Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091342 - Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables (Educación Social e Inclusión) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABEAL PEREIRA, CRISTINA.SI
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-González H)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (González I-Ri)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01 (A-Ma)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Me-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables, céntranse nos seguintes aspectos:

    - Construír e relacionar criticamente os conceptos de “marxinación”, exclusión social”, “minorías”, “colectivos vulnerables” e “orientación ocupacional”.
    - Coñecer o marco contextual da marxinación e a exclusión e as súas implicacións sociais e individuais.
    - Coñecer e saber valorar criticamente diferentes modelos de diagnóstico e intervención nestas áreas.
    - Valorar o importante papel do educador social na atención a grupos minoritarios e colectivos vulnerables.
    - Desenvolver unha toma de conciencia e sensibilización cara a problemática destes sectores.
    - Adquirir actitudes, destrezas e habilidades para a intervención socioeducativa nestes ámbitos.
    - Identificar os fundamentos e implicacións da Orientación para o desenvolvemento persoal e profesional de minorías e colectivos vulnerables.
    - Entender a intervención psicopedagóxica do orientador como resposta á diversidade e á desventaxa.
    - Aprender os aspectos básicos do deseño e desenvolvemento de programas de Orientación para o desenrolo de capacidades de inserción social y laboral.


    Contidos
    Os contidos a abordar en dita materia xiran en torno ás seguintes temáticas:

    - Contextualización sociopolítica dos procesos de marxinación e exclusión.
    - Aproximación teórico-conceptual e normativa aos procesos de exclusión social, promoción e protección das minorías e colectivos vulnerables.
    - Perfil, características e recoñecemento das minorías e colectivos vulnerables ou en situación de risco.
    - A intervención socioeducativa con diferentes minorías e colectivos vulnerables: principios, programas e recursos.
    - O modelo sistémico no diagnóstico e intervención de grupos minoritarios e colectivos vulnerables.
    - O papel da escola ante as minorías e colectivos vulnerables.
    - Formación e orientación para a prevención da exclusión social.
    - Formación e Orientación Ocupacional.
    - Proxectos e Itinerarios de Inserción Sociolaboral.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    A) Sobre atención a minorías e colectivos vulnerables:

    - Alberdi, I. (1999). La nueva familia española. Madrid: Taurus.
    - Amorós, P. e Ayerbe, P. (2000). Intervención educativa en la inadaptación social. Madrid: Síntesis.
    - Aparicio, R. (Dir.) (1998) Manual para el diseño y gestión de proyectos de acción social con inmigrantes. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    - Boutin, G. e Durning, P. (1997). Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Madrid: Narcea.
    - Calatayud, E. (2007). Reflexiones de un juez de menores. Granada: Dauro.
    - García Roca, J. et al. (1991). Pedagogía de la Marginación. Madrid: Popular.
    - García, A. e Saéz, J. (1998). Del racismo a la interculturalidad. Madrid: Narcea.
    - Gil, F. (2002). La exclusión social. Barcelona: Ariel.
    - Gradín, C. (2001). Desigualdad, pobreza y polarización en l distribución de la renta en Galicia. A Coruña: Instituto de estudios económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza.
    - Karzs, S. (Coord.) (2004). La exclusión: bordeando sus fronteras. Barcelona: Gedisa
    - Luque, P. A. (Coord.). Educación Social e inmigración. Sevilla: Sociedad Ibérica de Pedagogía Social-Diputación de Sevilla.
    - Nun, J. (2001). Marginalidad y exclusión social. Buenos Aires: FCE.
    - Riera, I. (2002). Emigrantes y refugiados. Barcelona: Debolsillo.
    - Rubio, M.J. e Montero, S. (coords.). La exclusión social: teoría y práctica de la intervención. Madrid: CCS.
    - Santolaria, F. (1997). Marginación y educación. Barcelona: Ariel.
    - Subirats, J. (Dir.) (2004). Pobreza y exclusión social: un análisis de la realidad española y europea. Barcelona: Fundación La Caixa.
    - Vidal Fernández, F. (dir.) (2006). La exclusión social y el Estado del bienestar en España. V Informe FUHEM de Políticas sociales. Madrid: FULHEM

    B) Sobre orientación laboral e profesional:

