Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091102 - Metodoloxías Cualitativas na Investigación Socioeducativa (Módulo I: Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CARIDE GOMEZ, ANTONIO.SI
IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    XERAIS

    - Facilitar o coñecemento e o dominio aplicado das claves metodolóxicas e epistemolóxicas da investigación cualitativa e de algunhas técnicas de aproximación ás realidades socioeducativas.

    - Promover a utilización consciente, rigorosa e crítica dos contidos desta materia respecto da realización de tarefas de estudio que poidan relacionarse coa Pedagoxía e a Educación Social.

    - Propiciar a reflexión científica nun marco participativo e de implicación progresiva nas actividades que se suxiran, tanto desde unha perspectiva individual (lectura de textos, valoracións persoais), como colectiva (dinámicas de traballo en grupos).

    ESPECÍFICOS

    Método Sociobiográfico
    o Coñecer as bases epistemolóxicas e teóricas da investigación cualitativa.
    o Adquirir unhas competencias metodolóxicas mínimas para o deseño de investigacións de matriz socio-biográfica.
    o Dominar as técnicas instrumentais básicas para a recolección e a análise de datos na investigación socio-biográfica.

    Estudos prospectivos. Técnica Delphi
    o Situar os fundamentos da Técnica Delphi no marco dos estudos prospectivos en Educación.
    o Presentar a Técnica Delphi como procedemento metodolóxico adecuado para o estudo da dimensión social do desenvolvemento educativo, cultural e comunitario.
    o Analizar a potencialidade e as limitacións da Técnica Delphi a través de investigacións concretas que a utilizaran como procedemento metodolóxico.

    Investigación-Acción
    o Situar aos estudantes nos fundamentos teórico-prácticos do proceder metodolóxico que sustenta a Invesgitagión-Acción.
    o Caracterización conceptual, histórica e procedimental da Investigación-Acción.
    o Desvelamento das súas posibilidades e límites como estratexia orientada a integrar o coñecemento, a reflexión e a acción en contextos socio-educativos.

    Contidos
    1.Metodoloxías cualitativas de investigación: da etnografía ao método socio-biográfico en educación

    1.1.Epistemoloxía e metodoloxía do enfoque cualitativo de investigación.
    1.2.A investigación cualitativa en educación. Deseños cualitativos e mixtos.
    1.3.A etnografía como estratexia de investigación: pautas para o deseño de estudos etnográficos e técnicas auxiliares.
    1.4.O enfoque socio-biográfico en Ciencias Sociais e da educación: historia e presupostos teóricos.
    1.5.O enfoque socio-biográfico: aspectos metodolóxicos e instrumentais.
    1.6.O enfoque socio-biográfico en educación: temas e ámbitos de investigación.

    2.Métodos e técnicas prospectivas na investigación socioeducativa

    2.1.Os estudos prospectivos en educación.
    2.2.Descripción da Técnica Delphi.
    2.3.Aplicación da Técnica Delphi en traballos de investigación educativa.

    3.A Investigación-Acción como proceso metodolóxico de indagación e intervención socioeducativa

    3.1.As metodoloxías cualitativas: significados e caracterización básica como soporte epistemolóxico da investigación-acción.
    3.2.A investigación-acción como referente teórico e metodolóxico para a reflexión, o coñecemento e a acción na Educación.
    3.2.1.Antecedentes históricos e actualidade: estado de cuestión.
    3.2.2.Marco teórico-conceptual: modelos paradigmáticos de racionalidade, principios e finalidades da Investigación-Acción.
    3.2.3.O proceder metodolóxico: a investigación-acción como proceso de coñecemento e transformación das realidades socio-educativas.
    3.2.4.Utilidades prácticas e aplicacións da investigación-acción en diferentes contextos socioeducativos.
    3.3.Posibilidades e límites da investigación-acción no quefacer investigador nas Ciencias Sociais e nas Ciencias da Educación: opcións para a súa concreción nos proxectos de Tese de Doutoramento.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica

    Delgado, Juan Manuel e Gutiérrez, J. (1994) Métodos y técnicas cualitativas de investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis.

