Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091106 - A Educación para a Cidadanía e a Interculturalidade: Dereitos Humanos, Familia e Aprendizaxe Cooperativo (Módulo III: Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA ANTELO, BEATRIZ.NON
SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Co Módulo no que se inscribe esta materia preténdese que os estudantes poidan coñecer e valorar desde distintos enfoques temáticos e metodolóxicos (históricos, comparados, pedagóxico-sociais, interculturais, etc.) o desenvolvemento científico da investigación en Dereitos Humanos e as políticas socioeducativas, coas claves que a tal fin proporcionan a Educación para a Cidadanía e a Diversidade Cultural.
    Neste sentido, e tomando como referencia os obxectivos xerais do módulo, os específicos desta materia son:

    1.Analizar as relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.

    2.Coñecer as bases teórico-metodolóxicas dos programas de intervención socio-educativa en contextos de diversidade cultural.

    3.Ser capaz de avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.

    4.Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.

    5.Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construcción da cidadanía.

    Contidos
    A materia está articulada en tres seminarios, cuxo desenvolvemento temático contempla os seguintes contidos xerais:
    - Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na perspectiva da Pedagoxía Social.
    - Educación Intercultural, cidadanía e aprendizaxe cooperativa.
    - Familia, cidadanía e diversidade cultural.

    Os contidos específicos de cada un destes seminarios son:

    SEMINARIO: Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na perspectiva da Pedagoxía Social:

    1.Educar na cidadanía e nos Dereitos Humanos como proxecto e traxecto pedagóxico-social.

    2.Os dereitos humanos como noción histórica e construción social.

    3.Da natureza política dos dereitos humanos ás políticas educativas en dereitos humanos.

    4.A educación na cidadanía e os dereitos humanos como opción política e pedagóxica.

    5.Do discurso político ás prácticas educativas: vellos e novos desafíos dos dereitos humanos en clave pedagóxica e social.
    6.Estudo de casos: proxectos e iniciativas educativo-sociais.

    SEMINARIO: Educación Intercultural, cidadanía e aprendizaxe cooperativa:

    1.Política educativa e xestión da diversidade cultural: a cuestión dos Dereitos Humanos.

    2.Sociedade civil, educación e Dereitos Humanos.

    3.A Educación para a Cidadanía e a Educación Intercultural.Marco relacional.

    4.Modelos e perspectiva de Educación na cidadanía intercultural.

    5.A aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de competencias cívicas e interculturais.
    6.A construción e avaliación de técnicas de aprendizaxe cooperativa.O capital social e intercultural.

    SEMINARIO: Familia, cidadanía e diversidade cultural:

    1.A familia no marco global das migracións.

    2.Inmigración, ecoloxía familiar e escola.

    3.As familias inmigrantes no seu contexto de orixe e de chegada.

    4.A intervención educativa para a participación das familias inmigrantes.

    5.Boas prácticas e xestión pedagóxica na escola e a comunidade.

    Bibliografía básica e complementaria
    ACNUDH-UNESCO (2006): Programa Mundial para la educación en derechos humanos: plan de acción. París: UNESCO.

    AMNISTÍA INTERNACIONAL (2007): Informe 2007: El estado de los derechos humanos en el mundo. Madrid: Editorial Amnistía Internacional-EDAI.

    BOBBIO, N. (1991): El tiempo de los derechos. Madrid: Fundación Sistema.

    CARIDE, J. A. (2007): “Derechos Humanos y Políticas Educativas”. Bordón: Revista de Pedagogía, vol. 59, nº 2-3, pp. 313-334.

    CARIDE, J. A. (coord.) (2009): Todas las personas tienen derechos en la educación y la cultura. Buenos Aires: Homo Sapiens.

    CASSESE, A. (1991): Los Derechos Humanos en el mundo contemporáneo. Barcelona: Ariel.

    CORTINA, A. (2007): Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Oviedo: Nobel.

    DELORS, J. (1996): La educación encierra un tesoro: Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana-UNESCO.

    EIDE, A. (1998): “La significación histórica de la Declaración Universal”. Revista Internacional de Ciencias Sociales, nº 158. Consultado el 25-10-2007 en: http://www.unesco.org/issj/rics158/eidespa.html#aetl.

    GIL CANTERO, F. (1991): El sentido de los derechos humanos en la teoría y la práctica educativa (Tesis Doctoral). Madrid: Universidad Complutense de Madrid.

