P3021110 - Saúde, Vellez e Construcción Social (Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía
- Áreas: Psicoloxía Básica, Obstetricia e Xinecoloxía
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos
1. Cognitivos
Estudar e analizar os procesos e a problemática relacionados coa vellez e construción social desde a perspectiva de Xénero.
Analizar as actitudes sexistas e a violencia de xénero na terceira idade.
Introducir ao alumno no análise no ámbito sanitario e social da perspectiva de xénero.
Aproximar aos alumnos a un coñecemento específico da psicoloxía de xénero, abordando os temas relacionados cos procesos, cognitivos, de saúde, psicosociais e conductuais desde devandita perspectiva.
2. Procedimentals
Desenvolver nos alumnos a capacidade de analizar e identificar na terceira idade condutas de xénero estereotipadas.
Familiarizar ao alumno coas claves necesarias para a intervención psicosocial en terceira idade.
Adestrar e capacitar na utilización de ferramentas básicas para a procura de información e a análise de textos científicos.
3. Actitudinais
Fomentar no alumno a capacidade de analizar criticamente as diferenzas de xénero na vellez tipificadas socialmente.
Fomentar o respecto e a tolerancia pola pluralidade e diferenzas.
Fomentar no alumno, unha actitude crítica respecto ao estudo de xénero.
ContidosCONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS
Saúde e asimetrías de xénero:
Saúde e xénero
Envellecemento e xénero.
Estereotipos asociados co xénero nos adultos e anciáns.
Deterioro físico e xénero
Deterioro psíquico e xénero
Deterioro social e xénero
Problemas psicosociais da terceira idade
CONTIDOS DAS CLASES INTERACTIVAS
1.- Traballo tutorizado sobre saúde mental e xénero
2.- Traballo tutorizado sobre saúde física imaxe e xénero
3.- Traballo tutorizado sobre construción social e xénero
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Barberá, E. y Martínez Benlloch, I. (Coords.) (2004). Psicología y Género. Madrid: Prentice Hall.
- Belsky, J. (2001). Psicología del envejecimiento. Madrid: Paraninfo
- Pérez Ortiz, L. (2006). Envejecimiento y género. En S. Pinazo y M. Sánchez (pp. 71-89). Gerontología. Madrid: Pearson.
- Bosch, E., e Ferrer, V.A. (2002). La voz de las invisibles. Las víctimas de un mal amor que mata. Valencia: Cátedra. Colección feminismos
- Sastre, G., e Moreno, M. (2002). Resolución de conflictos y aprendizaje emocional. Una perspectiva de género. Barcelona: Gedisa
CompetenciasCOMPETENCIAS BÁSICAS
Cognitivas
Complementar a formación académica xeral coa formación específica no ámbito das desigualdades de xénero
Incorporar a perspectiva de xénero ao estudo dos procesos psicolóxicos básicos e os procesos psicosociais.
Estudar a perspectiva psicosocial de xénero.
Aprender métodos de avaliación e intervención en violencia de xénero.
Habilidades e destrezas
Realizar prácticas de campo aplicadas ao estudo do xénero, empregando métodos e técnicas de investigación propios da Psicoloxía
Utilizar os coñecementos adquiridos para aplicalos a diferentes idades e contextos.
Identificar os principais programas de intervención para promover a igualdade.
Manexar a nivel inicial técnicas e instrumentos propios da psicoloxía.
Saber comunicar adecuadamente os resultados dunha avaliación ou intervención.
Ser capaz de elaborar informes psicolóxicos relacionados coa temática de xénero.
Abordaxe do exercicio profesional desde o respecto ao código deontolóxico; actitudes profesionais baseadas en valores de respecto aos dereitos das persoas e á diversidade de xénero.
Metodoloxía da ensinanza CLASES EXPOSITIVAS.
As profesoras expoñerán os contidos dos temas, indicando os apartados, os obxectivos que se deben alcanzar e a bibliografía básica. Esta información servirá de guía no proceso de aprendizaxe do alumno.
CLASES INTERACTIVAS.
As profesoras expoñerán o contido do seminario centrando o obxectivo do traballo tutorizado que os alumnos deben planificar e realizar. concretando as pautas de acción.
Se fomentará o desenvolvemento de habilidades para traballar en grupo e realizaranse preguntas para suscitar o debate.
Poñerase énfases na necesidade de recorrer á procura de información relacionada cos contidos tratados, co obxecto de chegar a unha resolución adecuada do problema suscitando.
TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO.
Os contidos, sexan expositivos ou interactivos, van acompañados dunha serie de actividades de traballo individual do alumno cuxo obxectivo é afianzar e reforzar o seu proceso de aprendizaxe.
TUTORÍAS.
As titorías suscítanse co fin de resolver dúbidas puntuais relativas aos contidos teóricos e como condutoras dos traballos que se realizaran nos seminarios.
Son un apoio ao traballo, tanto individual como grupal.
Estas titorías pódense realizar, tamén, ao longo de todo o cuadrimestre a través da plataforma virtual.
DOCENCIA VIRTUAL
A materia utilizará como ferramenta de apoio a plataforma virtual da Universidade de Santiago.
Nela, pódense consultar permanentemente os materiais relacionados coa marcha da temática a tratar así como realizar titorías individualizadas.
Sistema de evaluaciónA AVALIACIÓN DA ASIGNATURA
A avaliación será continua.
Os contidos teóricos se evaluarán mediante exame. A cualificación obtida supoñerá o 40% da nota final.
Os contidos traballados nos seminarios se evaluarán de forma continuada nas clases interactivas, nas titorías e nos seminarios a través da evolución do traballo, e do resultado final e da súa exposición e defensa pública.
As cualificacións obtidas neste módulo supoñerán o 60% da nota final.
Para aprobar a asignatura é necesario superar ámbolos los dous módulos, (teórico e práctico).
Tempo de estudo e traballo persoalPara a consecución dos obxectivos marcados no programa da asignatura, o tempo de dedicación que estimamos necesario é de 142 horas que se distribuirían do seguinte xeito:
Para a teoría, 15 horas presenciais e 30 de lectura ou estudo individual, que supón un total de 45 horas en total para a teoría.
Para seminario - laboratorio 20 horas presenciais máis 70 de traballo, o que supón un total de 90 horas.
Para as titorías 5 horas.
Avaliación final 2 horas.
Recomendacións para o estudo da materia-Compromiso co grupo de traballo.
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Realización puntual dos traballos titorizados.
- Cumprimento dos prazos.
- Seguimento continuado das actividades propostas.
-A asistencia ás clases tanto expositivas como interactivas é obrigatoria.
ObservaciónsAs ausencias reiteradas e non xustificadas terán penalización.
Ao comezo do curso poñerase a disposición dos alumnos unha guía completa de estudo na que se recolle de forma exhaustiva todos os contidos que se van a tratar así como a distribución temporal detallada do desenvolvemento das diferentes actividades que están planificadas e a bibliografía. É imprescindible que o alumno consulte periodicamente dita guía.