G3091445 - Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade (Educación Social e Desenvolvemento Comunitario) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAs finalidades principais da materia son dúas:
a) introducir aos estudantes na cultura de la sustentabilidade como un eixo transversal (ético e práctico, ambiental e socio-cultural) que teñen que ter en conta na súa práctica profesional, sexa cal sexa o ámbito, comunitario ou escolar, no que exerzan o seu labor;
b) e mostrar as posibilidades específicas da educación ambiental nun senso amplo (estratexias e accións de educación formal e non formal, interpretación, comunicación e participación social) como instrumento para a construción da cultura de la sustentabilidade e como ámbito profesional da Educación Social.
Estas finalidades concrétanse nos seguintes obxectivos:
- auto-analizar os preconceptos, os valores e os estilos de vida adquiridos en relación ao medio ambiente e á problemática ambiental;
- analiza-la "crise ambiental" como unha realidade complexa, que esixe, entre outras, respostas de índole educativa e cultural;
- adquirir unha visión complexa, dinámica e integrada dos elementos biofísicos e socioculturais que conforman o medio ambiente;
- coñecer e valora-la importancia da Educación Ambiental como estratexia para mellorar a calidade de vida e avanzar cara unha sociedade ecoloxicamente sustentable e socialmente equitativa;
- considerar o papel profesional do educador/a social no deseño e posta en práctica de procesos educativos que aborden necesidades ou problemas relativos ao medio ambiente;
- dominar os conceptos fundamentais da materia;
- coñecer técnicas, experiencias, recursos e infraestruturas específicas de Educación Ambiental.
Contidos0. Os misterios da illa de Pascua (aperitivo con fundamento).
1. Historia, concepto e obxectivos da Educación Ambiental.
2. Sociedade, estilos de vida e crise ambiental.
3. Desenvolvemento sustentable e sustentabilidade.
4. As dimensións cognitiva, ética, comportamental e socio-política da Educación Ambiental.
5. Da Educación Ambiental á Educación para o Desenvolvemento Sustentable: paradigmas e correntes.
6. Os ámbitos da Educación Ambiental: a comunicación ambiental, a participación social,
a interpretación ambiental e a educación.
7. Deseño e avaliación de recursos, programas e equipamentos de Educación Ambiental: análise de experiencias.
8. Educar e comunicar sobre o cambio climático: un contido transversal.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSECA:
CARIDE, J.A. e MEIRA, P.A. (2001). Educación ambiental y desarrollo humano. Barcelona: Ariel.
COMISIÓN TEMÁTICA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL (1999): Libro Blanco de la Educación Ambiental en España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente. [Documento electrónico: http://www.mma.es/secciones/formacion_educacion/recursos/rec_documentos/pdf/blanco.pdf]
GUTIÉRREZ, j. & CALVO, S. (2007). El espejismo de la educación ambiental. Madrid: Morata.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
CASTRO, R.de (2005). Más que palabras. Comunicación ambiental para una sociedad sostenible. Valladolid: GEA.
DELIBES, M. y DELIBES DE CASTRO, M. (2007). La Tierra herida. ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos?. Barcelona: Destino.
GARCÍA, J. & SAMPEDRO, Y. (2006). Un viaje por la educación ambiental en España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente-CENEAM.
GARCÍA, J.E. (2002). "Los problemas de la Educación Ambiental: ¿es posible una Educación Ambiental integradora?". Investigación en la Escuela, nº 46, pp. 5-25.
GORE, A. (2010). Nuestra elección. Un plan para resolver la crisis climática. Barcelona: Gedisa.
HERAS, F. (2003). Entre tantos: guía práctica para dinamizar procesos participativos sobre problemas ambientais y sostenibilidad. Valladolid: GEA.
JICKLING, B., LOTZ-SISITKA, H., O’DONOGHUE, R., OGBUIGWE, A. (2006). Educación Ambiental, Ética y Acción: Un libro de trabajo para poner manos a la obra. Nairobi: PNUMA [Documento electrónico: http://www.oei.es/decada/ethics_sp.pdf]
LATOUCHE, S. (2009). Decrecimiento y posdesarrollo. El pensamiento creativo contra la economía del absurdo. Barcelona: El Viejo Topo.
