Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091341 - Educación e Mediación nos Procesos de Inclusión social (Educación Social e Inclusión) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-F)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (G-O)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (P-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01 (A-López Fe)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (López Fi-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Analizar o papel que desempeña a mediación nos procesos de inclusión social.

    - Mostrar as diferentes áreas de aplicación da mediación.

    - Estudar os principios básicos, técnicas e instrumentos da mediación social.

    - Deseñar programas, proxectos e recursos socioeducativos para a mediación social

    Contidos
    1. Inclusión social e mediación social: perspectivas teórico-conceptuais.

    2. Principios básicos da inclusión e da mediación social. Fases e elementos de natureza educativa.

    3. Programas e proxectos socioeducativos para a inclusión social.

    4. Características técnicas e instrumentos para a mediación social.

    5. Procesos de inclusión e mediación social desde os ámbitos socioeducativos e laborais.



    Bibliografía básica e complementaria
    Aguirre, A. et al. (2009). La mediación escolar: una estrategia para abordar el conflicto. Barcelona: Graó.
    Bermudez, K. e VV.AA. (2002). Mediación intercultural: una propuesta para la formación. Madrid: Ed. Popular.
    Comisión Europea (2010). Educación y formación para la inclusión social: buenas prácticas en Europa. D.G. de Educación y Cultura, Luxemburgo: Oficina de Publicaciones de la Unión Europea.
    Conejero Paz, E. e Ortega Giménez, A. (2010). Inmigración, integración, mediación intercultural y participación ciudadana. San Vicente (Alicante): Club Universitario.
    Fernández Nieto, J. e Solé Ramón, A.M. (2011). El impacto de la mediación en los casos de violencia de género: un enfoque actual práctico. Valladolid: Lex Nova.
    Giménez, C. (1997). La naturaleza de la mediación intercultural, Migraciones, 2, 125-160.
    Jabbaz, M. e Moncusí Ferré, A. (2009). Mediación intercultural natural: reflexiones a partir de una experiencia local, Migraciones, 26, 171-204.
    Malik Liévano, B. e Herraz Ramos, M. (coords.) (2005). Mediación intercultural en contextos socio-educativos. Archidona (Málaga): Aljibe
    Ridao Rodrigo, R. (2009). ¿Es necesaria la mediación intercultural? Una aproximación desde el contexto comunicativo, Migraciones, 26, 147-170.
    Rozenblum de Horowitz, S. (2007). Mediación. Convivencia y resolución de conflictos en la comunidad. Barcelona: Graó.
    Sarasola Sánchez-Serrano, J.L.; Malagón Bernal, J.L. e Barrera Algarín, E. (coords.) (2010). Mediación: elaboración de proyectos: casos prácticos, Madrid: Tecnos.
    Soleto Muñoz, H. e Otero Parga, M. (coord..) (2007). Mediación y solución de conflictos: habilidades para una necesidad emergente. Madrid: Tecnos.
    Torrego, J.C. (coord.) (2008). Mediación de conflictos en instituciones educativas. Madrid: Narcea.

    Competencias
    - Coñecer e comprender a educación para a mediación nos procesos de inclusión social.

    - Coñecer o proceso da mediación e identificar as distintas fases e elementos.

    - Coñecer as características e aplicacións das técnicas e instrumentos principais a utilizar dentro da mediación.

    - Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que pode empregar un/unha profesional da Educación Social a favor de minorías e colectivos vulnerables.

    - Establecer relacións entre os sistemas político, económico e social e as problemáticas de marxinación e exclusión, discriminando os compoñentes chave e as fases polas que transcorre o proceso de exclusión social.

    - Determinar as variables persoais e sociais sintomáticas da vulnerabilidade á exclusión, describindo os perfiles de persoas, grupos e/ou colectivos marxinados, dende unha análise multidimensional na causalidade e nas manifestacións das situacións.

    - Coñecer políticas, proxectos e experiencias europeas, estatais e autonómicas a favor dos procesos de inclusión de minorías e colectivos en risco ou vulnerables.

    Metodoloxía da ensinanza

    A materia será traballada, nas clases expositivas de gran grupo, fundamentalmente de forma explicativa por parte da profesora. En algunhas destas sesións poderase incluír exercicios escritos que impliquen unha reflexión sobre o contido teórico que se está a traballar. Estas clases desenvolven os aspectos fundamentais da materia e o seu obxectivo é servir de base para a organización do coñecemento do alumno/a e fundamentar o traballo práctico que se levará a cabo na materia.
    Nas clases interactivas levaranse a cabo actividades diversas para abordar a resolución de problemas e casos prácticos formulados. En todo caso, o traballo terá como soporte a actividade en pequeno grupo e, fundamentalmente, vanse seguir técnicas de aprendizaxe cooperativa.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua ó longo do cuadrimestre. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:

    A). Participación activa nas distintas actividades de aula (10%).

    B). Realización e presentación dos traballos solicitados pola profesora (40%).
    Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.

    C). Proba individual escrita (exame) na que se valorarán os contidos tratados na materia (50%).
    Para superar a materia, será preciso aprobar o exame.

    Os/as estudantes que teñan concedida a exención de docencia deberán poñerse en contacto coa profesora para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do cuadrimestre.

    As alumnas/os repetidoras/es ou non presentadas/os avalíanse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.

    Os traballos individuais ou grupais dos/as estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total horas presenciais (clases expositivas, clases interactivas de laboratorio, seminario, titorias, avaliación): 50 horas.
    Total horas traballo persoal (lecturas, elaboración e análise de informes, estudo): 100 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os contidos desta materia están estructurados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
    Observacións
    Nas primeiras sesións de clase, atendendo ó calendario do cuadrimestre estableceremos as datas límite para a realización e recollida das actividades e traballos individuais e/ou de grupo.

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase (expositivas e interactivas) é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.