G3091421 - Inserción Laboral e Formación Continua dos Profesionais da Educación Social (Pedagoxía Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon esta materia, preténdese contribuír a que os estudantes adquiran os coñecementos e competencias que identifican e definen os contextos profesionais e laborais propios do seu proceso de inserción no conxunto das diferentes profesións e ocupacións.
Neste senso, máis alá dos diferentes ámbitos e contextos nos que a Educación Social proxéctase como profesión, os diferentes contidos a impartir deben favorecer un coñecemento e análise dos seus procesos de formación continua, itinerarios e proxectos de inserción, técnicas e recursos de orientación laboral, así coma o alcance ético e deontolóxico do seu quefacer profesional.
Disto, derívanse os obxectivos principais da materia, concretados do seguinte xeito:
- Adquirir unha visión teórico-práctica da relación entre mercado laboral, formación e orientación.
- Coñecer o subsistema de Formación Profesional Continua, as diferentes modalidades e iniciativa formativas existentes de cara a favorecer o desenvolvemento profesional dos/as Educadores/as Sociais.
- Identificar, coñecer e analizar os diferentes contornos sociais e laborais.
- Reflexionar sobre o perfil profesional do/a Educador/a Social e coñecer os principais ámbitos de inserción.
- Adquirir estratexias para o deseño e desenvolvemento de proxectos e itinerarios de inserción sociolaboral para os/as Educadores/as Sociais.
- Coñecer e analizar técnicas e instrumentos para a inserción laboral, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para os/as profesionais da Educación Social.
- Empregar os distintos recursos formativos e de orientación existentes para favorecer unha adecuada transición ao mundo laboral dos/as Educadores/as Sociais.
- Axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
- Adquirir e desenrolar competencias socioprofesionais de cara a favorecer o desenvolvemento da súa profesión en distintas realidades e contextos.
ContidosEstrutúranse en torno aos seguintes bloques temáticos:
BLOQUE 1. ESCENARIOS DE TRABALLO DO/A PROFESIONAL DA EDUCACIÓN SOCIAL: Itinerarios de Inserción.
- Sector Público.
- Sector Privado: Conta propia (autoemprego)/ Conta allea.
BLOQUE 2. FORMACIÓN CONTINUA E DESEMPEÑO LABORAL DOS/AS EDUCADORES/AS SOCIAIS.
- Sistema de formación para o emprego.
- Formación ao longo da vida.
- Formación de demanda.
- Formación de oferta.
- Formación en alternancia co emprego.
- Centros e entidades de formación: administracións públicas, organizacións empresariais e sindicais, empresas, centros integrados de formación.
BLOQUE 3. O PROCESO DE BUSCA DE EMPREGO.
- Intereses profesionais.
- Busca de emprego na empresa pública e privada.
- Planificación do proceso de busca de emprego.
- Estratexias e recursos para a inserción laboral.
BLOQUE 4. SINDICACIÓN E DEREITO LABORAL.
- Sindicatos: funcións e dereitos.
- O Colexio Profesional de Educadores/as Sociais.
- Dereito Laboral: principais aspectos.
BLOQUE 5. ELABORACIÓN DE PROXECTOS DE INSERCIÓN PROFESIONAL
- Definición.
- Elementos.
- Deseño e planificación.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ALFARO, I. (2004). Diagnóstico, transiciones y Orientación Profesional. En L. Sobrado (2004). Evaluación y Orientación de Competencias y Cualificaciones Profesionales. Barcelona: Editorial Estel.
ALONSO BLANCO, A.J.; MARIÑO LEIRO, R.; PÉREZ TORRES, J.A.; e RÍOS PAREDES, X.L. (2004). Formación y Orientación Laboral. Madrid: Algaida Editores
AÑAÑOS, F. (Coord.) (2006). Educación Social: formación, realidad y retos. Granada: Grupo Editorial Universitario.
COLEGIO DE EDUCADORES Y EDUCADORAS SOCIALES DE GALICIA (2008). Documentos profesionalizadores. Santiago de Compostela: CEESG.
CUADERNOS DE PEDAGOGÍA (2003). Tema do mes “Otros ámbitos educativos: la Educación Social” [monográfico coordinado por J. A. CARIDE], nº 321, pp. 47-76.
ECHEVERRÍA, B. (Coord.) (2008). Orientación Profesional: Barcelona UOC.
IFES (1994). La Formación Continua de los jóvenes trabajadores. Madrid: IFES.
MAIZTEGUI, C. e SANTIBÁÑEZ, R. (Coords.) (2002). El futuro del educador: perfiles profesionales y adaptación de los pedagogos y educadores sociales a una sociedad en cambio. Bilbao: Universidad de Deusto.
PÉREZ, E. e outros (2005). Orientación, información y educación para la elección de la carrera. Buenos Aires: Paidós.
RIERA, J. (1998). Concepto, formación y profesionalización de: el educador social, el trabajador social y el pedagogo social. Un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Valencia: Nau Llibres.
ROMANS, M; PETRUS, A. e TRILLA, J. (2000). De profesión educador(a) social. Barcelona: Paidós.
SÁEZ, J. e GARCÍA MOLINA, J. (2006). Pedagogía Social: Pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial.
SALVA, F., PONS, C. e MORELL, A. (2000). Proyectos de inserción sociolaboral y economía social. Madrid: Ed. Popular.
SOBRADO, L. e CEINOS, C. (2011). Tecnologías de la Información y de la Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Madrid: Biblioteca Nueva.
SOBRADO, L. e CORTÉS, A. (Coord.) (2009). Orientación Profesional. Madrid: Biblioteca Nueva.
