P3021103 - Historia das Mulleres e Mulleres e Homes na Historia (Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia e Institucións Económicas, Historia Medieval e Moderna, Socioloxía
- Áreas: Historia e Institucións Económicas, Historia Moderna, Socioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer e utilizar recursos conceptuais e metodolóxicos para a comprensión, deconstrucción e transformación das desigualdades sociais derivadas dos sistemas de xénero.
- Familiarizar ás alumnas e aos alumnos coas novas metodoloxías de análise histórica con perspectiva de xénero. Unha achega aos vellos e os novos paradigmas. Analizar a vixencia histórica do sistema sexo/xénero como principio de organización social.
- Mostrar un balance historiográfico da historia das mulleres e do xénero. Particular atención ao caso de Galicia.
- Mostrar un balance historiográfico da historia das mulleres e do xénero. Particular atención ao caso de Galicia.
- Construir un coñecemento non androcéntrico que incorpore novas categorías de análise, constitua ás mulleres como suxeitos de coñecemento e estableza líneas de investigación que contribuan ao entendemento das desigualdades de xénero, así como ao cuestionamento e transformación da orde sociosimbólica que as sostén.
- Promover o coñecemento acerca da contribución social, científica e tecnolóxica das mulleres.
Contidos1.-Mulleres e homes na historia. A historia das mulleres e a escritura da historia. A elaboración dunha historia con perspectiva de xénero: conceptos, fontes e metodoloxía.
2.- As mulleres nas sociedades antigas e medievais.
3.- As mulleres durante a Edade Moderna.
4.- As mulleres no mundo contemporáneo. Recepción e contestación do “paradigma da domesticidade” en Galicia.
5.- Mulleres e desenvolvemento nas sociedades contemporáneas.
6.- Temas centrais das investigacións histórico-feministas actuais
Bibliografía básica e complementariaBock G. (2001): La mujer en la historia de Europa, Barcelona, Crítica.
Nash, M.(2004): Mujeres en el mundo. Historia, retos y movimientos, Madrid, Alianza Editorial.
Rey Castelao, O. e Rial García, S. (2009): Historia de las mujeres en Galicia, siglos XVI-XIX, Editorial Nigratrea, Vigo.
Rodriguez Galdo, M.X. (ed.) (1999): "Textos para a Historia das Mulleres en Galicia", Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.
CompetenciasAdquisición dun coñecemento histórico que permita unha perspectiva crítico-ideolóxica con respecto a nosa historia, a historia das mulleres e dos homes nas distintas formacións sociais, ademais de descubrir e redescubrir novas formas de efectuar análises e lecturas da historia (tanto da máis afastada no tempo como da máis recente) referente aos roles e relacións de xénero.
Metodoloxía da ensinanza Para a docencia teórica usarase un modelo de clase maxistral modificada para optimizar a interacción profesora-alumnado. Non entanto, seguindo unha concepción didáctico -comunicativo- interaccionista, combinarase a forma da clase maxistral con intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, formulación de preguntas para o pleno da clase etc.), isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nos distintos complexos temáticos suscitados no espacio da aula. De modo concreto usaremos:
- Clases teóricas nas que, trala exposición inicial dun tema, procédese á discusión en grupo das posibilidades de execución dunhas determinadas accións e as posibles repercusións que isto pode ocasionar.
- Apoio de casos prácticos.
- Vídeos de diferentes actuacións e intervencións.
- Actividades prácticas sobre cada un dos temas expostos en clase e contidos no programa da materia.
Sistema de evaluaciónNesta materia establécese o sistema de avaliación continua. Para poder seguir este sistema é un requirimento a asistencia regular ás clases (tanto teóricas como prácticas) así como a participación activa nas clases e demais actividades programadas. Aquelas persoas matriculadas que non estivesen presentes en máis do 20% das comprobacións de asistencia quedarán excluídas do sistema de avaliación continua e só se poderán acoller ao sistema de avaliación única (exame final de 3 horas de duración).
Actividades a desenvolver no sistema de avaliación continua:
1. Probas periódicas de avaliación: Celebraranse dúas probas de avaliación, obrigatorias, consistentes na resposta a unha ou máis preguntas sobre a materia de explicación recente nas clases.
2. Traballo de curso: Co formato preestablecido polas profesoras, cada estudante deberá realizar un traballo persoal, consistente nunha redacción sobre un dos epígrafes ou sobre un dos temas do programa.
3. Exposición oral: Sobre o traballo de curso realizarase obrigatoriamente unha exposición oral.
4. Seminarios: A participación nos seminarios esixe realizar algunhas lecturas previamente sinaladas.
5. Participación activa na clase.
6. Exercicios prácticos: Sen periodicidade nin convocatoria predefinida realizaranse unha serie de prácticas consistentes en: comentarios sobre lecturas e datos de interese recomendados en clase; procura de información bibliográfica, documental ou estatística sobre unha temática proposta polas profesoras.
Tempo de estudo e traballo persoalDependerá de cada alumna e alumno, pero partese da base de que por un crédito ECTS se calcula, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento continuo da materia durante todo o cuadrimestre. Para iso é conveniente asistir regularmente ás clases, incorporarse ao sistema de avaliación contínua, facer uso das titorías e asumir o hábito de lectura que permita desenvolver habilidades interpretativas sobre a materia do curso.
ObservaciónsO temario preciso, asi como a bibliografía concreta, será explicado e entregado ao alumnado por cada profesora na clase.