    GIL, F.; JOVER, G. e REYERO, D. (2001): La Enseñanza de los derechos humanos: 30 preguntas, 29 respuestas y 76 actividades. Barcelona: Paidós.

    GIMENO SACRISTÁN, J. (2001): Educar y convivir en la cultura global: las exigencias de la ciudadanía. Madrid: Morata.

    HALLAK, J. (1999): Globalización, derechos humanos y educación. París: IIPE-UNESCO.

    IGNATIEFF, M. (2003): Los derechos humanos como política e idolatría. Barcelona: Paidós.

    LÓPEZ-BARAJAS, E. eRUIZ CORBELLA, M. (coords.) (2005): Derechos Humanos y educación. Madrid: UNED.

    LÓPEZ LÓPEZ, P. (2005): “Educación en Derechos Humanos: suspenso”. En Naya, L. M. (coord.): La educación y los derechos humanos. Donostia: Erein, pp. 155-173.
    MARINA, J. A. (2006): Aprender a convivir. Barcelona: Ariel.
    MARTÍNEZ DE PISÓN, J. (1997): Derechos Humanos: historia, fundamento y realidad. Egido Editorial: Zaragoza.

    LORENZO, M. e SANTOS, M. A. (2009): Educación para a cidadanía e os profesores. Visión e desafío. Vigo: Edicións Xerais.

    MARTÍNEZ, M. e NOGUERA, E. (1998): “La Declaración Universal de los Derechos Humanos: compromisos y deberes”. Revista Española de Pedagogía, año LVI, nº 211, pp. 483-510.

    MAYOR ZARAGOZA, F. (2000): Un mundo nuevo. Barcelona: UNESCO-Círculo de Lectores-Galaxia Gutenberg.

    MOSCA, J. J. e PÉREZ, L. (1994): Derechos Humanos: pautas para una educación liberadora. Montevideo: Comisión Nacional de Derechos Humanos-Serpa.

    NAVARRETE, L. (2006): Jóvenes, derechos y ciudadanía. Instituto de la Juventud: Madrid.

    NAYA, L. M. (coord, 2005): La educación y los derechos humanos. Donostia: Erein.

    PÉREZ LUÑO, A. (1984): Derechos humanos. Estado de Derecho y Constitución. Madrid:

    PÉREZ LUÑO, A. (1987): Los derechos fundamentales. Madrid: Tecnos.

    PÉREZ SERRANO, G. (2004): “Derechos Humanos y Educación social”, en Revista de Educación, nº 336, pp. 19-39.

    PISARELLO, G. (2007): Los derechos sociales y sus garantías: elementos para una reconstrucción. Madrid: Trotta.

    POGGE, Th. (2005): La pobreza en el mundo y los Derechos Humanos. Paidós, Barcelona.

    RAWLS, J. (2001): El derecho de gentes y “una revisión de la idea de razón pública”. Barcelona: Paidós.

    RIBOTTA, S. (ed.) (2006): Educación en Derechos Humanos: la asignatura pendiente. Madrid: Dykinson.

    RODRÍGUEZ JARES, X. (2002): Educción y Derechos Humanos: estrategias didácticas y organizativas. Madrid: Popular (2ª edición).

    SÁNCHEZ FERRIZ, L. (1995): La enseñanza de los derechos humanos. Barcelona: Ariel.

    SÁNCHEZ, R. e JIMENA, L. (1995): La enseñanza de los derechos humanos. Barcelona: Ariel.

    SANTOS REGO, M. A. (2008): “Las familias inmigrantes en la escuela: ¿cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socio-educativa”. En GARCÍA ROCA, J. e LACOMBA, J. (eds.): La inmigración en la sociedad española. Barcelona: Ediciones Bellaterra, pp. 483-505

    SANTOS REGO, M. A. (ed.) (2009): Políticas educativas y compromiso social. Barcelona: Octaedro.

    SANTOS, M. A. e LORENZO, M. (2007): Universidade e construcción da sociedade civil. Vigo: Edicións Xerais.

    SEMINARIO DE EDUCACIÓN PARA LA PAZ-ASOCIACIÓN PRO DERECHOS HUMANOS (1996): Educar en y para los Derechos Humanos. Madrid: Los Libros de la Catarata-Edupaz-Amnistía Internacional.

