P3091101 - Metodoloxía da Investigación Histórico-Comparada en educación (Módulo I: Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOBXECTIVO XERAL DO MÁSTER NO QUE PARTICIPA A MATERIA
- Adquirir por parte do alumnado unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS DO MÓDULO NOS QUE PARTICIPA A MATERIA
1. Coñecer a lóxica xeral do método científico aplicado á investigación histórica da educación.
2. Apreciar a emerxencia das culturas escolares como elemento nuclear da investigación histórico-educativa actual.
3. Captar a dimensión aplicada da investigación histórico-educativa en canto estratexia para a recuperación, posta en valor e difusión do patrimonio escolar nos contornos comunitarios.
4. Coñecer e manexar as técnicas de investigación que se utilizan na área histórica e comparada do coñecemento da educación.
5. Profundizar nos soportes conceptuais, teóricos e metodolóxicos nos que se sustenta o proceso de planificación socioeducativa
OUTROS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
A) Articular e vehicular o proceso de investigación histórico-educativa con referencia expresa ás súas estratexias metodolóxicas e aos seus procedementos diferenciais de investigación.
B) Concretar iniciativas e experiencias institucionais de localización, recuperación, revalorización e divulgación de recursos do enxoval educativo como bens do acervo cultural comunitario.
C) Analizar a construción dos indicadores de comparación mais utilizados polos organismos internacionais.
D) Comprender a importancia dos factores externos para a interpretación dos sistemas educativos.
E) Presentar unha visión significativa e global sobre o pensamento pedagóxico e as prácticas sociais de educación ao longo da historia de Galicia.
F) Promover o coñecemento e a explicación das realidades presentes da educación, mediante a análise comprensiva e interpretativa da xénese histórica, da configuración e da evolución dos fenómenos e do pensamento educativo.
G) Recoñecer a dimensión procesual e histórica das prácticas sociais relacionadas coa educación, aprendendo a distinguir continuidades e cambios nos ritmos de desenvolvemento.
H) Promover a comprensión da evolución do pensamento pedagóxico en relación co desenvolvemento histórico das sociedades, da ciencia, da cultura e do pensamento filosófico en particular.
I) Favorecer o coñecemento e a iniciación ás cuestións epistemolóxicas e historiográficas
ContidosSeminario 1: Metodoloxía da investigación histórico-educativa, culturas escolares y patrimonio comunitario:
1. Método científico e secuencialización do proceso investigador en historia da educación.
2. Liñas de indagación abertas e desenvolvidas na área histórico-educativa desde as décadas finais do século XX até a actualidade en diferentes contextos territoriais.
3. As culturas escolares como obxecto de investigación histórico-educativa e acervo patrimonial comunitario.
4. Posta en valor, musealización e difusión dos compoñentes que conforman as culturas escolares.
5. Proxectos, iniciativas e experiencias de centros da cultura escolar en distintos ámbitos xeográficos.
6. Funcións que poden cumprir os museos especializados en materia educativa en canto á dinamización sociocultural comunitaria.
Seminario 2: Perspectiva histórica e prospectiva do sistema educativo en Galicia:
1. A educación en Galicia como expresión da historia educativa occidental
2. Centralización e política educativa no século XIX: historia dos procesos de escolarización
3. Procesos de modernización educativa no século XX
4. Educación franquista e anulación da identidade cultural
5. Autonomía política e desenvolvemento da educación
Seminario 3: Metodoloxías da investigación para a análise comparada de sistemas educativos:
1. Método comparado
2. Fases da investigación comparada
3. Unidades de comparación
4. Indicadores de comparación
Bibliografía básica e complementariaAróstegui, J. (1995): La investigación histórica: teoría y método. Barcelona, Crítica.
Bardin, L. (19962º): El análisis de contenido. Madrid, Ediciones Akal.
Bowen, J. (1983), Historia de de la educación occidental, Barcelona, Herder, 3 vols.
Burke (ed.) (1993): Formas de hacer historia. Madrid, Alianza Editorial.
Cardoso, C. F. S. (1981): Introducción al trabajo de la investigación histórica. Barcelona, Crítica.
