Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091422 - Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Educación Social (Pedagoxía Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Situar aos estudantes nos fundamentos teórico-prácticos do proceder metodolóxico en Educación Social, aproveitando as súas potencialidades para a súa participación activa en procesos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, en distintos contextos e campos temáticos.

    - Coñecer e estar en condicións de facer uso dos fundamentos nos que se sustentan as Estratexias Internacionais, Nacionais e Autonómicas da Ciencia e a Tecnoloxía, así como dos recursos e procesos que unhas e outras habilitan para a promoción de iniciativas e programas de investigación en Educación Social, sexa no plano individual ou colectivo, a través do Doutoramento, Grupos e Redes de Investigación, etc.


    - Ter capacidade para usar fontes docuentais, recuros metodolóxicos, que posibiliten analizar, interpretar e avaliar informes de investigación, así como estimular a creación, difusión e aplicabilidade do coñecemento na Investigación en Educación Social, en converxencia cos aportes realizados por outros ámbitos das Ciencias da Educación e das Ciencias Sociais.

    - Incrementar a identificación das competencias socio-profesionais dos graduados en Educación Social co dominio dos fundamentos científicos da súa práctica, posibilitando que a través dos procesos de I+D+i poidan dar unha resposta mais cualificada ás necesidades e demandas sociais emerxentes.

    Contidos
    A materia estructúrase en torno a cinco bloques temáticos:

    1. Investigación, desenvolvemento, e innovación. A Educación Social na sociedade da información e do coñecemento: a súa contribución aos procesos de desenvolvemento e benestar social no escenario das políticas científicas de I+D+i.

    2. Cultura científica e fomento do avance do coñecemento en Educación Social: realidades e perspectivas de futuro. A estadística e os programas informáticos o servicio da investigación en Educación Social.

    3. As políticas de I+D+i e a Educación social en Galicia, España e a Unión Europea.

    -Fundamentos conceptuais e epistemolóxicos no marco das Ciencias da Educación e Sociais.

    -Iniciativas e liñas de acción no marco da creación do coñecemento, a súa transferencia e aplicabilidade a procesos de innovación.

    -A cooperación público-privada nas actividades de I+D+i en Educación Social.

    -Seguimento e avaliación de actividades de I+D+i.

    4. Outras estratexias, procedementos e recursos de investigación: estudio de casos, investigación acción, e etnografía...

    5. Enfoques emerxentes na investigación en Educación Social: análise das liñas de actuación e resultados en diferentes contextos (Universidades, Administracións Públicas, Fundacións, Sociedades Científicas, etc.) e realidades.

    6. Os profesionais da Educación Social como axentes de cambio e innovación na sociedade global-local:

    - Os educadores sociais como prácticos reflexivos e innovadores.

    - O educador social como investigador.

    Bibliografía básica e complementaria
    Cajide Val, J. A. Poto y E. Martínezl. (2004). Metodologia en la investigación educativa actual. En L. Buendía, D. Gonzalez, T. Pozo (Eds.). Temas fundamentales en la investigación educativa. Madrid: La Muralla, pp. 1009-138

    Cajide Val, J. (Coord.) (2011). Innovación y transferencia: reflexiones desde la universidad y la empresa. Santiago de Compostela: Instituto de Ciencias de la Educación de la Universidad de Santiago de Compostela.

    Cajide Val, J. and García Antelo, B. (2008a). Knowledge Transfer between Universities and Business. Paper presented at European Conference on Educational Research (ECER), Gothenburg, Sweden 10-12 September.

    Cajide Val, J. and García Antelo, B. (2008b). Regional development and co-operation between university and business in Galicia (Spain). Paper presented at International Conference on Education, Research and Innovation (ICERI), Madrid 17-19 November.

    Cajide Val, J., García Antelo, B., Sánchez Amor, M.C. & González Gómez, I. (2010). The innovation in the university and in the enterprise in Galicia: human resources, financing and marketing. Paper presented at European Conference of Educational Research. Helsinki, Finland 25-27 August.

    Caride, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa.
    Gordo López, A. J. y Serrano Pascual A. Estrategias y prácticas cualitativas de investigación social. Madrid: Pearson
    Murga, M. A. (2009). Escenarios de Innovación e investigación educativa. Madrid: Universitas.

    Neira, D. (2006). Innovación distinto a globalización. Santiago: Tórculo.

    Núñez, V. (coord.) (2002). Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Barcelona: Gedisa.

    Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria (editada pola Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social). Web: http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/

    Pérez Serrano, G. (coord.) (2000). Modelos de Investigación Cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Madrid: Narcea.

    Pérez Serrano, G. (2003). Pedagogía Social-Educación Social: construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea.

    Planella, J. e Vilar, J. (coords.) (2006). La Pedagogía Social en la Sociedad de la Información. Barcelona: Editorial UOC.

