Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3021108 - Medios de Comunicación, Língua e Xénero (Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Socioloxía
  • Áreas: Lingüística Xeral, Socioloxía
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Domínguez Juan, María Milagros.SI
Moure Pereiro, María Teresa.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Con respecto a esta materia perséguese como obxectivo que as alumnas e os alumnos cheguen a coñecer en profundidade o complexo temático dos medios de comunicación, a lingua, o seu uso e función en relación coa socialización e educación humana e o xénero. Pretendemos un coñecemento detallado da dinámica e do poder dos medios de comunicación modernos e dos recursos lingüísticos nas sociedades actuais, así como do seu poder socializador desde ángulos epistemolóxicos e teóricos múltiples.
    Un obxectivo específico consiste na análise e a avaliación da influencia, tamén simbólica, dos medios de comunicación, medios técnicos e informáticos e dos usos lingüísticos co fin de poder impulsar procesos de conscienciación en canto á nosa temática específica e con respecto ao tema da igualdade de xénero e das mulleres, aspecto crave da formación do presente master. Perseguimos un coñecemento e unha preparación precisa das alumnas e dos alumnos para que estas e estes poidan valorar e actuar adecuadamente no ámbito da educación e socialización humana, e con iso, modificar activamente os efectos negativos dos medios de comunicación modernos e do uso lingüistico en relación co xénero, complexo temático con respecto ao cal actúan parámetros ben diferentes en términos de poder, recoñecemento, significado etc. para mulleres e varóns.
    Ao mesmo tempo pretendemos preparar para a investigación específica do fenómeno, isto é, dos medios de comunicación, lingua, xénero e a educación e socialización humana.

    Contidos
    Bases Conceptuais
    Teorías máis relevantes
    Cuestións Epistemolóxicas básicas
    O xénero e os Medios de Comunicación
    Lingua e xénero
    Producción literaria, estética e Xénero

    Bibliografía básica e complementaria
    - Domínguez Juan Mª M. (1998) Comunicación y cultura en la sociedad informatizada. IV Congreso Vasco de Sociología: actas del congreso: Bilbao, págs. 356-360.
    - Domínguez Juan Mª M. (2010) Las mujeres y sus identidades. Factores que afectan a la construcción de la identidad femenina, en Radl Philipp, R. (coord.) Investigaciones actuales de las mujeres y del género. Santiago de Compostela, Servio de Publicacións de la USC, págs. 227-238.
    -Moure, Teresa (2005): "A palabra das fillas de Eva", Galaxia, Vigo.
    -Radl Philipp, R. (ed.) (2001): "Cuestiones básicas de Sociología del Género", CIS-ICE, Madrid.
    -Radl Philipp, R. (ed.) (1995): "As mulleres e os cambios sociaís e económicos", Universidade de Santiago, Santiago de Compostela.

    Competencias
    O coñecemento adquirido debe servir para fundamentar a formación académica, investigadora e profesional na temática das relacións e roles de xénero e educación e das mulleres, así como para as actuacións prácticas profesionais correspondentes, obxecto específico do presente master.
    Metodoloxía da ensinanza
    Para a docencia teórica usarase un modelo de clase maxistral modificada para optimizar a interacción profesor-alumno. No entanto seguindo unha concepción didáctico -comunicativo- interaccionista combinarase a forma da clase maxistral con intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, formulación de preguntas para o pleno da clase etc.), isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nos distintos complexos temáticos suscitados no espacio do aula. De modo concreto usaranse:
    - Clases teóricas nas que, trala exposición inicial dun tema, procédese á discusión en grupo das posibilidades de execución dunhas determinadas accións e as posibles repercusións que isto pode ocasionar.
    - Apoio de talleres, recursos teatrais e casos prácticos.
    - Vídeos de diferentes actuacións e intervencións.
    - Actividades prácticas sobre cada un dos temas expostos en clase e contidos no programa da materia.
    Anhélase de forma especial que as alumnas e os alumnos desenvolvan un sentido crítico achega do coñecemento manexado nas clases. A súa participación activa favorecerá o desenvolvemento das actitudes críticas a través da expresión e contraste de opinións e ideas

    Sistema de evaluación
    •Realízase didácticamente un seguimento continuado e probas escritas.
    •Valórase a participación e a asistencia ás clases teóricas e ás prácticas correspondentes, que se consideran fundamentais para adquirir a formación profesional e científica prevista.
    •Se valora a realización dun traballo –exposición persoal ou en grupo e as achegas reflexivas das alumnas e alumnos no transcurso das sesións e actividades de clase.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Dependerá de cada alumna e alumno, pero partese da base de que por un crédito ECTS se calculase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
    Observacións
    O temario preciso, asi como a bibliografía concreta, será explicado e entregado ao alumnado por cada profesora/profesor na clase