G3091442 - Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude (Educación Social e Diversidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxectivos da materia Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude, céntranse nos seguintes aspectos:
- Lograr un coñecemento crítico dos referentes teórico-conceptuais básicos da materia
- Coñecer o marco contextual e normativo da atención á infancia e a xuventude e as súas implicacións sociais e individuais.
- Saber valorar criticamente diferentes modelos de diagnóstico e intervención nestas áreas.
- Valorar o importante papel do educador social na atención á infancia e a xuventude
- Desenvolver unha toma de conciencia e sensibilización cara á problemática destes sectores.
- Adquirir actitudes, destrezas e habilidades para a intervención socioeducativa nestes ámbitos..
ContidosOs contidos a abordar na devandita materia xiran en torno ás seguintes temáticas:
Bloque I: Marco teórico e normativo
1. Aproximación conceptual e normativa á acción socioeducativa coa infancia e a xuventude.
A intervención socioeducativa no ámbito da protección infantil e xuvenil: principios básicos.
2. O modelo sistémico na atención á infancia e a xuventude. Principais aportacións do modelo sitémico-fenomenolóxico. As leis sistémicas. As perspectivas xeneracionais e a súa relación coa educación e os contextos sociais. Pautas para estabelecer unha boa relación de axuda.
Bloque II: A Intervención socioeducativa en diversos ámbitos relacionados coa infancia e a xuventude
3. Os medios de comunicación ante a atención á infancia e a xuventude. Conceptos e tipos. Aportacións, problemas e limitacións dos mass-media. Estratexias de intervención.
4. A infancia en risco social: acollemento, adopción e atención residencial. Fases e estratexias de atención ás situacións de desprotección infantil. Etapas no proceso de acollemento. Tipos de centros na atención residencial e o seu funcionamento.
5. A violencia contra a infancia: o maltrato infantil na familia. Concepto e tipos de maltrato. Causas e consecuencias do maltrato infantil. Estratexias de intervención. Agresión e Bullyng no contexto socioeducativo: definición e tipos de bullyng. Manifestacións. Causas e consecuencias. Estratexias de intervención.
6. Infancia e inmigración. Problemática social e escolar do menor inmigrante. Estratexias de intervención.
Bloque II: Habilidades e estratexia spara a vida independente na infancia e a xuventude
7. A optimización do desenvolvemento psicolóxico na infancia e na xuventude. Toma de decisións, habilidades sociais e de vida independente na infancia e xuventude
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- Fernández Millán, J. M.; Hamido, A. y Fernández Navas, M. (2011). Educación Social y atención a la infancia. Madrid: Pirámide.
- Fernández Tilve, M. D. e Suárez, J. M. (Coords.). (2012). Menores en crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Gómez Granell, C. et al. (Coords.) (2004). Infancia y familia.: realidades y tendencias. Barcelona: Ariel.
Bibliografía Complementaria
- Amar, J. J. y Alcalá,M. (2001) Políticas sociales y modelos de atención integral a la infancia. Santafé de Bogotá: Uninorte
- Amorós, P. y Ayerbe, P. (2000). Intervención educativa en la inadaptación social. Madrid: Síntesis.
- Boutin, G. y Durning, P. (1997). Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Madrid: Narcea.
- Calatayud, E. (2007). Reflexiones de un juez de menores. Granada: Dauro.
- Casas, F. (1998): Infancia: perspectivas psicosociales. Barcelona: Paidós Ibérica
- Echeburúa, E. e Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide.
- Fernández del Valle, J. y Fuertes, J: (2000). El acogimiento residencial en la protección de la infancia. Madrid: Pirámide.
- Galltrado, J. A.; Trianes, M. V. y Jiménez, M. (1998): El maltrato físico hacia la infancia: sus consecuencia socioafectivas. Universidad de Málaga.
- Jiménez, M. (2000): Las relaciones interpersonales en la infancia. Sus problemas y soluciones. Archidona (Málaga): Aljibe.
- Jociles, M. I. Franzé, A. y Poveda, D. (Eds.). (2011). Etnografías de la infancia y la adolescencia. Madrid: libros de la catarata.
- Lameiras, M. (2002). Abusos sexuales en la infancia. Abordaje psicológico y jurídico. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Lázaro, I. E. y Mayoral, I. V. (2005): Infancia. Publicida y consumo. III Jorandas sobre Derecho de los Menores. Madrid: Universidad Pontificia.
- Luque, P. A. (Coord.). Educación Social e inmigración. Sevilla: Sociedad Ibérica de Pedagogía Social-Diputación de Sevilla.
- Mas. B. y Ponce, C. (1996): La intervención socio-educativa en la infancia y la adolescencia. Barcelona: Fundación Dabar.
- Picornell, A. (2006) La infancia en desamparo. Valencia: Nau LLibres.