    TUVILLA, J. (1998): Educación en Derechos Humanos: hacia una perspectiva global. Bilbao: Desclée de Brouwer.

    UGARTE, C. (2004): Las Naciones Unidas y la educación en derechos humanos. Pamplona: EUNSA.

    VERGES, S. (1997): Derechos Humanos: fundamentación. Madrid: Tecnos.

    VIDAL BENEYTO, J. (2006): Derechos humanos y diversidad cultural: globalización de las culturas y derechos humanos. Barcelona: Icaria.

    Competencias
    a) Competencias específicas do Máster e Xerais do Módulo

    Tendo como soporte o desenvolvemento temático e metodolóxico do Módulo preténdese que os estudantes a través desta materia consigan acadar as seguintes competencias específicas do Máster e Xerais do Módulo:

    1.Seleccionar textos idóneos en relación coa educación para a cidadanía en perspectiva intercultural.

    2.Vincular enfoques teóricos acerca da conexión entre educación intercultural, educación para a cidadanía e aprendizaxe cooperativa.

    3.Relacionar con fluidez as técnicas de aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de competencias cívicas e sociais.

    4.Entender os resultados da investigación en Educación Intercultural e Educación para a Cidadanía.

    5.Recoñecer as novas dimensións da aprendizaxe cívica en relación coa familia e coa diversidade cultural.

    6.Dominar teorías relevantes sobre a familia, a cidadanía e a diversidade cultural.

    b) Competencias particulares do Módulo e que deberán verse reflectidas na Materia:

    1.Aplicar técnicas de aprendizaxe cooperativa en distintos contextos curriculares, dentro e fóra da escola.

    2.Dominar os resortes pedagóxicos fundamentais na construción de estratexias de aprendizaxe cooperativa.
    3.Identificar competencias sociais e interculturais en perspectiva local e global.

    4.Avaliar programas de educación intercultural e de educación para a cidadanía, incluíndo a avaliación da consistencia de programas de implementación dirixidos á integración de familias inmigrantes.

    5.Formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.

    6.Ter capacidade para facer uso de experiencias axiolóxicas en contextos pedagóxicos que favorezan unha construción activa da cidadanía.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do alumno.

    A tal fin, proferiranse múltiples iniciativas e procesos que, considerando o carácter virtual da materia, se concretan en:

    -Posibilidade dalgunha sesión expositiva por parte do profesorado e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e metodolóxica, determinados no Programa.

    -Realización de sesións de orientación monográfica relativos aos contidos da materia, con especial incidencia na análise e proposta de actuacións que se orienten ao coñecemento dos Dereitos Humanos, a Cidadanía e as iniciativas político-educativas que os promovan.

    -Dinámicas de traballo, tanto individuais como grupais, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferéncias, vídeos didácticos, experiencias...),de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase na súa abordaxe teórica, metodolóxica e/ou empírica.

    - Lectura e comentario crítico de textos, estudo de casos, redacción de ensaios, consulta e análise de páxinas Web ou de outros soportes mediáticos, etc.

    -Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que leven a cabo ao longo das sesións do Módulo.

    Os tempos formativos de grupo interactivo e de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquedanzas de formación e contribuír á “construcción” dun coñecemento crítico e comprensivo da acción socioeducativa en contextos familiares e comunitarios, da diversidade cultural e dos dereitos humanos. Os materiais básicos de estudo estarán dispoñibles na Aula Virtual da USC.


    Sistema de evaluación
    Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesor e os estudantes, aos recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc.

    Esta concepción e práctica avaliativa suporá que os estudiantes han de elaborar e entregar distintos traballos escritos, que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.

    A iso deberá engadirse unha participación activa nas sesións de aula e nas titorías, que será un claro reflexo das aprendizaxes (coñecementos, competencias, destrezas, etc.) que adquira o estudiante na súa formación académica e investigadora.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia consta dun total de 21 horas de docencia e 6 horas de titoría. Estímase que o alumnado debe dedicar ao seu estudo un mínimo de 20 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A complexidade conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma por parte dos estudiantes, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:

    - Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, concretada nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na asignatura e nas sesións de aula.

    - Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou podan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes…), etc.

    - Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que colle destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, favorecendo unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación no Máster.

    - Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.

    Observacións
    Responsabilidade medioambiental:
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia recoméndase ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.