G3091446 - Animación e Xestión Sociocultural (Políticas Sociais, Culturais e Educativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia Animación e Xestión Sociocultural intégrase no bloque formativo “Políticas sociais, culturais e educativas” do Grao en Educación Social, concretamente na mención Acción Cultural e Desenvolvemento Comunitario. O bloque formativo oriéntase á contextualización sociopolítica dos marcos de actuación das e dos Graduados e á súa capacitación para insertarse profesionalmente nos servizos educativos, culturais e de benestar promovendo e concretando procesos socioeducativos para o desenvolvemento persoal e grupal, a participación social, a solidariedade e, en definitiva, a emancipación. Esta orientación xeral concrétase para esta materia no logro dos seguintes obxectivos:
1. Realizar unha lectura terminolóxica e conceptual da Animación Sociocultural (ASC) e a Xestión Cultural, os seus contidos fundamentais e os ámbitos temáticos conexos (políticas culturais, desenvolvemento comunitario...) desde a perspectiva socioeducativa da Educación Social.
2. Aplicar, cunha perspectiva integrada, os coñecementos da materia e doutras previas, no estudio e diagnóstico sociocultural de diferentes contextos e realidades territoriais e humanas.
3. Integrar as dimensións teórica e práctica da materia no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas e proxectos de ASC que contribúan á mellora e cambio social.
4. Integrar as dimensións teórica e práctica da materia, na organización e xestión de iniciativas e servizos socioculturais sustentados na participación comunitaria.
5. Familiarizarse con fontes de documentación e información relevantes para estes ámbitos de estudio, así como tomar contacto con experiencias concretas de ASC e de Xestión Cultural.
6. Promover a reflexión crítica e construtiva nos planos persoal e colectivo, como base para unha participación activa e responsable no proceso formativo.
ContidosOs contidos da materia distribúense en tres bloques temáticos que tratan de responder ao QUE, COMO e QUEN do traballo educativo nestes ámbitos de estudo.
- Bloque I: Fundamentos, características e perspectiva histórica da Animación e da Xestión Sociocultural. Aborda as bases epistemolóxicas, definicións e conceptos básicos, así como a referencia histórica. Responde ao cuestionamento sobre o QUE.
- Bloque II: A práctica da Animación e da Xestión Sociocultural. Incide nas bases metodolóxicas para a elaboración de programas e proxectos fundamentados na realidade social, achegándose ao COMO traballar desde os principios da Animación Sociocultural. Afonda nalgunhas estratexias e técnicas específicas na perspectiva social, cultural e educativa da Animación e da Xestión.
- Bloque III: Os profesionais, destinatarios e ámbitos de intervención. Trata da formación, funcións, tarefas e competencias profesionais nos ámbitos da Animación e a Xestión Sociocultural, así como as características básicas dos destinatarios e comunidades onde se desenvolven estes procesos. Respondería ao QUEN.
Os bloques sinalados concrétanse nos temas que atenden aos descritores temáticos da materia e se corresponden cos seguintes títulos:
1.Marco teórico e conceptual da Animación e Xestión Sociocultural.
2.A Axenda 21 da Cultura: un compromiso para o desenvolvemento cultural.
3.Perspectivas, e procesos metodolóxicos na acción sociocultural.
a.Deseño, desenvolvemento (organización e xestión) e avaliación de programas de
Animación Sociocultural y de acción comunitaria.
b.Estratexias e recursos educativos de acción sociocultural.
4.Participación social e Animación Sociocultural.
5.Destinatarios, problemáticas específicas e ámbitos da acción sociocultural.
6.A/O animadora/or sociocultural: formación y profesionalización.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Axenda 21 da Cultura. Un compromiso das cidades e os gobernos locais para o desenvolvemento cultural. http://www. agenda21delacultura.net/
Calvo, A. (2006) La Animación Sociocultural: una estrategia educativa para la participación. Madrid: Alianza.
Caride, J.A. (2005) La animación sociocultural y el desarrollo comunitario como educación social. En Revista de Educación, 336, pp. 73-88.
Gillet, J.C. (2006) La animación en la comunidad. Un modelo de animación socioeducativa. Barcelona: Graó.
Roselló, D. (2004) Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel, Barcelona.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alonso, X. G. (2001) Educación comunitaria e animación rural. Santiago de Compostela: Ed. Danú.
Ander-Egg, E. (2000) Metodología y práctica de la animación socio-cultural. Buenos Aires: Humanitas.
Caride, J.A. (coord.) (2000) Educación social y políticas culturales. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
Casacuberta, D., Rubio, N., Serra, L. (coords) (2011) Acción cultural y desarrollo comunitario. Barcelona: Graó
Casares, H. (coord.) (2010) O sistema produtivo da Cultura en Galicia, unha visión económica. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Cid, X.M. e Peres, A. (eds.) (2007) Educación Social, Animación Sociocultural y Desarrollo Comunitario. Vigo: Univ. de Vigo/Univ. Trás-os-Montes e Alto Douro/SIPS.
