G3091325 - Métodos e Técnicas de Investigación na Acción Socioeducativa (Investigación Socioeducativa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAo fío do cadro de "competencias" específicas establecidas oficialmente para esta asignatura, parece obrigado enunciar os seguintes obxectivos:
• Saber identificar o método de investigación utilizado en investigacións socio-educativas.
• Saber seleccionar adecuadamente o método de investigación axeitado aos obxectivos e contexto de estudo.
• Ser capaz de planificar investigacións educativas nos seus elementos básicos.
• Saber seleccionar e deseñar axeitadamente as técnicas de obtención de datos, atendendo aos obxectivos e contexto de estudo.
• Saber analizar datos cualitativos e cuantitativos, así como realizar a correspondente interpretación de datos.
Dado que, ao noso entender, operativizar didacticamente tales obxectivos no seu conxunto excede o que poden dar de si 6 créditos, iranse axustando sucesivamente, de xeito que se cubran selectivamente dunha maneira básica. Ademais, aínda que a ficha oficial da materia non o contemple, por coherencia coa súa denominación, tratarase de que o alumno remate o cuadrimestre cun coñecemento funcional da lóxica e proceder propios da investigación-acción.
ContidosConsonte ao disposto na Memoria do título, os bloques de contido que han de cubrirse nesta asignatura e que abarcan potencialmente -dunha maneira obrigadamente xenérica- case todo o ámbito da formación no ámbito da metodoloxía de investigación, son os catro seguintes:
1. Principais métodos de investigación socioeducativa.
2. Características dos instrumentos e estratexias de obtención de datos.
3. Análise de datos cuantitativos e cualitativos en investigación na acción socioeducativa
4. Informes de investigación socioeducativa: elaboración e valoración.
Especificamente, aínda que non apareza explicitado na mencionada Memoria, entre outras razóns, pola procura dunha certa congruencia coa denominación dada á materia, privilexiarase o coñecemento do "método" da investigación-acción.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Cea D´Ancona, Mª. A. (1999). Metodología cuantitativa: estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis.
Etxeberria, J. e Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla
Latorre, A. (2003). La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ander-EGG, E. (2003). Técniccas para la recogida de datos e información. Buenos Aires: Lumen.
Angrosino, M.
Callejo, J. (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Barcelona: Ariel.
Caride, J.A.(2011). A investigação-açção como processo metodologico na Animação Sociocultural. En M. de Sousa (Coord.). Metodologias de investigação em animação sociocultural (pp. 115-139). Chaves: Associação para a Promoção e Divulgación Cultural-Universidade do Minho.
Corbeta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw Hill.
Del Rincón, D., Arnal, J., Latorre, A. e Sans, A.(1995). Técnicas de investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Dykinson.
Elliot, J. (2000). La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Gil Flores, J. (1994). Análisis de datos cualitativos. Aplicaciones a la investigación educativa. Barcelona: PPU.
García Ferrando, M., Ibañez, J., Alvira, F.(2007). El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza.
Gutierrez Brito , J. (2008). Dinámica del grupo de discusión. Madrid: CIS.
McNiff, J. e Whitehead, J.(2006). All you need to known about Action Research. Londres: Sage.
Rodriguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1999). Metodología de la investigación cualitativa. Granada: Aljibe.
Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid: Síntesis.
Salazar, María Cristina (Ed.) (2006): La Investigación-acción participativa : inicios y desarrollos. Madrid: Popular.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. Madrid: La Muralla.
Valles, M.S. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis.
Valles, M. S. (2002): Entrevistas cualitativas. Cuadernos metodológicos, 32. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Van Manen, M. (2003). Investigación educativa y experiencia vivida. Barcelona: Idea Books.
CompetenciasSegundo o establecido na Memoria oficial do título, as "competencias" específicas a promover dende esta asignatura serían as seis seguintes:
• Identificar o método/s de investigación utilizados en investigacións socioeducativas.
• Seleccionar o método de investigación axeitado aos obxectivos e contexto de estudo.
• Planificar investigacións socioeducativas nos seus elementos básicos.
• Seleccionar e deseñar as técnicas de obtención de datos adecuadas aos obxectivos, contexto e condicionantes do estudo.
• Deseñar adecuadamente instrumentos para a obtención de datos atendendo aos obxectivos e contexto de investigación.
