G3091227 - Servizos Educativos e Culturais na Educación Social (Contextos en Educación Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia® Ofrecer o soporte teórico necesario para comprender a realidade e funcións das institucións, entidades, equipamentos, servizos e recursos educativos e culturais, especialmente nas realidades locais.
® Coñecer a realidade e potencialidades dos equipamentos e servizos educativos e culturais máis frecuentes, tanto de titularidade pública como privada, destacando as funcións profesionais desenvolvidas polos educadores e educadoras sociais nos mesmos.
Contidos1. A crise do Estado do Benestar e as políticas educativo-culturais: novas perspectivas para a Educación Social.
1.1. A redefinición do papel dos axentes sociais (públicos e privados) nunha sociedade relacional. A súa influencia nos servizos educativos e culturais.
2. Equipamentos e recursos educativos e culturais na acción comunitaria. Tipoloxía, características, funcións e programas.
3. Os servizos educativos e culturais na calidade de vida das comunidades: identificación, concepto e tipoloxías.
4. O papel das educadoras e educadores sociais nos equipamentos e servizos educativos e culturais.
Bibliografía básica e complementariaAsensio, M. e Pol, E. (2002): Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. Buenos Aires: Aique.
Bosch, E. (2008, ed.): Educación y vida urbana: 20 años de Ciudades Educadoras. Madrid: Santillana.
Caballo, M.B. (coord., 2009): O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educativa. Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular: Vigo.
Candedo, M.D. (2002, coord.): A acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia da Coruña. Deputación de A Coruña.
Caride, J.A. (2000, coord.): Educación social y políticas culturales. Santiago de Compostela: Tórculo.
FEMP (2008): Guía del concejal de educación. Manual de consulta para gobernantes y técnicos. Madrid: Federación Español ade Municipios y Provincias.
Fundación Kaleidos.red (2008): Equipamientos municipales de proximidad: metodologías para la participación ciudadana. Gijón: Trea.
López de Aguileta, I. (2000): Cultura y ciudad: manual de política cultural municipal. Gijón: Trea.
Lorenzana, C. (coord., 2002): Tomamos la palabra. Experiencias de ciudadanía participativa. Barcelona: Icaria Editorial.
Luque, P.A. (coord., 2002): Educación Social. Análisis de recursos comunitarios. Sevilla: Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
Pastor, M.I. (2004): Pedagogía museística. Nuevas perspectivas y tendencias actuales. Barcelona: Ariel.
Pérez Rúa, M., Caballo, M.B. e Montero, P. (coords. 2006): Asociacionismo e participación cidadá: análise e propostas. A Coruña: Deputación da Coruña.
Pose, H. (2006): La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona: Graó.
Revista Galega de Educación (2011), nº 49. Monográfico Concellos e educación.
Serantes, A. (2005): Guía dos equipamentos para a Educación Ambiental na Galiza e doutras instalacións para a divulgación do patrimonio. A Coruña: Ceida.
Subirats, J. (coord., 2002): Gobierno local y educación. La importancia del territorio y la comunidad en el papel de la escuela. Barcelona: Ariel.
Varios (2000): Los centros cívicos ante el nuevo milenio. Nuevos retos de participación, descentralización y territorio. Madrid: Miraguano.
Varios (2006): El público y la biblioteca. Metodologías para la difusión de la lectura. Gijón: Trea.
Revistas
Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa
Galeduso. Revista do Colexio de educadoras/es sociais de Galicia http://www.colexioeducadores.com/galeduso.asp.
Interea Visual http://www.usc.es/sepa/gl/intereavisual.htm
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
• Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metrodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión y que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
Competencias específicas da materia:
1. Que os alumnos e alumnas coñezan os diferentes servizos educativos e culturais, así como os equipamentos e recursos educativos existentes.
2. Que os alumnos e alumnas adquiran habilidades para traballar en equipos e sensibilizar sobre a necesidade de desenvolver accións con distintos axentes, institucións, administracións públicas, asociacións e demais profesionais da acción local.
3. Que os alumnos e alumnas estean capacitados para promocionar e xestionar servizos educativos e culturais en colaboración coa administración pública e privada.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos, en ocasións, compartidos con outras materias do semestre:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os servizos, equipamentos e recursos educativos e/ou culturais.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Prácticas de campo, que se concretarán na visita a equipamentos e servizos educativos e culturais de interese para a adquisición das competencias desta materia; saídas que poden ser deseñadas e desenvolvidas de xeito coordinado con outras materias do semestre.
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula, prácticas de aula e prácticas de campo (20%).
No marco desta materia as prácticas -agás algunha excepción puntual- iniciaranse e concluiranse no tempo de clases interactivas. Asemade, realizaranse, fundamentalmente, en grupo.
- Desenvolvemento, presentación e debate na aula dun traballo grupal (mínimo 4 persoas, máximo 5) de estudo, análise e valoración de un servizo e/ou equipamento educativo e/ou cultural (30%)
- Exame (50%)
Para obter unha valoración positiva na materia, deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
- Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
No caso do alumnado con exención oficial de docencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Traballo individual monográfico sobre o dossier documental da materia (20%)
- Traballo individual de estudo, análise e valoración dun servizo e/ou equipamento educativo e/ou cultural (30%)
- Exame (50%)
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos, estudo persoal,...
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia:
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose ós ós prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
ObservaciónsObservacións
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Recoméndase ao alumnado que lea con atención a "Guía práctica do estudantado" elaborada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, e dispoñible no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descargas/Guia_practica_do_estudantado.pdf