Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091324 - Xestión e Desenvolvemento de Programas de Educación Social (Planificación e Xestión de Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA ANTELO, BEATRIZ.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer os principios e fases da intervención socioeducativa a través de programas.
    - Afondar nos procesos de deseño, xestión, desenvolvemento e avaliación de programas socioeducativos.
    - Desenvolver habilidades para o deseño, a xestión e o desenvolvemento de procesos de intervención socioeducativa a través de programas.
    - Coñecer os procesos de innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos.
    - Analizar e valorar programas de intervención vinculados ao perfil profesional do educador social.

    Contidos
    1) Os principios da intervención socioeducativa.
    2) Procesos e fases no desenvolvemento de programas de Educación Social.
    3) A intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos sociais, formativos e profesionais.
    4) Deseño, xestión e desenvolvemento de programas: dimensións institucional, administrativa e económica.
    5) A xestión dos recursos nun programa de intervención socioeducativa: os recursos humanos, materiais e económicos.
    6) Innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos: aproximación a diferentes modelos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Fantova Azcoaga, F. (2005). Manual para la gestión de la intervención social. Madrid: CCS.
    Feliz Murias, T. (2010). Diseño de programas de educación social. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
    García Herrero, G. e Ramírez Navarro, J.M. (2009). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Madrid: Siglo XXI.

    Bibliografía complementaria
    Alberich, T. (2002). Guía fácil de asociaciones. Manual de gestión. 3ª edición. Madrid: Dykinson.
    Álvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
    Ander-Egg, E. (2006). Metodologías de acción social. Jaén: Universidad de Jaén.
    Ander-Egg, E. y Aguilar, Mª J. (1995). Cómo elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Buenos Aires: Humanitas.
    Caride, J.A. (1997). “Acción e intervención comunitarias”. En Petrus, A. (Coord.). Pedagogía Social, pp. 222-247. Barcelona: Ariel.
    Castillo, S. e Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Madrid: Pearson Educación.
    Colom, A.J. (1992). Modelos de Intervención Socioeducativa. Madrid: Narcea.
    De Asís, A. e cols. (sd). Manual de ayuda para la gestión de entidades no lucrativas. Fundación Luis Vives. Dispoñible en http://www.fundacionluisvives.org
    Expósito, J. e Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    Fernández-Ballesteros, R. (1996). Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Madrid, Síntesis Psicología.
    Froufe, S. e Sánchez Castaño, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú Ediciones.
    Gavilán, B. e cols. (2010). Guía para la gestión de proyectos sociales. Bizkaia: Equipo del Observatorio del Tercer Sector de Bizkaia. Disponible en http://www.3sbizkaia.org
    Gutiérrez, I., Sorribas, M. y Gil, M. (2005). Metodología de la intervención social. 2ª Edición. Barcelona: Altamar.
    Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones. Boletín Oficial del Estado, núm. 276, de martes 18 noviembre de 2003.
    Marchioni, M. (2007). Planificación social y organización de la comunidad. Madrid: Ed. Popular.
    Martínez Mediano, C. (2007). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. Madrid: UNED.
    Merino, J. V. (1997). “Guías operativas para el diseño o elaboración de proyectos”. En Programas de Animación Sociocultural. Tres instrumentos para su diseño y evaluación. Madrid: Narcea, pp. 285-297.
    Moreno, M. D. (2000). Gestión de la calidad y diseño de organizaciones. Madrid: Prentice Hall.
    Pérez Serrano, G. (2005). Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Madrid: Narcea.
    Pérez-Campanero, Mª P. (1991). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea.
    Ventosa, V. (1997). Intervención socioeducativa. Madrid: CCS.
    Vilar, J. e Riberas, G. (2002). Diseño de proyectos sociales. Barcelona: Fundación Pere Tarrés.

    No desenvolvemento dos diferentes bloques temáticos indicaranse os materiais e as referencias bibliográficas de carácter básico para o estudo de cada tema, que estarán dispoñibles ou ben na fotocopiadora da facultade ou no campus virtual, segundo proceda. Do mesmo modo, facilitaranse outras referencias bibliográficas que permitan complementar os contidos abordados.
    Competencias
    - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo á circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
    - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
    - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
    - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
    - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
    - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
    - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
    - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia contribúe a que o alumnado adquira as competencias máis vinculadas coa planificación e xestión de procesos e ámbitos, relacionados directamente coas funcións profesionais do educador social. Para iso, combínase a modalidade teórico-práctica, que implica a presentación dos contidos que configuran o programa desta materia de forma expositiva por parte do profesorado, a proposta de prácticas de formulación diversificada a desenvolver nas sesións de seminario e/ou laboratorio e a implicación e participación continuada por parte do alumnado na realización das distintas actividades teórico-prácticas que se programen.
    A aula virtual da asignatura constituirá un apoio ó desenvolvemento da asignatura, fundamentalmente no acceso a materiais e á información (avisos, entrega de actividades, etc).
    Sistema de evaluación
    A avaliación terá un dobre carácter, formativo -continuo ao longo do semestre- e sumativo. Na avaliación teranse en consideración os seguintes elementos:

    - Actividades individuais e/ou grupais (45%)
    - Exame final (45%)
    - Participación e implicación do alumnado nas actividades e clases (10%)

    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación, así como obter unha cualificación mínima de apto en cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
    Para os efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
    - participación activa nas sesións e actividades de aula,
    - traballo individual, en parellas e/ou en grupo para realizar as prácticas,
    - estudo individual e continuado ao longo do semestre.

    A proporción de tempo estimado de dedicación do estudante é:

    Actividades presenciais (50 horas):
    - Clases expositivas: 24 h.
    - Prácticas de seminario e/ou laboratorio: 24 h.
    - Titorías: 2 h.

    Traballo persoal do estudante (100 horas): estudo, análise de programas e elaboración de informes, visualización de material…
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia regular ás sesións de clase.
    - Estudo e análise dos documentos entregados e da bibliografía recomendada.
    - Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo.
    - Planificación axeitada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado).
    - Uso axeitado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).

    Observacións
    - Durante o curso facilitaranse outras orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dunha forma xenérica.
    - A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia teórica (expositiva).
    - A vinculación da devandita materia con períodos de practicum pretende facilitar ao alumnado o coñecemento de elementos relacionados coa planificación e xestión de diferentes procesos socioeducativos que se estean a promover nas diferentes institucións nas que poderá participar.

    Responsabilidade medioambiental:
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.