VALLÉS, J. (2009). Manual del Educador Social. Intervención en Servicios Sociales. Madrid: Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ALBERECICI, A. e SERRERI, P. (2005). Competencias y Formación en la Edad Adulta. El balance de competencias. Barcelona: Laertes educación.
ÁLVAREZ HERNÁNDEZ, J. (2001). Orientación Profesional. Tránsito a la vida activa. Granada: Grupo Editorial Universitario.
BASTIDA, A. (Ed.) (2001). La inserción sociolaboral: reflexiones sobre la práctica. Madrid: Ed. Popular.
CARIDE, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa.
GARCIA FRAILE, J.A. e SABAN VERA, C. (Coord.) (2008). Un Nuevo Modelo de Formación para el Siglo XXI: la Enseñanza basada en Competencias. Barcelona: Davinci.
JATO, E. e IGLESIAS, L. (Coord.) (2003). Xénero e educación social. Santiago de Compostela: Laiovento.
NÚÑEZ, V. (Coord.) (2002). Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Barcelona: Gedisa.
ORTEGA, J. (Coord.) (1999). Educación Social Especializada. Barcelona: Ariel.
PÉREZ SERRANO, G. (2003). Pedagogía Social-Educación Social: construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea.
PETRUS, A. (Coord.) (1997). Pedagogía Social. Barcelona: Ariel.
PLANELLA, J. e VILAR, J. (Coords.) (2006). La Pedagogía Social en la sociedad de la información. Barcelona: Editorial UOC.
RODRIGUEZ MORENO, Mª L. (2006). Evaluación, Balance y Formación de Competencias Laborales Transversales. Barcelona: Laertes educación.
SÁEZ, J. (2003). La profesionalización de los educadores sociales: en busca de la competencia educativa cualificadora. Madrid: Dykinson.
SÁEZ, J. (Coord.) (2007). Pedagogía Social. Madrid: Pearson Prentice Hall.
SÁNCHEZ GARCÍA, Mª.F. (2004). Orientación laboral para la diversidad y el cambio. Madrid: Sanz y Torres.
CompetenciasA) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- 6G. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, co pleno respeto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
- 4T. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
- 5T. Manter unha permanente actitude de formación e actualización no que atinxe ao seu desenvolvemento profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
- 1.6.E. Identificar académica e profesionalmente aos/ás educadores/as sociais como profesionais da educación, con función e tarefas diferenciadas en relación con outros profesionais da educación e da acción-intervención social.
- 2.6.E. Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
B) Competencias específicas da materia:
- Coñecer proxectos e recursos socioeducativos e laborais para os/as Educadores/as Sociais.
- Construír itinerarios de inserción laboral dos/as profesionais da Educación Social.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe desta materia oriéntase a que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión crítica dos contidos, das fontes documentais e do alcance dos procesos formativos e de inserción laboral e desenvolvemento profesional dos/as educadores sociais. Dita cuestión xustifica a combinación dunha metodoloxía teórica e práctica, na que se inclúen clases expositivas para presentar e expoñer os contidos da materia, así como actividades prácticas de carácter individual e colectivo.
As clases expositivas serán dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas cales presentaranse e serán expostos os contidos da mesma. En ditas sesións serán presentadas tamén as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do/a alumno/a.
Nas sesións interactivas da materia, levaranse a cabo diferentes actividades individuais e/ou grupais (4/5 persoas) con carácter práctico e aplicado, destacando, entre outras, as seguintes: lectura e análise de documentos e de experiencias; redacción e presentación de traballos; elaboración de informes; presentación, estudo e debate de diferentes experiencias de inserción laboral por parte de profesionais de diversos ámbitos da Educación Social; programas e proxectos de orientación; así como emprego de técnicas e recursos de Orientación para a inserción.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente dedicado a tal fin polo profesorado da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso.
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada dende cada unha das materias participantes.
Sistema de evaluaciónTomando como referente os obxectivos e as competencias do programa, todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de xeito que o sistema de avaliación teña un carácter procesual, formativo, continuo e integral. Nesta perspectiva, para a avaliación final, prevense os seguintes elementos:
1.Realización dunha proba escrita final sobre os contidos desenvoltos nas sesión de clase, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da calificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2.5 puntos para ter en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.Elaboración de traballos prácticos:
2.1.Deseño dun proxecto de inserción en pequenos grupos (4/5 persoas). Representará o 20% da calificación global. A realización deste traballo requirirá un seguimento do mesmo por parte do profesorado que imparte a materia.
2.2.Actividades prácticas de aula, as cales terán unha formulación diversificada (análise de documentos, experiencias e itinerarios, elaboración de informes,…), segundo a dinámica de clase que as propicie ou a temática que aborden. Representan o 30% da calificación global.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizado e entregado en prazo a totalidade de actividades de avaliación especificadas anteriormente. Aquelas entregadas fóra dos prazos establecidos, non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programe de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais (50 horas):
- Clases Expositivas: 20 horas.
- Clases Interactivas: 20 horas.
- Titoría e Avaliación: 10 horas.
Traballo persoal do estudante (100 horas):
- Estudo: 40 horas.
- Realización de traballos prácticos: 44 horas.
- Titorías e Avaliación: 16 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- En función dos obxectivos e contidos da materia, é aconsellable un traballo continuado na mesma, procurando, desde o seu inicio, unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación.
- En relación coas actividades prácticas ou traballos a desenvolverse de xeito individual e/ou grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen para a entrega das diferentes actividades.
- É recomendable, a un tempo, a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados en clase, así como facer uso das titorías o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do alumnado.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE:
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesión de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).. Nesta, expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre estes o referido a facilitar unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
No que atinxe aos traballos persoais e/ou grupais que se leven a cabo no desenvolvemento desta materia, deben considerarse as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
- Imprimir a dúas caras en calidade de “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separador de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.