Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091423 - Educación nos Medios de Comunicación e Web Social (Tecnoloxía Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ MORANTE, M. DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Comprender o impacto social dos Medios de Comunicación e da Web social no contexto social e educativo
    2.- Desenvolver unha actitude reflexiva e crítica ante os medios de comunicación e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación
    3.- Coñecer a linguaxe dos Medios de Comunicación e dos servizos e recursos Web 2.0
    4.- Deseñar e utilizar materiais digitales en rede.
    5.- Crear e dinamizar redes e comunidades educativas virtuales.
    6.- Deseñar e gestionar estratexias de colaboración e participación na Web social
    Contidos
    BLOQUE I: Linguaxe e impacto social dos medios de comunicación. Convergencia dos medios na web: presenza dos medios de comunicación con formatos mais dinámicos e participativos.

    BLOQUE II: A web como plataforma social para a participación, colaboración e construción colectiva do coñecemento. Ferramentas e servizos web 2.0: uso e aplicacións educativas.

    BLOQUE III: Deseño de escenarios educativos na web social. Metodologías para a colaboración e a formación en rede. Creación e dinamización de redes e comunidades virtuales. Educadores en rede. Software libre e aprendizaxe aberta.
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    Ambrós Pallares, A. (2011). 10 ideas clave: Educar en medios de comunicación: la educación mediática. Barcelona: Graó
    Castaño Garrido, C. (2008). Prácticas educativas en entornos Web 2.0. Madrid: Síntesis.
    Cobo, C., Pardo Kuklinski, H. (2007). Planeta Web 2.0. Inteligencia colectiva o medios fast food. Barcelona/México DF: Grup de Recerca d'Interaccions Digitals/Universitat de Vic. Flacso México. E-book de acceso gratuito Recuperado (25-5-2013) http://www.planetaweb2.net/
    Salinas, J., Pérez, A. y De Benito, B. (2008). Metodologías centradas en el alumno para el aprendizaje en red. Madrid: Síntesis.
    Complementaria
    Aviram, A. et al (2008). Aprendizaje personalizado autorregulado: desarrollo del modelo pedagógico iClass. elearning Papers, 9. Recuperado (25-5-2013) de http://www.elearningeuropa.info/files/media/media15974.pdf
    Bartolomé, A. (2008). Web 2.0 and new learning paradigms. elearning Papers, 8. Recuperado (25-5-2013) de http://www.elearningeuropa.info/files/media/media15529.pdf
    Castañeda, L. (2007). Software Social para la escuela 2.0: más allá de los Bogs y las Wikis. En Inclusión Digital en la educación superior: desafíos y oportunidades en la sociedad de la información, X Congreso Internacional EDUTEC 2007. Buenos Aires: Universidad Tecnológica Nacional. Recuperado (25-5-2013) de http://www.utn.edu.ar/aprobedutec07/docs/126.pdf
    Cebreiro, B. (2008). Plataformas y recursos para educar en comunidad. En Salinas, J. (Coord.), Innovación educativa y uso de las TIC (pp. 53-65). Sevilla: Universidad Internacional de Andalucía.
    Cobo, C., Moravec, J.W. (2011). Aprendizaje invisible. Hacia una nueva ecología de la educación. Barcelona: Co lecció Transmedia XXI. Laboratori de Mitjans Interactius/Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona. E-book de acceso gratuito Recuperado (25-5-2013),de http://www.publicacions.ub.edu/ficha.aspx?cod=07458
    Downes, S. (2005). elearning 2.0. Recuperado (25-5-2013) de http://www.elearnmag.org/subpage.cfm?section=articles&article=29-1
    Fernández Morante, M.C. (2009). Diseño de escenarios educativos en la Web Social. Creación y dinamización de redes y comunidades Virtuales. En Sevillano García, M.L. y Bartolomé Crespo, D. (Dirs.), Competencias para el dominio de las tecnologías y medios de comunicación en ámbitos formativos (pp. 134-143). Madrid: UNED.
    Fumero, A. y Roca, G. (2007). Web 2.0. Madrid. Fundación Orange.
    García Aretio, L. (2007). ¿Web 2.0 vs Web 1.0?. Editorial BENED. Recuperado (25-5-2013) de http://ddd.uab.cat/pub/dim/16993748n10a4.pdf
    Mas, O. et al. (2006). Las comunidades virtuales de aprendizaje. Nuevas fórmulas, viejos retos en los procesos educativos. En Méndez-Vilas, A. et al. (Dirs.), Current Developments in Technology-Assisted Education (pp. 1462-1466). Badajoz: FORMATEX.
    O’Reilly, T. (2005). What is Web 2.0? Design Patterns and Business Models for the Next Generation of Software. Recuperado (25-5-2013) de http://oreilly.com/pub/a/oreilly/tim/news/2005/09/30/what-is-web-20.html
    Sáez Vacas, F. (2004). Más allá de Internet: la Red Universal Digital. Madrid: Ramón Areces.
    Salinas, J. (2013). Enseñanza Flexible y Aprendizaje Abierto, Fundamentos clave de los PLEs. En Castañeda. L. y Adell, J. (Eds.), Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el ecosistema educativo en red (pp. 53-70). Alcoy: Marfil. Recuperado (25-5-2013) de http://digitum.um.es/xmlui/bitstream/10201/30410/1/capitulo3.pdf