    Revista de Educación (2005). Monográfico: “Educación Social”, nº 336, pp. 7-139. http://www.revistaeducacion.mec.es/re336.htm

    Sáez, J. (2007). Pedagogía Social y Educación Social: Historia, profesión y competencias. Madrid: Pearson-Prentice Hall.

    Sáez, J. e García, J. (2006). Pedagogía Social: pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial.

    Entre outras, as fontes electrónicas que poderán consultar os/as alumnos/as son:

    - Comisión Europea de Investigación: http://ec.europa.eu/research/index.cfm?lg=es

    - Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia: Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: http://www.conselleriaiei.org/ga/dxidi/index.php

    - Fundación Empresa-Universidade Galega–FEUGA: http://www.feuga.es/

    - Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología: http://www.fecyt.es/fecyt/home.do

    - Ministerio de Ciencia e Innovación: http://web.micinn.es/

    - Ministerio de Educación, Política Social y Deporte–MEPSYD: Centro de Investigación y Documentación Educativa–CIDE: http://www.mepsyd.es/cide/index.htm

    - Observatorio Español de la Innovación y del Conocimiento-Icono: http://icono.fecyt
    Competencias
    - Facer uso dos fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos do coñecemento científico en Educación Social, tratando de situar os seus aportes en procesos de I+D+i que tomen como referencia as Ciencias Sociais e da Educación.

    - Coñecer os principais elementos definitorios e estratéxicos das políticas científicas nos que se contextualiza a creación e difusión do coñecemento en Educación Social, poñendo en valor a súa transferencia e aplicabilidade na sociedade.

    - Ter capacidade para facer uso de fontes documentais, de recursos institucionais, metodolóxicos e procedimentais que posibiliten acceder, interpretar e valorar autónomamente informes de investigación, boas prácticas, procesos de innovación, etc. en Educación Social.

    - Desenvolver habilidades de comunicación interpersonal, así como de traballo colaborativo en contornos de coñecemento interdisciplinar, de carácter multiprofesional e interinstitucional.

    - Coñecer e facer uso das estratexias básicas de procedemento orientadas á obtención e procesamento de información, articulación da investigación con procesos de innovación e desenvolvemento, presentación de proxectos en procesos de concurrencia competitiva, etc.



    Metodoloxía da ensinanza
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    A metodoloxía de ensino-aprendizaxe oriéntase a que os e as estudantes poidan impricarse activamente na comprensión crítica dos contidos da materia, das súas principais fontes documentais e do alcance que teñen os procesos de I+D+i na Educación Social. Que sexa así xustifica o amplo e diversificado elenco de actividades individuais e colectivas (lectura de textos, sesións tipo forum, redacción e presentación de traballos, participación en debates e seminarios, elaboración de informes, etc.).

    As actividades a desenvolver na materia son de diferente tipoloxía. Por un lado, dentro das actividades de carácter presencial, podemos distinguir entre: sesións de clase preparatorias (presentación do programa e exposición xeral de contidos), clases expositivas (de explicación de temas por partes dos docentes), actividades prácticas a través de dinámica de grupos e seminarios monográficos e titorías de seguimento (directas e virtuais, individuais e de grupo).

    Por outro lado, están as actividades relacionadas co traballo persoal do estudante, onde este deberá desenvolver unha serie de tarefas, entre as que podemos indicar: a avaliación do programa en grupos, elaboración do portafolio, lecturas e estudio persoal, acceso a procesos básicos de I+D+i e aos recursos dos que fan uso, presentación de documentos audiovisuais, coñecemento de boas prácticas de I+D+i en Educación Social e avaliación, elaboración e presentación de ensaios e/ou informes relativos a distintos contidos da materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación contempla distintos procedementos e estratexias de valoración (cuantitativa e cualitativa) do traballo persoal e colectivo dos estudantes, de forma continua, formativa, cooperativa e integral.

    A avaliación desta materia contémplase como resultante da integración de diversas
    dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):

    - Realización, e presentación de traballos desenvoltos polo alumnado nas sesións interactivas (40%).

    - Exame final (preguntas cortas/prueba objetiva/ou análise dun estudio) na aula, que ten atribuido un 60% da cualificación final.

    Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.

    Nota:

    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo
    copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 48 (15 de teoría, 18 de prácticas e 15 de titoría).
    Horas non presenciais: 100.
    Horas de avaliación: 2 (exames).
    Total volume de traballo: 150.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia

    Coñecementos básicos sobre os fundamentos científicos das Ciencias Sociales e da Educación, así como das interaccións que se establecen entre o coñecemento, a investigación e a innovación en distintos contextos (locais, autonómicos, nacionais, internacionais, etc.). Tamén recoméndase o dominio (a nivel de usuario) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, elaboración de presentacións, etc.
    Observacións
    Observacións:

    -Sistema de avaliación da aprendizaxe
    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    -ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.