G3091322 - Dinámica e Técnicas de Educación en Grupo (Planificación e Xestión de Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Saber delimitar as características e procesos básicos dos grupos sociais, tanto a nivel
conceptual como nas súas implicacións prácticas, e identificar os principios fundamentais
para poder facer unha animación de grupos eficaz.
- Saber analizar críticamente o papel do ambiente físico dun grupo e deseñar un
contexto facilitador da súa dinámica.
- Discriminar as posibles causas dos conflitos grupales e coñecer algunha técnica de intervención/mediación que axude a superalos.
- Adquirir un coñecemento básico de técnicas e instrumentos para o diagnóstico e a
intervención nos grupos de Educación Social.
- Manexar as nocións, adquirir as competencias e desenvolver as actitudes necesarias
para poder chegar a dirixir e participar eficazmente en grupos, no seu labor profesional como
educador social.
Contidos- Os grupos na Educación Social.
- Bases conceptuais en Dinámica de Grupos: historia e enfoques teóricos.
- Contexto e ambiente físico dos grupos.
- Comunicación e clima grupal.
- O liderado e a estrutura nos grupos.
- As normas de grupo.
- A cohesión grupal.
- Técnicas para o diagnóstico dos grupos.
- Técnicas para a intervención en grupos de Educación Social.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
- AGUILAR, Mª J. (2000): Cómo animar un grupo: técnicas grupales. Madrid: CCS, 7ª Edición
- FROUFE, S. (1998): Técnicas de grupo en animación comunitaria. Salamanca: Amará
- NUÑEZ, T. e LOSCERTALES, F. (1997): El grupo y su eficacia. Técnicas al servicio de la dirección y coordinación de grupos. Barcelona: EUB.
- SIMON, P. e ALBERT, L. (1979): Las relaciones interpersonales. Barcelona: Herder.
Bibliografía complementaria:
- ANTONS, K. (1978): Práctica de la dinámica de grupos. Barcelona: Herder.
- BEAUCHAMP, A. e outros (1997): Cómo animar un grupo. Santander: Sal Terrae.
- CANTO ORTIZ, J. M. (2000): Dinámica de grupos. Aspectos técnicos, ámbitos de intervención y fundamentos teóricos. Málaga: Aljibe.
- CANTO ORTIZ, J. M. (1998): Psicología de los Grupos. Estructura y Procesos. Málaga: Aljibe.
- CIRIGLIANO, G e VILLAVERDE, A. (1966): Dinámica de grupos y educación. Buenos Aires: Humanitas.
- CORNELIUS, H. e FAIRE, S. (1995): Tú ganas, yo gano. Cómo resolver conflictos creativamente y desfrutar con las soluciones. Madrid: Gaia.
- COSTA, M. e LOPEZ MENDEZ, E. (1991): Manual para el Educador Social. Madrid: Ministerio de Asuntos Sociales.
- FRANCIA, A. e MATA, J. (1996): Dinámica y técnicas de grupo. Madrid: CCS.
- FRITZEN, S. J. (1988): 70 ejercicios prácticos de Dinámica de Grupos. Santander: Sal Terrae.
- GIBB, J. R. (1989): Manual de Dinámica de Grupos. Buenos Aires: Humanitas.
- HERNÁNDEZ PINZÓN, F. J. (1977): La comunicación interpersonal: Ejercicios educativos. Madrid: ICCE.
- HOSTIE, R. (1986): Técnicas de dinámica de grupos. Madrid: ICCE.
LOPEZ BARBERA, E. e POBLACION KNAPE, P. (2000): Introducción al Role-playing pedagógico. Bilbao: Desclée de Brouwer.
- MORALES, J. F. e YUBERO, S. (1999). El grupo y sus conflictos. Univ. de Castilla -La Mancha
- PALLARES, M. (1982): Técnicas de grupo para educadores. Madrid: ICCE.
- RAMIREZ, J. A. (1998): Psicodrama. Teoría y práctica. Bilbao: Desclée de Brouwer
- SCHUTZENBERGER, A. A. (1974): Diccionario de técnicas de grupo. Salamanca: Sígueme.
- SHAW, M. (1980): Dinámica de grupo. Barcelona: Herder.
- TRECHERA, J. L. (2003): Trabajar en equipo: Talento y talante. Técnicas de dinámica de grupos. Bilbao: Desclée de Brouwer.
- TSCHORNE, P: (1993): Dinámica de grupo en trabajo social, atención primaria y salud comunitaria. Salamanca: Amarú.