    Competencias
    Competencias específicas da asignatura:
    1. Capacidade de análise do impacto social dos Medios de Comunicación e da web social
    2. Coñecemento da linguaxe dos Medios de Comunicación e dos servizos e recursos Web 2.0
    3. Creación e dinamización de redes e comunidades educativas virtuales.
    4. Deseño e xestión de estratexias de colaboración e participación na web social
    5. Deseño e xestión de materiais digitales en rede.

    Competencias específicas da titulación ás que contribúe a asignatura
    - Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
    - Proxectar a súa formación teórica e metodológica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
    - Deseñar, desenvolver e evaluar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
    - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
    - Elaborar, gestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía está deseñada con dous niveis ben diferenciados, pero interrelacionados estreitamente:

    1. SESIÓNS EXPOSITIVAS: Que se desenvolverán na aula co gran grupo e estarán orientadas á presentación, explicación de temas e a análise da documentación básica incluída no dossier materia. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
    - Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos.
    - Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados pola profesora e entregados progresivamente que son de obligada lectura. Serven de complemento e profundización aos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema.
    - resolución de casos, análises de experiencias e exemplos de boas prácticas a través de material audiovisual, en rede e multimedia

    2. SESIÓNS INTERACTIVAS (PRÁCTICAS DE LABORATORIO): Que se desenvolverán en laboratorios especializados (Aula de investigación en Tecnoloxía Educativa nº 8, Aula de medios Informáticos nº 16) e estarán orientadas á execución de actividades prácticas con medios especializados: análise de medios de comunicación, aplicación de servizos e ferramentas web 2.0, deseño/dinamización comunidades educativas virtuais, creación de materiais e escenarios educativos dixitais. Nestas sesións requírese a participación de forma continuada.

    Utilizarase un entorno formativo en rede (Campus virtual) no cal atópanse los materiais de traballo das prácticas, materiais dixitáis complementarios e as produccións dos alumnos. Para iso, é necesario que todos os alumnos teñan o seu activo o seu correo electrónico da USC (imprescindible ao comezo da materia).

    A actividade práctica da materia materializaranse na realización de actividades nas sesións de laboratorio das cales dúas prácticas terán carácter obrigatorio na evaluación:

    PRÁCTICA OBRIGATORIA 1: Dedicada ás Redes e Comunidades Virtuais (realizarase na primeira parte do semestre)

    PRÁCTICA OBRIGATORIA 2: Dedicada aos materiais dixitais en rede: Software libre e Software Social. (realizarase na segunda parte do semestre)

    A planificación do curso tamén implicará algunha práctica de campo conjunta entre ás diferentes materias e profesorado (visita a centros especializados ou experiencias de interese)

    A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia as sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia teórica (expositiva). Nesta materia non hai exención de docencia nas sesións interactivas. A comisión de docencia do centro establecerá para estes casos os protocolos necesarios para realizar un Plan tutorial. A efectos de avaliación nestes casos faise constar que o sistema de avaliación na materia será o mesmo para alumnado con exención de docencia e alumnado asistente. O alumnado con exención de docencia debe presentarse á profesora o inicio da materia e coordinar con ela o plan de traballo e seguimento.