• Analizar datos cualitativos e cuantitativos recopilados a través de diversas técnicas de recollida de datos con apoio de aplicacións informáticas, interpretando adecuadamente os resultados.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía empregada diríxese ao favorecemento da adquisición das competencias indicadas, propiciando que o alumnado se implique activamente na comprensión crítica dos contidos e na realización das tarefas de reflexión e aplicación práctica programadas.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a súa comprensión. As clases interactivas versarán maiormente sobre as tarefas puntuais (TPs) indicadas polo profesor ao comezo de cada bloque temático e requerirán a súa axeitada preparación previa por parte do alumnado. Así mesmo, algunhas das clases serán dedicadas parcialmente a orientar a realización dos dous traballos a realizar en equipo (TEs), así como ás súas presentacións respectivas. As datas límite para a entrega destes traballos seránrespectivamente, o 30 de outubro e o 27 de novembro e as súas características concretas explicaranse na clase do día 25 de setembro.
As actividades de traballo autónomo inclúen a lectura crítica e estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, a preparación das TPs sinaladas para as sucesivas sesións interactivas e, no seu caso, a preparación da parte correspondente do traballo en equipo.
Sistema de evaluaciónA avaliación das aprendizaxes terá primariamente un propósito formativo -ao longo de todo o cuadrimestre- con base na observación das actividades individuais e grupais realizadas, así como na participación nas clases e titorías.
Na avaliación final, o desempeño no exame terá un peso do 55%, correspondendo 0 45% restante á realización dos outros dous tipos de actividades indicadas no apartado anterior: TPs e TEs.
O exame constará de dúas partes, unha sobre aspectos teóricos e outra de carácter práctico, cun peso na cualificación do exame de 1/3 e 2/3, respectivamente, e nel terán un peso avaliativo importante (25-30%) as cuestións específicas referidas ós traballos asinados polo/a examinando/a.
A parte teórica examinarase mediante unha proba de tipo obxectivo ou de preguntas de resposta breve, referidas nos dous casos á documentación base depositada na fotocopiadora. Realizarase SEN material.
A parte práctica, a realizar CON material (obrigatoriamente, co dossier xeral da materia e coa documentación completa dos TEs da propia coautoría), terá como universo curricular de referencia as cuestións tratadas nas clases interactivas. Nela formularanse situacións problemáticas, semellantes ás analizadas nas clases interactivas e/ou abordadas nos TEs, dirixidas a poñer de manifesto a competencia para aplicar en contextos socioeducativos os coñecementos adquiridos.
En canto aos outros dous tipos de actividades con aproveitamento avaliativo final que está previsto realizar -catro tarefas prácticas puntuais e individuais e dous traballos en equipo-, o seu peso na cualificación final será de un 10% no caso das primeiras e dun 35% no caso dos segundos (15%+20%), sempre que se entreguen dentro dos prazos fixados e o profesor non teña evidencias de realización fraudulenta ou pouco seria, contrarias á súa toma en consideración.
O alumnado non asistente poderá realizar individualmente os TEs, con idéntica repercusión evaluativa que para os demais alumnos. Pola contra, por cuestións de factibilidade, non se lle poderán contabilizar as TPs, incrementándoselle correlativamente o peso de exame ata o 65%.
Lémbrase que tanto as tarefas de realización individual como o traballo en equipo deberán ser orixinais. A entrega, aos efectos da avaliación final, dalgún traballo copiado suporá o suspenso automático da materia na convocatoria de xaneiro. Así mesmo, non poderá ser utilizado un mesmo traballo para varias materias, agás en actividades interdisciplinares programadas de forma coordinada co profesorado correspondente.
Tempo de estudo e traballo persoalA modo de referencia aproximada:
- Horas presenciais: 48
- Horas non presenciais: 96
- Horas de exame: 3
- Horas de titoría: 3
Tempo estimado total: 150
Recomendacións para o estudo da materia Tanto para lograr un óptimo dominio da materia en liña co que se pide como para aprobala, resulta didacticamente necesario asistir de forma regular ás clases expositivas e, sobre todo, participar activamente nas interactivas. Amais disto, consonte ao acordado pola Facultade, lémbrase que "a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia".
Observacións1. Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras titulacións cómpre que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
2. O horario de titoría será o seguinte: mércores, de 10:30 a 13:30 e xoves,de 17:30 a 20:30. O despacho do profesor é o número 68 do 2º andar do Edificio A de Pedagoxía.
3. Requírese a entrega ao profesor , canto antes, da ficha de identificación persoal, a cal poderá recollerse na Conserxería. En todo caso, para poder realizar os TEs, presentarse ao exame e que se teñan en conta as TPs, será REQUISITO tela entregado ou ben axuntar unha fotocopia do DNI.
4. Pautas sobre presentación dos traballos escritos na materia, de carácter xeral e OBRIGADO cumprimento:
a) Evitar tapas de plástico e outros envoltorios externos innecesarios.
b) Sempre que sexa factible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
c) Imprimir a dúas caras e en calidade de "borrador".
d) Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
e) Evitar anexos que non teñan especial relevancia en relación cos temas desenvolvidos.