Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3021102 - Aspectos Metodolóxicos Básicos para os Estudios das Mulleres e das Relacións de Xénero (Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA.SI
PORTO CASTRO, ANA MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer os fundamentos básicos da metodoloxía da investigación científica no eido dos estudos feministas e das mulleres.
    -Coñecer os conceptos, enfoques, métodos e paradigmas metodolóxicos máis relevantes no eido dos estudos das mulleres e das relacións de xénero.
    -Coñecer os instrumentos, técnicas e métodos de investigación social concretos e a súa aplicación nos estudos das mulleres.

    Contidos
    Bloque I. O proceso de investigación no ámbito da investigación social.
    Tema 1. O proceso de investigación cuantitativo.
    Tema 2. O proceso de investigación cualitativo.
    Bloque II. Metodoloxía da investigación cuantitativa e cualitativa no ámbito social.
    Tema 3. Métodos, Deseños e Instrumentos de investigación cuantitativa.
    Tema 4. Métodos, Deseños e Instrumentos de investigación cualitativa.
    Bloque III. O Informe de Investigación.
    Tema 5. O informe de investigación cuantitativo.
    Tema 6. O informe de investigación cualitativo.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Albert, Mª J. (2006). La Investigación Educativa. Claves teóricas. Madrid: McGrawHill.
    Bisquerra, R. (2004) (Coord.). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
    Cardona Moltó, C. (2002): Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.
    Corbetta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McCrawHill.
    Etxeberria, J. e Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla
    Festinger, L. e Katz, D. (2004): Los métodos de Investigación en las Ciencias Sociales. Barcelona: Paidós.
    Latorre, A., Del Rincón, D. e Arnal, J. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa (1ª ed.). Barcelona: Experiencias.
    Losada, J.L. (2003): Métodos de Investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Madrid: Thomson.
    Mures, J. et al. (2003). Estadística descriptiva. Madrid: Pearson Prentice Hall.
    Palmer Pol, A.F. (1999). Análisis de datos: etapa exploratoria. Madrid: Pirámide.
    Pérez López, C. (2003). Estadística. Madrid: Pearson Prentice Hall.
    Solanas, A. et al. (2005). Estadística descriptiva en ciencias del comportamiento. Madrid: Thomson.

    Bibliografía complementaria

    Alvira, F. et al. (1986). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza.
    Ander-Egg, E. (2001). Métodos y técnicas de investigación social. Buenos Aires: Lumen.
    Anguera, M. T. et al. (1995). Métodos de investigación en psicología. Madrid: Síntesis.
    Arnal, J., Del Rincón, D. e Latorre, A. (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor.
    Balcells e Junyent, J. (1994). La investigación social. Introducción a los métodos y a las técnicas. Barcelona: PPU.
    Ballester Brage, L. (2001). Bases metodológicas de la investigación educativa. Palma, Universitat de les Illes Balears.
    Bisquerra, R. (1989). Métodos de investigación educativa. Guía práctica. Barcelona: CEAC.
    Buendía, L. (Ed.) (1993). Análisis de la investigación educativa. Guía práctica. Granada: Universidad de Granada.
    Buendia, L., Colas, M.P. e Hernández, F. (1998). Métodos de investigación en Psicopedagogía. Madrid: McGraw-Hill
    Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. Madrid: La Muralla.
    Valles, M.S. (2002). Entrevistas cualitativas. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
    Valles, M.S. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis.
    Welkowitz, J., Ewen, R. e Cohen, J. (1982). Estadística aplicada a las ciencias de la educación. Madrid: Santillana.
    Wittrock, M.C. (Coord.) (1989). La investigación en la enseñanza, I y II. Barcelona: Paidós-MEC.

    Páxinas web de interese

    Secretaría Xeral de Igualdade: http://igualdade.xunta.es/es
    Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/
    Centro de Documentación Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/servRecursos/centroDocumentacion/home.htm

    Competencias
    -Capacidade para empregar e manexar as metodoloxías adecuadas no eido dos estudos feministas e das mulleres.
    -Capacidade para empregar as técnicas estatísticas apropiadas en función do tipo de información.
    -Desenvolvemento de actitudes críticas a través da expresión e contraste de opinións e ideas.
    -Compromiso ético-metodolóxico na transformación da realidade social a través da aplicación da perspectiva de xénero na práctica profesional.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía a seguir basearase na combinación de clases expositivas e interactivas, a través da exposición por parte do profesorado dos aspectos máis relevantes dos contidos propostos no programa, e a realización de actividades prácticas para profundar nas distintas temáticas traballadas na aula. Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será de caracter continuo e abranguerá os seguintes aspectos:
    - Proba individual escrita sobre os contidos da materia (60%).
    - Realización dun traballo final (40%).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula: 72 horas repartidas en:


    -Clases expositivas: 24 horas
    -Clases interactivas: 36 horas
    -Titorias: 12 horas

    Traballo persoal do estudante: 153 horas repartidas en:

    -Estudo: 54 horas
    -Preparación traballo: 84 horas
    -Lecturas recomendadas: 15 horas

    Tempo total estimado: 225 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás clases para acadar unha perspectiva global dos contidos da materia.
    - Consulta e estudo dos materiais recomendados.
    - Traballo do alumnado dun xeito continuado para acadar a comprensión da materia.

    Observacións
    Asistencia a clase

    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.

    Responsabilidade medioambiental

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.