Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3091108 - Traballo Fin de Máster (Módulo VI: Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 15.00
  • Total: 15.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 98.00
  • Horas de Titorías: 336.00
  • Total: 434.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Caballo Villar, Maria Belen.SI
CARIDE GOMEZ, ANTONIO.NON
COSTA RICO, ANTONIO.NON
DIAZ BALADO, ALICIA.NON
GARCIA ANTELO, BEATRIZ.NON
GRADAILLE PERNAS, RITA.NON
Gutiérrez Moar, Mª del Carmen.NON
IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.NON
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR.NON
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN.NON
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER.NON
OTERO URTAZA, EUGENIO MANUEL.NON
PEÑA SAAVEDRA, VICENTE.NON
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA.NON
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO.NON
SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL.NON
TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL.NON
Vara Coomonte, Antonio.NON
VARGAS CALLEJAS, GERMAN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Iniciarse na investigación por medio de un traballo que, mediante o uso dametodoloxía de investigación pertinente, responda ao análise conceptual, ao coñecemento do estado actual da cuestión plantexada e á posibilidade de formular preguntas, hipóteses ou cuestións que abran líñas de investigación futura de valor para a tese de doutoramento.
    Contidos
    Os contidos do traballo fin de master vincularanse ás temáticas das lineas de investigación desenvolvidas por cada un dos grupos que participan no mesmo, cuxos enunciados genéricos aparecen formulados nos seguintes términos:
    - Educación e sociedade en Galicia
    - Pedagogía Social, Educación Social e ámbitos da intervención socio-educativa
    - Tempos educativos e sociais
    - Procesos metodológicos e desenvolvemento de programas educativos e sociais
    - Educación Ambiental, Pedagogía Ambiental e desenvolvemento sostenible
    - Educación Social, Administracións Públicas e Políticas culturais
    - Educación, Inmigración e Diversidad Cultural
    - Metodología da intervención socio-comunitaria e avaliación de programas
    - Educación, Cidadanía e Aprendizaxe de Servizo
    - Pedagogía Laboral e Grupos de Traballo nas Organizacións
    - Educación familiar e sociedade civil
    - Antropología aplicada, educación e patrimonio cultural
    - Desenvolvemento de sistemas educativos
    - Coñecemento da educación, función pedagógica e desenvolvemento profesional
    - Educación para a cidadanía
    - Educación permanente e educación de adultos
    - Museísmo pedagógico, renovación educativa e procesos migratorios
    - Orixes Históricas dos sistemas educativos Europeos.
    - Antropología, etnografía, relacións intergeracionales e educación
    - Educación en valores e significado da educación
    - Educación afectiva como parte da educación integral
    - Intervención pedagóxica e responsabilidade profesional
    - Escola, convivencia e educación
    Bibliografía básica e complementaria
    Será a que lle recomende a cada alumno o traballo, en función do tema ou dos temas elixidos.
    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO MÁSTER E XENERAIS DO TRABALLO
    Procurarase que o alumnado logre:
    - Desenvolver a capacidade de aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos do campo educativo
    - Fomentar destrezas e habilidades para desenvolver e validar modelos de investigación no ámbito da educación
    - Aplicar procedementos metodológicos na investigación socioeducativa
    - Intervir desde as perspectivas da Pedagogía Gerontológica a favor do colectivo dos maiores en diversos ámbitos: servizos sociais, educativos, culturais e tempo libre, participación comunitaria, satisfacción de necesidades económicas etc.
    - Determinar os medios e recursos indispensables para a implantación dunha rede galega de centros de interpretación da cultura emigrante
    COMPETENCIAS PARTICULARES DO TRABALLO
    O alumnado atoparase facultado para:
    - Afianzarse no dominio das tarefas de detección documental, consulta de fontes, provisión de datos e tratamento da información no área socio-histórico-educativa.
    - Deseñar e desenvolver un modelo de investigación aplicado a unha temática definida de carácter histórico-educativo.
    - Elaborar un modelo de actuación destinado a ser implementado nun centro de indagación da cultura escolar ou un museo pedagógico concreto.
    - Favorecer a posta en práctica de destrezas adecuadas para o exercicio da investigación ao servizo da construción de coñecemento novo.
    - Articular nun deseño de investigación coherente distintos principios metodológicos e técnicas de aproximación cualitativa á realidade socio-educativa.
    - Dominar a construción de instrumentos asociados coas técnicas de investigación básica no enfoque cualitativo: caderno de campo, deseño de protocolos e realización de entrevistas, observación.
    - Aplicar criterios e estratexias de vixilancia epistemológica para o control do rigor metodológico e a validez científica da investigación etnográfica e socio-biográfica.
    - Establecer pautas de planificación no marco das políticas socio- educativas relacionadas coa inmigración
    - Planificar e acompañar procesos participativos de acción congruentes coa perspectiva do desenvolvemento integral das persoas e comunidades en que se insertan.
    - Deseñar proxectos de investigación centrados no estudo das Políticas Culturais e Educativas municipais.

    Metodoloxía da ensinanza
    A precisar polos titores encargados da súa dirección, de acordo coas directrices xerais establecidas pola USC..
    Sistema de evaluación
    O fixado pola universidade para os tribunais encargados de avaliar estes traballos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS E TRABALLO DO ALUMNO HORAS

    Tutorias obrigatorias 40
    Deseño do traballo e elaboración de instrumentos 30
    Procura bibliográfica e documental 50
    Recollida de datos 50
    Análises e tratamento da información 90
    Redacción do informe 100
    Defensa do traballo 15
    TOTAL 375

    Observacións
    En relación á presentación dos traballos, deberáse ter en conta as seguintes indicacións, relacionadas coa responsabilidade medioambiental:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.