    Sistema de evaluación
    Realizarase unha avaliación continua do proceso de aprendizaxe que combinará tres tipos de compoñentes, cada un cun peso específico na cualificación global da materia: Asistencia/participación (10%), calidade das producións derivadas das prácticas obrigatorias (40%) e proba final (50%).

    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas (Informes de prácticas obrigatorias e exame final), así como superar cada unha delas.

    Compoñentes de avaliación:
    - Asistencia/participación (1 punto)
    - Practicas obrigatorias da materia (4 puntos)
    - Proba final (5 puntos)

    Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na convocatoria correspondente.

    A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A aprendizaxe na materia apóiase en diferentes tipos de actividades formativas presenciais que requiren unha dedicación por parte dos alumnos fóra da aula:

    As sesións expositivas requiren horas de estudo persoal do alumno. A unión teoría e práctica nas sesións de clase esixe un esforzo de revisión e traballo sobre os materiais da sesión expositiva que se realiza o primeiro día da semana para realizar a tarefa e as actividades das prácticas de laboratorio que se realizan posteriormente na sesión interactiva.

    As sesións interactivas están orientadas á adquisición de habilidades prácticas que requiren un entrenamento posterior para incorporalas o saber facer de cada alumno/a. Todas as actividades prácticas preparan ó alumnado para a realización exitosa das dúas prácticas obligatorias da materia. O remate de cada sesión práctica o alumnado deberá consolidar mediante o entrenamento e repaso das ferramentas, procedementos e habilidades adquiridas.

    TITORÍAS INDIVIDUAIS E/OU DE GRUPO: se desenvolverán no despacho da profesora e en seminarios do centro e aulas especializadas (nos casos nos que fose necesario). As tutorías estarán orientadas á formulación-resolución de dúbidas, resolución de problemas e revisión de tarefas e reelaboración de informes de prácticas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Recoméndase previo a realización da asignatura haber cursado as asignaturas: Documentación e Información Educativa, Tecnoloxía Educativa e Contextos ámbitos e axentes da acción socioeducativa.
    - Será necesario que o alumno/a adquira previamente competencias digitales básicas a nivel de usuario dos medios informáticos e telemáticos (elaboración de textos e presentacións digitales, edición básica formatos digitales -texto, imaxe, audio, video-, navegación e comunicación en Internet, seguridade na rede).
    - Constancia no traballo ao longo do cuatrimestre. A materia requiere gran dedicación, pero se esta dedicación é continuada o alumno chegará ao final do cuatrimestre coa preparación necesaria para superar a materia.
    - Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao alumno a orientación no seu estudo por parte da profesora e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo. Nas sesións de todo o grupo suscítanse os aspectos a traballar nas prácticas de laboratorio.
    - Seguimiento e dedicación en todas as prácticas de laboratorio e nas prácticas obligatorias xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.
    - Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante coa profesora)
    - Uso adecuado das tutorías ao longo do cuatrimestre (revisión e seguimiento de prácticas, apoio ao estudo individual)
    Observacións
    Lecturas obligatorias:
    - Salinas, J.; Pérez, A. y De Benito, B. (2008): Metodologías centradas en el alumno para el aprendizaje en red. Madrid. Síntesis.
    - Cobo, C., Pardo Kuklinski, H. (2007). Planeta Web 2.0. Inteligencia colectiva o medios fast food. Barcelona/México DF: Grup de Recerca d'Interaccions Digitals/Universitat de Vic. Flacso México. E-book de acceso gratuito Recuperado (25-5-2013), http://www.planetaweb2.net/)

    Revistas especializadas e abertas on line
    http://acdc.sav.us.es/pixelbit/
    http://edutec.rediris.es/Revelec2/Revelec43/