CompetenciasCompetencias da Titulación ás que contribúe a materia:
- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodológicos e
materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e
difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e
infraestruturas, etc.
- Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos,
materiais e tecnolóxicos.
- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na
colaboración con outros profesionais.
- Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións
- Proxectar a súa formación teórica e metodológica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, en por si e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
- Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha
intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou
circunstancias sociais.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas e as sesións de estudo individual, axudan a que o alumnado adquira a base teórica e conceptual necesaria para o dominio das competencias enumeradas. A redacción de diversos traballos teóricos xunto coas lecturas e recensións críticas, complementan este caudal de coñecementos, permitindo profundar en aspectos que enriquecen a visión do campo disciplinar.
As prácticas de laboratorio atenden a competencias como ?expresarse e comunicarse a través de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos, a través do desenvolvemento de competencias e habilidades comunicativas; relacionarse con outras persoas ou grupos, con especial énfase no traballo en equipo por medio do fomento de actitudes e competencias necesarias para traballar, dun modo eficaz, en grupo; implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións e discriminar as posibles causas dos conflitos grupales e coñecer algunha técnica de intervención/mediación sobre eles, a través da realización de técnicas que presentan conflitos e obrigándolles a tomar decisións coa
utilización de determinadas estratexias de superación destes; adquirir un coñecemento
básico de técnicas e instrumentos para o diagnóstico e a intervención nos grupos de Educación
Social, ao manexarse un bo número de técnicas para a análise e a dinamización
de grupos; manexar as nocións, adquirir as competencias e desenvolver as actitudes
necesarias para poder chegar a dirixir eficazmente grupos no seu labor profesional como
educador social: a través da dirección dalgunhas técnicas, por parte do alumnado.
A realización de traballos de investigación na práctica e as saídas de campo, permiten a profundización dos conceptos básicos e o contraste destes coa praxe, proporcionando un coñecemento máis útil, versátil e aplicado. Contribuíndo así ao desenvolvemento de competencias como: prover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade; facer uso de estratexias procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos; e favorecer que o alumnado relaciónese con outras persoas ou grupos alleos á Facultade.
Concretarase na Guía Didáctica
Sistema de evaluaciónA cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
1) Unha avaliación continua, ao longo do curso, a través do seguimento do traballo levado a cabo polo
alumnado nos diversos ámbitos: a participación e achegas nas clases, prácticas de laboratorio,
debates, talleres, etc.
2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas no programa: traballos teóricos, traballos de investigación
na práctica, lecturas e recensións, saídas de campo e elaboración de informes, etc.
avaliadas tendo en conta a calidade dos informes realizados para cada unha destas actividades.
3) A realización dun exame sobre o temario da materia, no cal buscarase unha avaliación
global do proceso de aprendizaxe do alumnado, tanto en canto á súa adquisición de coñecementos
como de competencias.
Na avaliación final terase en consideración:
- A participación nas sesións presenciais (expositivas e interactivas).
- Acudir ás sesións de Titoría obrigatorias que se marcarán ao inicio do cuadrimestre.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todalas actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. calquer traballo copiado supondrá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
a efectos avaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordenada.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas):
Horas Clases expositivas: presentación, explicación de temas (12 horas)
Prácticas laboratorio: exercicios técnicas e talleres de Dinámica de Grupos (30 horas)
Tutorías de traballo de curso (6 horas)
Avaliación (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DOS ESTUDANTES (100 horas):
Estudo, procura, selección e análise de información (24 horas)
Dirección e participación en técnicas e redacción informes (16 horas)
Redacción de traballos teóricos e/ou de investigación na práctica, recensións, saídas de campo e elaboración de informes (60 horas)
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos alumnos e alumnas que cursen esta materia realizar unha lectura atenta, reflexiva e crítica dos textos suxeridos polo profesorado, para poder manexarse de forma precisa nos conceptos propios da materia e as súas aplicacións prácticas, procurando establecer relacións entre os contidos dos diversos temas e vendo a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñen para a realidade da vida e a dinámica cotidiá dos grupos sociais. Tamén é conveniente que as alumnas e alumnos participen activamente nas tarefas propostas no aula. Suxírese a utilización da tutoría para clarificar as dúbidas e para recibir orientacións, apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia e a realización das actividades propostas. O traballo constante durante o curso e o estudo persoal constituirán unha base fundamental no proceso de aprendizaxe.
ObservaciónsA Usc é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as alumnas e alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.
Nestes casos, os estudantes deben porse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia