Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091229 - Educación Social, Servizos Sociais e Iniciativa Cidadá (Políticas Sociais, Culturais e Educativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O traballo individual e compartido da profesora e os/as estudantes ten como finalidade satisfacer os seguintes obxectivos:

    - Coñecer o marco conceptual e organizativo dos Servizos Sociais -xénese e fundamentación, contido, estrutura e funcionamento- de cara á súa aplicación en distintos contextos académicos e profesionais.

    - Analizar o marco normativo-legal no que se desenvolven os servizos sociais a nivel estatal, autonómico e local.

    - Identificar, examinar, e valorar programas específicos e experiencias de intervención educativa social, no marco dos Servizos Sociais.

    - Identificar e manexar fontes documentais que optimicen unha axeitada aproximación á materia.

    - Promover a motivación e estimular o interese por este campo de estudio

    Contidos
    Os contidos da materia estrutúranse nos seguintes temas:

    Tema 1. Perspectiva actual e antecedentes históricos da Política e Acción Social.
    Tema 2. Necesidade humanas, demandas e satisfactores.
    Tema 3. Os Servizos Sociais como instrumento de xustiza e benestar: obxectivos, áreas e ámbitos de actuación
    Tema 4. O marco lexislativo dos Servizos Sociais: as leis de terceira xeración. Políticas
    sociais de igualdade e benestar.
    Tema 5. 4 A intervención pedagóxica nos Servizos Sociais; servizos, plans, programas e
    modelos de intervención socioeducativa.
    Tema 6. Movementos sociais e acción social.



    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Fantova, F. (2008): Sistemas públicos de Servicios Sociales. Nuevos derechos, nuevas respuestas. Bilbao: Universidad de Deusto
    Llena, A. e Parcerisa, A. (2008): La acción socioeducativa en medio abierto. Fundamentos para la reflexión y elementos para la práctica. Barcelona: Graó.
    Subirats, J. (dir.) (2007): Los Servicios Sociales de Atención Primaria ante el cambio social. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    Morán, C., Cruz, L., Iglesias, L., Varela, L. (2010). Os espazos de vida cotiá, contexto e contido da Educación Social nos Servizos Sociais. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela,Servizo de Publicacións. Accesible en: http://dspace.usc.es/handle/10347/2683

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Alemán, M.C. e Garcés, J. (coords) (1997): Política Social. Madrid: McGraw-Hill.
    Alemán, M.C. e García M. (2005): Servicios Sociales Sectoriales. Madrid: Editorial universitaria Ramón Areces.
    Caride, J.A.; Trillo, F. (2010). Dicionario Galego de Pedagoxía. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
    Casado, D. e Guillén, E. (2002): Manual de servicios sociales. Madrid: CCS.
    Casado, D. e Fantova, F. (coords.) (2007): Perfeccionamiento de los Servicios Sociales en España. Madrid: Cáritas Española/Fundación FOESSA.
    Castillo, María del (2006): Manual de Servizos Sociales Comunitarios. Madrid: Síntesis.
    Cruz, L. (coord.)(2007): 2ª Escola de primavera. Educación Social e Servizos Sociais. Santiago: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
    Fantova, F. (2005). Tercer sector e intervención social. Trayectorias y perspectivas de las Organizaciones No Gubernamentales de acción social. Madrid: PPC.
    Freire, P. (2003): El grito manso. B. Aires: S. XXI
    FOESSA (2008): VI informe sobre exclusión y desarrollo social en España. Cáritas: Fundación FOESSA.
    García Roca, J. (2006): Memorias silenciadas en la construcción de los Servicios Sociales. En: Cuadernos de Trabajo Social, 19, 197-212.
    Heras, P. (coord.)(2008). La acción política desde la comunidad. Barcelona: Graó
    Jaraíz, G (2012). Intervención social, barrio y Servicios Sociales Comunitarios. Madrid: Fundación FOESSA-Cáritas.
    Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
    Montagut, T. (2008): Política Social. Una introducción (3ª ed.). Barcelona: Ariel.
    Sáez, J. e García, J. (2006): pensar la educación social como profesión. Madrid: Alianza.
    Úcar, X e Llena, A. (2009) (eds.): Servicios Sociales y comunidad: respuestas ante la crisis socioeconómica. Actas XXIII SIPS Seminario Interuniversitario de Pedagogía Social. Barcelona: SIPS/UAB/UB.


    PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

    - Boletín do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (ceesg). Accesible en http://www.colexioeducadores.com
    - Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa. Fundació Pere Tarrès
    http://www.peretarres.org/wps/wcm/connect/peretarres_es/peretarres/home/difusio_coneixement/revistes/revista_educacio_social/ultim_numero/
    - Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social.
    http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
    - Revista de Educación Social. Pode consultarse en formato dixital como Res.Revista de Educación Social na páxina web da Asociación Estatal de Educación Social: www.eduso.net.

    PÁXINAS WEB
    - Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
    http://www.msps.es/
    - IMSERSO. Instituto de Mayores y Servicios Sociales.
    http://www.imserso.es/imserso_01/index.htm
    - Consellería de Traballo e Benestar.
    http://traballoebenestar.xunta.es/
    - Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
    http://www.igualdadebenestar.org/

    Competencias
    A) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA

    1. Analizar e interpretar as relacións existentes entre Política Social, dereitos sociais, Servizos Sociais e educación.

    2. Identificar os obxectivos, ámbitos de actuación, equipamentos e prestacións dos Servizos Sociais de Atención Primaria e de Atención Especializada.