MEIRA, P.A. (2008): Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino-CENEAM. [Documento electrónico: http://www.mma.es/portal/secciones/cambio_climatico/documentacion_cc/divulgacion/pdf/guia_comunicacion.pdf].
MOGENSEN, F. El al. (2007). Educación para el desarrollo sostenible. Tendencias, divergencias y criterios de calidad. Barcelona: Graó.
NAREDO. J.M. (2010). Raíces económicas del deterioro ecológico y social. Madrid: Siglo XXI.
NOVO, M. (2007): El desarrollo sostenible. Su dimensión ambiental y educativa. Pearson-Madrid: Prentice Hall.
RIECHMANN, J. (1995). “Desarrollo sostenible: la lucha por la interpretación”. En VARIOS : De la Economía a la Ecología. Madrid: Trotta, pp. 11-35.
SAUVE, L. (1999). “La educación ambiental entre la modernidad y la posmodernidad: en busca de un marco de referencia educativo e integrador”. Tópicos en Educación Ambiental, Vol. 1, nº2, pp. 7-26.
VV.AA. (1999). Estratexia Galega de Educación Ambiental. Santiago de Compostela: Consellería de Medio Ambiente-Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. [Documento electrónico: http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA04d/CMA04df/p04df01c.pdf]
WEBGRAFIA
- Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)
http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/default.aspx
- Sociedade Galega de Educación Ambiental
http://www.sgea.org/
CompetenciasAdemais das competencias xerais da titulación coa que esta materia está asociada, preténdese formar ao estudantado nas seguintes competencias específicas:
- Que os e as estudantes sexan capaces de autoanalizar críticamente os seus preconceptos, valores e hábitos con relación ao medio ambiente e á crise ambiental.
- Que sexan capaces de aplicar no seu exercizo profesional unha visión complexa, dinámica e integrada dos elementos e procesos biofísicos, socioculturais e económicos que é preciso ter en cuenta para a construción dunha sociedade sustentable.
- Que entendan e apliquen a Educación Ambiental como unha ferramenta social e comunitaria para o cultivo da cultura da sustentabilidade.
- Que identifiquen os roles e os ámbitos profesionais específicos no campo da educación, a comunicación e a participación orientadas ao logro da sustentabilidade.
- Que os e as estudantes se inicien nos rudimentos do deseño e a avaliación de técnicas, experiencias, recursos e infraestruturas de Educación Ambiental.
Metodoloxía da ensinanza A concepción metodolóxica desta materia quere facer fincapé no papel activo do alumnado na construción dos seus aprendizaxes. As actividades presenciais concíbense como un espazo educativo-ambiental no que motivar e orientar a análise, a reflexión e a revisión crítica das pre-concepcións, os valores e os estilos de vida individuais e colectivos que ligan a vida cotiá coa crise ambiental. Como actividades presenciais propóñense as seguintes:
- Actividades de introdución, orientadas a revisar e poñer en cuestións os pre-conceptos e as representacións sobre aspectos básicos da materia e do seu escenario socio-ambiental. Poderán consistir na análise de casos, a realización de cuestionarios ad hoc, a interpretación de imaxes, etc.
- Clases expositivas, orientadas a explicar os contidos básicos da materia. Recorrerase a presentacións multimedia cun enfoque dialóxico que motive a reflexión sobre estes contidos e a súa transformación en contidos significativos para os e as estudantes.
- Estudos de caso e simulacións. Dependendo do tamaño do grupo desenvolverase un xogo de simulación destinado a mostrar as potencialidades desta técnica no campo da Educación Ambiental. O "tema 0" enfocarase como un "estudo de caso".
- Realización de, polo menos, un libro-forum e un video-forum. O libro-forum realizarase sobre unha obra relacionada coa materia e que se consensuará co grupo de estudantes. O video-forum realizarase sobre un documental que aborde algún aspecto do cambio climático para tratar os enfoques comunicativos deste problema.
- Realización de seminarios monográficos e doutras actividades de pequeno e mediano grupo sobre os contidos da materia.
- Realización de titorías individuais e colectivas relacionadas co desenvolvemento da materia e das actividades de aprendizaxe propostas.
- Realización dun exame con formato a determinar.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia. De serlles concedida, seguirán un programa da materia destinado especificamente a estudantes non asistentes.