    Flick, Uwe (2004): Introducción a la investigación cualitativa. Madrid: Morata.

    Goetz, Judith Preissle e Lecompte, Margaret Diane (1988): Etnografía y diseño cualitativo en investigación educativa. Madrid: Morata.

    Gómez, J.; Latorre, A.; Sánchez, M. e Flecha, R. (2006): Metodología comunicativa crítica. Barcelona: El Roure.

    Hammersley, Martyn e Atkinson, Paul (1994): Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.

    Mucchielli, Alex (2001): Diccionario de métodos cualitativos en ciencias humanas y sociales. Madrid: Síntesis.

    Popkewitz, Thomas S. (1988): Paradigma e ideología en investigación educativa. Madrid: Modadori.

    Rodríguez Gómez, Gregorio; Gil Flores, Javier e García Jiménez, Eduardo (1996): Metodología de la investigación cualitativa. Archidona (Málaga): Aljibe.

    Ruiz, José Ignacio e Ispizua, Mª Antonia (1989): La descodificación de la vida cotidiana. Bilbao: Universidad de Deusto.

    Taylor, S.J. e Bogdan, Robert (1992): Introducción a los métodos cualitativos de investigación: la búsqueda de significados. Barcelona: Paidós.

    Complementaria

    Método Sociobiográfio

    Bolívar, Antonio; Domingo, Jesús e Fernández, Manuel (2001): La investigación biográfico-narrativa en Educación. Enfoque y metodología. Madrid: La Muralla.
    Bourdieu, Pierre (1997): La ilusión biográfica. Razones prácticas: sobre la teoría de la acción. Barcelona: Anagrama. 74-83.
    Bourdieu, Pierre et al. (1999): Comprender. La miseria del mundo. Madrid: Akal. 527-543.
    Denzin, Norman K. (1989): Interpretative Biography. Beberly Hills: Sage University Paper.
    Ferrarotti, Franco (1991): La historia y lo cotidiano. Madrid: Península.
    Novoa, António (Coord.) (2000 2ª): Vidas de professores. Porto: Porto Editora.
    Novoa, António e Finger, M. (Coord.) (1988): O método (auto)biográfico e a formaçao. Lisboa: Ministério da Saúde.
    Pineau, Gaston (1989): Les histories de vie en formation. Jobert, G., Histoires de vie. Tomo I. París: L'Harmattan. 13-16.
    Plummer, Ken (1989): Los documentos personales. Introducción a los problemas y la bibliografía del método humanista. Madrid: Siglo XXI.
    Pujadas Muñoz, Juan José (1992): El Método biográfico: el uso de las historias de vida en ciencias sociales. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
    Valles, Miguel S. (2002): Entrevistas cualitativas. Cuadernos metodológicos, 32. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.


    Téncias prospectivas

    Dalkey, Norman; Brown, B. e Cochran, S. (1972): La prévision á long terme par la méthode Delphi. Paris: Dunod.
    Fariña, F.; Arce, Ramón; Domínguez Rey, José Luis (1990): A Técnica “Delphi”: cara unha optimización na toma de decisións. Cadernos de Psicoloxía. 10. 30-34.
    Landeta, Jon (1999): El método Delphi. Una técnica de previsión para la incertidumbre. Barcelona: Ariel.
    Pérez Campanero, Mª Paz (1991): Técnica Delphi. Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea. 114-123.
    Sobreques, Jorge (1969): Los métodos prospectivos aplicados a la educación. El mapa contextual. Revista de Educación. Madrid. Setembro-Outubro Ano XVIII, Vol. LXXI. 205. 47-53.
    Tinbergen, Jan e Jensen, Stefan (1975): Prospectiva y futuro de la educación. Serie Europa 2000. Madrid: ICCE.