Caspard, P. (ed.) (1995): Guide international de la recherche en Histoire de l'Éducation. Berna-París, Peter Lang - I.N.R.P..(Existe unha nova edición actualizada para consultar en liña a través de Internet).
Coloquios Nacionales de Historia de la Educación (I-XV). Actas. 1983-2009. Varios lugares.
Coloquios Nacionales de Historia de la Educación (I-XV). Actas. 1983-2009. Varios lugares.
Costa Rico, A. (2004), Historia da educación e da cultura en Galicia, Vigo, Edicións Xerais de Galicia.
Costa Rico, A. (2008), “Pedagoxía en Galicia”, en Torres Queiruga, Rivas García, Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, Vigo, Edicións Xerais de Galicia.
Costa Rico, A. e outros (2001): "Historiografía educativa de Galicia (1750-2000). Sarmiento. Nº 5, pp.147-202.
Cucuzza, H. R. (comp.) (1996): Historia de la Educación en debate. Buenos Aires, Miño y Dávila editores.
Cuesta Escudero, P. (1994), La escuela en la reestructuración de la sociedad española, 1900-1923,Madrid, Siglo XXI.
Cuesta, J. (1993): Historia del presente. Madrid, Eudema.
Delgado, B (Dir.) (1992-94), Historia de la educación en España y América, Madrid, SM-Morata, 3 vols.
Escolano Benito, A. (2002), La educación en la España contemporánea, Madrid, Biblioteca Nueva.
Escolano, A. (2000): Tiempos y espacios para la escuela. Ensayos históricos. Madrid, Biblioteca Nueva.
Escolano, A. (ed.) (2007): La cultura material de la escuela. En el centenario de la JAE, 1907-2007. Berlanga de Duero-Soria, CEINCE.
Escolano, A. e Hernández, J. Mª (coords) (2002): La memoria y el deseo. Cultura de la escuela y educación deseada. Valencia, Tirant Lo Blanch.
Escolano, A..(1993): "La investigación en Historia de la Educación en España: tradiciones y nuevas tendencias". A Historia da Educação em Espanha e Portugal. Lisboa, Sociedade Portuguesa de Ciencias da Educação, pp. 65-83.
Ferraz, M. (ed.): Repensar la historia de la educación. Nuevos desafíos, nuevas propuestas. Madrid, Biblioteca Nueva, 2005.
Ferrer, F. (2002): La Educación Comparada actual. Barcelona, Ariel.
Gabriel, N. de e Viñao, A. (eds.) (1997): La investigación histórico-educativa. Barcelona, Ronsel.
Gabriel, N. De: (2005): “A Historia da Educación en tempos posmodernos”. Sarmiento. Nº 9, pp. 105-127.
García Garrido, J.L. (1991): Fundamentos de Educación Comparada. Madrid, Dykinson.
García Garrido, J.L.. (2005): Sistemas educativos de hoy. Madrid, Ediciones Académicas.
García Garrido, J.L.. e outros (2001): Génesis, estructuras y tendencias de los sistemas educativos iberoamericanos. Madrid, OEI.
Guereña, J. L. e outros (eds.) (1994): Historia de la Educación en la España contemporánea. Madrid, C.I.D.E.
Julia, D. (2001): “A cultura escolar como objeto histórico”. Revista Brasileira de História da Educação. Nº 1, janeiro-junho, pp. 9-43.
Leon, A.. (1985): La Historia de la Educación en la actualidad. París, UNESCO.
Moradiellos, E. (1994): El oficio de historiador. Madrid, Siglo XXI.
Peña, V (2002): “Actividades tuteladas de iniciación a la investigación en el marco disciplinar de la Historia de la Educación: experiencias, resultados y nuevos itinerarios en el ámbito del Museísmo Pedagógico”. En Recursos didácticos. Historia oral y Museos Pedagógicos. Cuadernos de Historia de la Educación, nº 1. Sevilla, Sociedad Española de Historia de la Educación, pp. 35-55.
Peña, V (2004) “Historia da Educación”. En Santos Rego, M. A. (dir.): A investigación educativa en Galicia (1989-2001). Tomo 2, Santiago de Compostela, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pp. 19-76.