O conxunto de actividades presenciais previstas pretende servir de estimulo e orientación ao traballo persoal do ou da estudante, que se concretará como sigue:
- Realización dun caderno de traballo no que se reflectirá a evolución do ou da estudante na materia. Nel rexistraranse en forma de entradas resumos e valoracións persoais de todas as actividades que se realicen no marco da aula ou de calquera outra relacionada coa materia (xogo de simulación, recensións, video-forums, libro-forums, visitas, participación en programas ou actividades de Educación Ambiental externos, lecturas persoais, etc.). O caderno de traballo terá un mínimo de entradas que se estipulará ao comezo do cuadrimestre. A súa extensión modularase en función do número de estudantes matriculados.
- Realización de traballos orientados en grupo, vinculados ou complementarios das actividades presenciais. Destes traballos presentarase un informe e poderán ser expostos na aula no caso de posuír unha calidade mínima.
- Realización de saídas de campo para visitar e coñecer in situ programas, equipamentos ou actividades de Educación Ambiental. Realizaranse na medida en que o tamaño do grupo e os recursos dispoñibles o fagan viable.
As actividades de ensino-aprendizaxe previstas, presenciais ou do alumnado, poderanse programar e organizar en coordinación con outras materias do mesmo curso e cuadrimestre.
Sistema de evaluaciónA avaliación concretarase a través da realización das seguintes actividades:
- Valoración do caderno de traballo cun peso relativo do 40% sobre a nota final.
- Valoración doutros informes e traballos, individuais e colectivos, que se realicen durante o cuadrimestre (traballo en grupo, estudo de casos), cun peso relativo do 20% sobre a nota final.
- Valoración do exame final cun peso relativo do 40% sobre a nota final. O exame realizarase con ou sen material e consistirá nunha combinación de preguntas de resposta breve e comentarios de imaxes e/ou fragmentos de textos traballados na materia.
Para obter unha valoración positiva será preciso ter realizadas y entregadas en prazo tódalas actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou de grupo dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso automático da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo aqueles que se programen explicitamente de forma coordenada.
Na realización dos traballos escritos (caderno de traballo, recensións, informes de actividades, exame, etc.), valoraranse especialmente as seguintes cualidades:
- O grao de elaboración (esixencia do traballo realizado, consulta de distintas fontes, calidade formal, etc.).
- A consistencia e coherencia do discurso construído.
- O dominio e o uso pertinente dos conceptos, as ideas e os marcos teóricos e prácticos da materia.
- A capacidade para crear un pensamento propio, crítico e fundamentado.
- A vinculación da materia con experiencias individuais e colectivas relacionadas cos estilos de vida ligados á crise ambiental e á sutentabilidade.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais:
- Actividades de introdución (análise de concepcións previas) y de presentación: 4 hs.
- Clases expositivas: explicación de temas: 20 hs.
- Práctica: estudios de caso e simulacións: 12 hs.
- Libro-forum e video-forum: 3 hs.
- Seminario monográfico: 4 hs.
- Titorías de seguimento (directas y virtuais, individuais e de grupo): 5 hs.
- Avaliación: 2 hs.
Total de horas presenciais 50.
Actividades do estudante:
- Elaboración do caderno de traballo: 20 hs.
- Lecturas e estudo persoal: 30 hs.
- Recensións: 10 hs.
- Realización do traballo tutelado en grupo: 20 hs.
- Participación en actividades complementarias: 10 hs.
- Saídas de campo: 10 hs.
Total de horas de traballo persoal: 100 hs.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a utilización do ordenador portátil nas actividades presenciais. O uso das fontes de documentación e información accesibles a través de Internet será estimulado, pero existirá un especial esmero en garantir a orixinalidade e a calidade dos produtos resultantes (entradas no caderno de traballo, recensións, informes de video-forums, etc.). Toda fonte documental utilizada, virtual ou convencional, debe ser correctamente citada e identificada.
Existe un número importante de cursos e actividades ligadas ao medio-ambiente, á educación ambiental e á cultura da sustentabilidade que poden complementar de xeito significativo o dominio da materia e mellorar a experiencia de aprendizaxe. A realización voluntaria destas actividades pode ser incorporada á materia, ben con informes específicos ou ben como parte das entradas do caderno de traballo.
ObservaciónsEn relación á entrega de traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia e para ser coherentes cos valores de sostenibilidade que se queren formar recomendamos ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras e en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan relación directa cos temas desenvolvidos.