    Investigación-Acción

    Autores Varios (1994): Tema del mes: Investigación en la Acción. Cuadernos de Pedagogía. 224. 7-31.
    Caride Gómez, José Antonio (1995): O profesor como investigador. Os aportes da Investigación-Acción. Vieites, Manuel F. (Coord.): Formación, transición e emprego. Vigo: Xerais. 40-50.
    Elliot, John (1993): El cambio educativo desde la investigación-acción. Madrid: Morata.
    Elliot, John (1997): La Investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
    Gabarrón, Luis R. e Hernández, Libertad (1994): Investigación participativa. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
    Latorre, Antonio (2005): La Investigación-acción : conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó.
    López-Cabanas, Miguel e Chacón, Fernado (1999): Investigación-Acción Participativa. Intervención psicosocial y servicios sociales. Un enfoque participativo. Madrid: Síntesis. 163-182.
    Miguel Díaz, Mario de (1993): La IAP un paradigma para el cambio social. Documentación Social, 92. 91-108.
    Pérez Serrano, Gloria (1990): Investigación-Acción. Implicaciones al campo social y educativo. Madrid: Dykinson.
    Salazar, María Cristina (Ed.) (2006): La Investigación-acción participativa : inicios y desarrollos. Madrid: Popular.
    Souza, João Francisco de; Lucio-Villegas, Emilio; Lima, Licínio Carlos; Costesão, Luzia e Fals-Borda, Orlando (2008): Investigación-Acción Participativa: ¿¿Qué?? Desafíos a la construcción colectiva del conocimiento. Recife-Brasil: Bagaço NUPEP-UFPE.

    Competencias
    Xerais

    - Análise de procedementos metodolóxicos na investigación socioeducativa.
    - Aplicación de procedementos metodolóxicos a problemas de investigación socioeducativa.
    - Revisión de traballos de investigación socioeducativa na súa proposta metodolóxica.

    Específicas

    - Ser capaces de desenvolver un discurso complexo e crítico en torno á metodoloxía cualitativa na investigación das diferentes realidades socio-educativas.
    - Ser capaces de comprender e argumentar o importante papel da metodoloxía cualitativa no estudo dos contextos sociais e educativos.
    - Ser capaces de identificar, seleccionar e compilar información teórica, metodolóxica e experiencial relacionada con esta temática.
    - Ser capaces de concretar deseños de investigación cualitativa enfocados ao estudio da realidade socioeducativa.

    Metodoloxía da ensinanza
    Este seminario desenvolverase mediante a exposición teórica e a explicación dos contidos referidos no programa do seminario por parte dos profesores implicados, así como a análise dos distintos documentos que conforman o dossier documental que se entrega no seminario.
    Deste modo, impulsaranse diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo dos estudantes sobre a temática abordada, así como o estudio de casos de diferentes traballos de investigación realizados con metodoloxías cualitativas, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado.

    A aprendizaxe terá lugar a través de tres vías fundamentais:

    • A implicación do alumnado nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.

    • As lecturas –individuais e colectivas– que os estudantes realicen dos documentos recomendados en función do interese de cada estudante no marco do tema traballado.

    • A lectura e discusión epistemolóxica sobre o texto de Jesús Gómez, Antonio Latorre, Montse Sánchez e Ramón Flecha (2006) Metodología comunicativa crítica. Barcelona: El Roure.

    • A elaboración dun traballo individual de carácter metodolóxico que cada estudante pode centrar na liña de investigación que máis se axuste aos seus intereses no ámbito temático do seminario.


    Sistema de evaluación
    A avaliación deste curso contémplase como resultante da integración de dúas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):

    1. Asistencia e participación activa nas sesións de aula.
    2. Realización individual dun traballo escrito.

    Este traballo deberá seguir as seguintes indicacións:

    • Escoller unha Tese de Doutoramento que utilice unha aproximación metodolóxica cualitativa de entre as que se contemplan neste curso.
    • Analizar o enfoque metodolóxico polo que optou o/a autor/a da Tese de Doutoramento escollida: fundamentación epistemolóxica, elección de diferentes técnicas, descrición da súa aplicación, axuste ao problema de investigación, procesos de control previstos e pertinencia e significación dos resultados.

    O ensaio terá entre 5000 e 5500 palabras.

    Na valoración do traballo escrito teranse en conta os seguintes criterios:

    • A construción dun pensamento propio.
    • A integración de lecturas cruzadas para contrastar as ideas e argumentos expostos na bibliografía directamente recomendada.