    - Álvarez González, M. (1999). Orientación Profesional. Barcelona: CEDECS.
    - Álvarez Hernández, J. (Coord.) (2001). Orientación Profesional: Tránsito a la vida activa. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    - Bisquerra, R. (Coord.) (2008). Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagógica. Madrid: Wolters Kluwer.
    - Blasco Calvo, P.; Pérez Boullosa, A. e Fossati Marzá, R. (2003). Orientación profesional e inserción laboral. Valencia: Nau Llibres.
    - Caballero, Mª.A. (2005). Claves de la orientación profesional. Madrid: Editorial CCS.
    - Echeverría, B. (Coord.) (2008). Orientación Profesional. Barcelona: Editorial UOC.
    - Padilla, Mª. T. (2001). Estrategias para el diagnóstico y la Orientación Profesional de personas adultas. Barcelona: Laertes.
    - Rodríguez Moreno, Mª.L. (2005). Cómo orientar hacia la construcción del proyecto profesional. Bilbao: Desclée.
    - Rodríguez Moreno, Mª.L. (2006). Evaluación, balance y formación de competencias laborales transversales. Barcelona: Laertes Educación.
    - Sánchez García, Mª.F. (2004). Orientación laboral para la diversidad y el cambio. Madrid: Editorial Sanz y Torres.
    - Sebastián, A. (Coord.) (2003). Orientación Profesional: Un proceso a lo largo de la vida. Madrid: Dykinson.
    - Sobrado, L. (2004). Evaluación y Orientación de Competencias y Cualificaciones Profesionales. Barcelona: Editorial Estel.
    - Sobrado, L. e Cortés, A. (Coord.) (2009). Orientación Profesional. Madrid: Biblioteca Nueva.

    Competencias
    Competencias

    No desenvolvemento desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas:

    A) COMPETENCIAS XERAIS:
    - Saber promover e desenvolver acción educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación e acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
    - Comprender os referentes teórico-conceptuais históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
    - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven a súa labor profesional.
    - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que resposten a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
    - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas en sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e sostenibilidade.
    - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
    - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.

    B)COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:

    - Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que pode empregar un profesional da Educación Social a favor de minorías e colectivos vulnerables.
    - Establecer relación entre os sistemas político, económico e social e as problemáticas de marxinación e exclusión, discernindo os compoñentes clave e fases polas que transcorre o proceso de exclusión social.
    - Determinar as variables persoais e sociais sintomáticas da vulnerabilidade á exclusión, describindo os perfís de persoas, grupos e/ou colectivos marxinados, dende unha análise multidimensional na causalidade e nas manifestacións das situacións.
    - Coñecer políticas, proxectos e experiencias europeas, estatais e autonómicas a favor dos procesos de inclusión de minorías e colectivos en risco ou vulnerables.
    - Saber valorar criticamente diferentes programas de intervención con minorías e colectivos vulnerables.
    - Deseñar, elaborar e aplicar programas, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para traballar con minorías e colectivos vulnerables, con especial incidencia na acción preventiva.
    - Avaliar, deseñar e implementar itinerarios de inserción laboral para minorías e colectivos vulnerables.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía da ensinanza

    A metodoloxía de ensinanza céntrase fundamentalmente en estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos vinculados cos contidos da materia.
    Combinaranse diversas modalidades de traballo docente-discente:

    - Exposición de algúns temas do programa ou parte destes polo profesor/a.
    - Presentación de documentos fotocopiados para realizar unha análise-valoración en pequenos grupos, finalizando cun debate de todo o grupo-clase.
    - Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades que o permitan.
    - O profesor/a formular preguntas, problemas ou dilemas vencellados con determinadas cuestións do programa a respostar por parte dos grupos de traballo.
    - Realización de movementos sistémicos, exercicios e actividades prácticas grupais.
    - Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través de material audiovisual.

    A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante e de promover o desenrolo dun aprendizaxe máis significativo nos/as alumnos/as nos leva a propoñer actividades variadas que permitan atender á diversidade de intereses e motivación existentes:

    - Organización, dirección e comentario dunha técnica en pequenos grupos, aplicándoa para toda a clase.
    - Elaboración de traballos en grupo sobre diferentes contidos do temario.
    - Lectura e recensión crítica dalgúns libros vinculados coa temática da materia.


    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación da aprendizaxe

    A calificación final será o resultado de diferentes tipos de actividades:

    1) Realización dun exame sobre o temario da materia.
    2) Participación e aportacións nas clases, prácticas, debates, etc.
    3) Realización das diversas actividades propostas no programa.

    O alumnado para aprobar a materia terá que ter superada cada unha das dimensións/ partes das que conste a avaliación.

    Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.


    Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL:

    Actividades docentes presenciais:

    - Clases expositivas: presentación e explicación de contidos: 22.30 horas.
    - Clases interactivas: 21 horas.
    - Titorías: 4.30 horas.
    - Avaliación: 2 horas

    Traballo persoal do alumno/a:

    - Estudo: 60 horas.
    - Elaboración de informes de prácticas: 25 horas.
    -Lecturas: 15 horas.

    TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 50

    TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudo da materia

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.
    A asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, a consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia, a participación activa no desenrolo das sesións de clase, así como a entrega das diferentes tarefas encomendadas son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.



    Observacións
    Observacións

    Profesora: Cristina Abeal Pereira (Coordinadora)
    Despacho: Nº 72 (Módulo A)
    Correo electrónico: cristina.abeal@usc.es
    Tfno: 881813830

    Profesora: Margarita Valcarce Fernández
    Despacho: Nº 19 (Módulo A)
    Correo electrónico: margot.valcarce@usc.es
    Tfno: 881813828