Peña, V (Comp.) (2005): MUPEGA. Memoria inaugural. Santiago de Compostela, Museo Pedagóxico de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Peña, V (coord.) (2003): I Foro Ibérico de Museísmo Pedagóxico. O museísmo pedagóxico en España e Portugal: itinerarios, experiencias e perspectivas. Actas. Santiago de Compostela, Museo Pedagóxico de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Peña, V (dir.) (1998): Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago, C.C.G. (CD-ROM e soporte impreso).
Peña, V (dir.) (2001): Repertorio biblio-hemerográfico da educación en Galicia, 1715-1970. Santiago, MUPEGA.
Peña, V (dir.) (2004): Os museos da educación en Internet. Santiago de Compostela, Museo Pedagóxico de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Peña, V. (1983): "Las Memorias escolares como fuente documental para el estudio de la escolarización". En Escolarización y sociedad en la España contemporánea. Valencia, Univ. Valencia, pp. 831-847.
Peña, V. (Dir.) (2001): Repertorio biblio-hemerográfico da educación en Galicia, 1715-1970. Santiago, MUPEGA.
Pereyra, M. A. (1981): "La Historia de la Educación en la formación de educadores. Orígenes y evolución de una disciplina escolar". Témpora. Nº 2, pp. 57-72.
Puelles Benitez, M. de, Ideología y educación en la España contemporánea, Barcelona,Labor.
Revista Interuniversitaria Historia de la Educación. Salamanca, 1982-2008.
Revista Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Galicia 1997-2008.
Ruíz, J (Dir.) (1996), La educación en España. Textos y documentos, Madrid, Actas.
Ruiz, J. (1997): “El método histórico en la investigación histórico-educativa”. En La investigación histórico-educativa. Barcelona, Ronsel, pp. 131-202.
Ruiz, J. (ed.) (2000): La cultura escolar en Europa. Tendencias históricas emergentes. Madrid, Biblioteca Nueva.
Sánchez Sarto, L., (Dir) (1936), Diccionario de pedagogía, Barcelona, 2 vols.
Tiana Ferrer et al. (2002), Historia de la Educación (Edad contemporánea),Madrid, UNED.
Tiana, A. (1988): La investigación histórico-educativa actual. Enfoques y métodos. Madrid, UNED.
Topolsky, J. (1982): Metodología de la historia. Madrid, Cátedra.
Vexliard, A. (1970): Pedagogía Comparada: métodos y problemas. Buenos Aires, Kapelusz
Vilar, P. Iniciación al vocabulario del análisis histórico, Crítica, Barcelona, 1980
Viñao, A.. (2002): “La historia de la educación en el siglo XX. Una mirada desde España”. Revista Mejicana de Investigación Educativa, 7:15, pp. 223-256.
Viñao, A.. (2002): Sistemas educativos, culturas escolares y reformas. Continuidades y cambios. Madrid, Ediciones Morata.
Viñao, A.. (2005): “La Historia de la Educación: pasado, presente y futuro”. En Las Ciencias de la Educación del ayer al mañana. Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, pp. 43-64.
VV. AA. (2008): VII Congresso Luso Brasileiro de História da Educação. Cultura Escolar, Migrações e Cidadania. Porto, Universidade de Porto.
REFERENCIAS ELECTRÓNICAS
- Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE): http://www.sc.ehu.es/sfwsedhe/
- Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico-Educativo (SEPHE): http://www.institucional.us.es/paginasephe/
- Guide International de la Recherche en Histoire de l’éducation:
http://www.inrp.fr/she/guide/index.htm
- Documentos para a Historia da Educación en España: http://www.mec.es/cide/jsp/plantilla.jsp?id=arch03
- Red de centros y archivo virtual de la edad de plata de la cultura española, 1868-1936 (fondos: antiguo museo pedagógico nacional, residencia de estudiantes, junta para ampliación de estudios, etc.):
http://
Bibliografía básica e complementariawww.archivovirtual.org
- Banco Mundial (páxina na que se fai referencia a estatísticas educativas): www.bancomundial.org
- EURYDICE Rede Europea de Información Educativa: www.eurydice.org
- Oficina Internacional de Educación: www.ibe.unesco.org
- OCDE, Organización para o Desenvolvemento e a Cooperación Económica: www.oecd.org
Sociedad Española de Educación Comparada: www.sc.ehu.es/seec
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE O SEMINARIO
- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
- Posuír e facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS XERAIS DO MÓDULO E ESPECÍFICAS DO MÁSTER ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área histórico-educativa.
