G3091228 - Experiencias e Recursos en Educación Social (Contextos en Educación Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCOMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1. Coñecer as características fundamentais dos ámbitos profesionais da Educación Social.
2. Desenvolver habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade social e educativa.
3. Elaborar e redactar informes e memorias técnicas.
4. Adquirir compromiso profesional e actuar dacordo cos principios deontolóxicos da profesión.
Contidos- Ámbitos profesionais da Educación social, funcións e rol profesional.
- Características fundamentais dos entornos socioeducativos e laborais de intervención da Educación Social.
- Habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade.
- Elaboración e redacción de memorias técnicas sobre o traballo desenvolto.
Bibliografía básica e complementariaEspecificarase no desenvolvemento da materia.
CompetenciasCOMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTIBÚE A MATERIA
- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos educadores e educadoras sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recuross documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educaivos, equipamentos e infraestructuras, etc.
- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
- Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razonados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvementos da súa práctica profesional.
- Identificar académica e profesionalmente aos educadores e educadoras sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais, xunto co estudo e elaboración de informes, contribúen a que o alumnado coñeza as características fundamentais dos escenarios profesionais da Educación Social. As actividades de documentación e investigación permítenlle reflexionar sobre os ámbitos de especialización, así como unha aproximación ao coñecemento da realidade profesional. As actividades vencelladas á avaliación do alumnado buscan o desenvolvemento da competencia de elaboración e redacción de informes e memorias técnicas, a tarvés do traballo final que a alumna ou alumno debe presentar. Por último, destacar que todas as actividades propostas favorecen a adqusisición do compromiso profesional e actuación dacordo cos principios deontolóxicos.
Poderanse realizar visitas ligadas a outra materia da titulación e semestre
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teránse en consideración os seguintes elementos:
- Participación nas sesións presenciais.
- Acudir ás sesións de Titoría obrigatorias.
- Realización dunha memoria final ou informes que se soliciten.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Cualquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
Clases expositivas: presentación, memoria (24 horas)
Clases interactivas (24 horas)
Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
Estudo e elaboración de informes (35 horas)
Análise, documentación e investigación sobre ámbitos de profesionalización (30 horas)
Elaboración da Memoria (35 horas)
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ter coñecementos de documentación e información educativa, así como ter cursado a materia de análise e diagnóstico das realidades socioeducativas.
"A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións
de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos
poderán solicitar exención oficial de docencia".