G3091344 - Educación e Desenvolvemento Comunitario en Contextos Rurais e Urbanos (Educación Social e Desenvolvemento Comunitario) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer as teorías e os modelos socioeducativos actuais sobre a comunidade e o seu desenvolvemento nos contextos rurais e urbanos.
• Entender o desenvolvemento comunitario considerando de forma integrada as dimensións cultural, social, política e económica, atendendo a criterios de complexidade e sostenibilidade.
• Deseñar plans, programas e proxectos socioeducativos de intervención comunitaria, adaptados a contextos rurais e urbanos.
• Identificar os roles profesionais da educadora e do educador social no deseño e aplicación de programas de acción socioeducativa en contextos rurais e urbanos.
ContidosOs contidos desta materia concrétanse nos seguintes temas:
1.Desenvolvemento comunitario
1.1. O concepto de comunidade
1.2. Teorías e modelos de desenvolvemento comunitario
1.3. As dinámicas participativas nos procesos de desenvolvemento das comunidades
2. Escenarios para o desenvolvemento comunitario
2.1. Contextos rurais: caracterización, potencialidades e limitacións. Desenvolvemento rural integrado
2.2.Contextos urbanos: caracterización, potencialidades e limitacións. Cidades educadoras
3.Plans, programas, proxectos e recursos para o desenvolvemento comunitario
3.1. Deseño e aplicación de plans, programas e proxectos de desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos
3.2.O uso de recursos e estratexias educativas en proxectos de desenvolvemento comunitario
3.3.Manexo e xestión de bases de datos educativas para o desenvolvemento comunitario
4.Rol profesional da educadora e do educador social nos procesos de desenvolvemento comunitario
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Caride, J.A.; Pereira de Freitas, O. e Vargas, G. (2007): Educaçâo e desenvolvimento comunitário local: perspectivas pedagógicas e sociais da sustentabilidade. Porto: Profediçaoes.
Úcar, X. Llena, A. (coord., 2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona: Graó.
Bibliografía complementaria:
Ander-Egg, E. (2006): La problemática del desarrollo de la comunidad. Buenos Aires: Lumen.
Barbero, J. M. (2005): Trabajo comunitario, organización y desarrollo social. Madrid: Alianza.
Bosch, E. (2008): Educación y vida urbana: 20 años de ciudades educadoras. Madrid: Santillana.
Bouzada, X. (ed., 1999): O Desenvolvemento comunitario local: un reto da sociedade civil: elementos teóricos e metodolóxicos. Vigo: Galaxia.
Campoy, C. (2008): “Participación cidadá nas políticas públicas”. Tempos novos, nº 134, pp. 97-98.
Caride, J.A. (2005): “La animación sociocultural y el desarrollo comunitario como educación social”. Revista de educación, nº 336, pp. 73-88.
Cid, X.M. e Peres, A. (eds., 2007): Educación Social, animación sociocultural y desarrollo comunitario. II vols. Vigo: Universidade de Vigo.
Lorenzana, C. (ed., 2002): Tomamos la palabra: experiencias de ciudadanía participativa. Barcelona: Icaria.
García Roca, J. (2004): Políticas y programas de participación social. Madrid: Síntesis.
Heras i Trias, P. (coord, 2008): La Acción política desde la comunidad: análisis y propuestas. Barcelona: Graó.
Hombrados, M.I., García, M.A., López, T. (coords., 2006): Intervención social y comunitaria. Málaga: Aljibe.
Lucio-Villegas, E. (ed. 2001): Espacios para el desarrollo local. Barcelona: PPU.
Marchioni, M. (2001): Comunidad, participación y desarrollo: teoría y metodología de la intervención comunitaria. Madrid: Popular (2º edición).
Orduna Allegrini, M. G. (2000): La Educación para el desarrollo local: una estrategia para la participación social. Pamplona: EUNSA.
Pérez Ramírez, B. e Carrillo Benito, E. (2000): Desarrollo local: manual de uso. Madrid: Federación Andaluza de Municipios y Provincias.
Pindado, F. (2000): La Participación ciudadana en la vida de las ciudades. Barcelona: Patronat Flor de Maig: Ediciones del Serbal.
Roselló, D. (2007): Diseño y evaluación de proyectos culturales. Barcelona: Ariel.
UNESCO (2005): Decenio de las Naciones Unidas de la Educación para el Desarrollo Sostenible 2005-2014: Plan de Aplicación Internacional. Proyecto. París, UNESCO.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
• Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación ós suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participa.
• Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
• Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
• Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
• Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc., que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Competencias específicas da materia:
• Ser competente no dominio dos referentes teóricos e conceptuais sobre a comunidade e o seu desenvolvemento nos contextos rurais e urbanos.
• Comprensión da complexidade da realidade sociocultural, política, económica, educativa, etc. dos procesos de desenvolvemento comunitario.
• Ser capaz de deseñar plans, proxectos e programas socioeducativos para potenciar o desenvolvemento das realidades sociais.
• Identificar problemas e oportunidades dos contextos rurais e urbanos para o logro de mellores condicións de vida desde unha perspectiva educativa e comunitaria.
• Coñecer e valorar o rol dos profesionais da Educación Social no deseño, planificación, implementación e avaliación dos proxectos de acción comunitaria.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os procesos de desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula e prácticas de aula (nas que se inclúen sesións tipo forum) (20%)
- Deseño, en grupos de un máximo de catro persoas, dun proxecto socioeducativo para o desenvolvemento comunitario (o peso porcentual deste proxecto na avaliación será do 30%).
- Exame (50%)
Nota:
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada. Neste sentido, o proxecto de desenvolvemento comunitario poderá ser avaliado na materia "Planificación e Deseño da Acción Socioeducativa"; podendo establecer (de ser o caso) pesos porcentuais distintos en ambas disciplinas académicas.
No caso do alumnado con exención oficial de docencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Un breve informe -a modo de recensión- dos artigos que conforman o dossier documental (20%)
- Elaboración do proxecto de desenvolvemento comunitario (30%)
- Realización do exame (50%)
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos, estudo persoal,...
Recomendacións para o estudo da materiaDe cara a un maior aproveitamento da materia, fanse as seguintes recomendacións para o estudo:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose ós prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
ObservaciónsObservacións
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Recoméndase ao alumnado que lea con atención a "Guía práctica do estudantado" elaborada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, e dispoñible no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descargas/Guia_practica_do_estudantado.pdf