- Riera, I. (2002). Emigrantes y refugiados. Barcelona: Debolsillo.
- Roldán, E. e cols. (2011). Terror en las aulas. Cómo abordar el acoso escolar o bullyng. Tarragona: Altaria.
- Ruíz Soro,R.M. (2012). Adolescentes: guía de educación pra la salud. Archidona (Málaga): Aljibe
- Ullman, E. y Hilweg, W. (2000): Infancia y trauma, separación, abuso, guerra. Madrid: Brand.
- Velaz, C. (Coord.) (2009) Educación y protección de menores en riesgo, Un enfoque comunitario. Barcelona: Graó
DIRECCIÓNS DE INTERESE EN INTERNET:
www.ceesg.org
www.eduso.net
www.savethechildren.es
www.oijj.org
CompetenciasNo desenvolvemento desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas:
A) COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
4 G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
2 T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na
colaboración con outros profesionais.
4 T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
1.1 L Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
1.3 L Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, dende a infancia ata a vellez.
2.1 L Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
2.2 L Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura da paz e a sostibilidade.
2.3 E Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1. Coñecer os referentes teórico-conceptuais da educación da infancia e a xuventude.
2. Analizar as demandas das súas necesidades socioeducativas e laborais.
3. Localizar e aplicar recursos para a solución dos problemas da infancia e a xuventude.
4. Analizar e coñecer o sistema de protección á infancia e o marco normativo polo que se regula a atención a menores.
5. Deseñar e aplicar programas, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para persoas novas.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de ensino céntrase fundamentalmente en estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos vinculados cos contidos da materia.
Combinaranse diversas modalidades de traballo docente-discente:
- Exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
- Presentación de documentos fotocopiados para realizar un análise-valoración en pequenos grupos, finalizando cun debate de todo o grupo-clase.
- Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades que o permitan.
- O profesor formulará preguntas, problemas ou dilemas relacionados con determinadas cuestións do programa a responder por parte dos grupos de traballo.
- Realización de movementos sistémicos, exercicios e actividades prácticas grupales.
- Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través de material audiovisual.
- Determiñados profesionais da educación social poden realizar exposicións sobre certos aspectos do programa para facilita–lo logro dunha visión máis clara, realista e práctica dos problemas que se poden atopar na praxe profesional, así como das súas posibles solucións
A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante e de promover o desenvolvemento dunha aprendizaxe máis significativa nos/ás alumnos/ás lévanos a propoñer a realización de actividades variadas que permiten atender á diversidade de intereses e motivacións existentes:
- A realización de traballos en grupo sobre diferentes temas relevantes no ámbito desta materia. Abordárense, preferentemente, os relacionados co bloque temático II (A intervención socieducativa en diversos ámbitos relacionados coa infancia e e a xuventude) do temario. Estes constarán dunha parte teórica, onde se recollerán os conceptos, principios e liñas de actuación básicas, e unha práctica onde se traballará, con todo o colectivo, algúns exercicios ou técnicas relacionados con esa temática.
-A lectura e recensión crítica, realizada a nivel individual, de algúns libros relacionados coa temática da materia. Esta constará de dúas partes: unha síntese das ideas principais expostas polos autores e unha valoración crítica do seu contido.
- A Realización dun informe individual no que se recolla unha reflexión e elaboración persoal dos coñecementos e competencias adquiridas durante o curso. O profesor entregará as pautas para levalo a cabo.
Sistema de evaluaciónA cualificación final será suma do resultado de diferentes tipos de actividades:
1) Realización dun exame sobre o temario da materia (40%)
2) Realización das diversas actividades propostas no programa: traballo en grupo (40%), recensión (10%), informe individual sobre os coñecementos e competencias adquiridas na materia (10%)
3) A participación e achegas nas clases, prácticas, debates, etc. Esta terá unha valoración global, sen qeu se destine unha puntuación específica para ela.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades docentes presenciais:
- Clases expositivas: presentación e explicación de contidos: 20 horas
- Clases interactivas: 20 horas
- Titorías: 6 horas
- Avaliación: 4 horas
Traballo persoal do alumno/a:
- Estudo: 40 horas
- Estudo e elaboración de informes: 12 horas
- Visualización de materiais e elaboración de informes: 32 horas
- Lecturas: 16 horas
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 50
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, a consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia, a participación activa no desenvolvemento das sesións de clase, así como a entrega das diferentes tarefas encomendadas, son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.
ObservaciónsEste programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
Os/ás alumnos/ás poderán valorar o seu desenvolvemento, tanto ao longo do curso, como a través do informe final de avaliación das aprendizaxes realizadas na materia. Esas informacións utilizaranse para procurar a súa progresiva mellora e adaptación as necesidades formativas existentes no ámbito da acción socio-educativa coa infancia e a xuventude.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.