Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091343 - Acción Socioeducativa nas Discapacidades (Educación Social e Diversidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALBERTE CASTIÑEIRAS, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Nestes momentos encontrámonos nunha situación moi importante na que se pretende que os próximos graduados acheguen os apoios para a acción axeitada ás persoas con algunha discapacidade. Por iso, esta materia debe ser considerada como algo importante dentro dos estudos de Educación Social.
    Neste momento non pode esquecérsenos que esta temática está moi incluída dentro da labor de apoio a estas persoas en Galicia e no resto de Europa.
    Por iso, desexamos que os alumnos estean perfectamente preparados para propiciar a integración social das persoas con discapacidades. Por conseguinte, os alumnos deben ter a preparación axeitada que permita unha intervención ante as situacións de discapacidade. Con este enfoque o alumno debe chegar a coñecer novas formas de actuar que permitan que o alumno con discapacidade chegue a utilizar sistemas de acción social, que lle permitan unha eficaz integración.

    Contidos
    1. As persoas con discapacidades e a necesidade de facilitar a súa integración: o ámbito administrativo e a norma social.
    2. O ámbito de intervención no caso de persoas con discapacidades en Galicia.
    3. Comentario de casos concretos de intervención con persoas con discapacidades.
    4. O papel dos graduados en Educación Social de cara a facilitar a integración das persoas con discapacidades.
    5. O recoñecemento do labor de actuación estatal, escolar e social de cara á integración das persoas con discapacidades.

    Bibliografía básica e complementaria
    - AGUADO, T, Pedagogía intercultural, Mc Graw Hill, Madrid, 2003.
    - ÁLVAREZ, F., Marginación e inserción, Endymión, Madrid, 1992.
    - ÁLVAREZ, F e outros, Antear un modelo integral, Paideia, A Coruña, 2000.
    - ANDER-EGG, E., Metodología del trabajo social, ICSA, Alicante, 1982.
    - ANDER-EGG, E., La animación y los animadores, Narcea, Madrid, 1989.
    - ARANDA, R., Educación especial, Prentice Hall, Madrid, 2002.
    - ARBEA, l. e outros, Comunicación y programas de tránsito a la vida adulta en personas con necesidades de apoyo generalizado, Gobierno de Navarra, Pamplona, 1998.
    - BAKER, B. L., ¿Cómo enseñar a mi hijo?, Pablo del Río, Madrid, 1980.
    - BALDARO, J. e outros, La sexualidade del deficiente, CEAC, Barcelona, 1988.
    - BAUTISTA, R. e outros, Necesidades educativas especiales, Aljibe, Archidona, 1993.
    - BOUTIN, G e DURNING, P., Intervenciones socioeducativas en el medio familiar, Narcea, Madrid, 1997.
    - CASADO, D., Panorámica de la discapacidad, INTRESS, Barcelona, 1991.
    - DUCHAMP, M. e outros., La recherche en travail social, Centurion, París, 1989.
    - FERNÁNDEZ, M., La escuela a examen, Pirámide, Madrid, 1995.
    - GALLEGO, L e FERNÁNDEZ, D., Discursos profesionales de las ciencias de la salud, educación y trabajo social, Paideia, A Coruña, 2001.
    - JOHSON, M. A., La educación del niño deficiente mental: manual para padres y educadores, Cincel, Madrid, 1979.
    - LOBATO, D., Hermanos y hermanas de niños con necesidades especiales, INSERSO, Madrid, 1992.
    - LÓPEZ, M. e outros, Lecturas sobre integración escolar y social, Paidós, Barcelona, 1993.
    - PANTANO, L., La discapacidad como problema social. Un enfoque sociológico: Reflexiones y propuestas, Eudeba, Bos Aires, 1987.
    - PÉREZ SERRANO, G., Elaboración de proyectos sociales, Narcea, Madrid, 1994.
    - QUINTANA, J. M., Investigación participativa, Narcea, Madrid, 1986.
    - QUINTANA, J. M., Los ámbitos profesionales de la animación, Narcea, Madrid, 1993.
    - SEOANE, J. A. e outros, Derecho y retraso mental. Hacia un estatuto jurídico de la persona con retraso mental, Paideia, A Coruña, 1999.
    - VARGAS, T e POLAINO, A., La familia del deficiente mental, Pirámide, Madrid, 1996.
    - VEGA, A., Pedagogía de los inadaptados sociales, Narcea, Madrid, 1989.

    Competencias
    1. Coñecer neste momento a actuación que se está a levar a cabo tanto a nivel da nosa comunidade como do resto de España relativo a persoas con discapacidades.
    2. Coñecer novas formas de actuación que facilitan a integración de persoas con discapacidades.
    3. Coñecer os estudos de Educación Social que permiten apreciar o desenvolvemento das persoas con discapacidades.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. Enténdese que o profesor debe expoñer aos alumnos aspectos fundamentais referidos ás persoas con discapacidades.
    2. O profesor debe ensinar que aspectos debe chegar a coñecer o alumno referidos aos devanditos tipos de persoas.
    3. Xunto ao coñecemento teórico, desexamos que o alumno chegue a coñecer e a diferenciar casos reais.
    4. O alumno debe ser capaz de recoñecer e comentar casos concretos de persoas con discapacidades.

    Sistema de evaluación
    1. Superación dunha proba escrita na que se esixe aos alumnos contestar sobre a temática propia. A puntuación sería do 70%.
    2. De asistencia e participación en clase. A puntuación sería do 10%.
    3. Da realización e presentación escrita dun traballo (individual ou de 3 alumnos como máximo) relativo a un caso/casos, cunha extensión mínima de 15 folios (DIN A-4) a dobre espazo e por unha soa cara, e que debe contar con dúas partes.
    A primeira, teórica, significará unha aproximación conceptual á cuestión motivo de estudo. A segunda centrarase na abordaxe, basicamente, dun caso relativo á acción socioeducativa nas discapacidades. Valorarase a precisión conceptual, a amplitude e a dificultade do ámbito traballado, o uso bibliográfico actualizado, a súa vinculación cunha situación real e o uso, no seu caso, de soporte audiovisual. O devandito traballo debe expoñerse ademais oralmente. Data de entrega do traballo primera semana de marzo 2014. A puntuación sería do 20%.

    Observacións:
    Para aprobar a materia é imprescindible ter alcanzado polo menos 5 puntos dun total de 7 no exame.

    Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaránse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1. De estudo: 50 H
    2. De visualización de material e elaboración de informes: 26 H
    3. De estudo e elaboración de informes: 8 H
    4. De realización e presentación do traballo: 16 H
    Total de horas de traballo persoal: 100 H

    Recomendacións para o estudo da materia
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
    Observacións
    O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa da asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Nesta expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre elas facilita unha "mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individuais, aprendizaxe contínuo, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa". Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Facuiltad, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.