Colombo, A. e Roselló, D. (eds.) (2008) Gestión cultural: estudio de casos. Barcelona: Ariel.
Cruz, L. (2007) Actas Interea-Foro 2007. A cultura e a educación diante dos novos desafíos da participación social. A Coruña: Deputación Provincial.
Lage, X.; Trabada, X. e Fernández, M. (2011) A situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50000 habitantes. II Mapa Cultural de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Lima, J.D. e Sousa, M. de (2011) As fronteiras da Animaçao Sociocultural. Chaves: Intervençao
Marchioni, M. (2005) Comunidad y cambio social. Teoría y praxis de la acción comunitaria. Madrid: Popular.
Pérez, G. e Pérez, Mª V.(2005) El animador: buenas prácticas de acción sociocultural. Madrid: Narcea.
Pose, H. (2006) La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona: Graó.
Sarrate, M.L. (coord.) (2002) Programas de Animación Sociocultural. Madrid: UNED.
Soler, P. (2012) La animación sociocultural. Una estrategia para el desarrollo y el empoderamiento de comunidades. Barcelona: UOC
Tono, J. (2007) Conceptos y experiencias de la gestión cultural. Madrid: Ministerio de Cultura.
Trilla, J. (coord., 1997) Animación Sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Barcelona: Ariel.
Ventosa, V. (coord.) (2008) Los agentes de la animación sociocultural: el papel de las instituciones , de la Comunidad y de los profesionales. Madrid: CCS.
Vives, P.A. (2007) Glosario “crítico” de gestión cultural. Albolote/Comares: Junta de Andalucia.
VV. AA. (2008): Educación Social y animación sociocultural. Revista de Educación Social (RES), 9 (monográfico) http://www.eduso.net/res/.
REVISTAS
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria
http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria
Res. Revista de Educación Social
http://www.eduso.net
Quaderns d'Animació i Educació Social
http://quadernsanimacio.net
Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa
http://www.raco.cat/index.php/EducacionSocial
PÁXINAS DE INTERESE
Federación galega de municipios e provincias
http://www.fegamp.org
Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.org/
Observatorio da Cultura Galega
http://observatorio.consellodacultura.org/
CompetenciasCOMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
Coñecer as características fundamentais das contornas sociolaborais nos que se enmarcan as políticas culturais, a animación e xestión sociocultural nos planos local, autonómico, nacional e internacional.
Organizar e xestionar proxectos e servizos culturais de animación, favorecendo estruturas e procesos de participación e acción cultural de natureza comunitaria.
Diagnosticar contextos sociais e deseñar, implementar e avaliar programas e estratexias de Animación e xestión Sociocultural contextualizados (ámbitos e destinatarios: medios rurais, urbanos, infancia, mocidade, etc.).
Comprometerse no ámbito específico da Animación e Xestión sociocultural e das Políticas Culturais, coa función profesional emancipadora que lle corresponde á Educación Social.
Respectar e interesarse polas manifestacións culturais de toda índole como expresión da diversidade de interpretacións do sentir e vivir da humanidade, e sensibilizarse coa súa promoción, conservación e difusión.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBUE A MATERIA
4G Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
1.2E Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
1.3E Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia até a vellez.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
2.2E Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
1T Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
2T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
4T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
5T Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento da materia quere fundamentarse na transformación da aula universitaria nun espazo “para” e “de” animación sociocultural, onde se estimulen e animen procesos de implicación e participación activa do alumnado na construción do coñecemento, nunha dinámica de actuación colaborativa e compartida.
Segundo este propósito, o proceso metodolóxico fundamentarase nos principios de contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe significativa, combinándose no seu desenvolvemento diversas propostas (estudo individual, exposicións de contido, investigación-acción, foros…) e dinámicas de agrupamento (individual, pequeno grupo e gran grupo). Con carácter xeral:
- As sesións expositivas permitirán abordar os contidos básicos do temario, articulándose no seu desenvolvemento diversas técnicas de dinámica de grupos e medios audiovisuais que optimicen os procesos de implicación persoal e grupal, esencia da animación sociocultural.
- As sesións interactivas permitirán afondar nalgún aspecto destacado dos núcleos temáticos, ben a través de documentación escrita ou audiovisual, ou coa combinación de ambas; no seu transcurso desenvolveranse diversas actividades prácticas conducentes ao afianzamento dos coñecementos da materia.
- O traballo individual e/ou en equipo de lectura, reflexión e discusión, a redacción de ensaios, elaboración de mapas conceptuais, prácticas avaliativas, consulta e análise de páxinas web ou doutros soportes mediáticos, son esenciais para incorporar e afianzar os coñecementos da materia.