2. Discernir as variantes endóxenas que presentan as culturas escolares.
3. Identificar as tarefas conducentes á posta en valor e patrimonialización dos bens histórico-educativos.
4. Incardinar as culturas escolares coas producións que configuran o patrimonio comunitario.
5. Examinar e avaliar diversas propostas programáticas e prácticas de centros da cultura escolar de diferentes contextos territoriais.
6. Coñecer e comprender as transformacións históricas das concepcións e realidades educativas
7. Analizar as dinámicas educativas á luz dos riscos contextuais e socioculturais
8. Ser capaces de integrase, comunicarse e cooperar en equipos.
COMPETENCIAS PARTICULARES DO MÓDULO E DA MATERIA ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
A) Afianzarse no dominio das tarefas de detección documental, consulta de fontes, compilación de datos e tratamento da información na área histórico-educativa.
B) Deseñar e desenvolver un modelo de investigación aplicado a unha temática definida de carácter histórico-educativo.
C) Explicitar as manifestacións específicas que rexistran distintos tipos de cultura escolar..
D) Elaborar un modelo de actuación destinado a ser implementado nun centro de indagación da cultura escolar ou nun museo pedagóxico concreto.
E) Discernir as potencialidades reais que ofrece para o desenvolvemento comunitario a implantación dun centro museístico especializados en materia educativa.
F) Formular estratexias para a valorización dos recursos materiais e inmateriais que constitúen o mosaico das culturas da escola.
G) Estar en posesión de destrezas cognitivas e expresivas relacionadas co exercicio da explicación histórica e coa elaboración de sínteses.
H) Favorecer a posta en práctica de destrezas adecuadas parao exercicio da investigación ao servizo da construción de coñecemento novo.
I) Desenvolver destrezas e habilidades para aplicar a metodoloxía de investigación histórica, pedagóxica e comparada na elaboración de coñecemento da educación e a resolución de problemas educativos.
J) Analizar os procedementos metodolóxicos de investigación prospectiva en educación.
K) Interpretar os procesos de planificación socioeducativa, entendidos como unha complexa toma de decisións que implica o manexo de coñecementos teóricos, ideoloxía e valores, recursos e posta en valor de potencialidades de territorios, comunidades e grupos humanos.
Metodoloxía da ensinanza A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida de xeito colaborativo polo profesor e o alumnado. Os profesores nas clases expositivas centrarase preferentemente nos aspectos nucleares de cada enunciado ou unidade didáctica e na resolución dos problemas suscitados. Os estudantes, coa oportuna orientación dos profesores, nas sesións interactivas e nas titorías en grupos reducidos afondarán en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e sexan susceptibles de tratamento e estudo desde os soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesores e alumnado debaterán nas sesións de clases interactivas sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións. As exposicións dos profesores terán como complemento substantivo sesións de traballo con soporte en textos, documentos e informes de investigación. Estes materiais seranlles entregados periodicamente aos estudantes –ou suxerida a localización pola súa parte– para a conseguinte lectura, exame e estudo individualizado e en pequenos grupos e o posterior coloquio na aula.
Durante as titorías obrigatorias, os profesores darán pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en grupos reducidos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, unha optimización da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e un reforzo integral do proceso instrutivo.
Sistema de evaluaciónAs cualificacións dos estudantes basearanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización dunha proba final. A avaliación continua efectuarase mediante recensións bibliografico-documentais, traballos monográficos de iniciación á investigación e comentarios de textos de distinta natureza e tipoloxía, tomando en consideración ademais a participación nas tarefas de aula e a concorrencia ás titorías. A proba final poderá consistir na análise crítica dun breve informe de investigación, na elaboración dun deseño ou proxecto orixinal ou nun comentario de textos con preguntas complementarias. As actividades realizadas de forma continua terán un peso ponderado non inferior ao 60% da puntuación global. Pola súa banda, a proba final non superará o 40% da cualificación obtida en conxunto.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do alumno 75 horas
Recomendacións para o estudo da materia Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
ObservaciónsAo comezo de cada seminario entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.