Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091103 - Metodoloxía do Deseño e Avaliación de Programas Socioeducativos (Módulo I: Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR.SI
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Facilitar o coñecemento e dominio aplicado das claves metodológicas e epistemológicas da investigación cualitativa e das técnicas de achegamento á realidade asociadas.

    2. Afondar nos soportes conceptuais, teóricos e metodológicos nos que se sustenta o proceso de planificación socioeducativa.

    3. Delimitar as fases e identificar aspectos significativos no deseño de programas socioeducativos.

    4. Seleccionar procedementos e instrumentos metodológicos adecuados á finalidade do programa e a cada unha das súas fases.

    5. Interpretar os programas socioeducativos e o seu deseño como unha tarefa compartida que concreta unha visión global de intervención nun territorio, comunidade ou grupo.

    6. Valorar o deseño de programas como unha ferramenta de futuro sustentada no profundo coñecemento do presente.

    7. Analizar os modelos de avaliación de programas socio-comunitarios.

    8. Coñecer as técnicas e instrumentos para a recollida de información na avaliación de programas socio-comunitarios.

    9. Estudar as fases da avaliación de programas

    Contidos
    Seminario 1: Deseño de programas socioeducativos

    1. A planificación socioeducativa como instrumento para a transformación social.
    Concreción terminolóxica.

    2. O deseño de programas: elementos e fases.
    - As bases contextuales e o diagnóstico da realidade socioeducativa. Procedementos, métodos e técnicas.
    - A formulación de alternativas: marco conceptual, obxectivos, contidos e propostas de avaliación.

    3. A implementación do programa: factores de xestión.

    4. A planificación estratéxica: un futuro posible socialmente compartido.

    Seminario 2: Metodoloxía da avaliación de programas de intervención socio-comunitaria

    1. Fundamentos e conceptos básicos sobre a avaliación de programas socio-comunitarios

    2. O proceso xeral da avaliación de programas socio-comunitarios: o deseño da avaliación

    3. Paradigmas e Modelos de avaliación de programas socio-comunitarios

    4. A avaliación da implementación

    5. A avaliación do proceso

    6. A avaliación de resultados

    7. Técnicas e instrumentos para a recollida de información na avaliación de programas socio-comunitarios

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Álvarez, V. (coord) (2002): Diseño y evaluación de programas. Madrid, EOS.
    Alvira, M.F. (1991): Metodología de la evaluación de programas. Madrid, CIS.
    Fernández-Ballesteros, R. (1996): Evaluación de programas. Una guía práctica en ámbitos sociales, educativos y de salud. Madrid, Síntesis Psicología.
    García, G. e Ramírez, J. M. (2006): Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Madrid, Siglo XXI.
    Roselló, D. (2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales. Barcelona, Ariel.

    Bibliografía complementaria
    Alberich, T., Arnanz, L., Basatoiti, M. et al (2009): Metodologías participativas. Madrid: CIMAS. http://es.scribd.com/doc/88945712/10/LA-MATRIZ-REFLEXIVA
    Anguera, T.M.(1982): Metodología de la observación en las ciencias humanas. Madrid, Cátedra.
    Campbell, T.D. & Stanley, C.J. (1966): Experimental and Quasi-Experimental Designs for Research. Chicago, Rand McNally & Company.
    Chinmann, M., Imm, P. & Wandersman, A. (2004): Getting to outcomes 2004: Promoting accountability through methods and tools for planning, implementation and evaluation. Santa Mónica, CA, RAND Corporation. Disponible en http:///www.rand.org.
    Donaldson, I.S. & Scriven, M. (2003): Evaluating social programs and problems. UK, LEA.
    Ferrero,G. (2009) Identificación y formulación de proyectos de cooperación para el desarrollo: gestión del ciclo del proyecto y enfoque del marco lógico. Valencia: Universidad Politécnica.
    García, M., Ibáñez, J. e Alvira, F. (2005): El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de intervención (3ª ed.). Madrid, Alianza,
    Krueger, A.R. (1991): El grupo de discusión. Madrid, Pirámide.
    Marchioni, M. (2007): Planificación social y organización de la comunidad. Madrid: Ed. Popular.
    Martínez, S. e Fina, X. (2004): Acción cultural local e planeamento: dos planos estratéxicos aos planos de acción cultural. En Pose, H. e Fraguela, R. (2004): Planificación estratéxica en cultura. A Coruña, Deputación Provincial. Cadernos Temáticos Interea, nº 2, pp. 37-76 e 101-104.
    Feliz, T. (2010) Diseño de programas de Educación Social. Madrid: McGraw-Hill Interamericana,
    Palacios, J.L. (1999): Técnicas de investigación social para servicios socioeducativos. Granada, CEMCI.
    Parcerisa, A. et al (2010): Planificar la intervención: Plan, programa, proyecto. En La educación Social. Una mirada didáctica. Relación, comunicación y secuencias educativas. Barcelona: Graó.
    Patton, Q.M. (2001): Qualitative evaluation and research methods. Thousand Oaks, CA, Sage.
    Pérez, G. (2000): Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Casos prácticos. Madrid: Narcea
    Riva, F. de la: Metodologías de análisis de la realidad global y local. Col. A fuego lento. En www.plataformavoluntariado.org/ pdf/3020_09.pdf. vv.pp.
    Roselló, D. (2004): Diseño de proyectos culturales. Barcelona: Ariel.
    Rossi, P.H.; Freeman, H.E. & Lipsey, M.W. (1999): Evaluation. A systematic approach. Thousand Oaks, CA, Sage.
    Santos Rego, M.A., Godás Otero, A. & Lorenzo Moledo, M.M. (2009): Evaluation of the implementation of a socio-educational program with immigrant families: A case study, Evaluation and Program Planning, 32 (1), 21-30.
    Taylor-Powell, E.; Rossing, B. & Geran, J. (1998): Evaluating collaboratives. Reading the potencial. Wisconsin, University of Wisconsin (Available in www1.uwex.edu/ces/pubs/)