- As sesións tipo forum (vídeo, libro e disco) ou outras dinámicas similares organizadas e desenvolvidas por equipos de alumnas e alumnos, permitirán afondar en problemáticas específicas da Animación e Xestión sociocultural, servindo como pretexto para o adestramento e capacitación na xeración de procesos de participación comunitaria, así como no respecto e sensibilización con manifestacións culturais de diversa índole.
- As visitas a institucións (concellos, centros socioculturais, iniciativas sociais de ámbito cultural…), a recepción na aula de profesionais e/ou responsables de iniciativas, son unha actividade esencial para o coñecemento de experiencias e o contraste reflexivo coa práctica real da acción e xestión sociocultural.
- A realización dun traballo de curso en equipo de deseño dun programa de dinamización e xestión cultural territorializado (PDC), culmina o proceso de aprendizaxe que se fai visible na acción preprofesional das educadoras e educadores sociais no ámbito da Animación e Xestión sociocultural.
- As titorías persoais ou en grupo, permitirán mellorar o proceso de aprendizaxe, ao posibilitar a personalización de opcións metodolóxicas e pedagóxicas segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
Sistema de evaluaciónA avaliación fundaméntase nos principios de participación, autorresponsabilidade e aprendizaxe a nivel individual e grupal. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua, colaborativa e formativa, en función das actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas que atenden a dúas categorías: obrigatorias e opcionais.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS
a.Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas, interactivas). É requisito para a avaliación a asistencia ao 80% das sesións de clase.
Participación nas sesións prácticas que se desenvolverán ao longo do cuadrimestre (visitas a institucións e/ou lugares de interese, sesións de tipo forum programadas, exposición dos PDC).
Asistencia e participación na titoría de avaliación do traballo en grupo.
b. Prácticas de aula.
-Práctica 1. Interpretación dos conceptos clave de Animación Sociocultural
-Práctica 2. Puzzle de Aronson: análise cooperativa da Axenda 21 da Cultura
-Práctica 3. Autodiagnóstico participativo
-Práctica 4. Na materia se prevé tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
As prácticas só poden ser desenvolvidas grupalmente e durante o período de clase, non contemplándose outra modalidade de realización, agás as persoas que teñan concedida oficialmente exención de docencia.
c. Elaboración en grupo dun Plan de Dinamización Cultural (PDC) socio-territorialmente contextualizado na realidade galega (concello, barrio, institución…), atendendo á convocatoria simulada dun concurso público.
d. Realización dun exame escrito, na data establecida na convocatoria oficial, que tomará en conta todos os contidos impartidos na materia.
Para superar a materia e ter en conta as valoracións das outras actividades obrigatorias e optativas, a cualificación mínima no exame deberá ser de aprobado 5.
ACTIVIDADES OPCIONAIS
-Participación na Comisión Avaliadora dos PDC.
-Programación e desenvolvemento en equipo de actividades tipo forum: libro-forum, disco-forum, foto-forum …
-Memoria auto-avaliativa. Traballo individual segundo as pautas de elaboración que figuran engadidas a este programa.
-Recensión dun dos libros destacados no apartado de bibliografía xeral.
-Consulta e informe valorativo escrito (3-7 páxinas) dunha páxina web.
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividades a) requisito para proceder á avaliación
- Actividade b) 20% cualificación
- Actividade c) 35% cualificación
- Actividade d) 45% cualificación
- Actividades opcionais ata un 10% cualificación
Para proceder á avaliación da materia, será preciso ter realizadas e entregadas no prazo que se estableza todas as actividades de avaliación especificadas.
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinaria ou de recuperación da materia.
Ao alumnado repetidor conservaráselle os resultados positivos obtidos nas actividades de avaliación durante os dous cursos académicos posteriores á primeira matrícula, non estando exento de realizar as novas actividades que puideran incorporarse.
O alumnado oficialmente exento de docencia aterase ao establecido ao respecto na normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Ciencias da Educación.
Os traballos individuais ou grupais das/os estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS
Clases expositivas 24 horas
Clases interactivas 24 horas
Titorías 2 horas
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE
Estudio e preparación de temas 60 horas
Traballo de curso 25 horas
Prácticas e informes 15 horas
Recomendacións para o estudo da materiaPara acadar o máximo aproveitamento da materia aconséllase realizar un traballo continuado procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas diversas actividades que se desenvolven, moitas delas orientadas á avaliación. Isto require ter en conta as seguintes recomendacións para o seu estudio:
- A lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades individuais e grupais asociadas á dinámica de clase, o que favorecerá unha vinculación continuada cos ritmos establecidos no transcurso da materia.
- Planificar e organizar a axenda de traballo para compatibilizar os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (revistas especializadas, manuais, léxicos...) recomendados, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -sexa a nivel individual ou en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe, ao posibilitar a personalización de opcións metodolóxicas e pedagóxicas segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia, aténdose as condicións aprobadas a tal efecto.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.