G3091444 - Educación do Ocio e Desenvolvemento Comunitario (Educación Social e Desenvolvemento Comunitario) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer as condicións socioculturais e históricas que hoxe en día nos permiten abordar o lecer e o tempo libre desde unha perspectiva educativa.
• Familiarizarse coas diferentes metodoloxías de acción-intervención socioeducativa en contextos de lecer e tempo libre, situando o papel dos profesionais.
• Identificar diferentes espazos e realidades vencellados ás prácticas de lecer, analizando as súas limitacións e posibilidades desde unha perspectiva pedagóxica.
ContidosOs contidos desta materia concrétanse nos seguintes temas:
1.- Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea: as súas posibilidades educativas
1.1. O tempo como clave para a comprensión das realidades sociais: unha visión histórica do lecer e o tempo libre
1.2. Conceptualización do lecer e do tempo libre: o lecer como dereito
1.3. Xénese, desenvolvemento e actualidade da Pedagoxía do Lecer
1.4. Pedagoxía do lecer e desenvolvemento comunitario
2.- A pedagoxía do lece como ámbito de profesionalización
2.1. A acción-intervención educativa no tempo libre. A intervención en problemáticas específicas
2.2. Espazos, ámbitos e contextos de acción-intervención no tempo libre. Ocio. escolas, familias e comunidades.
2.3. Metodoloxías de acción-intervención en ocio
2.4. Profesionais e profesións nos tempos de lecer
3.- Institucións, servizos, programas e equipamentos para a acción-intervención no ámbito do lecer e do tempo libre.
3.1. Administracións públicas e acción educativa no tempo libre
3.2. Terceiro sector e acción educativa no tempo libre
3.3. Sector empresarial e acción educativa no tempo libre
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura (2012). Monográfico: Reflexiones sobre el ocio en el siglo XXI, vol. 188, nº 754.
Cuenca Cabeza, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto.
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria (2012). Monográfico: “Tiempos educativos, tiempos de ocio”, nº 20 (tercera época).
Bibliografía complementaria:
Bergua, J.A. (2002): La gente contra la sociedad. Impacto sociocultural de un divertimento juvenil. Zaragoza: Mira editores.
Caballo, M.B. e Fraguela, R. (coords., 2005): A acción municipal no tempo libre. A Coruña: Deputación da Coruña.
Caballo, M.B. e Caride, J.A. (2011): Educación Social. Revista de intervención socioeducativa, nº 47. Monográfico Tiempos educativos y sociales.
Caride, J.A. e López Paz, J.F. (2002, coord.): Ocio y voluntariado social. Búsquedas para un equilibrio integrador. Bilbao: Instituto de Estudios de Ocio, Universidad de Deusto.
Carretero, M.A. (2005): Educación para el ocio y el tiempo libre. León: Universidad de León.
Csikszentmihalyi, M.; Cuenca, M.; Buarque, C.; Trigo, V. E outros (2001): Ocio y desarrollo. Potencialidades del ocio para el desarrollo humano. Documentos de Estudios de Ocio, nº 18. Bilbao: Universidad de Deusto.
Cruz, C. (ed., 2003): Educación del ocio: propuestas internacionales. Bilbao: Universidad de Deusto.
Cuenca, M., Aguilar, E. e Ortega, C.(2010): Ocio para innovar. Documentos de Estudios de Ocio, nº 42. BIlbao: Universidad de Deusto.
Cuenca, M. e Aguilar Gutiérrez, E. (eds. 2009): El tiempo del Ocio: transformaciones y riesgos en la sociedad apresurada. Documentos de Estudios de Ocio, nº 36. Bilbao: Universidad de Deusto.
Chacón, F. e Vecina, M.L. (2002): Gestión del voluntariado. Madrid: Síntesis.
Deltoro, E. (2006): Cómo trabajar con adolescentes en el tiempo libre. Zaragoza: Certeza.
Durán, A. (2007): El valor del tiempo: ¿cuántas horas te faltan al día?. Madrid: Espasa-Calpe.
Fraguela, R., Varela,. J.A., Caride. J.A. e Lera. A. (2009): Deporte y Ocio: nuevas perspectivas para la acción socioeducativa. Documentos de Estudios de Ocio, nº 37. Bilbao: Universidad de Deusto.
San Salvador, R. (2000): Políticas de ocio: cultura, turismo, deporte y recreación. Bilbao: Instituto de Estudios de Ocio, Universidad de Deusto.
Setién, M.L. e López, A. (2002, ed.): Mujeres y ocio. Nuevas redes de espacios y tiempos. Bilbao: Instituto de Estudios de Ocio, Universidad de Deusto.
Revistas dixitais de interese:
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria
Res.Revista de Educación Social http://www.eduso.net
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia
2G Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores e educadoras sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
1.2E Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar planes, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
Competencias específicas da materia
1. Ser capaces de identificar e coñecer as condicións socioeconómicas e culturais contemporáneas que permiten abordar o fenómeno do lecer en clave educativa, así como entender o seu papel nos procesos de desenvolvemento comunitario.
2. Dominar os fundamentos teóricos e conceptuais da Pedagoxía-Educación do Ocio.
3. Coñecer diferentes metodoloxías de acción-intervención socioeducativa en ocio, situando o papel dos profesionais.
4. Identificar espazos e actuacións vinculadas ás prácticas de ocio e á súa educación, analizando as súas posibilidades e límites desde unha perspectiva pedagóxica.
5. Coñecer as fontes documentais e institucionais básicas para o traballo en Educación do Ocio, estimando a relevancia destes recursos para a formación continua das educadoras e educadores sociais neste ámbito.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos, en ocasións, compartidos con outras materias do semestre:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os servizos, equipamentos e recursos de ocio.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Prácticas de campo, que se concretarán na visita a equipamentos e/ou servizos educativos de lecer que sexan de interese para a adquisición das competencias desta materia.
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula, prácticas de aula e prácticas de campo (20%)
No marco desta materia as prácticas -agás algunha excepción puntual- iniciaranse e concluiranse no tempo de clases interactivas. Asemade, realizaranse, fundamentalmente, en grupo.
- Desenvolvemento, presentación e debate na aula dun traballo grupal (mínimo 4 persoas, máximo 5) de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer (30%)
- Exame (50%)
Para obter unha valoración positiva na materia, deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
Observación: Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
No caso do alumnado con exención oficial de docencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Traballo individual monográfico sobre o dossier documental da materia (20%)
- Traballo individual de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer (30%)
- Exame (50%)
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como a busca e lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos, estudo persoal,...
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ter cursado, preferentemente, materias vinculadas ao itinerario "Acción Socioeducativa e desenvolvemento comunitario".
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
ObservaciónsObservacións
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Recoméndase ao alumnado que lea con atención a "Guía práctica do estudantado" elaborada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, e dispoñible no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descargas/Guia_practica_do_estudantado.pdf