    Competencias
    Xerais
    - Capacidade de aplicación de modelos e procedementos de investigación a problemas concretos do campo educativo.
    - Capacidade de análise e selección de procedementos metodológicos na investigación socioeducativa.
    - Capacidade de aplicación das TIC na investigación educativo-cultural e na xestión da información.
    - Capacidade de integración e comunicación en equipos multidisciplinares de investigación.
    - Coñecer os principais enfoques e estratexias de avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
    - Capacidade para resolver problemas e tomar decisións metodológicamente consistentes no deseño e avaliación de programas socioeducativos.

    Específicas
    - Capacidade de análise e interpretación dos procesos de planificación socioeducativa, entendidos como unha complexa toma de decisións que implica o manexo de coñecementos teóricos, ideoloxía e valores, recursos e posta en valor de potencialidades de territorios, comunidades e grupos humanos.
    - Capacidade de aplicar estratexias e seleccionar procedementos metodológicos adecuados ao deseño de programas socioeducativos.
    - Capacidade de deseñar proxectos de investigación orientados en todo ou en parte á planificación e implementación de programas socioeducativos.
    - Coñecemento dos principais enfoques e estratexias de avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
    - Dominar as bases metodológicas da implementación de programas.
    - Coñecer o proceso de avaliación da implementación, do proceso e dos resultados das intervencións.
    - Adquirir habilidades para deseñar instrumentos de avaliación de programas cando non existen procedementos estandarizados
    - Adquirir as habilidades e recursos necesarios para deseñar a avaliación dun programa de intervención socio-comunitaria
    - Desenvolvemento de habilidades de procura e manexo de información e fontes documentais en diversos soportes, relativos ao deseño, implementación e avaliación de programas socioeducativos.
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combina diferentes elementos: clases teóricas, actividades de aula, traballos autónomos de carácter monográfico individual e grupal, titorización do proceso de ensinanza e aprendizaxe, etc., propiciando en todo momento o compromiso coa aprendizaxe significativa. Para o óptimo desenvolvemento do proceso formativo resulta imprescindible o traballo persoal continuado das alumnas e alumnos, tanto na lectura reflexiva e crítica dos materiais de referencia e na busca de novas achegas, como na participación activa no desenvolvemento das sesións.
    Sistema de evaluación
    Actividades
    a) Asistencia e participación activa nas sesións de clase e titoría.
    b) Lectura de documentos e referencias bibliográficas recomendadas.
    c) Realización das actividades e prácticas de aula.
    d) Realización dun traballo sobre os contidos da materia (individual ou en parellas).
    e) Realización do exame final da materia

    Criterios
    Actividade a, b requisito para proceder á avaliación
    Actividades c 15% cualificación
    Actividade d 85% cualificación

    Excepcionalmente, para o alumnado que non realice o desenvolvemento planificado da materia (asistencia mínima ao 80% das sesións de cada seminario e realización de todas as actividades de aula), aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:

    Actividade d 50% cualificación
    Actividade e 50% cualificación



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas: 9 horas
    Clases interactivas: 12 horas
    Titorías obligatorias: 3 horas
    Actividades: 51 horas
    Traballo total do alunmo/a: 75 horas
    Observacións
    RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.