Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3091441 - Acción Socioeducativa nas Dependencias (Educación Social e Inclusión) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
NOGUEIRA PEREZ, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Contextualizar socialmente as dependencias como unha responsabilidade social.
    • Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que se poden empregar en distintos procesos e situacións de dependencia.
    • Coñecer políticas, proxectos e experiencias, europeas, estatais e autonómicas nas dependencias.
    • Analizar as demandas e necesidades persoais, sociais e laborais de colectivos en situación de dependencia.
    • Deseñar, elaborar e aplicar programas, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para persoas e/ou colectivos en dependencia.
    • Avaliar, deseñar e implementar itinerarios de inserción persoal, social e laboral.


    Contidos
    Bloques temáticos:
    1. Dependencias: concepto, características, tipos e implicacións sociais.
    2. Demandas e necesidades de persoas e colectivos con dependencias.
    3. Educación para a saúde e consumo responsable.
    4. Plans, programas, recursos e iniciativas educativas de carácter institucional e comunitario para persoas e colectivos con dependencias.
    5. Procesos socioeducativos na intervención con persoas e/ou colectivos con dependencias: da orientación para a prevención da exclusión social á inserción persoal, social e laboral.



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - Blas, E. (2005). Intervención socioeducativa de los educadores sociales en una sociedad interdependiente: formación pre-grado en drogodependencias. Revista Española de Drogodependencias, 30(1-2), 138-158.
    - Echeburúa, E. (1999). ¿Adicciones sin drogas?: las nuevas adicciones: juego, sexo, comida, compras, trabajo, internet. Bilbao: Desclée De Brouwer.
    - Echeburúa, E. y Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes : guía para educadores. Madrid : Pirámide.
    - Ventosa, V. J. (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de intervención socioeducativa. Madrid: CCS.
    Perea, R. (dir.) (2004). Educación para la salud: reto de nuestro tiempo. Madrid: Díaz de Santos.

    Bibliografía complementaria:
    - Alonso-Fernández, F. (2003). Las nuevas adicciones. Madrid: Tea Ediciones.
    - Becoña, E. y Martín, E. (2004). Manual de intervención en drogodependencias. Madrid: Síntesis.
    - Bermejo, B., y Morales, J.A. (2000). Formación y trabajo: Inserción y desarrollo profesional. Sevilla: G.I.D.
    - Castillo, A., Cabrerizo, J. y Rubio, Mª J. (2011). La práctica de la evaluación en la intervención socioeducativa : Materiales e instrumentos : Vademecum del educador social. Madrid : Pearson educación.
    - Costa Cabanillas, M. y López, Méndez, E. (2008). Educación para la salud: guía práctica para promover estilos de vida saludables. Madrid: Pirámide.
    - Eseverri, C., Diego, J. A. y Teran, A. (2004). Educar para la salud: drogodependencias. Madrid: CCS.
    - Froufe, S. y Sánchez Castaño, Mª A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú.
    - Geissler, A. y Hege, M (1997). Acción socioeducativa : Módelos, métodos, técnicas. Madrid : Narcea.
    - Gonzalez Calleja, F. et al. (1995). La prevención de las drogodependencias en la educación secundaria obligatoria. Revista galega de psicopedagoxía, 7(10-11), 19-34.
    - Líbano M. y Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Madrid: Síntesis.
    - Pons, J. (2006). Materiales para la intervención social y educativa ante el consumo de drogas. Alicante: Editorial Club Universitario.
    - Senent, J. (2009). Intervención socieducativa en grupos. Valencia: Universidad de Valencia.
    - Torres, L. Mª y Hermosilla, J. M. (2012). El papel de la Educación en el tratamiento de la adicción a la tecnología. Hekademos: revista educativa digital, 12, 73-82.
    - Vega, A. (1993). La Acción social ante las drogas: propuestas de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea.

    WEBS DE INTERESE:
    - Cosas de Educación Social y Adicciones: http://cosas-de-educacion-social.blogspot.com.es
    - Las drogas.info: http://www.lasdrogas.info
    - Madrid Salud. Prevención y atención integral a las adicciones: http://www.madridsalud.es/adicciones/adicciones.php
    - Plan Nacional de Drogas: http://www.pnsd.msssi.gob.es

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    4G. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
    4T. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
    1.2E. Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven a súa labor profesional.
    1.4E. Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
    1.5E. Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta ás necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por sí mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
    2.2E. Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco á dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
    2.3E. Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.

    Competencias específicas da materia:
    1. Contextualizar socialmente as dependencias como unha responsabilidade social na súa causalidade, consecuencias e alternativas.
    2. Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que poden empregar os profesionais da Educación Social en distintos procesos e situacións de dependencia.
    3. Coñecer políticas, proxectos e experiencias, europeas, estatais e autonómicas nas dependencias.
    4. Analizar as demandas e necesidades persoais, sociais e laborais de colectivos en situación de dependencia (física, psicolóxica, toxicomanías, etc.).
    5. Deseñar, elaborar e aplicar programas, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para persoas e/ou colectivos en dependencia.
    6. Avaliar, deseñar e implementar itinerarios de inserción persoal, social e laboral.
    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas axudarán ao alumnado a comprender os referentes teórico-conceptuais, metodolóxicos e pedagóxicos que deben terse en conta na acción socioeducativa nas dependencias.

    Este coñecemento completarase con actividades individuais e en grupo (4/5 persoas) a realizar nas sesións interactivas, que contribuirán a que o alumnado aprenda a analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como a seleccionar e facer uso dos métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais dos colectivos con dependencias, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.

    Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada dende cada unha das materias participantes.




    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
    • Traballos individuais e/ou en grupo de 4/5 persoas: ata o 65%
    • Exame final da materia: ata o 45%

    Os traballos individuais e/ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia dentro da correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais:
    Clases expositivas: presentación, explicación de temas: 20 h.
    Prácticas de seminario: comentarios de textos e material audiovisual: 8 h.
    Prácticas de laboratorio: coñecemento de experiencias; deseño de propostas de intervención: 12h.
    Titorías de traballo de curso: 6 h.
    Avaliación: 4h.
    TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS: 50 h.

    Horas Traballo persoal do estudante:
    Estudo: 40 h.
    Lecturas: 14 h.
    Elaboración de propostas/traballos: 32 h.
    Titorías: 4 h.
    Avaliación: 4 h.
    TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para poder alcanzar os propósitos formativos desta materia é preciso que os estudantes teñan alcanzado previamente as competencias básicas adscritas aos tres primeiros cursos do grao: capacidade de análise da contorna social e cultural das persoas e grupos en situación de risco; coñecemento das ferramentas conceptuais básicas da profesión de Educador/a Social.

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.