G3091425 - Traballo de Fin de Grao (Curso Ponte Grao en Educación Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 88.50
- Horas de Titorías: 295.00
- Total: 383.5
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Psicoloxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| ALVAREZ NUÑEZ, QUINTIN. | NON |
| CAJIDE VAL, JOSE. | NON |
| FACAL MAYO, DAVID. | NON |
| FERNANDEZ MORANTE, M. DEL CARMEN. | NON |
| GARCIA ANTELO, BEATRIZ. | NON |
| GODAS OTERO, AGUSTIN. | NON |
| Juncos Rabadán, Onésimo. | NON |
| LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR. | SI |
| Martinez Piñeiro, Maria Esther. | NON |
| OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER. | NON |
| POMAR TOJO, CARMEN MARIA. | NON |
| RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO. | NON |
| VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | NON | NON |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO Traballo Fin de Grao ten como obxectivo a acreditación por parte do alumno dos coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudios de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nalgúns dos ámbitos de intervención do Educador social que se detallan máis abaixo.
A través do desenvolvemento do TFG o/a alumno/a logrará:
1. Integrar os coñecementos teórico -práctico adquiridos ao longo da carreira.
2. Demostrar competencias para planificar, avaliar e innovar a práctica profesional.
3. Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal que inclúe como mínimo:
a) Delimitación do tema
b) Formulación de obxectivos;
c) Selección, análise e tratamento de información;
d) Elaboración de conclusións e propostas de traballo
ContidosOs traballos Fin de Grao consistirán na elaboración, por parte do/a alumno/a, dun traballo no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudios de Educación Social.
O traballo ten un carácter individual e versará -en calqueira das tres modalidades que se establecen-, sobre contidos relacionados coas funcións profesionais nalgún dos seguintes ámbitos da Educación Social:
- Educación en contextos familiares e en procesos de desenvolvemento comunitario.
- Educación para a mediación, a inclusión social e a diversidade.
- Educación do lecer, a animación e a xestión sociocultural.
- Acción socioeducativa en infancia e mocidade.
- Acción socioeducativa con persoas adultas e maiores.
- Educación para a cidadanía e a cultura da sostenibilidade.
Ofrécense tres modalidades de traballo:
a/ Traballo de investigación documental
O/a estudante realiza unha investigación que adopta como base a busca documental sobre unha temática específica, analizando con estas fontes o estado da cuestión dun problema ou realidade socioeducativa presentando un informe claro e coherente no que se achegue unha interpretación fundamentada e unha análise reflexiva sobre o obxecto de estudo.
b/ Traballo de investigación de campo
O/a estudante deseña e leva a cabo unha investigación na que, tomando como base a revisión da literatura básica sobre o tema ou realidade socioeducativa obxecto de análise, desenvolve un estudo de campo que complementa a perspectiva teórica cos datos empíricos, dando conta no traballo dos elementos habituais nos informes de investigación.
c/ Deseño dun proxecto de intervención socioeducativa
O/a estudante realiza a planificación dunha intervención no ámbito socioeducativo, na que se integran aspectos das diversas áreas de coñecemento.
Bibliografía básica e complementariaBoeglin Naumović, M. Leer y redactar en la universidad : del caos de las ideas al texto estructurado. Alcalá de Guadaira (Sevilla) : MAD, 2007
Castello, M. (Coord.). Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos : conocimientos y estrategias Barcelona : Graó, 2007
Creme, P. : Escribir en la universidad . Barcelona: Gedisa, 2000.
Gala Merino, S.: “Elaboración de proyectos de intervención en ámbitos sociales: la fase diagnóstica”, en Alberte Castiñeiras, J.R. (Coord.): Atención a la diversidad en los albores del siglo XXI : propuestas. Santiago de Compostela : Tórculo, 2006.
León, O.G.: Cómo redactar textos científicos en psicología y educación : (consejos para escritores noveles de tesis doctorales, tesis de máster y artículos de investigación) A Coruña : Netbiblo, 2005.
Lirio Castro, J. (Coord.): La Metodología en educación social : recorrido por diferentes ámbitos profesionales. Madrid : Dykinson, 2005.
Pérez Serrano, G.: Elaboración de proyectos sociales : casos prácticos. Madrid : Narcea, 2005.
Vicente Burgoa, L.: Los caminos del trabajo intelectual: una guía para jóvenes trabajadores intelectuales. Oleiros (La Coruña) : Netbiblo, D.L. 2008
Vivanco Cervero, V.: El don de la escritura: comunicar con estilo profesional. Madrid : Paraninfo, 2008
Competencias1. Capacidade de autoorganización na planificación e desenvolvemento do labor investigador e/ou profesional tomando iniciativas e implicándose activamente na resolución de problemas.
2. Capacidade de autonomía na procura, selección e tratamento de información relevante para o obxectivo de traballo proposto.
3. Capacidade de aplicación integrada dos coñecementos e habilidades adquiridos ao longo do grado.
4. Capacidade de sistematización e presentación de información de xeito organizado e correcta desde o punto de vista académico e profesional, empregando diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
5. Capacidade de reflexión e reformulación sobre o traballo desenvolvido, incorporando unha actitude autocrítica constructiva sobre o mesmo.
6. Capacidade de comunicación da proposta utilizando recursos expresivos e argumentativos.
Metodoloxía da ensinanza De maneira transitoria para o curso académico 2013-14, co fin de desenvolver a Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013, a Comisión de Traballos Fin de Grao da Facultade elaborará unha guía docente na que se determinen as diferentes formas de desenvolvemento, exposición e criterios de avaliación.
Sistema de evaluaciónDe maneira transitoria para o curso académico 2013-14, co fin de desenvolver a Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013, a Comisión de Traballos Fin de Grao da Facultade elaborará unha guía docente na que se determinen as diferentes formas de desenvolvemento, exposición e criterios de avaliación,
Tempo de estudo e traballo persoalA aprendizaxe na asignatura apóiase en tres requisitos indispensables:
- participación activa nas sesións e actividades de aula,
- traballo individual para realizar o Proxecto Fin de Grado
- estudo individual e continuado ao longo do semestre (análise e profundización en coñecementos previos e contextos de intervención do Educador Social).
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar o proxecto.
- Seguimiento e dedicación en todas tarefas propostas polo profesorado. Velar pola calidade do informe e presentación final do Traballo fin de Grado.
- Colaboración e participación equilibrada no aula.
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimiento de prácticas, apoio ao estudo individual)
ObservaciónsA Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 2 de maio de 2013 regula a realización do TFG. Pódese consultar en: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/ecoade/tfg/Normativa_TFG_e_TFM.pdf