia:
Para obter unha valoración positiva na materia, os traballos deben de ser entregados de forma puntual, na data acordada co docente da materia. A entrega posterior á data prevista restará nota de forma gradual.
Os traballos elaborados polos estudantes deben de ser orixinais. A presentación de calquera documento realizado para outra materia, copiado - plaxiado de Internet ou de calquera outra fonte, supoñerá a invalidación total do devandito traballo.
Asistencia a clase:
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas materias adaptadas ao EEES. Nesta exponse os beneficios da asistencia a clase, entre outros: que facilita unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas e a posibilidade dunha metodoloxía docente - discente máis participativa. a Universidade de Santiago de Compostela é unha universidade presencial, polo cal se esixe un mínimo dun 80% de asistencia obrigatoria ás sesións de clases. Máis información na seguinte dirección electrónica: www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf.
Avaliación:
Para aprobar a materia os estudantes deben de superar cunha nota superior ao 50% cada un dos apartados de avaliación.
Exención de asistencia á docencia presencial:
Os alumnos que teñan o permiso oficial para non asistir á docencia presencial deberán poñerse en contacto co profesor, o máis pronto posible, para comunicar esta situación.
Responsabilidade ambiental:
Por sentido de coidado e de responsabilidade co entorna natural e human, nesta materia esíxese para a presentación de traballos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio en calidade "aforro de tinta".
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.