Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091321 - Avaliación na Educación Social (Avaliación de Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON.NON
Martinez Piñeiro, Maria Esther.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecer o marco conceptual da avaliación en educación social.
    2. Coñecer os diferentes enfoques avaliativos, fundamentalmente no relativo a programas socioeducativos, así como os deseños avaliativos básicos a empregar en cada caso.
    3. Saber deseñar avaliacións sobre aspectos socioeducativos básicos así como axuizar metodoloxicamente as avaliacións proxectadas ou realizadas.
    4. Coñecer as características que deben posuír os informes avaliativos e saber axuizar a súa calidade técnica
    5. Desenvolver un pensamento reflexivo sobre as cuestións e propostas técnicas estudadas na materia.
    6. Integrar os coñecementos e habelencias referidos anteriormente cos estudados noutras materias.

    Contidos
    1. Marco teórico xeral da avaliación en educación social.
    2. Avaliación de programas en educación social
    2.1. Avaliación do deseño do programa
    2.2. Avaliación do desenvolvemento de programa
    2.3. Avaliación de resultados do programa
    3. Avaliación de servizos e institucións socioeducativas.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA

    Castillo, S. e Cabrerizo, J. (2003). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: Agentes y ámbitos. Madrid: Prentice-Hall.

    Gómez Serra, M. (2004). Evaluación de los servicios sociales. Barcelona: Gedisa.

    Mateo, J. (2000). La evaluación educativa, su práctica y otras metáforas. Barcelona: ICE-HORSORI.

    Pérez Juste, R. (2006): Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla.

    COMPLEMENTARIA

    Colás, M.P. e Rebollo, M.A. (1993). Evaluación de programas: Una guía práctica. Sevilla: Kronos.

    Fernández-Ballesteros, R.(ed.)(1995). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Madrid: Síntesis.


    Martínez Madiano, C. (2007). Evaluación de programas. Modelos y procedimientos. Madrid: UNED.

    Niremberg, O Brawerman, J. y Ruíz, V. ( 2000): Evaluar para la transformación. Innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Paidós. Buenos Aires.


    Rebolloso, Fernández-Ramírez, B. e Cantón, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social. Madrid: Síntesis.

    Sanders, J.R.(ed.)(1998). Estándares para la evaluación de programas. Bilbao: ICE.

    Stake, R.E. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Barcelona:Ed. Graó.

    *Número monográfico da Revista de Investigación Educativa, vol. 18, nº 2
    Competencias
    A) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    1. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se inxire, en relación aos suxeitos cos que traballa e as dinámicas sociais das que participan.(3G)
    2. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamentos e avaliación das iniciativas nas que interveñan. (4G)
    3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.(3T)
    4. Seleccionar e empregar métodos e medios orientados ao coñecemento das relacións educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional (1.4E)
    5. Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais. (2.1E)
    6. Realizar e empregar informes técnicos de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeduacativos. (2.5E)

    B) Competencias específicas da materia

    1. Coñecer o marco conceptual da investigación avaliativa
    2. Analizar e valorar estudios avaliativos, identificando as súas limitacións e puntos fortes
    3. Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais
    4. Deseñar de forma básica a avaliación dun servizo ou institución socioeducativa, atendendo aos obxectivos previstos, ás audiencias implicadas e ao contexto de estudo.
    5. Elaborar informes de avaliación


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía empregada diríxese ao favorecemento da adquisición das competencias indicadas, propiciando asemade que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión crítica dos contidos programados.

    Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a comprensión. As clases prácticas realizaranse en sesións de seminario/laboratorio nas que o alumnado traballará de forma individual ou en grupo os contidos correspondentes. As actividades de traballo autónomo inclúen o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, a análise de informes avaliativos, e poderase solicitar o deseño dunha avaliación socioeducativa real entre varias propostas presentadas polo profesorado.

    No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudio e como medio de comunicación co alumnado, tanto de modo individual como grupal. Poderase empregar algunha outra ferramenta accesible na plataforma como el foro.
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá primariamente un propósito formativo -ao longo de todo o semestre- en base principalmente á observación das actividades grupais do alumnado desenvoltas fundamentalmente nas clases interactivas.

    Na avaliación final tomarase en consideración:

    1. - O desempeño no exame, que terá un carácter teórico-practico. Este terá un valor entre o 65-80% da nota.
    O exame terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data de examen a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do Rendemento académico da USC.


    2, -As actividades prácticas propostas polo profesorado fundamentalmente nas clases interactivas. e desenvoltas total ou parcialmente nestas clases. (valor entre o 20 e o 35%).

    Para aprobar é requisito imprescindible asistir ao 80% das clases interactivas da materia. NOn se recollerán prácticas de estudantes que non asistiran a sesión na que se presentou e traballou a práctica. só nos casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa citada, que o estudante deberá xustificar documentalmente, se lle permitrá realizar a practica con posterioridade e entregala, sempre que cumpra o prazo que se lle indique.

    Para obter unha valoración positiva na materia, haberá que ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas, esto é aprobar a parte práctica e aprobar o examen.

    XULLO

    O/a estudante que non cumpra o requisito de asistencia non poderá superar a materia na oportunidade de maio nin de xullo. O/a estudante que suspenda o examen en maio poderá repetilo en xullo. O/a estudante que tendo asistido ao 80% das practicas non obtivera a metade da puntuación asignada a esta parte, deberá realizar as practicas que se lle indiquen e entregalas na data do examen de xullo.

    EXENTOS/AS

    O alumnado con exención de docencia oficial deberá ter unha titoría presencial co profesorado da materia nos dez días seguintes da concesiónda exención. Nestes casos deberá realizar un conxunto de exercicios prácticos que terán o mesmo valor que a parte practica do alumnado asistente. Estas practicas deberá entregalas nas datas que se lle indiquen en dita titoría. Cando non acade a metade da puntuación que se lle outorgue a esta parte, deberá repetila para a oportunidade de xullo.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 48 h. (15 de teoría, 18 de prácticas e 15 de titoría).
    Horas non presenciais: 100 h.
    Horas de avaliación: 2 h. (exames).
    Total volume de traballo: 150 h.
    Especificarase máis en detalle no intre da presentación do programa.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Cando as sesions así o requiran, o alumnado deberá preparar as sesións de clase mediante unha lectura detida da documentación correspondente depositada previamente (ben na fotocopiadora ben na aula vietual) e/ou a realización das actividades prácticas e de reflexión indicadas polos profesores/as da materia.


    Polo demais, lémbrase que na normativa legal vixente da USC recóllese que ésta é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Observacións
    os/as alumnos/as non presentados na convocatoria anterior (2012-13), ou que non superaran a materia, serán evaluados no curso 13-14 atendendo aos criterios do programa da materia do curso 13-14

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

    Na entrega de traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia terase en conta as seguintes indicacións:
    - Empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.