    3. Enmarcar a acción sociopedagóxica no proceso de intervención técnica dos equipos multiprofesionales de Servizos Sociais, discriminando as fases eminentemente educativas de responsabilidade específica das/vos profesionais da educación.

    4. Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos niveis, ámbitos, servizos e equipamentos de Servizos Sociais e outras iniciativas cidadás de benestar social.


    B) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA

    4G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.

    5T Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.

    1.5E Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.

    1.6E Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.

    2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.

    2.2E Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas docentes incidirán na presentación e explicación dos contidos temáticos nucleares dos temas do programa, recorrendo ao apoio de medios e materiais audiovisuais para facilitar a aproximación e comprensión dos mesmos.

    Dedicarase especial atención á descrición e comentario de referencias documentais de diversa índole que aborden o temática obxecto de estudo para promover e orientar o traballo individual ou grupal dos alumnos en relación á materia.

    As sesións interactivas permitirán abordar en maior profundidade algún aspecto destacado dos núcleos temáticos, ben a través de documentación escrita ou audiovisual, ou coa combinación de ambas; é interesante a iniciativa do alumnado na preparación e desenvolvemento de seminarios, ofertándose a posibilidade de responsabilizarse, individualmente ou en pequeno equipo, dalgunha destas actividades.

    Son actividades prácticas destacadas as visitas de/a institucións e organizacións vinculadas aos Servizos Sociais -centros municipais de Servizos Sociais, UTS, asociacións, organizacións non gobernamentais,- así como a participación dos seus responsables en sesións de aula -seminarios, mesas redondas, conferencias...-.

    Tamén se contempla a realización dun traballo de campo en grupo seguindo os criterios da aprendizaxe cooperativa, tomando como referencia a organización e desenvolvemento dos Servizos Sociais nun concello ou nunha institución específica de iniciativa cidadá, describindo e analizando programas educativos neste marco. Ademais das titorías voluntarias de seguimento da realización do traballo, se fará unha titoría grupal obrigatoria para a revisión da valoración do traballo, entendida como unha máis das actividades formativas.

    A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais e informacións relativas ao seu desenvolvemento. Aconséllase a entrada frecuente á mesma para un correcto seguimento da materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación fundaméntase nos principios de participación, autorresponsabilidade e aprendizaxe. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua e formativa, a súa aplicación será de carácter individual e tamén grupal, en función das diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia.

    ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

    OBRIGATORIAS
    a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas) e titoría. Requisito para avaliación asistencia ao 80% das sesións de clase.

    b. Realización dun traballo grupal (equipos de catro/ cinco integrantes) arredor do desenvolvemento dos Servizos Sociais nun concello.

    c. Realización das prácticas de aula (4). As tres primeiras conducen á elaboración secuenciada dun Diagnóstico Social e Plan de Traballo no ámbito dos Servizos Sociais. Desenvolveranse en relación a cada tema de contido:
    - Práctica 1. Política social, pobreza e exclusión
    - Práctica 2. Análise de necesidades/dereitos
    - Práctica 3. Plan de traballo

    - Práctica 4. Na materia se prevé tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.

    As prácticas só poden ser desenvolvidas grupalmente e durante o período de clase, non contemplándose outra modalidade de realización, agás as persoas que teñan concedida oficialmente exención de docencia.


    d. Exame, que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia.


    VOLUNTARIAS
    Realización voluntaria de actividades e/ou traballos suxeridos pola profesora ou polo alumnado: recensión, informes e/ou análise de experiencias en Servizos Sociais, páxinas web…


    VALORACIÓN NUMÉRICA

    - Actividade a requisito para proceder á avaliación
    - Actividade b 20% cualificación
    - Actividade c 25% cualificación
    - Actividade d 55% cualificación

    Para superar a materia e ter en conta as valoracións das outras actividades obrigatorias e optativas a cualificación mínima no exame deberá ser de aprobado(5), sendo preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.

    O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinaria ou de recuperación da materia.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
    Ao alumnado repetidor conservaráselle os resultados positivos obtidos nas actividades de avaliación durante os dous cursos académicos posteriores á primeira matrícula, non estando exento de realizar as novas actividades que puideran incorporarse.

    O alumnado oficialmente exento de docencia aterase ao establecido ao respecto na normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Ciencias da Educación.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS

    Clases expositivas 24 horas
    Clases interactivas 24 horas
    Titorías 2 horas


    TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE

    Estudio e preparación de temas 60 horas
    Traballo de curso 20 horas
    Prácticas e informes 20 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase un traballo continuado na materia, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas diversas actividades que se desenvolven. Isto require ter en conta as seguintes recomendacións para o seu estudio:

    - A lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia.

    - Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades individuais e grupais asociadas á dinámica de clase, o que favorecerá unha vinculación continuada cos ritmos establecidos no transcurso da materia.

    - Planificar e organizar a axenda de traballo para compatibilizar os requirimentos desta materia cos das demais.

    - Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (revistas especializadas, manuais, léxicos...) recomendados, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.

    - Facer uso das titorías -sexa a nivel individual ou en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe, ao posibilitar a personalización de opcións metodolóxicas e pedagóxicas segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia, aténdose as condicións aprobadas a tal efecto.

    RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.