Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091424 - Prácticum de Educación Social II (Prácticum) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 18.00
  • Total: 18.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 159.00
  • Total: 159.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Psicoloxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ NUÑEZ, QUINTIN.NON
GARCIA ANTELO, BEATRIZ.NON
GODAS OTERO, AGUSTIN.NON
Martinez Piñeiro, Maria Esther.SI
POMAR TOJO, CARMEN MARIA.NON
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA.NON
Tinajero Vacas, Carolina.NON
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Ampliar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas na Facultade a través das materias do Plan de Estudos, coa finalidade de que os estudantes teñan mellores e máis axustados niveis de cualificación teórica, técnica e profesional.
    2) Coñecer a realidade social e institucional que configura a profesión da Educación Social, no que se refire ás persoas, servizos, programas, ámbitos de intervención, etc., favorecendo a participación directa dos estudantes.
    3) Aplicar técnicas de observación e de análise que permita coñecer a situación contextual, as dinámicas de traballo institucional e os problemas de carácter especificamente educativo.
    4) Expresar e analizar dende unha perspectiva educativa as necesidades e demandas socioeducativas nos contextos nos cales os estudantes desenvolverán as súas experiencias prácticas.
    5) Deseñar propostas de intervención, programas, proxectos e actividades, axustadas ás necesidades e demandas educativas da institución e da poboación destinataria.
    6) Elaborar e redactar informes, memorias e outros documentos pertinentes ao labor educativo e social nos contextos de intervención, utilizando a linguaxe e os conceptos propios do grao en Educación Social.

    Contidos
    • Implementación de propostas de intervención.
    • Avaliación sobre procesos, accións e resultados conseguidos.
    • Seguimento e valoración da proposta de intervención
    • Actitude para adaptarse aos cambios e ás novas situacións profesionais.
    • Elaboración e redacción de diarios, informes e memorias técnicas
    • Xestión e coordinación de proxectos e programas de acordo con diferentes contextos profesionais.
    • Construción da identidade profesional
    • Reelaboración das funcións e tarefas a realizar na práctica profesional baseándose na experiencia.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Feliz, T. (2010). Diseño de programas de educación social. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.

    Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.

    Morales, S. (Dir.). (2013). El practicum como experiencia de aprendizaje en la educación social. Madrid: Universitas.

    Románs, M.; Petrus, A.; e Trilla, J. (2000). De profesión, educador(a) social. Barcelona: Paidós.

    Santibáñez, R. e Montero, D. (Coords.) (1998). Practicum de Educación. Materiales de trabajo. Cuadernos monográficos del ICE. Nº 8. Bilbao: Universidad de Deusto.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    O s docentes encargados de supervisar as prác ticas entregarán unha lista bibliográfica especIfica e apropiada a cada un dos ámbitos nos cales os estudantes desenvolven as súas prác ticas .
    Competencias
    a) competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    4G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan
    3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
    1.6E Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e a acción-intervención social.
    2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
    2.3E Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten una intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
    2.4E Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que leve a cabo.

    b) competencias específicas da materia

    1. Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos e laborais.
    2. Coñecer e aplicar técnicas de avaliación de accións socioeducativas.
    3. Desenvolver unha actitude favorable para adaptarse aos cambios derivados de situación profesionais.
    4. Elaborar y redactar diarios y memorias técnicas.
    5. Construír a identidade e rol profesional do Educador/a Social.
    Metodoloxía da ensinanza
    No desenvolvemento do practicum seguiranse un conxunto de etapas e de actividades que contribuirán á consecución dos oxbectivos previstos:

    Fase preparatoria: presentación do practicum e das institucións colabradoras. Titoría previa. Coñecemento previo da institución e do ámbito de intervención a través de lecturas e busca documental.

    Fase de acollida na institución e elaboración do plan de practicum

    Estadía na institución. Elaboración por parte do/a estudante dun diario, centrado non só na descrición senón e, fundamentalmente, na reflexión sobre a practica como futuro profesional.
    As datas aprobadas na Comisión Permanante de realización da estadía na institución son: do 8 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2014.

    Seguimento por parte do supervisor/a, fundamentalmente a través de titorías grupais e individuais, presenciais e virtuais.


    As actividades programadas contribúen á construción da identidade do rol profesional da educadora e do educador social, e ao coñecemento real das oportunidades laborais da titulación.

    Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio no desenvolvemento da materia, tanto como medio para a comunicación individual e grupal co alumnado, como repositorio de diversos documenos e para ofrecer información ao alumnado e o profesorado da materia
    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua ao longo do curso.

    Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:

    1- Participación nas sesións expositivas (presentación da materia, etc), titorias e, se é o caso, nas sesións de seminario que se organicen polo conxunto do profesorado da materia, e seguimento ao longo do desenvolvemento do practicum por parte do/a profesor/a supervisor/a, fundamentalmente a través das titorías e do contacto coa institución.

    2- Valoración dos titores e titoras institucionais sobre o alumnado.

    3. Calidade da memoria final.

    é requisito imprescindible para superar a materia o cumprimento dos prazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Practicum II (asistencia ás sesións expositivas ou de seminario fixadas, asistencia ás titorias obrigatorias, desenvolvemento do periodo na institución nas datas oficias probadas, ou en todo caso nas datas fixadas pola coordinadora, entrega da memoria na data fixada). as datas aprobadas pola Comisión permanente para a realización da estadía da institución son: do 8 de xaneiro -24 de febreiro de 2014.

    Para superar a materia será imprescindible acadar o 50% da puntuación máxima de cada un dos apartados. A información detallada do peso de cada elemento recollerase na Guía da materia.

    XULLO
    O alumnado que tendo asistido ás sesións expositvas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio ou esta non se avalíe positivamente, poderá entregar a memoria na data que se fixe para a oportunidade de xullo.

    O alumnado que non acade unha valoración positiva nos apartados 1 e 2, do sistema de avaliación non poderá superar a materia neste curso académico. (o periodo na institución non é recuperable dentro do mesmo curso académico).

    EXENTOS/AS

    Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia

    Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada


    PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais

    sesións expositivas: 5hs
    Prácticas de seminario: diario, memoria: 15 hs.
    Tutorías de traballo de curso: 20 hs.
    Avaliación: 10 hs.

    Traballo persoal do estudante

    Estudo: lecturas, documentación: 30 hs.
    Prácticas na institución: 180 hs.
    Practicas laboratorio: 10 hs
    Elaboración diario, seguimento: 30
    3 tutorías obrigatorias: 10 hs
    Memoria, autoevaluación, valoración practicum: 40 hs

    Total de horas presenciais: 50

    Total de horas de traballo persoal: 300

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para que o alumnado poida superar esta materia é requisito ter superado Practicum I e ademais ter aprobados un mínimo de 120 créditos de carácter básico e obrigatorio.