Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091346 - Educación Social nas Políticas Culturais (Políticas Sociais, Culturais e Educativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1, Coñecer o papel da Educación Social na definición e desenvolvemento das políticas culturais promovidas desde os diferentes niveis da administración pública, con especial énfase nas administracións locais.

    2. Dominar os diferentes modelos de políticas culturais e as súas implicacións no desenvolvemento das comunidades, así como as súas repercusións no desempeño profesional das educadoras e educadores sociais.

    3. Adquirir os coñecementos necesarios para valorar e promover o papel da iniciativa social e dos movimentos culturais nas propostas culturais dos territorios.

    4. Adquirir a competencia básica para desenvolver a súa función profesional en servizos e/ou equipamentos culturais, dominando as destrezas que permitan deseñar plans, programas e/ou iniciativas de carácter cultural.

    Contidos
    1. Educación Social, políticas culturais e administracións públicas.
    2. Educación Social e desenvolvemento cultural: modelos de políticas culturais.
    3. Declaracións, principios e estratexias de acción en cultura.
    4. A acción cultural das iniciativas e movementos sociais.
    5. Investigación, formación e profesionalización pedagóxico-social nos espazos e tempos culturais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Coelho, Teixeira (2009): Diccionario crítico de política cultural : cultura e imaginario. Barcelona : Gedisa.

    Fernández Prado, Emiliano (1991): La Política cultural : qué es y para qué sirve. Gijón : Trea.

    Freire, Paulo (2003): Pedagogía del oprimido. Buenos Aires : Siglo XXI.

    Gondar Portasany, Marcial y Méndez Pérez, Lourdes (Coords.) (2005): Política cultural : iniciativas de las administraciones, respuestas de los administrados. Sevilla : Fundación el Monte.

    Heras i Trias, Pilar (Cord.) (2008): La acción política desde la comunidad. Barcelona: Graó.

    Pose, Héctor M. (2006): La Cultura en las ciudades : un quehacer cívico-social. Barcelona : Graó.

    Competencias
    - Ter capacidade para analizar as realidades educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o traballo profesional das educadoras e educadores sociais.

    - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e sínteses respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan as educadoras e educadores sociais.

    - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade que dean resposta a necesidades e demandas sociais.
    Metodoloxía da ensinanza
    Actividades presenciais

    Clases expositivas: explicación de temas.
    Prácticas de seminario: comentarios de textos, análise de experiencias.
    Titorías de traballo de curso
    Avaliación



    Traballo persoal da/do estudante

    Letura e estudo persoal
    Busca e análise de experiencias.
    Elaboración e presentación de informes sobre contidos da materia.
    Sistema de evaluación
    - Asistencia e participación activa nas sesións de aula 20%
    - Traballos de curso: análise de experiencias, informes de visitas, etc. 30%
    - Exame final 50%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Letura e estudo persoal......................................................................55
    Busca e análise de experiencias......................................................... 30
    Elaboración e presentación de informes sobre contidos da materia......... 15